Muxicas 2016 2

Page 1

Nยบ 30

C.E.I.P. LAVERDE RUร Z


Un curso máis chega ó seu fin, e un novo número da nosa revista Muxicas chega para que repasemos a frenética actividade na nosa escola! Cada ano dedícase o día das Letras Galegas a unha persoa destacada pola súa creación literaria en lingua galega.

Un ano contigo Manuel María

No ano 2016 o homenaxeado foi o poeta Manuel María, nado en Outeiro de Rei. Por esta razón, durante este curso académico realizamos un achegamento a este poeta. Buscamos que valoraran á súa figura e as súas letras dedicándolle numerosas actividades ó longo deste curso.

Agardamos que disfrutarades de todas as actividades que se levaron a cabo! 2


ÍNDICE de CONTIDOS: Conmemoracións!

4

Saídas, excursións e visitas na nosa escola! 40 Actividades especiais en 58 infantil! Actividades especiais en 68 primaria! English corner

80 3


4


Samain Manuel María foi un poeta enormemente prolífico que nos deixou un amplo abanico de poemas dispoñibles para as nosas conmemoracións. Polo Samaín escollimos algúns dos seus poemas relacionados con animais e elementos característicos da festividade do Samaín. Traballamos especialmente tres dos seus poemas “A Lúa”, “O Lobo” e “O corvo”. Saboreamos cada palabra para que logo quedaran recollidas nuns fermosos murais. Recitamos con gran emoción as súas palabras e gravámolos en vídeo para a web do centro.

5


6


7


8


HALLOWEEN

9


Dia das bibliotecas Celebramos o Día das Bibliotecas elaborando divertidos pins conmemorativos co lema “Día das Bibliotecas con Manuel María”. Cada alumno decorou libremente o seu pin e os resultados foron moi orixinais. Ese mesmo día puideron levalos para a casa.

Os nenos e nenas de primaria tiveron unha participación especial realizando un roteiro poético polas aulas recitando os poemas de 10 Manuel ;aría relacionados co outono.


Dia das bibliotecas: OUTONO Os nenos e nenas de primaria tiveron unha participación especial realizando un roteiro poético polas aulas recitando os poemas de Manuel María relacionados coa estación de outono.

11


12


NADAl

13


Polo Nadal desoramos toda a nosa escola. Neve, bos desexos, o Apalpador, Reis Magos, Papá Nadal e os renos, estreliñas... Respirábase un ambiente especialmente doce! Moito disfutamos do festival de Nadal no que puidemos ver actuacións excepcionais a cargo dos alumnos.

14


15


16


Calendarios de Nadal

17


Día da Paz

18


Entroido! A festa de Entroido foi moi especial para nós, xa que este ano centrámonos na obra de Manuel María: “Os soños na gaiola”. Cada nivel escolleu un dos seus poemas para disfrazarse e logo todos desfilamos ó ritmo dos mesmos musicados por Suso Vaamonde. Os nenos e nenas de 4º de infantil escolleron o seu poema “O Sol”, os de 5º de infantil elixiron outro astro, “A Lúa”. Os maiores de infantil pola súa parte decantáronse por “A estrela sen nome”. O primeiro curso de primaria elixiu “O muíño” e o segundo o do “Pastor”. Os alumnos de terceiro o poema de “Galicia”. Os alumnos de cuarto decantáronse por “O meu barco” e os de quinto e sexto “O soñador” 19


Na festa de Entroido os cativos de infantil saĂ­ron a desfilar bailando orgullosos os poemas de Manuel MarĂ­a!

20


Os nenos e nenas de primaria desfilaron xenial cuns disfraces impresionantes!!!

21


Semana da prensa

Alumnos de 5º e 6º de primaria acudiron a unha actividade da fundación TIC participando na creación dun telexornal que se publicou na súa web. Puideron ver as instalacións, coñeceron o proceso de montaxe e realización dun telexornal e crearon un propio. As actividades relacionadas con Manuel María que se desenvolven no noso centro foron unhas das protagonistas.

