Teatro con sentimento

Page 1

2ยบ ESO

1


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 2º ESO C (Desdobre). Curso 2015-2016 Edita: Departamento de Lingua Galega Imaxe da portada: http://imaginaconmusica.blogspot.com.es/2015/11/1-primero-con-el-teatro.html 2


ÍNDICE: 1.

Un casamento forzoso. Texto e ilustración, Miriam García García

2.

Problemas en Legumedo. Texto e ilustracións, Noelia González Jacobo.

3.

Asuntos de familia. Texto e ilustración, Laura López González.

4.

María morreu. Texto, Alba Mariño Baca.

5.

Carapuchiña e o lobo modernízanse Texto, Antía Paz Iglesias.

6.

Tribos Texto, David Varela Alonso.

3


4


Un casamento forzoso

Personaxes; MARÍA: a noiva ELISA: amiga da noiva DONA LURDES: nai da noiva PEDRO: o noivo CURA: oficiante ACTO 1 (Levántase o pano e aparece unha figura humana, aparenta unha muller, está sentada ao carón dunha fonte). Escena única MARÍA: Ai, pobre de min! (Entre choros) E agora que fago? (Preguntándose) Eu non quero casar con el (Apesarada). (Entra en escena Elisa) ELISA: Que che pasa María, por que choras? (Pregunta dubitativa) MARÍA: E que... non quero casar con Pedro, pero os meus pais obríganme (Limpándose as bágoas). ELISA: Pero ti muller... non ves que todas dariamos o que fose por estar cun home así, e por enriba é rico! (Con admiración). 5


MARÍA: Ben che me importa a min iso, eu prefiro casar cun can antes que casar con el. (Entra no patio dona Lurdes) DONA LURDES: Veña María! (Dando ordes) Tes que te vestir xa que a misa agarda. MARÍA: Xa vou (Enfurruñada) ACTO 2 (Levántase o pano, están xa todos presentes na igrexa, só falta o veredicto dos noivos) Escena única CURA: (Dirixíndose a Elisa) Queres a Pedro como futuro esposo? MARÍA: Non, non o podo facer. (Todos os presentes se abraian) MARÍA: O meu amor pertence ao ferreiro. PEDRO: En verdade, eu tampouco quero facelo. (Dirixíndose a dona Lurdes). (Daquela dona Lurdes levántase) DONA LURDES: Pois logo (apesarada e anoxada), que non se celebre a voda e cada un que case con quen lle dea a gana!!! (Cae o pano) Fin Miriam García García

6


Problemas en Legumedo

Noelia Gonzรกlez Jacobo 7


Problemas en Legumedo Personaxes: XANCHA: habitante de Legumedo MANOLO: veciño de Xancha TEIMO: ferreiro da localidade AMELIA: fanática do clima POL: borracho de Legumedo PEDRO e PEPA: parella ACTO 1 (O sol está saíndo en Legumedo, e a xente agrupouse na praza) MANOLO: Grazas por vir veciños. Hoxe é un día moi importante para a hist…. (Interrompido, para). XANCHA: A ver ohh! Apura que teño que ir sachar as patacas! MANOLO: Ben xa que tedes tanta présa… Convoqueivos aquí porque creo conveniente axudar o noso veciño, Pol. Todos sabedes o seu estado, sempre cunha botella de viño na man. Por iso ocorréuseme que sería boa idea levalo a un especialista. Que vos parece? AMELIA: Tendo en conta as condicións meteorolóxicas actuais, creo que dentro de dous días o seu estado cambiará. PEDRO: (facendo burla). Tendo, tendo… Sempre a mesma historia. Pola nosa parte, (sinalando a súa muller) estamos de acordo. PEPA: Por suposto. MANOLO: Teimo que opinas? TEIMO: Por min está ben, pero canto hai que pagar? Gratis non creo que sexa… MANOLO: Estiven tomando notas e penso que con cen euros por casa abonda. Todos de acordo? (Ninguén contesta ao ver que se achega Pol) POL: Que acontece aquí? AMELIA: Verás, Manolo dixo que…. (é interrompida por Manolo). MANOLO: Que xa hai moito tempo que… que non nos reuniamos! Por que non imos todos xuntos á cidade? (Chiscando un ollo). POL: Moi boa idea, pero eu non podo, teño que segar a herba e… (apresurado) Ide vós! 8


