As Venus de Willendorf. Os carteis

Page 1

As Venus de Willendorf do alumnado de 1º da ESO. Os carteis da exposición


Coordinación: Marta Otero e Alba Payo


A ARTE MOBILIAR: AS VENUS PALEOLÍTICAS Que son? As Venus paleolíticas son pequenas esculturas realizadas normalmente en pedra (aínda que tamén se usaba asta, marfil, terracota, barro ou madeira) que representan mulleres núas, en vulto redondo ou en relevo cos seus órganos sexuais esaxeradamente marcados (vulva , seos, cadeiras e nádegas) así como unha barriga prominente mentres a cabeza e extremidades son conscientemente talladas en pequeno tamaño e con menos detalle. As cabezas non representan trazos faciais pois a identidade concreta non é importante.

Cando? As figuras máis antigas datan do Paleolítico Superior, hai uns 30.000 anos.

Tamaño? Oscila entre os 5 e os 25 cm de altura.

Cal é o seu significado? O significado concreto descoñecémolo mais hai teorías ao respecto, o que si sabemos, é que foron pezas deseñadas para o seu traslado. Crese que representan o culto á muller fecunda e á terra fértil, considerándose como un obxecto máxico-relixioso ou unha especie de amuleto que propiciaría a fecundidade humana e da terra. Puideron representar a gran nai ou a avoa do grupo social, a protectora dos animais, a deusa da fecundidade (deusa-nai-protectora), símbolo non só da fecundidade senón tamén da supervivencia. Isto significa que a muller ocupa un lugar preeminente na sociedade paleolítica Ás veces estas Venus coroaban amontoamentos de ofrendas como no caso da Venus de Elisseevici (Ucraína) ou a de Willendorf (Austria). Tamén se atoparon estatuíñas en cabanas situadas no lugar destinado a durmir como no caso de Gagarino (Ucraína). Segundo un novo estudo da Universidade de Colorado ata o de agora as Venus asociábanse á fertilidade pola súa representación dos órganos sexuais esaxerados, así como prominentes cadeiras e barriga avultada. No entanto, isto podía ter motivacións diferentes relacionadas coa fame e a fin da vida. O feito de representalas obesas e barrigudas serían signos de prosperidade reprodutiva e supervivencia. Outro dato que apoia esta nova teoría é que case todas as Venus foron realizadas durante a última glaciación. Os corpos con máis graxa e máis nutridos serían os que sobrevivirían. K.J.Narr dicía que nas Venus se resalta a zona da alimentación e a da concepción. Referencias:  RIPOLL, Eduardo: El Arte Paleolítico. Historia del Arte. Historia 16. Madrid, 1989. https://www.ngenespanol.com/descubrimientos/las-venus-significan-hambruna-y-no-fertilidad/  https://www.auladehistoria.org/2015/11/comentario-venus-de-lespugue.html  http://www.centrotitobustillo.com/uploads/documentos/el_don_de_la_madre_baja.pdf  https://www.artehistoria.com/es/contexto/las-venus

Venus de Willendorf (Austria) entre 27.000-25.000 a.C. 11cm.


A LOCALIZACIÓN DAS VENUS PALEOLÍTICAS Mal`t Gagarino

Hohle

Laus-

Atopáronse máis dun centenar de Venus en Europa e Asia. Xeograficamente esténdense por Francia e Italia, Europa central e oriental ao longo de todo o Paleolítico Superior. Como amosa o mapa, curiosamente na Península Ibérica non hai Venus. Tradicionalmente, en función das súas morfoloxías e repartición xeográfica agrúpanse en occidentais, orientais ou rusas e siberianas. Polo xeral atopáronse en lugares de habitación.

LIÑA ESPAZO TEMPORAL DAS DEUSAS

Referencias:  http://www.centrotitobustillo.com/uploads/documentos/el_don_de_la_madre_baja.pdf  http://historsex.blogspot.com/2014/08/la-sexualidad -en-las-venus-prehistoricas.html  https://goddesstimeline.com/

Brassem-


A VENUS DE WILLENDORF ONDE: Foi localizada no xacemento de Willendorf (Austria). Hoxe en día está no Museo de Historia Natural de Viena. MATERIAL: rocha calcaria TAMAÑO: 11cm de alto, 15 cm de circunferencia DATACIÓN: 27.000 - 25.000 años A Venus de Willendorf é unha escultura antropomorfa exenta de vulto redondo tallada en pedra calcaria cunha técnica bastante rudimentaria. É de pequeno tamaño (11 cm) e represéntase seguindo a lei da frontalidade. Represéntanse os senos, vulva, nádegas e cadeiras esaxeradamente voluminosos ao igual que o abdome, pola contra con menos detalle tállanse as extremidades; os brazos e pés son apenas imperceptíbeis, recolléndose os primeiros detrás dos avultados peitos. A cabeza non mostra un rostro concreto e aparece cuberta dunha especie de trenzas . En liñas xerais esta escultura posúe unha estética naturalista con tendencias á abstracción. O seu significado é difícil de coñecer, o máis probábel é que teña relación co culto á fertilidade, sendo ademais unha posíbel forma de promover a mesma e favorecer a supervivencia. Aínda que tamén se sospeita que tivese algunha función de culto ou de veneración e que formase parte de rituais máxicorelixiosos. O feito de representar a Venus obesa coincide cun período de estrés nutricional na última glaciación na que a gordura se identifica coa supervivencia. A muller ten importancia nos rituais prehistóricos como nai, coidadora, colleitadora de froitos e xeradora de vida en sociedades matriarcais. É unha figura que non se sostén por si mesma feita para ser transportada dun lugar a outro, quizais coma un amuleto. Algo lóxico se temos en conta que estamos ante unha sociedade nómade. Esta Venus foi atopada no xacemento paleolítico de Willendorf nas beiras do Danubio polo arqueólogo Josef Szombathy en 1908. Constitúe un dos exemplares máis representativos da arte mobiliar paleolítica. Referencias:  http://www.centrotitobustillo.com/uploads/documentos/el_don_de_la_madre_baja.pdf  https://www.auladehistoria.org/2014/10/comentario-venus-de-willendorf.html  https://www.lacamaradel arte.com/2016/04/venus -willendorf.html



Biblioteca “Mario Pereira” IES Ramón Mª Aller Ulloa Xaneiro, 2022



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.