Teatro 13 pezas 2ºeso 2017

Page 1

2ยบ ESO B

1


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 2º ESO B (Desdobre). Curso 2016-2017 Edita: Departamento de Lingua Galega Imaxe das caretas da portada: http://www.elperello.es/es/content/teatro-amateur-el-perello-escena-0 2


ÍNDICE: 1.

As calamidades do oeste. Texto e ilustración, Hugo García Requeijo.

2.

Un ladrón anda solto. Texto e ilustración, Fabián García Varela

3.

Os problemas do mar. Texto e ilustracións, Claudia Gómez Fuentes.

4.

Un misterio na casa do veciño. Texto e ilustración, Miguel González Golmar.

5.

Entre patacas. Texto e ilustracións, Vega Granja González.

6.

Ao atraco ao banco. Texto e ilustración, Adrián López Freijido.

7.

Unha historia peculiar. Texto e ilustracións, Lucía Maceira López.

8.

A casa do medo. Texto, Noelia Pardo Areán.

9.

Asunto resolto. Texto e ilustracións, Luís Manuel Reboredo García.

10. A partida ao tute. Texto e ilustración, Daniel Rodríguez Mato. 11. Manolito o guerreiro solitario. Texto e ilustracións, David Saavedra García. 12. A carreira fallada. Texto e ilustración, José Senra Trigás. 13. O Leiteiro. Texto e ilustracións, Álvaro Simón Porral.

3


4


As calamidades do oeste

Personaxes: O INDIO ANUPAM: O máis burro do lugar. O SOLDADO: Orgulloso coma ninguén. SHAILA: A máis guapa. O RAPAZ: Fillo de Shaila.

Acto 1 Escena única (Tarde solleira cos tipis ao fondo, o indio atópase no cume dunha árbore, pasa o soldado por diante e quédase mirando) SOLDADO: Oes, que pintas na cima dun carballo? INDIO: Estou buscando cereixas. SOLDADO: Ai non, es bo indio ti, as cereixas están nas cerdeiras. INDIO: Xa me parecía a min, e logo como sabes tanto de árbores? SOLDADO: Home, que esperar dun soldado de proveito? INDIO: E que fas tan cerca das nosas cabanas? SOLDADO: Eu viña espiar cantos homes erades, a ver se vos conquistamos un día destes. INDIO: Pois mira, contando comigo e coas tribos dos arredores, serémosche uns 120 máis ou menos. SOLDADO: Home, non tiñas por que. INDIO: E vos cando viredes? Para ter uns petiscos feitos. SOLDADO: Ao mellor para a semana, depende do tempo. INDIO: Ben, vós sen apuro, vide cando queirades. SOLDADO: Vale, grazas. INDIO: Nada, oh! Vinde abrigadiños, que o feiticeiro da tribo dixo que virá o frío para a semana. (O soldado dá a volta e diríxese ao público). SOLDADO: Non vin indio mais burro ca este. Acto 2 Escena única (O soldado chega ao forte, abre as portas e non atopa a ninguén) SOLDADO: Ala oh!, marcharon todos tomar o café. (Aparece un raparigo de debaixo dunha pedra e achégase ao soldado) RAPAZ: Non señor, non marcharon tomar o café. SOLDADO: E logo, onde foron? RAPAZ: Marcharon conquistar o territorio dos indios. SOLDADO: Arre demo! Anda que avisan con tempo! 5


RAPAZ: A min dixéronme que se entraba alguén cunhas plumas na cabeza que o matara. SOLDADO: Meu deus, amigo!, e como vas matar a alguén? Cantos anos tes? RAPAZ: Miña nai di que teño seis lúas SOLDADO: E túa nai quen é? RAPAZ: Chámase Shaila. SOLDADO: E que significa? RAPAZ: Filla do outeiro. SOLDADO: Aaah! Marcho, a ver se pillo o xeneral. Acto 3 (Ao chegar ao lugar, o soldado axeónllase no chan e bota as mans á cabeza). SOLDADO: Ai, meu indio querido!Está morto tan burriño como era, coas súas pinturas e as súas plumas, o seu taparrabos tan pequeniño. Que será do meu indio! (O indio cae dunha árbore preto do lugar no que estaba o soldado). SOLDADO: Quen se move por aí? INDIO: Eu. SOLDADO: Eu, quen? INDIO: Eu. SOLDADO: Ou me dis o teu nome ou desínchote a balazos! INDIO: Son Anupam. SOLDADO: Preséntate ante min. INDIO: Ola! Eu son Anupam, que significa incomparable. Teño balas, fillo de... (O indio é interrompido polo soldado). SOLDADO: Que me ensine a túa cara e me deas os teus datos... (O soldado pensa para si) “Un indio tan burro só pode ser... Si, é o meu indio. (Entón berra) Estás vivo!! INDIO: Si, creo que si. SOLDADO: Que pasou na túa tribo? INDIO: Non sei. Pasou unha muller, e un rapaz berraba: Shaila Shaila. Era tal a súa beleza que non me acordei de baixar do carballo. SOLDADO: Si, penso que sei quen é. Acto 4 Escena única (De alí a uns días, o indio e o soldado atópanse de novo e deciden comer xuntos, nese momento pasa unha muller por diante deles). INDIO: (Moumeando) Penso que esa é a tal Shaila. SOLDADO: Estache ben boa! INDIO: Chisss..! Frea que a vin eu primeiro. SOLDADO: Ai, si oh! INDIO: Xa verás como me quere a min. SOLDADO: A ver se é verdade. (O indio achégase á muller que andaba a recoller landras, e apóiase na árbore). INDIO: Ola! Éche unha cerdeira ben bonita, non? SHAILA: É un carballo, cacho burro! INDIO: O que eu dixen, un carballo. Vouche ser sincero: Gústasme! 6


SHAILA: Ai, iso está ben! INDIO: Queres casar comigo? SHAILA: Caso, oh! Pero quero a metade de todo o que tes. INDIO: Vale, non hai problema. Acto 5 Escena única (Están todos en fileira para a cerimonia). INDIO: Que nervios!, ata cambiei xa dúas veces de taparrabos. SHAILA: Oes ti, farías o seguro de morte que che dixen? INDIO: Fixen, 20.000 peles se morro. (Antes de que o feiticeiro comezara o casamento, Shaila saca un machete das bragas e féndelle a cabeza ao indio, o soldado pega un tiro pero dálle o feiticeiro, entón o rapaz afoga o soldado, e Shaila tíralle o machete ao soldado, pero dálle a seu fillo). SHAILA: (Chorando) Matei o meu fillo e non conseguín nada! Eu mátome hoxe, agora mesmo! (Shaila vai onda o soldado, colle o revólver e pégase un tiro). Cae o pano Hugo García Requeijo

7


Un ladrón anda solto PERSONAXES: FREJI: Un home de negocios que reside en Donramiro LUZZA: É unha peixeira moi amable a que o banco case lle quita a casa CHAQUICHÁN: É un mozo que fracasou na vida e que vive nunha chabola cos parrulos do Paseo do Pontiñas FABIÁN: Outro home de negocios que é o rival de Freji

ACTO 1 Escena única (Érguese o pano que ocultaba o escenario, Luzza e Freji están falando na peixaría de Luzza de que o prezo dos mexillóns subiu tres euros) FREJI: Luzza ponme 13 quilos de mexillóns, que hoxe van estar no menú do día do meu restaurante. LUZZA: Subiron tres euros Freji. FREJI: (Sorprendido) E logo que pasou? LUZZA: Un barco petroleiro afundiu cerca de Pontevedra e preto estaban unhas bateas de mexillóns, matándoos a todos, e os que non morreron xa non nolos deixan vender por cuestións sanitarias. FREJI :(Exclamou moi enfadado) Manda carallo! E que poño no menú? (Pregúntalle á peixeira preocupado) LUZZA: Podes poñer bacallau cun pouco de limón. FREJI: E que non sei cociñar, e non encontro ningún cociñeiro. LUZZA: (Agáchase e fai que colle algo do chan e di polo baixo) Paréceme ben, es máis pesado cunha vaca cando ten fame! FREJI: (Con enfado) Que dixeches? No te oín ben. LUZZA: (Mentindo) Nada, oh!, que non encontro as chaves da porta, aínda vou ter que chamar o cerralleiro. (De repente aparece polo fondo un home camiñando amodiño) FABIÁN: (Saúda cun ton alegre) Bos días Luzza, ponme sete quilos de pescada, ah, e que estea ben fresca! LUZZA: (Sorprendida) Outra vez vala pór no menú do día? FABIÁN: Non, é que hoxe teño unha voda e ao parecer o noivo é mariñeiro e vou pór algo que teña que ver co mar. FREJI: (Con enfado) Bos días! FABIÁN: (Rindo) Ha, ha, ha, ha! Home, mira a quen teño diante, a quen un mendigo lle quitou mil euros cun coitelo. LUZZA: (Sorprendida) Ah, por iso agora sempre me compras o peixe de oferta. FREJI: (Con voz tímida) Podía estar louco, eu non sabía que era o mendigo que vivía na chabola do fondo do Pontiñas.