POL: Moi boa idea, pero eu non podo, teño que segar a herba e… (apresurado) Ide vós! XANCHA: Non ohh! Sen ti non sería o mesmo, verdade? PEPA: (berrando) Iso!! TEIMO: (emocionado) Ben, pois (dirixíndose a Pol) axudámosche un pouco e logo imos de chea! POL: Tendo en conta a oferta…. Imos aló! Xa falaremos disto que teño présa. (Marcha cara ao monte). PEDRO: (preocupado) E agora que facemos? MANOLO: Tranquilo, unha vez na cidade levámolo ao especialista e estando alí non se negará. XANCHA: Se ti o dis… MANOLO: Vémonos ás oito aquí mesmo. (Marchan todos ás súas respectivas casas. Seis horas máis tarde, volven atoparse). AMELIA: Xa me están cansando estas reunión! TEIMO: Se non estás conforme, podes marchar xa! MANOLO: Xa está, xa está… XANCHA: Buff, esperemos que non apareza Pol por aquí senón.. PEDRO: Non creo, veu un taxi por el, e aínda non regresou. (Miráronse con asombro os uns aos outros) AMELIA: Pódese saber por que volvemos aquí? Oxalá funcione… (Rinse todos menos Manolo) XANCHA: (rindo) Pero Manoliño, iso xa o sabiamos! MANOLO: Pois entón ata mañá ás doce, na cidade. (Os veciños marchan protestando). ACTO 2 (Todos os veciños, agás Pol, están na cidade. Agardan diante do especialista). PEPA: Alguén avisou a Pol? MANOLO: Eu chameino onte e dixo que viría. Agardemos un pouco. (Pasan dez minutos). XANCHA: Ese home non vén. MANOLO: Vai ser mellor que o vaia a buscar. TEIMO: O que faltaba! MANOLO: Agardade nese bar que logo veño. (Manolo colleu o coche cara a Legumedo e os demais foron cara ao bar). 9


MANOLO: (Berrando e petando na porta de Pol). Pol, Pol!!! POL: (Abrindo na porta) Así que iamos ir comer xuntos non? MANOLO: (Tremendo) Si, imos logo… POL: (Mentres golpeaba e arrastraba a Manolo). Eu non necesito axuda de ninguén, (rindo) xa virán por ti…. (Unha hora despois, os veciños que estaban na cidade, chegan a Legumedo, estrañados). PEDRO: (Suspirando) Onde se meterían? AMELIA: Xa está ben, eu xa non me movo máis! (Pol achégase) POL: Tranquila, todos sabemos que non te vas mover máis, nin os demais tampouco…. (Rise el só) TEIMO: Pol, estás ben? E Manolo? POL: Acabo de matalo, e ben, quen é o seguinte? (Comezan a correr todos, menos Pol) POL: (Berrando) Ai, cando colla a escopeta de balotes.. XANCHA: Está tolo, está tolo… (Pol colle a escopeta e mátaos a todos) POL: (Dirixíndose ao público) Que ben o vou pasar eu só! Cae o pano FIN

Noelia González Jacobo

10


Asuntos de familia Personaxes: CELSO: irmán de Xurxo e fillo de Arsenio. Alto, delgado e con grandes lentes. XURXO: irmán de Celso e fillo de Arsenio. Baixo, gordecho e co pelo negro e rizo. ARSENIO: pai de Celso e de Xurxo. É viúvo dende hai vinte anos. Non sabe a quen lle deixar a herdanza. Casou con Amelia. É riquísimo e debátese entre a vida e a morte. AMELIA: casou con Arsenio polos cartos. ADELAIDA: é unha lercha, todo o sabe e todo o entende. XAN: é imán de Arsenio, o seu carácter é humilde e é unha boa persoa. MÉDICO: doutor que cura a Arsenio. MATELO: veciño de Rodelas. ACTO I (Aparece en escena Celso arando unha leira co arado de man e seu irmán Xurxo está movendo o marco da finca. Vense unhas cantas casas. A escena sitúase en Rodelas, aldea para a que casou Celso e que cando veu vivir para ela trouxo a seu irmán) CELSO: Xurxo... fixeches o que che dixen? XURXO: Si, movín o marco cincuenta centímetros cara á finca do Matelo. CELSO: Ven para acá e trae a sacha. (Sóalle o teléfono e dubida ao collelo) CELSO: Sii? ADELAIDA: Son Adelaida de Castro de Cabras (aldea na que naceu Celso e onde vive seu pai) CELSO: Ahh, dime. ADELAIDA: Mira Celsiño ti e Xurxo debedes de vir para aquí se queredes levar os cartos de voso pai. CELSO: E logo o papá! O papá! Que lle pasou? (facéndose o parvo porque o pai pouco lle importaba) ADELAIDA: Pillouno o boi da casa grande e deulle unha cornadaza! Está tan mal que non anda sequera. Cóidacho esa Amelia coa que casou. CELSO: Como que casou? E quen é esa tal Amelia? (Neste intre chega Xurxo saltando coa sacha na man e pregúntalle a seu irmán que pasa). XURXO: Que pasou Celso? CELSO: (Tapando o teléfono para que a muller non o oia) O papá que o pillou o boi. XURXO: (Entre risas) Ha, ha, ha... Veña arrinca para a casa para coller o coche que marchamos. Os cartos son nosos! Nosos! Por fin, o vello ha, ha! 11