8


ACTO 2 Escena única (De repente, na tendo do lado, unha persoa armada entra cun coitelo, vai vestido cun pantalón vaqueiro moi vello e cun xersei rachado nas mangas. Unha vella lisca co medo) LUZZA: (Con medo) Apartade, que vou pechar a porta, que aínda ese rata me vai roubar todo o peixe. FREJI: (Moi enfadado) É el, o cabrón que me roubou os mil euros o outro día, voulle quitar todas as moas! (Freji e Fabián van correndo á xoiaría onde está roubando, nada mais chegar, sae o mendigo cunha bolsa na que leva uns colares) FREJI: (Dille gritando diante da xoiaría) Ti quen carallo es! CHAQUICHÁN: Son Chaquichán, o meu xefe mandoume roubar unhas cousas para vender no estranxeiro. FABIÁN: Ti sabes que iso é ilegal? CHAQUICHÁN: Non o sabía (pon a man ao lado da boca e di baixiño). Home claro que o sei! FREJI: Onde tes os mil euros que me roubaches o outro día. CHAQUICHÁN: Ah, es ti o home do restaurante? FREJI: (Cun ton desagradable) Si que o son! CHAQUICHÁN: A metade gasteinos en comida para min e para os parrulos, a outra metade tívenllos que dar ao xefe. FABIÁN: Obrígache a darlle diñeiro? CHAQUICHÁN: Home, que menos, el regaloume este coitelo vello! FREJI: Mi madre!, que parvo es. (Óese a sirena da policía ao lonxe) CHAQUICHÁN: (Asustado) Carallo, apartade que ven a policía, e aínda me van encerrar, apartade! (E desaparece entre as beirarrúas e aínda hoxe non tivemos novas do mendigo) Cae o pano Fabián García Varela

9


Os problemas do mar

Personaxes: LUZU: o golfo saltarico. DINI: o cabaliño de mar charlatán. LALA: o peixe espada listo. NORO: o ollomol durmiñón.

ACTO 1 Escena única (Están sentados nunha rocha Dini, Lala e Noro falando da desorde política que hai nese momento) DINI: Non sei como chegamos ata aquí. Se seguimos así, isto vai ser unha loucura. NORO: Eu estou pensando en ir durmir un pouco. LALA: Ai, Noro! Ti sempre durmindo! Ben, Dini, témoslle que buscar unha solución a isto. DINI: Xa levamos case un mes sen alcalde e isto parece un cortello. LALA: Xa, é que entre que os cidadáns non queren traballar e non teñen obrigas, ninguén fai nada. NORO: Mozos, eu se non durmo as miñas horiñas non dou pensado, así que vou durmir un pouco. Ata logo! LALA: Tanto durmir... Ben, que che aproveite! DINI: Ata logo, Noro! (Noro sae do plano) Lala eu penso que hai que elixir un alcalde, xa. LALA: Tes razón, pero non hai ninguén que se preste. (Aparece ao lonxe Luzu saltando detrás dun barco) DINI: (Berrando) Luzu, Luzu, Luzu, aquí, estamos aquí! LUZU: Quen me chama? DINI: Aquí (Berrando aínda mais) (Luzu achégase xunto a eles) LUZU: Boas! Que andades facendo? DINI: Estabamos falando da situación do pobo. LALA: Si, Luzu, temos que atopar alcalde xa. LUZU: Tedes razón, o pobo así non pode seguir. Quen será o próximo alcalde? LALA: Téñome que ir, estanme agardando. DINI: Vaia, eu tamén marcho, ata logo! LUZU: Deica logo!

10


ACTO 2 Escena única (Encóntranse Luzu, Lala e Noro, que xa acabara de durmir) NORO: Ola! Que tal? LUZU: Ola! Moi ben, e vós? LALA: Boas! Xenial. NORO:Ben! Lala, ao final, en que quedou a conversa? LALA: Decidimos que hai que escoller un novo alcalde xa. LUZU: É verdade, quen pode ser o novo alcalde? LALA: Teño unha fantástica idea, Luzu, ti non tes traballo, non é así? LUZU: Certo é, dedícome a saltar e a perseguir barcos. LALA: Es o único responsable e con tempo libre que hai por esta zona. NORO: Lala, creo que te sigo. LALA: Luzu, gustaríache... LUZU: (Falando cara ó público sen que Lala o escoite) Esta está media tola! NORO: Luzu é o candidato perfecto. LALA: Que opinas? LUZU: Puf, iso non é moi difícil? LALA: Non, eu poderíache axudar, á fin e ao cabo eu son a lista do grupo. NORO: Veña, Luzu, que seguro que o fas xenial, podemos axudarche entre todos. LUZU: Non sei, aínda temos que falar con Dini.

11


ACTO 3 Escena única (Achégase Dini a Luzu e comezan a falar) LUZU: Dini, téñoche que comentar unha cousa. DINI: Ai, por Deus! Non me asustes! LUZU: Non, non é nada malo, só era...; pois que estiven falando con Noro e mais Lala e propuxéronme o tema de ser alcalde. DINI: Que boa idea! Por que non se me ocorrería a min antes? Falo tanto e non digo nada. LUZU: Ben, e que che parece? Acepto? DINI: A min paréceme xenial, tes que asumir moita responsabilidade, pero ti podes con iso e moito mais. LUZU: É que como agora só ando a saltar e o pobo sen alcalde non pode estar... DINI: Aí tes razón! Ai, mira! Por aí veñen Lala e Noro. (Sinalando coa aleta) (Achéganse e únense a conversa) LALA: Luzu, xa lle comentaches? LUZU: Si, xa estivemos falando. NORO: E ao final? LUZU: Acepto. DINI: (Gritando) Beeeeen! LALA: Agora só hai que comentarllo a todos, pero seguro que ceden. DINI: Que ilusión me fai ter un amigo alcalde! NORO: A min xa me está entrando o sono. LUZU: Ha, ha, ha! (Abrázanse todos) Cae o pano

Claudia Gómez Fuentes

12


Un misterio na casa do veciño

Personaxes: PEPE: Afeccionado ás películas de detectives. XOANA: Muller de Pepe. FRAN: Delincuente e novo veciño de Pepe. XOSÉ: Amigo de Pepe. POLICIA 1 POLICIA 2

ACTO 1 Escena única (Pepe e Xoana están vendo na televisión unha película de misterio cando dciden ir para a cama) PEPE: Ahhh! Xa é de día? Que ben durmín! XOANA: Pepe, baixa que temos visita. PEPE: Ola. Que tal? Eu son Pepe. FRAN: Ola! Eu chámome Fran. Acabo de comprar a casa do lado e estou saudando os veciños. Por favor acepten esta cesta de froita da miña parte. XOANA: Moitas grazas. Se vostede quere, eu podo presentarlle o resto dos veciños. FRAN: Sería estupendo. Quedamos ás catro da tarde? XOANA: Alí estarei. (Fran sae da casa) PEPE: (Moi enfadado) Maldito cabrón! Como se lle ocorre vir á miña casa con esa cara de parvo a rirse de min! XOANA: Non hai razón para se poñer así, el só nos quería saudar. PEPE:(Aínda enfadado) Prohíboche que quedes con ese home! XOANA: (Moi enfadada) Ti non podes prohibirme nada! Voume. (Xoana vaise moi enfurruñada dando un portazo, entón Pepe decide chamar o seu mellor amigo, Xosé, para lle pedir consello PEPE: Xosé, cando poidas vén á miña casa. (Din don!) PEPE: Vou. XOSÉ: Ola, que é o que querías? PEPE: Mira, acaba de mudarse á casa do lado un home chamado Fran e... por iso estou así. XOSÉ: Estaste anoxando por nada. Xoana está moi enfadada, terías que lle pedir perdón. PEPE: Tes razón, voulle pedir perdón agora. (Pepe vai á casa de Fran na procura de Xoana) 13