CELSO: Espera que seica casou. XURXO: Como? E con quen? CELSO: Iso mesmo quero saber eu. Estou falando con Adelaida e haber se mo di (poñendo o altofalante do móbil para que seu irmán escoite). Adelaida, segues aí? Ben, quen é esa tal Amelia? ADELAIDA: Pois éche unha loura guapísima, de ollos claros e de trinta e poucos, soubo que teu pai era rico e casou con el, agora non o deixa nin a sol nin a sombra, e apurade porque está a asinar o testamento. CELSO: Veña, ata logo (remata coa chamada) (E así colleron e marcharon cara á casa, fixeron a maleta e puxeron rumbo cara a Castro de Cabras) ACTO II (Vese a Celso e a Xurxo entrando na aldea, na súa ‘citroneta’ e cando tal aparece Adelaida e sobe ao coche) CELSO: (Dentro do coche) Boas tardes Adelaida. Xa asinaría o papá? ADELAIDA: Non che sei, pero corre porque ha de andar niso. (Celso comeza a acelerar e a ‘citroneta’ fai un tremendo ruído e para, do capó comézalle a saír fume) XURXO: Ala! Celso, o que che faltaba, o coche de teu sogro! E agora que facemos? ADELAIDA: Deixamos o coche aquí e imos andando. (Comezaron a andar e en cinco minutos chegaron á casa de Arsenio. Adelaida sacou unha chave do peto). CELSO: E logo ti tes chave? Roubáchela! Dáma! Que só estás aquí por comenencia, a ver se che toca algo. (A muller púxose colorada) XURXO: Deixa a muller tranquila, acórdate do testamento. CELSO: (falándolle á Adelaida) Abre! (Xa dentro viron a casa moi arranxada. Supuxeron que o pai estaría no cuarto e foron alí. Dentro da habitación estaba Arsenio deitado encima da cama tapado cunha manta). CELSO e XURXO (xuntos): Papá! (facendo que choraban) ARSENIO: Fillos do demo, vós só vos acordades de min cando estou morrendo. (Quéixase da perna, onde levou a cornada) XURXO: Papaíño que che doe? ARSENIO: Todo o corpiño. O boi ese.... (bufando) CELSO: (Cambiando de tema) Oíches papá! E logo o testamento? ARSENIO: Na nai que vos... Só vides polos cartos. 12


XURXO: Non oh!, pero un señor coma ti, de oitenta anos xa debe deixar o porvir dos seus fillos arranxado. ARSENIO: O voso? Non me fagas rir.. Eu voullo deixar todo a Amelia. CELSO: Papaíño mira, pero non é bo confiar en xente coma esa. Déixanos todo a nós que somos teus filliños. ARSENIO: Non che é por aí, os cartos son meus e voullos deixar a quen queira. (Cando isto entra Amelia) CELSO: (sen saber que era a muller do pai). Que muller! Que moza! Si que ten boa traseira XURXO: Cala, esa para min, que ti estás casado coa Hortensia. AMELIA: Son Amelia, a muller de Arsenio e a muller da casa. XURXO: Ai mamaíña! Que guapa que es! (Amelia foi cara Arsenio e os outros quedáronlle mirando para o cu) (Nisto chega Xan, irmán de Arsenio, cun médico) XAN: Arsenio, tróuxenche o médico para que te cure. ARSENIO: Ai, Xan, como mee queres, non coma outros (mirando para os fillos) MÉDICO: Por favor déixennos a soas, que vou revisar o paciente. (Marchan todos, o médico revísao e mándaos volver entrar). MÉDICO: Miren o señor non te nada, non vai morrer, só necesita repouso. Voulle dar un medicamento... CELSO: Non, o papá nunca foi diso, hai que deixalo que lle chegou a hora. XURXO: Si, vaise reunir coa mamá AMELIA: Teñen razón eu encargareime de todo o do funeral. (Os tres botan o médico fóra) ARSENIO: Así que meus fillos e a miña muller queren que morra. Moi ben! Xan! Tráeme o testamento. Voullo deixar todo a este meu irmán que é o único que me quere. (Así Celso, Xurxo e Amelia quedan sen un peso. Arsenio divórciase e os seus fillos marchan para Rodelas a seguir movendo nos marcos das fincas) Cae o pano FIN