ACTO 2 Escena 1 (Cámbiase o escenario) PEPE: Ola? FRAN: Home Pepe, que querías? PEPE: Está Xoana? FRAN: Non, Xoana foise ao acabar de presentarme os veciños. Non volveu á vosa casa? PEPE: Non. Se a atopas chámame. (Pepe volve á súa casa entristecido por non atopar a Xoana e ve a Xosé esperando na porta) PEPE: Inda estás aquí? XOSÉ: Atopaches a Xoana? PEPE: Non, pero o veciño díxome que se foi ao acabar de presentarlle os veciños. XOSÉ: E se lle preguntamos aos veciños, ao mellor eles saben onde foi. PEPE: Boa idea. (Xosé e Pepe foron preguntando casa por casa para descubrir onde podía estar Xoana pero todos lles dixeron que ese día non a viran e os dous pensaron...) XOSÉ: Non estarás pensando que ese tal Fran nos puido tomar o pelo? PEPE: É moi posible, pero se estás no certo Xoana debería estar con el. XOSÉ: Teño que me ir, mantenme informado. PEPE: Da cordo, adeus. Escena 2 (Pepe, moi desconcertado, volve á casa de Fran en busca de respostas e encóntrase a porta aberta e dicide entrar) PEPE: Ola? Xoana! (Pepe entra ata o salón e nota algo mollado no chan así que dicide prender a luz e atopase co corpo de Xoana no chan todo ensanguentado) PEPE: (Pegando un berro) XOANA!!! PEPE: Malditooo!!! FRAN: Non deberías entrar sen permiso na casa dos demais. PEPE: Ti... Vasmas pagar todas! FRAN: Seguro? (Fran saca un coitelo e sen pensalo dúas veces mata a Pepe deixando o seu corpo no chan a carón do de Xoana)

14


ACTO 3 Escena única (Pasaron xa tres días dende a desaparición de Pepe e Xoana, e Xosé non sabe onde buscalos nin que facer así que vai á comisaría pedirlle axuda á policía) POLICÍA 1: En que podemos axudalo? XOSÉ: Un amigo meu chamado Pepe desapareceu e non sei onde atopalo. POLICÍA 2: Ten algunha outra información? XOSÉ: Só que foi falar co seu veciño e xa non souben máis del. POLICÍA 1: Con isto temos para ir tirando, vostede vaia falar con ese veciño comprobar se sabe algo. XOSÉ: De acordo. (Xosé vai á casa de Fran na procura dunha resposta ao misterio) FRAN: Si, quere algo? XOSÉ: Non vería vostede a un home chamado Pepe hai tres días? FRAN: Laméntoo moito, pero non me soa o seu nome. XOSÉ: Seguro? É o que vive na casa do lado. FRAN: Ahhh, si pero non o coñezo persoalmente. Adeus. XOSÉ: (Falando para si) Sei que está mentindo, pero por que? (Xosé decide colarse na casa de Fran pola noite) XOSÉ: Se Pepe e Xoana non saíron da cidade, teñen que estar nesta casa. (Xosé usa un clip para abrir a porta e cando entra na casa nota un cheiro que apesta a raios. Prende a luz da habitación e observa a Fran sentado nun asento e cos corpos de Pepe e Xoana ao seu carón) FRAN: Es coma este amigo teu. XOSÉ: Non o podo crer, vasmas pagar. (De repente aparecen os policías 1 e 2 e matan a Fran). Cae o pano Miguel González Golmar

15


Entre patacas

Personaxes: MARUXA: avoa de Sofía. XOSÉ: veciño da aldea. SOFÍA: neta e protagonista. MOZO: vagabundo que rouba mazás.

ACTO I Escena única (No escenario vese a unha muller rodeada de caldeiros cheos de patacas e uns cantos marcos ao redor. Ao se carón está a súa neta trebellando no móbil). MARUXA: (con cara de carraxe) Oes netiña! Ben podías botar unha man coas patacas. SOFÍA: Avoa, ben sabes que se ti mo dis eu fágoo! Pero, se non mo dis, non vou pasar traballo sen recompensa! MARUXA: Vaia filliña, se foras a metade de traballadora ca min farías grandes cousas! SOFÍA: Avoa non empeces … MARUXA: (Érguese e deixa de coller patacas) Se deixaras o demo ese que che ten a cabeza tola! SOFIA: Chámase móbil e non é ningún demo. É un entretemento. MARUXA: Mira, mira! Pasa a coller a sacha e arranca algunha. (Sofía colle unha sacha e ponse a sacar patacas dun morico de terra. Mentres que entra no escenario Xosé, correndo). XOSÉ: (coa cara vermella) Maruxa, Maruxa! MARUXA: Que pasa, Xosé? XOSÉ: Ándanche na leira. Corre, corre! MARUXA: Ai! A miña leira, outra vez. XOSÉ: (con cara de preocupación) Rápido que xa sabes que ultimamente moven moito os marcos. (Maruxa sae do escenario correndo, mentres Sofía e Xosé acaban de arrincar as patacas). ACTO II Escena única (No escenario vese outra leira distinta cunha casa detrás, nela hai un mozo collendo mazás dunha árbore). MARUXA: (Con cara de enfadada) Que fai vostede coas miñas mazás? Fóra de aí xa. MOZO: Desculpe señora, eu so lle quería coller unha mazá. MARUXA: No xa! Iso xa o vía, o que pasa é que ninguén lle deu permiso. 16


MARUXA: No xa! Iso xa o vía, o que pasa é que ninguén lle deu permiso. MOZO: (Con vergoña saca unha mazá do saco que leva ao lombo e di cara ao público) Esta muller é mais agarrada... Teña, só era unha mazá para encher un pouco o bandullo, que leva desde onte sen comer. MARUXA: Que ocorre, acaso non ten casa vostede? MOZO: Pois a verdade é que non. Levo un mes vivindo do que me dan. MARUXA: (Primeiro desconfía, pero logo pon cara de pena) Ao mellor gustaríalle pasar unha tempada na miña casa, pero coa condición de traballar no campo. MOZO: Pois claro que si, sen ningún problema. (Maruxa e o mozo andan un pouco ata chegar á casa, que estaba ao lado da leira. Dentro está Sofía). MARUXA: Mira Sofía, este home vaise quedar aquí unha tempada para axudarnos coas cousas da terra. SOFÍA: Ah! Moi ben, si, si! MARUXA: Non ves, como non me escoitas cando che falo. Sube deixar as cousas. SOFÍA: E logo, este home? MARUXA: Non ves como non me escoitas cando che falo. Anda sube arriba deixar as cousas. MOZO: (Con preocupación) Como lle imos dicir isto á túa avoa. SOFÍA: A miña avoa teno que entender, o que facemos non é nada malo. MOZO: Xa, pero ela non me aceptaría. SOFÍA: Por que non? MOZO: Porque ela deixoume quedar como traballador e se descobre que son a túa parella, non me vai deixar quedar. SOFÍA: E que facemos? (Bícanse mentres Maruxa aparece por detrás) MARUXA: (Botando fume) Que facedes? SOFÍA: Avoa, tranquila, só foi un bico. MARUXA: Xa! Só un bico e para que o bicas? MOZO: Señora, síntoo moito pero e que eu namoreime da súa neta. MARUXA: Si, namorácheste dela, segurísimo! Xa podes botar a correr, que non che vai chegar Galicia para correr e correr. (Mentres Maruxa colle un pau que hai e guíndallo á cabeza) MOZO: Sofía, a túa avoa será moi boa pero estache mal da cabeza. Eu voume. (O mozo corre ata que sae do escenario) SOFÍA: Vaia! Alá vai outro home que non serve para nada. MARUXA: Sonche todos iguais netiña. SOFÍA: Son avoa, son. (Ao final vanse apagando as luces e vese a Sofía e á súa avoa entrando na casa e tomando unha cunca de té mentres charlan animadamente. As luces apáganse definitivamente e óese unha musiquiña de fondo). Cae o pano Vega Granja González 17


O atraco ao banco Personaxes: PEREIRO. Un dos ladróns. TITO: Outro dos ladróns. LUZA: A caixeira. PACA: A clienta. FREIGI: O policía. BICHO: O encargado do banco. ACTO ÚNICO Escena única (Mentres se encontran facendo as súas cousas de todos os días no banco, dúas persoas con máscara entran berrando) PEREIRO: Isto e un asalto! Arriba as mans! (Paca e Luza míranse estrañadas, mentres Pereiro pon a punta da pistola na cabeza de Paca, ficando algo pensativo) Quero que me dean todo o diñeiro que teñan! LUZA: Moi ben. Déame o número da súa conta, por favor? PEREIRO: Si, anote, ééé... (Entón Tito golpéalle a cabeza ao seu compañeiro) TITO: Non sexas parvo, eh! (Mira a Bicho) Méteo todo nestas bolsas. E rápido! BICHO: Si, enseguida! Veña, a meter o diñeiro nestas bolsas. PACA: Pero onde está a policía cando se a necesita? (Niso, sae do baño o oficial, frouxo, e totalmente indiferente ante a situación) FREIGI: Ai, que rico! (Xírase e ve a Luza e a Paca tiradas no chan, boca abaixo) Que está facendo aí? Que, está quentiño o chan ou que? (Entón Luza sinálalle co dedo os asaltantes) Que pasa? (E ao darse a volta ve a punta das pistolas na súa cara, entón asústase e comeza a gritar) Mamáaaaaaaa! (Ao instante axeónllase e xunta as súas mans) Por favor, non me mate que teño muller e dous fillos, e outros talvez por aí!… PACA: Ouza! Pero que caste de policía é vostede, que non cumpre co seu deber! FREIGI: (Quitándolle a pistola a Pereiro e mostrándolla a Paca) E que, non ve o tamaño da arma que ten? (Devolvéndolla a seguir ao asaltante). PACA: (Encollendo a cabeza) Para isto pago os meus impostos! TITO: Ao chan vostede tamén! Rápido! FREIGI: Xa vou! Xa vou! (Bótase ao chan, contra do costado de Paca e ela dille). PACA: (Con sarcasmo) Agora que vostede está ao meu lado, síntome máis tranquila! FREIGI: Ah, si? E que cre? Que eu son Superman, que as balas chocan e rebotan en min? PACA: Xa... Mellor cale a boca! (Chega Luza coas bolsas do diñeiro) LUZA: (Dállas toda atemorizada) Aquí están. TITO: Espero que estea todo. LUZA: Se quere, pódeo contar. PEREIRO: A ver... (Abre a bolsa e vai sacando o diñeiro, comeza a contar 100, 200, 300… Tito toma a man do seu compañeiro e mírao con ollos furiosos) Pero compañeiro! Hai que estar seguros que no non falte nada… 18


TITO: Garda iso agora. De acordo? PEREIRO: Moi ben, pero logo non veñas a reclamar que che faltan cartos, eh!. TITO: Se non calas agora, vas estar con eles no chan. PEREIRO: No te queixes despois. TITO: Xa! (Mirando a Paca e Luza) Ben, ben; estes cabaleiros retíranse. Moitas grazas pola súa colaboración. PEREIRO: Si, e para calquera asalto ou secuestro aquí está a nosa tarxeta (entrégallela mentres os demais quedan mirando con estrañeza). TITO: Este… (Estende a súa man cara á tarxeta) Préstasma un momento? PEREIRO: Si, acáboas de mandar facer. (Empeza a lela e mentres o fai, a expresión no seu rostro comeza a cambiar) FREIGI: Inaudito! Agora ata os asaltantes fan a súa tarxeta! PACA: Vostede cale, que para ser policía é un completo inútil! FREIGI: Ouza non lle permito que me insulte! A policía, respéctase! PACA: Que a policía se respecta! Se vostede para o único que serve, é para comer e ir ao baño! (Mentres os asaltantes discutían en silencio sobre la tarxeta). TITO: Pero gastou a prata nisto! Que tiñas na cabeza! FREIGI: Un zanco de polo. Si, iso é o único que pode comer. Vaime perdoar, pero sabe vostede a que se parece? TITO: Mira xa, esquéceo que nos imos. (Logo olla para os demais) Vaia, foi un gusto facer trato con vostedes, ímonos (Os dous retíranse apuntando coas súas armas, mentres que os outros quedan no chan asustados, ata que se van. Aos poucos segundos, entra Pereiro rapidamente e déixalles a tarxeta). PEREIRO: (Falando en voz baixa) Aquí abaixo está o número, chámennos (Nada máis deixarlles a tarxeta, vaise e todos quedan mirándoo moi sorprendidos e estrañados. deseguido, érguense). FREIGI: Ben, eu vou comer. Xa volverei (Vaise todo despreocupado). LUZA: Aproveitando que non hai clientela, vou ao baño maquillarme. (Marcha camiñando como se fose unha modelo de pasarela). Cae o pano Adrián López Freijido

19


Unha historia peculiar

Personaxes: LUZA: Enxeñeira do fondo do mar. TIPARRACO: Irmán de Luza. VEGARITA: Cociñeira da superficie. CALITOL: Presidente da nación.

ACTO 1 Escena primeira Ábrese o pano. No medio do escenario atópase unha ducia de algas. Ao fondo vese unha gran tea azul simulando o fondo do océano. De detrás das plantas mariñas xorden os dous peixes, que están discutindo. LUZA: Arrea, nin un só! Levo xa tres meses sen ningunha petición! Non vaia ser que os de arriba lles deixen traballo aos seres acuáticos. Nada! Só nos tiran lixo e máis lixo! TIPARRACO: Pois que lle queres, é o que toca… (con ton de reproche) Se son uns porcos, non lle temos nada que facer… LUZA: Ese non é o caso! Ti non duras máis dun mes traballando e eu non che teño cartiños nin para un bocadillo… Temos que arranxar a situación… TIPARRACO: Dilo coma se fora fácil… Esquéceste de a quen temos de presidente da nación? (cun ton sarcástico) Si pescada, si, ao queridísimo CALITOL… LUZA: Fai o favor e non mo recordes, queres? Mira meniño, eu a única forma que vexo de poder sacar cartos (recalcándoo) os dous é indo á superficie. TIPARRACO: (Alterado) Seica estou xordo ou oín ben? Queres ir á superficie? LUZA: (Anoxada) Vénseche ao miolo algunha idea mellor? TIPARRACO: Muller, non te poñas así, se cres que alí fóra atoparás traballo… LUZA: (Tose) Atoparemos… Que o de irmán floreiro pronto se che vai rematar… TIPARRACO: Claro, claro… LUZA: (Saca uns papeis do bolso e dálle un ao peixe) Toma! Aquí tes a peaxe do autobús de mañá. Xa eu che traio unha burbulla desas de oxíxeno para poder respirar. TIPARRACO: (Confuso) Que? A que hora veño? Onde? Xa o tiñas todo preparado, verdade? LUZA: He, he, he..! Quedamos ás oito e media na entrada principal da estación de mariño-buses. Trae unha maletiña con mudas ou o que necesites. Vémonos! (LUZA métese entre as algas e vaise do escenario. Queda Tiparraco no medio do escenario, cavilando). TIPARRACO: Está claro que as mulleres fan comigo o que lles dá a santísima gana…Se é que son moi boíño… E aínda por riba con esa miña meiga querida que teño por irmá… (LUZA sae de entre as plantas mariñas e arréalle unha zoupada ao peixe). LUZA: (Roñando) Ai meu, se calaras a boquiña… (Marchan do escenario e baixa o pano). 20


LUZA: (Roñando) Ai meu, se calaras a boquiña… (Marchan do escenario e péchase o pano). Escena segunda (Ábrese o pano. Agora a escena sitúase nunha praia. O decorado consta dun ceo azul, unhas gaivotas, un pouco de area e un sinal cun debuxo dun autobús. Os dous peixes, coas maletas e coas burbullas, saen do lado esquerdo do escenario). TIPARRACO: Creo que vou vomitar… Arg! Que mareo! Cinco horas de viaxe! LUZA: Non te queixes. Eu creo que á larga, esta viaxe vainos servir nun futuro. Pero vaia, deixémonos de futuro e busquemos no Google Maps onde vén estando o noso hotel. TIPARRACO: (Sobresaltado) DEIXATE DE GOOGLE MAPS NIN DE GUGUEL MAS TOMA AGORA MESMO A BURBULLA DE AIRE! INDA VAS AFOGAR! LUZA: Nai que te fixo! Cacho de susto me deches…(Colle a burbulla, que se representa coma un globo, fai que inspira o aire e vai desinchando o globo pouco a pouco) Xa está, ves como non me pasou nada? TIPARRACO: Mira, mira eh! Déixoo aí mellor porque senón non imos chegar a ningures. (Axeónllase, abre a maleta e saca un mapa, dobrado moitas veces, que o vai abrindo aos poucos) Segundo este mapa estamos a… LUZA: Pero que fas meu irmanciño? Colle o teléfono e mira na Internet… Se non tes xigas, póñoche eu Wifi… TIPARRACO: (Roñando) Wifi voucho dar eu… Non ves que aquí non temos cobertura? Tes que aprender a sobrevivir durante uns minutos á marxe das novas tecnoloxías. LUZA:

Está

ben.