Laura López González 13


María morreu Personaxes: MARÍA (rapaza asasinada) MANUEL (pai de María) LUCÍA (nai de María) DANIEL (irmán de María) IVÁN (mozo de María) AROA (amiga de María) XOEL (médico) PEPE (policía) ACTO I (Unha rapaza de quince anos, chamada María, está deitada na cama, morta. Ao lado dereito de cama, sentada nunha cadeira, a nai de María, ao seu carón o irmán. Polo outro lado da cama, o pai de María e un médico cun fonendoscopio. Todos con cara triste) XOEL: (mirando cara ao pai de María) María morreu. Síntoo moito. (Os pais e o irmán de María comezan a chorar) MANUEL: (secando as bágoas) Pero, que lle pasou? XOEL: Penso que a asasinaron. MANUEL: (con cara de sorpresa) Asasinárona? Pero quen? Quen querería matala? Ai, a miña nena (volve chorar). XOEL: (mirando a parte de atrás da cabeza de María) Mirade, ten un bo golpe na cabeza. Tamén ten este brazo roto (sinala o brazo esquerdo). Deben chamar á policía. (Xoel garda o fonendoscopio nun maletín e pon a chaqueta) LUCÍA: (levántase da cadeira) Moitas grazas doutor. Quere un café ou un té antes de marchar? XOEL: Non grazas, teño moito traballo. (O pai de María acompaña a Xoel ata a entrada da casa, pasando polo salón) MANUEL: Boas tardes. (Xoel sae pola porta e Manuel regresa xunto aos seus familiares. Hai un gran silencio) DANIEL: (falando baixiño como que non o oen) Papá, chama á policía e dille que veña, se é verdade que asasinaron a María quero saber quen foi o culpable. (Manuel colle o teléfono do peto do pantalón e chama a policía) LUCÍA: Que che dixeron? MANUEL: Temos que ir á comisaría. LUCÍA: Eu quedo na casa. 14


DANIEL: Eu acompáñote papá. (Daniel e Manuel poñen os abrigos e saen pola porta) ACTO II (Daniel e Manuel están sentados nunhas cadeiras fronte a un policía) PEPE: Boas tardes señores. Cóntenme o que pasou. MANUEL: A miña filla está morta, e o médico díxonos que a asasinaron. Ten un bo golpe na cabeza e un brazo roto. PEPE: Pero iso non significa que a asasinaran. Puido caer ela soa e dar coa cabeza en algo. (Manuel pon cara de asombro e xira a cabeza cara ao público) MANUEL: (Debilmente) Non pensara niso. DANIEL: Pero cando chegamos da misa meus pais e mais eu, María estaba a carón das escaleiras, e había sangue e a súa amiga non estaba, debeu ser ela quen a empurrou. PEPE: Agarde, entón María estaba con outra persoa na casa? DANIEL: Si, quedara con Aroa para facer un traballo. MANUEL: Non quedou con Iván, o seu mozo. DANIEL: Como ía quedar con Iván se xa non eran mozos. PEPE: Teño que falar con Aroa e Iván, a ver quen estivo na casa. ACTO III (Pepe está no salón, con Aroa e Iván. Están os tres sentados nun sofá) PEPE: Aroa, Iván, quen estivo de volos dous na casa de María hoxe á mañá? IVÁN: Eu non. Estaba na miña casa coa miña nai. PEPE: E ti rapaza? AROA: (Tatexando) Eu, eu non estaba alí. PEPE: Non? Pero non ías facer un traballo con ela hoxe. AROA: (Baixiño) Non, ao final non. PEPE: Non te creo. AROA: (Xirándose cara oa público) Ai, meu deus! Cacháronme. E agora, que lle digo? Que me invento? PEPE: Non fai falta que digas nada. Atopamos unha pegada túa na varanda das escaleiras e outra na tixola coa que lle deches un bo golpe e a mataches. IVÁN: É iso certo? AROA: (baixa a cabeza) Si. Pero non a quería matar. PEPE: (con voz alta) Que non a querías matar? Se lle mandaches un tixolazo! Aroa quedas detida polo asasinato de María. (Pepe ponlle as esposas a Aroa e saen pola porta, Iván sae con eles) Cae o pano 15