(Con

desinterese) Como dis que se emprega ese… Mapa? TIPARRACO: Será mellor que de interpretar mapas me encargue eu… TI atenta aos edificios de redor do paseo da praia. (Comezan a camiñar e saen do escenario. Baixa o pano. Diante del, unha persoa amosa un cartel coa inscrición “Moito máis tarde”. Sobe o pano. A decoración é a mesma, agás que o sinal do autobús xa non está e agora é de noite. Cámbiase o fondo azul con gaivotas polo negro con estrelas e unha gran lúa). LUZA: (Con voz anoxada) Ben, ben… NON ERA QUE CHEGARIAMOS NUN SANTIAMÉN! Pois xa levamos mais de cinco santiaméns camiñando e inda non vexo o meu querido hotel… EXPLÍCASMO! Agradeceríacho de corazón. TIPARRACO: Eu que queres que lle faga se o tipo do bar nos estafou co mapa. O mellor é que busquemos un hostal onde pasar a noite. Non me fío dos humanos. LUZA: Tes razón, inda nos van levar para un restaurante para nos cociñar. (Entra VEGARITA en escena. Leva unha capa negra con carapucha o que impide que se lle poida ver a cara. Cunha gran rede envolve os peixiños e comeza a tirar por eles. Pouco a pouco, vainos sacando do escenario). LUZA: (Berrando a pleno pulmón) SOCOOOORROOOOOO! Que nos leva un quita-empregos da superficie!!! EU POR QUE DIRÍA NADA!! TIPARRACO: (Chorando) POR FAVOR NON ME PAPES!!! INDA SON MOI NOVO!

21


ACTO 2 Escena única (Novo escenario. Agora a acción sitúase nunha cociña. No medio hai unha mesa onde se atopan os dous peixiños sentados, mirando cara á muller; detrás, unha cociña de gas cun gran pucheiro enriba e unha gran neveira industrial. Vegarita está remexendo no pucheiro cun gran cullerón) VEGARITA: (Cantando) Ai que rico este peixiño, que xa só lle falta o aliño Ai que rica a pescada cunha boa salsa de trufas. (Vegarita deixa de remexer e diríxese ao frigorífico. Saca unas cenorias, unhas cebolas e unas patacas. Póusaas na mesa xunto aos peixes e segue dándolle ao pucheiro, enerxicamente). VEGARITA: (Cantando) Un gran prato teño que cociñar que se non do traballo vanme botar. Non está o sector para ir xogando á quiniela, que este novo presidente vaia tea. Inda bo foi que quixo vir aquí, que ese en viñiños, deixa un bo botín. Que conste que eu non é por ofender, pero vaia pastrán chegou ao poder. LUZA: Oia miña ruliña, e como é que non nos quixo meter no pucheiro. Suponse que se nos menciona na canción é porque quere cociñarnos, ou non? VEGARITA: Ai miña rula, eu sonche vexetariana pero o voso nome era o único que rimaba. Eu téñovos un problema e é que se non canto o sangue ao cerebro non me chega moi rápido. TIPARRACO: Literalmente? E se queda afónica, que lle pasa, morre? VEGARITA: O que? Non home non? iso é que non me ven a inspiración. E que cada vez que canto, vénseme ao miolo un novo prato. LUZA: E para que dixeches que nos raptaras? Para saber a nosa opinión non? VEGARITA: Mira que lista é a pescada que cando se enfada, bufa. TIPARRACO: E tan importante é a persoa que ten reserva nunhas horas, como para acabar co plan de dúas pobres criaturas mariñas e meterlles o susto da súa vida? VEGARITA: (Agora xa non está cantando) Veredes, é moi complicado que un negocio non afunda hoxe en día. LUZA: HA! A min mo vas a contar? TIPARRACO: Por iso cres que a innovación é a mellor das solución a este problema, non? VEGARITA: Exacto. O invitado que hoxe temos non é precisamente o mais querido na actualidade. Pero imaxinade que unha persoa desa categoría pon un só pé aquí. Imaxinádesvos a gran repercusión que iso tería? LUZA: Quen é? É algún deses famosos actores superguapos de fama internacional? 22


TIPARRACO: Ou é un grande inventor? Un astronauta? VEGARITA: Hoxe, damas e cabaleiros, acompañaranos na nosa velada… O PRESIDENTE DO ESTADO, CALITOL! LUZA: (Recítase tal cal está escrito) AI MECAGHO NA…! Como? Pero queres que te linchen? Se a xente da costa é a que mais asco lle ten. TIPARRACO: Normal, enche as praias de lixo cos seus buques comerciais, o océano de residuos cos seus petroleiros e cada vez somos menos polas terras baixas… Os da superficie non tedes consideración ningunha por nós. VEGARITA: (Medio aludida) Xa…Síntoo… LUZA: Agora non é momento de agochar a cabeza. É momento de pensar nun prato innovador. TIPARRACO: (Sen levantar os ollos do chan) Merda! VEGARITA: Que dixeches meu? Falaches moi baixiño. LUZA: Eu si que o oín! Non sexas porco! TIPARRACO: Porco non, brillante. É algo que lin nunha novela…. Como se chamaba… LUZA: “Pombas brancas”? Recordo que un día me mencionaras ese tema. VEGARITA: Moi ao meu pesar, eu non teño a vosa telepatía. E inda que fora tan (con énfase) brillantísima, queda menos dunha hora para que o querido CALITOL chegue. (Os dous peixes achéganse ao oído da cociñeira e fan coma se estiveran dicíndolle algo). VEGARITA: É unha idea fantástica pero…, iso non é extorsión? LUZA: Asasinar a unha muller é delito mais os agresores quedan libres… ACTO 3 Escena única (Agora o escenario conta cun fondo vermello con algúns cadros colgados. Tamén hai unha camiseta do Depor firmada e mais elementos decorativos. Hai tres mesas coas súas respectivas cadeiras, teñen postos os cubertos e no medio hai unha rosa vermella que fai de soporte dos menús). LUZA: Xa está aquí!!! Chegou o presidente CALITOL!!! Está fóra, no aparcamento, rodeado dun montón de tipos con traxe e gravata. VEGARITA: (Sen entrar en escena, simulando que está na cociña) Xa? Arre demo, podería retrasarse un pouquiño non? TIPARRACO: Como van eses espaguetes? Xa está listo ou…? He,he,he,he! VEGARITA: Xa se está cociñando todo. Cando senten, comezarei a empratar. Vós encargádevos de recibilos. LUZA: E estás segura de que non vén acompañado, non me parece moi ben que paguen xustos por pecadores… VEGARITA: Si muller, si. Igual vén unha amiga ao final, na hora do café e dos chupitos, por iso preferín cambiar a torta de chocolate para que só el probara a nosa receita, que con tanto amor lle preparamos… He,he,he! (Nese intre óese un ruído imitando o dunha porta que se abre e se pecha). CALITOL: (Cunha voz grave, fai que tose) CORF, CORF, CORF! Ola! Hai alguén por aquí? LUZA: (Apresúrase a coller mandil e un trapiño) Si, ola, son eu, benvido ao prestixioso restaurante L´Vegaritta. (Medio chanceando) E vostede é…? CALITOL: Hai deus santo! Non me diga que non sabe… (separando as palabras de forma moi marcada) QUENSON-EU? (Luza fica calada pola actitude intimidatoria do home de traxe e gravata). 23


TIPARRACO: Non lle faga caso .Inda é moi noviña. Eu tomareille nota… Que viño lle apetece pedir… Se quere tráiolle a carta de… (CalitoL córtalle a palabra) CALITOL: Ummmm… Si, tráiame un pouco de todo para (alongando o “s”) experimentar novas sensacións. LUZA. (Polo baixiño) Se é que as ten todas; maleducado, pastrán e aínda por riba un borracho… Vaia país máis coherente! (LUZA marcha do escenario e Tiparraco lévalle un par de botellas de viño). (CalitolL empeza a degustar o viño mentres que Vegarita, Luza e Tiparraco o observan e fan acenos entre eles). VEGARITA: Entón seguimos co plan dos espaguetes á bosta. LUZA: Por min si, ese porco é o que merece; ademais o que eu lle vou pedir a cambio de que eu non conte nada non son nin cartos nin nada polo estilo: Eu o único que pido é que me facilite contactos para os meus proxectos de edificios. TIPARRACO: Eu que deixe de contaminar os mares e as praias. VEGARITA: Pois a min gustaríame que o meu negocio se expandira por outros lugares do mundo… Ostras! O prato xa está listo. Voullo levar a ver que di… He,he,he! Cae o pano (diante del sae a autora) Nota da autora: Ninguén sabe o que pasou realmente esa noite. Só se sabe que Vegarita, agora, ten restaurantes en sete países diferentes; Luza ten máis de cen encargos e Tiparraco pode desfrutar dun ecosistema máis limpo. Lucía Maceira López

24


A casa do medo

Personaxes: PATRICIA VEGA CLAUDIA LUCÍA Todas son amigas.

Acto único (A acción ten lugar nun vestíbulo dunha casa abandonada. Está moi escuro. Hai arañeiras por todas partes. Hai mobles esparexidos por aquí e por alá, en moi mal estado). PATRICIA: (Dende fóra do escenario) Por onde imos? VEGA: (Dende fóra, asustada) Eu voume. CLAUDIA: Non o sei. Ti por onde queres ir? VEGA: Oe, que vos digo que me vou. PATRICIA: Miremos por alí, a ver que hai. VEGA: (Gritando) E que non me oídes? Quérome ir! TODAS: -Chisss! LUCÍA: Non fai falta que berres. VEGA: É que non me facedes caso. CLAUDIA: Botemos unha ollada por alí. (Entran no escenario pola esquerda Patricia, Vega, Lucía e Claudia). LUCÍA: Este lugar poderá servir. PATRICIA: Estás segura? LUCÍA: É perfecto! É… grande e hai espazo. VEGA: A min non me gusta. CLAUDIA: A min gustaríame estar máis cerca da porta. VEGA: Iso, iso, máis cerca da porta. PATRICIA: Tedes medo? CLAUDIA: Medo? Pero que dis! O que pasa é que aquí… non hai ventilación e hai moito po. LUCÍA: É que a verdade vese que hai anos que ninguén pasa un pano. CLAUDIA: E si hai un incendio? Fixádevos en todos os mobles. Canto mais cerca esteamos da porta, mellor. PATRICIA: Estás morta de medo, recoñéceo. CLAUDIA: Non é verdade! PATRICIA: Entón quedaremos aquí. CLAUDIA: Vale. (Claudia quita a carteira, e déixaa no chan, ábrea para buscar algo dentro dela). VEGA: Pois eu si que teño medo. 25


PATRICIA: Pois dixéralo antes, guapa! Decidimos que iamos pasar a noite aquí, dixémolo xuntas. Xa non te lembras? Pois agora amólaste! E se non che gusta, lárgaste da panda. LUCÍA: Non fai falta que fales así. PATRICIA: Estou farta! Dende que chegamos ao bosque, non deixa de dar a vara. LUCÍA: Ti non es quen para dicirlle que se vaia da panda. PATRICIA: Pero é que non o ves? Está morta de medo! LUCÍA: Vale, ao mellor ten medo. Pero veu, non? Ten medo, pero inda está dando a cara, iso si que é ser valente (mirando a Vega). Ela sabe que se estamos xuntas non nos pasará nada, temos que confiar unhas nas outras. Ela confía en nós e sabe que non lle fallaremos, por iso se quedará. (Achégase a Vega) Quedarás, verdade? VEGA: (Despois de pensalo uns instantes) Si. Cae o pano Noelia Pardo Areán

26


Asunto resolto

Personaxes: ALBERTE: O maior machista, racista e prepotente que existe. LUÍS: É o líder dun grupo que ten como obxectivos aniquilar a Alberte XOSÉ: Forma parte do grupo de Luís DAVID: Forma parte do grupo de Luís

ACTO 1 Escena única (Sae o sol. Todos están nunha base ás aforas de Nova York) LUÍS: Para ter posibilidades de acabar con el necesitamos infiltrarnos na súa vida. Algunha idea? DAVID: Podemos tentar que nos contrate de gardacostas. XOSÉ: Tes razón! LUÍS: Aí está, moi boa idea David! (Sae David) LUÍS: Agora que David saíu a ofrecerse como gardacostas, nós podemos comezar a idear o noso plan perfecto, para asasinar a ese porco. (Xosé pon un enorme papel cos planos da casa de Alberte enriba da mesa) XOSÉ: Ben, entón aquí dorme ese porco (sinalando un enorme cadrado no mapa). LUÍS: Cando vixiemos os corredores da casa, guindaremos pola porta do seu dormitorio unha granada de gas estupefaciente, e levarémolo ata a base de Madrid, alí procederase á súa execución, e ninguén volverá saber nada del nunca. ACTO 2 Escena única (David está falando con Alberte) DAVID: Ben, temos experiencia nisto e protexerémolo ben. ALBERTE: (Con acento inglés) Vale, mañá empezarán ás 6 da mañá na miña casa. (Todos na base) LUÍS: Debemos traballar polo menos un mes para que colla confianza. DAVID: Ben pensado. XOSÉ: Pois mañá témolo que facer ben para causarlle boa impresión ao porco ese. (Na casa de Alberte) LUÍS: Ben, eu vixío a planta de arriba, David, ti os corredores e Xosé comigo. DAVID: Está ben. XOSÉ: Imos logo.

27


ACTO 3 Escena única (Luís e Xosé na planta de arriba) LUÍS: Aquí non hai nada, vaia por deus! LUÍS: (O día do secuestro) Xa está todo preparado? DAVID: Si, xefe. LUÍS: Pois imos aló. (Xa na base de Madrid) LUÍS: Ben, que temos por aquí? ALBERTE: Que facedes? Soltádeme, porcos! LUÍS: (Cunha escopeta na man) Creo que non estás en actitude de nos falar así, non cres? ALBERTE: Por que me facedes isto? XOSÉ: (Berrando) Porque es un racista, homófobo, machista e unha horrible persoa; non tes lugar neste mundo. (Luís mira en fite a Xosé e David e os dous asenten, entón Luís apunta coa escopeta a Alberte e vóalle os miolos) TODOS: (Á vez): Asunto resolto! Cae o pano Luís Manuel Reboredo García

28


A partida ao tute

PERSONAXES: XOSÉ e MARUXA: Matrimonio xubilado, que vive con Pepe e Carmiña. PEPE e CARMIÑA: Matrimonio xubilado que vive con Xosé e Maruxa. MANUEL: Propietario da discoteca, primo de Maruxa.