Alba Mariño Baca


Carapuchiña e o lobo modernízanse Personaxes: LOBO CARAPUCHIÑA ACTO 1 (A acción ten lugar no bosque. É una tarde de primavera. Atópanse nun lugar preto do bosque Carapuchiña e o lobo. Represéntase un bosque de cartón–pedra. Carapuchiña ten 14 anos. Pasea polo bosque cun móbil. Está mandándolle mensaxes á nai. O lobo vai onda ela) LOBO: Ola Carapuchiña! Non te vía dende que eras pequeniña. (Carapuchiña pon cara de sorpresa). CARAPUCHIÑA: Déixame en paz! (Berra Carapuchiña e segue a escribir) LOBO: Que tes nas mans? CARAPUCHIÑA:

Xa non levo cesta, levo móbil! (Ri Carapuchiña mirando para o lobo e

presumindo de que ten móbil). LOBO:

Móbil? Que é iso? (Con cara de susto).

LOBO: Non cheira a comida! CARAPUCHIÑA: (Sorrí). Un móbil!, comida? Que pouca idea! Que risa! Non vives neste mundo! Hai que saír Lobo, hai que saír!. ACTO 2 (Carapuchiña move os dedos moi rápido no teléfono). LOBO : Déixame ver! Que dedos máis rápidos Carapuchiña! CARAPUCHIÑA: Escribo no teléfono!. LOBO: No teléfono coas mans? Chamas a túa avoa? CARAPUCHIÑA: Ai Lobo! Ai, Lobiño! Vai por ese camiño e alá ao fondo fala cos outros lobos. (Carapuchiña mira o lobo). LOBO: Para que?. CARAPUCHIÑA: Vai onda o veterinario e que che poña wifi na cabeza e outro día falamos. LOBO: Non te entendo!. CARAPUCHIÑA: Marcho, estoume quendando sen datos. (Ponse a correr). LOBO: Sigo sen entenderte, adeus! Cae o pano Fin Antía López Iglesias 16


Tribos Personaxes: CLAUDIO: xefe da tribo dos verdes MARIANO: xefe da tribo dos vermellos PACHOLO: membro da tribo dos verdes FLORENTINO: membro da tribo dos vermellos ACTO 1 (Están Claudio e Mariano andando cara a unha froita, corren rapidamente cara a ela, os dous, e cada un cóllea por un lado) CLAUDIO: Esta froita é miña! MARIANO: Pero, que dis, oh? Vina eu primeiro, así que é miña. (Fan os dous forza e acaban coa froita. Poñen cara de ferreiro e marchan cada quen por un lado e atópanse coas súas respectivas tribos) CLAUDIO: Pero, este que se pensou, a froita era miña! PACHOLO: Tranquilo, non hai por que enfadarse, hai froitas de sobra. CLAUDIO: Xa, pero… Era miña! PACHOLO: Mellor é que vaias durmir, a ver se che se pasa o enfado! (Mentres na outra aldea prendían lume) MARIANO: Florentino, dígoche que vou guerrear contra eles. FLORENTINO: Mariano... Xa empezamos con facer guerras! MARIANO: Ben, imos durmir que mañá é outro día. ACTO 2 (Ao día seguinte, Claudio e Mariano atópanse outra vez e volven achar outra froita e fan o mesmo cá primeira vez) CLAUDIO: A froita é miña! MARIANO: Non! Tribo a loitar, ese home rouboume a froita! (A tribo de Mariano colle as armas e xúntanse con Mariano) CLAUDIO: Eu tamén teño unha tribo, a loitar verdes! (A tribo de Claudio colle as armas e xúntase con Claudio) PACHOLO: (Disponse a tirar unha frecha co arco) Florentino, ti sabes como funciona isto? 17


FLORENTINO: Si, estira a corda cara a ti, xunto coa frecha e soltas. PACHOLO: Grazas! CLAUDIO: Mariano! Ti sabes como se colle a espada esta? MARIANO: Si, cóllea pola empuñadura, é dicir a parte mais curta. CLAUDIO: (Colle ben a espada) Grazas! Estou pensando que os dous xuntos podemos axudarnos e beneficiarnos mutuamente! Que me dis? MARIANO: Tes razón, se te mato a ti e aos teus, non sabería buscar a comida tan ben coma vós. (Tiran todos as armas) CLAUDIO: Amigos, Mariano? MARIANO: Amigos! Cae o pano Fin David Varela Alonso

18


Marzo-2016 IES Ramón María Aller Ulloa 2º ESO C (desdobre 2) Coordinador: Xosé Payo

19


20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.