ACTO 1 Escena única (Están Pepe e Xosé xogando a partida, Maruxa e Carmiña facendo unhas fillas) PEPE: (Dirixíndose a Carmiña) Carmiña tráenos outra botella de licor café. CARMIÑA: (Levándolles a botella) Vós bebede ben que despois non hai quen vos aguante, e vide comer que xa está a comida. (Os homes deixan a partida e póñense á mesa. Ao acabar volven á partida). XOSÉ: (Berrando) Arrastro! MARUXA: Non berredes tanto que no estamos no medio do monte. CARMIÑA: Nós imos á feira mentres vós quedades aquí. PEPE: (Tan pronto como cerraron a porta) Xosé mira este folleto (Xosé olla o folleto), dixéronme que era unha discoteca moi boa. Imos aló? XOSÉ: E que lle imos dicir ás nosas mulleres? PEPE: Tranquilo, dicímoslles que imos á taberna. (De alí a un anaco chegan as mulleres). MARUXA: Xa chegamos, imos facer a cea. (Os homes seguían ao se. Logo dun anaco...). CARMIÑA: Vide cear que non facedes máis que estar aí tirados. (Os homes sentan á mesa e cóntalle a trola). PEPE: Esta noite imos ir botar unha partida á taberna. (Dicindo cara ao público) Si, que partida imos botar! CARMIÑA: Vale, así deixádesnos a televisión libre. ACTO 2 Escena única (Están Xosé e Pepe preparándose para marchar) PEPE: Nós marchamos, non agardedes espertas. MARUXA: E logo? A taberna logo cerrara. XOSÉ: (Rapidamente para que non os pillaran) Non, pero é que hoxe hai un ano da súa apertura e entón vai estar aberta as vinte e catro horas do día. CARMIÑA: Non me importa. Vós non veñades tarde. 29


(Alá foron os dous homes á discoteca e mentres os dous homes bailan, Carmiña e Maruxa dispóñense a xogar ás cartas). CARMIÑA: Maruxa ímoslle botar unha á escoba. (Ao chegar á mesa, encontraron unha cousa que non vos podedes imaxinar). MARUXA: Que e isto, parece o folleto dunha discoteca. CARMIÑA: Eu creo que é dunha discoteca. MARUXA: Espera, esta discoteca é de meu primo Manuel, vouno chamar para ver se están alí. MANUEL: Si? MARUXA: Ola Manuel! Era para preguntarche se está aí o meu home con outra persoa. MANUEL: Agarda, vou mirar. Si, esta aquí. MARUXA: Grazas Manuel. (Colga o telefono moi cabreada) CARMIÑA: Que che dixo. MARUXA: Están alí, que desgraciados! ACTO 3 Escena única (Maruxa e Carmiña están esperando polos seus homes, desgustadas) MARUXA: Escoita, por que non nos imos de vacacións? CARMIÑA: Vale, imos mirar este folleto de viaxe. MARUXA: É moi caro. CARMIÑA: Tranquila, Pepe ten 100.000 euros que gañou nunha aposta e pénsollos coller. (As dúas apartaron a neveira, abriron a caixa forte, colleron os cartos e marcharon. Despois dun tempo chegaron os homes a casa). PEPE: Xosé imos para a cama que me doe o corpo, mañá facemos algo. (Foron para a cama, e á maña seguinte...) XOSÉ: Pepe erguerémonos que xa son as dúas da tarde. (Érguense os dous homes e ao chegar á cociña...). PEPE: Onde andan as mulleres. XOSÉ: Mira este folleto é de vacacións. PEPE: Non pode ser, descubríronnos e marcharon. XOSÉ: Ao final meu avó sempre tiña razón: onde as dan, tómanas! Cae o pano Daniel Rodríguez Mato

30


Manolito o guerreiro solitario Personaxes: MANOLITO: O guerreiro solitario MAGNUSCARSEN: O príncipe amigo de Manolito MAGNUSCARSÓN: O inimigo de Magnuscarsen MARTIÑA: A princesa GOLEM: Mascota de Magnuscarsón ESPIRITO DE MANOLITO

ACTO 1 Escena única (Aparece Manolito indo de volta cara á casa, para facer a comida cando de repente se escoita un ruído enxordecedor) MANOLITO: (Collendo a súa espada) Pero que foi ese ruído? MAGNUSCARSEN

non

será

un

ataque

do

inimigo

Magnuscarsón? MAGNUSCARSEN: (Con voz moi ronca) Pois si amigo, é outro ataque destes como os que fai sempre. (Dirixíndose cara a Manolito) Reúne todo o exército e imos contraatacar, isto é a guerra! MANOLITO: (Con voz moi grave) Xa vou meu príncipe, imos matar a todos os inimigos. (Mais non se ve a ninguén) Onde están todos? (Pregunta desconsoladamente). Así como imos gañar a guerra? MAGNUSCARSEN: (Dille a Manolito) Agora ti es só o único que polo menos pode facer algo e estes días vas prepararte a tope, entendíchelo? MANOLITO.: Si meu príncipe. (Comeza a semana de Manolito) (Día 1. Manolito vai intentar buscar máis soldados entre o pobo para a loita, pero nada; entón ponse a exercitar cando polo fondo ve unha rapaciña moi fermosa e que ademais tiraba moi ben as frechas, daquela pregúntalle) MANOLITO: Rapaciña ti como te chamas? MARTIÑA: Eu son Martiña, a irmá de Magnuscarsen, por iso son princesa. MANOLITO: (Sorprendido) Perdóeme maxestade, foi un malentendido. Pódolle facer unha pregunta? MARTIÑA: Claro que si, adiante, pero pódesme atuar. MANOLITO: Quererías vir á guerra comigo? MARTIÑA: (Sorprendida) Non. MANOLITO: (Insistindo) Veña por favor que estou eu só para loitar e ti es moi boa lanzando frechas. 31


MARTIÑA: Que non, e ademais se ti só xa podes co exercito todo. MANOLITO: Pero eu coa armadura non dou corrido moito e á parte que levantar a espada custa moito porque pesa máis ca min. MARIÑA: De acordo, está ben, irei contigo á guerra. (Manolito e mais a princesa fanse amigos e continúan o resto da semana ata ser os mellores) ACTO 2 Escena única (Aparecen Manolito e mais a princesa no campo exercitándose e aparece o príncipe Magnuscarsen montado a cabalo cunha lanza de xusta medieval) MAGNUSCARSEN:(Convencido) Estívenme exercitando durante unha semana para ir a esa guerra e gañala e ademais o meu cabalo corre case o dobre do que corría antes. MANOLITO:(Con voz cabaleirosa) Pois eu tamén estiven exercitándome unha semana e os resultados saltan á vista, dunha espadada dou matado a calquera. MARTIÑA: (Chea de fachenda) Pois eu que non mataba nin unha mosca, agora se a vexo desde lonxe douna matado. MAGNUSCARSEN:(Con voz imperativa) Vaia, pois agora haberá que elixir quen é o líder.(Con fachenda) Eu tiña pensado en min, como son o mais fermoso... MARTIÑA: (Enfadada) Pero que dis ti, aquí a máis fermosa e a que mellor puntería ten son eu. (Entón comezou a discusión entre os irmáns) MAGNUSCARSEN: (Con seguranza) Basta! O líder vai ser Manolito. Paréceche ben Martiña? MARTIÑA: (Tamén con seguranza) Paréceme moi ben, irmanciño. MAGNUSCARSEN: (Sorprendido) Martiña, pois pensei que non che ía gusta,r pero en fin. Ti que pensas Manolito, de seres ti o líder? MANOLITO: (Intranquilo) Pois se me toca a min ser o líder, sereino. MAGNUSCARSEN: Entón cando imos á guerra? MANOLITO: Hoxe á tarde será. Atacaremos sen que nos sintan. (Manolito, Martiña e Magnuscarsen aparecen diante da porta do castelo de Magnuscarsón) MANOLITO: Eu estou vendo que hai moitos bárbaros e magos. Entón Martiña ti atacarás dende aquí afora e ti Magnuscarsen virás comigo. MAGNUSCARSEN e a princesa: (Ao mesmo tempo) Si, Manolito. MANOLITO: (Berrando) Ao ataque! (Entón o príncipe e mais Manolito comezaron a loitar contra os inimigos e ao final venceron). (Aparecen o príncipe, Manolito e a princesa no castelo de Magnuscarsón) MAGNUSCARSÓN: (Enfadado) Quen ousa entrar aquí. MANOLITO:(Con determinación) Nós e estamos aquí para capturarte. MAGNUSCARSÓN: (Enfadado) Pero que dis, vós non vedes que teño todo o exército para me liberar. MANOLITO: (Moumeando entre eles) Se se decata de que todo o seu exército está morto... MAGNUSCARSÓN: (Enfurecido) Ídesme dicir o que estabades falando. MANOLITO, MAGNUSCARSEN E A PRINCESA: Non (Entón lévano ao castelo de Magnuscarsen para guillotinalo, ao mellor) 32


ACTO 3 Escena única (Aparecen todos os personaxes no castelo de Magnuscarsen e dispóñense a decidir o que van facer con Magnuscarsón, o irmán malvado de Magnuscarsen) MAGNUSCARSEN: (Dubitativo) Entón que imos facer co meu irmán. MANOLITO: (Cavilando) Non sei, matalo! MAGNUSCARSEN E A PRINCESA: (Gritan) Noonn!, que é o noso irmán e querémolo moito e, aínda que sexa un malvado psicópata, nós seguímolo querendo igual. MANOLITO: Vale vale! Non se hai por que enfadar. MARTIÑA: (Dubidando) Entón que facemos con el porque, se o deixamos marchar, vai volver facer das súas. (Entón mentres estaban pensando un ruído estraño óese eeee....)

MAGNUSCARSÓN: (Contento) Hai vén a miña mascota. (Polo fondo vese unha enorme pedra xigante chamada Golem) GOLEM: Dono, vou por ti, tranquilo. MAGNUSCARSEN: (Asustado) Oooh! MARTIÑA: Estase achegando demasiado, pode romper unha torre do castelo onde está encerrado Magnuscarsón. MANOLITO: Xa me encargo eu del. (Manolito sae do castelo e disponse a loitar contra o Golem) MANOLITO:(Berrando) Detente besta inmunda dos infernos. (Intentouno deter e dunha espadada córtalle a cabeza). MANOLITO: Vencín o monstro! (Manolito pasa pola cela de Magnuscarsón e....entón este mátao). MAGNUSCARSEN: (Enfadado e desesperado) Isto non pode acabar así.

33


(Magnuscarsen colle a Magnuscarsón e lévao á guillotina) MAGNUSCARSEN: (Chorando) Adeus meu irmán. (Magnuscarsón morre) MAGNUSCARSEN: Eu queríate meu irmán pero ti obrigáchesme a facelo. ESPIRITO DE MANOLITO: Tranquilo Magnuscarsen, fixeches o correcto. MAGNUSCARSEN: (Amedrentado) E ti quen es. ESPÍRITO DE MANOLITO: Eu son o Espírito de Manolito. MARTIÑA: E teremos que ir ao enterro dos dous. Rezaremos todos pola alma de Manolito. Cae o pano

David Saavedra García

34


A carreira fallada

Personaxes: SON MONA: O protagonista. CELULAR. O tramposo. GRILÍN: O compañeiro do protagonista. ALECRÍN: O árbitro.

ACTO 1 Escena única (Son Mona aparece xunto con Grilín voando sobre unha nube) SON MONA: Logo hoxe non había unha carreira. GRILÍN: (Sorrindo) Non recordas que nos apuntamos. (E engade de cara ao público) Este está máis vello ca os mamuts. SON MONA: Cando é? GRILÍN: Ás cinco, na illa da Fórmula 1. ACTO 2 Escena única (Son Mona e Grilín chegan á illa e detrás Celular) CELULAR: (Sorprendido) Pero se tamén está Son Mona e o seu amigo pequeno. CELULAR: Vixiareinos para ver a súa estrataxema. SON MONA: Grilín non sentes coma se nos vixiaran. GRILÍN: Agora que o dis, un pouco. SON MONA: Teño unha idea. (Son Mona e Grilín páranse, escoitando uns sons polo baixo). CELULAR: (Detrás dun arbusto) Pero de que falan? (Son Mona queda no medio da rúa, mentres Grilín vai mirar onda a maleza). CELULAR: Onde iría Grilín, ao mellor decatouse, non creo que me descubrise. Mellor, así observo un anaquiño máis. GRILÍN: Pero quen é ese? GRILÍN: Xa te cachei. Ti que fas aquí? CELULAR: (Sorprendido) Que? SON MONA: Xa o tes! CELULAR: Estou dando unha volta antes de que comece a carreira. SON MONA: Ti es un tramposo, e xa sabes que te poden penalizar. CELULAR: (Tapando a boca) A min por que me van penalizar se só copio a vosa estrataxema? GRILÍN: Con que iso! 35


SON MONA: Déixao, xa pensaremos outra. CELULAR: Perfecto, agora sen estrataxema, usarémola na súa contra.

ACTO 3 Escena única (Xa comezou a carreira e todos están nos seus postos) CELULAR: A verdade, a vosa estratexia encántame, ten algunhas modificacións da nube. SON MONA: Vas tragar auga. ALECRÍN: (Coas mans en alto) Preparados, listos... xa. GRILÍN: Son Mona, Celular vai gañando. SON MONA: Ti preocúpate de quedar segundo. GRILÍN: Ti toleaches, nós viñemos para gañar. SON MONA: Ti espera. CELULAR: Que vos pasa, estades chorando? Tomade un pouco de auga salgada para subir o ánimo. ALECRÍN: O corredor número dous queda descualificado. SON MONA: Grilín acelera que podes gañar. (De repente empeza a tronar e a carreira aprázase) SON MONA: O que faltaba. GRILÍN: E se imos para o noso fogar. Cae o pano José Senra Trigás

36


O Leiteiro

Personaxes: TOÑO: O vago MANOLO: O orgulloso RUBÉN: O rico LEITEIRO: O gracioso

ACTO 1 Escena primeira (Un día de verán pola tardiña chega o Leiteiro a vila, tarde como todas as veces. Un dos veciños, Manolo, estao esperando no medio do camiño). MANOLO: Ei, Leiteiro! Que horas son estas! Xa me son horas de muxir! (Berrándolle dende o portelo do alpendre do tanque do leite). LEITEIRO: (Baixando do camión) Que queres oooh? Non me metas présa. MANOLO: Présa ningunha, pero rapidiño, que as bacas non se moxen soas. LEITEIRO: (Case co tanque do leite baleiro) Coidadiño! 60 litros máis cá anterior vez, se segues así, vas pasar a cota (Ríndose). MANOLO: Xa ves, é o que ten ter as mellores vacas da zona; vaia, sen esquecerse de quen as coida. (Dío todo orgulloso). LEITEIRO: Teño unha dúbida. MANOLO: Pregunta, son todo oídos. LEITEIRO: Ti tes avoa? (Ríndose). Escena segunda (Entra Rubén na eira de Manolo a paso lixeiro cun anaco de palla na boca). RUBÉN: (Cun sorriso de orella a orella) Avoa ten,

pero

non

debe

vir

moito

onda

el

(dirixíndose ao Leiteiro). (Empezan a rir os dous ante Manolo, que non acaba de entender de que falan) RUBÉN: Ben, vou indo para baixo, non enredes moito (dirixíndose ao Leiteiro). LEITEIRO: Veña, recollo a mangueira e xa vou.

37


ACTO 2 Escena primeira (Agora atópanse o Leiteiro e Rubén na corte deste) LEITEIRO: Se souberas a idea que se me pasa pola cabeza cada vez que vexo este tanque do leite, íache pegar a risa. RUBÉN: Sabe deus! Ben seguro que algo normal non é (dicíndoo en voz baixa sen que o leiteiro o ouza e ríndose). LEITEIRO: Non creas, con que se dea en poñer de moda... Mira, pero non é tan mala idea, cando as miñas rapazas me pidan unha piscina, vou por un tanque destes e fago un buraco no chan e velaí vai. RUBÉN: Veña, ooh! Tamén só se che ocorre a ti. (O Leiteiro mira o seu reloxo e todo exaltado di). LEITEIRO: Vou ir empezando a baleiralo, que co grande que é lévame un anaco.

Escena segunda (Pasa Toño polo camiño e veos alí falando polo que decide ir onda eles) RUBÉN: Aí vén o home máis agudo do lugar (soltando unha gargallada). TOÑO: Eu non nacín para traballar, meu, para iso está o rapaz (referíndose ao fillo). LEITEIRO: (Dirixíndose a Toño) Aquí xa rematei, vai alá abrirme a porta para que poida coller o teu. ACTO 3 Escena única (Toño atópase diante da porta da sala do tanque cando chega o Leiteiro) LEITEIRO: Preparáchesme as cousas para que colla o leite. TOÑO: Ai non, ti mandáchesme abrir a porta é foi o que fixen. (O Leiteiro comeza a rir e Toño mentres fala) TOÑO: Quédanche aí as chaves, cando remates pecha que eu vou ir tomar o café á cooperativa. LEITEIRO: E que lle fago ás chaves? TOÑO: (Mentres marcha polo camiño arriba) Lévaas para a casa e xa mas darás para o próximo día. LEITEIRO: (En voz baixa sen que o escoitase) Éche ben verdade o que din, que cousa máis vaga! A ver como moxe agora! Cae o pano Álvaro Simón Porral 38


Marzo-2017 IES Ramón María Aller Ulloa 2º ESO B (desdobre 2) Coordinador: Xosé Payo

39


40


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.