22


Charla dun xornalista Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria desfrutarn dunha charla dun xornalista de “O progreso”.

Explicou dende cómo chegan as noticia ó xornal, o proceso de redacción, maquetación e ata anécdotas reais vividas na redacción do Progreso.

23


A Semana da Prensa foi unha oportunidade para traballar con xornais de forma directa nas aulas, achegándonos as partes dun xornal, a forma e características. Destas investigacións xurdiron “mini-xornais escolares” froito do traballo dos nosos reporteiros. En infantil o Día da Muller foi a nova que deu cor ás portadas.

Os nenos e nenas de 4º de primaria levaron a cabo un pequeno proxecto sobre os xornais. Achegáronse á historia do xornal “El Progreso” e con toda a información realizaron unha montaxe moi interesante con todas as súas averiguacións.

24


Entrevista a Fran Rei Varios nenos e nenas de 1º e 2º de primaria da nosa escola realizaron unha entrevista a Fran Rei, traballador na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei. Fran ademais de traballar na Casa-Museo foi unha persoa próxima a Manuel María, polo que a entrevista foi moi interesante. Co fin de achegarnos aínda máis a Manuel María como escritor e persoa deixamos a súa entrevista na nosa páxina Web!

Nesta entrevista descubrimos que Fran é o encargado de guiar as visitas na Casa Museo Manuel María facendo un percorrido pola historia da casa. Coñecemos ademais distintos aspectos da vida de Manuel María, da súa amizade e achegounos a un Manuel María menos escritor famosos e máis amigo. 25


Día da Árbore e da Auga

Os nenos e nenas de 3º de primaria conmemoraron o Día da Árbore e da Auga plantando un feroso castiñeiro no patio da nosa escola. Ademais recorreron as aulas presentándonos a “O Rei do Magosto”.

26


Día do Libro

Os alumnos de 6º protagonizaron e representaron unha pequena función na biblioteca, na que deron vida ós Entremenes de Cervantes. Con esta actuación de “Libros vivientes de Cervantes” disfrutou todo o alumnado.

27


Entre todos elaboramos un poemario repleto de poemas baseados na obra e vida de Manuel MarĂ­a.

28


29


30


31


32


Outra tarefiña que levamos a cabo foi a tradicional decoración de marcapaxinas, este ano coa imaxe de Manuel María.

33


Día das Letras Galegas Co gallo das Letras Galegas levamos a cabo unha chea de actividades! Realizamos unha exposición á que titulamos: “Contigo Manuel María”. Nela expuxéronse elementos aportados por toda a comunidade educativa. Trátase de libros e obxectos persoais relacionados con Manuel María (moitos dedicados por el). Tamén se incluíron manualidades elaboradas no centro e outras feitas polo alumnado en relación a elementos da obra do autor homenaxeado.

34


Día das Letras Galegas:

Contacontos! O Día das Letras Galegas tivemos un contacontos relacionado con Manuel María musicado a cargo de Saleta e Josito da academia de lecer “Cool School”. Pasámolo moi ben con eles!

Roteiro poético! Realizouse un roteiro poético por Outeiro de Rei recitando poemas de Manuel María. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria realizaron uns días antes das Letras Galegas unha ruta por Outeiro de Rei recitando poemas da Obra de Manuel María.

35


Día das Letras Galegas:

Cantamos “O carro”! Tivemos un oco musical no que todo o alumnado do centro cantou a canción de “O Carro”. O alumnado e profesorado do colexio cantou o poema de “O Carro” coa compaña de Antón Castro, integrante dun dos grupos que o musicou: Fuxan os Ventos.

36


Día das Letras Galegas:

Baile rexional e pandereta! E por último, a ANPA do centro organizou unha actuación se música e baile rexional impresionante!

37


Fin de curso!

Rematamos o curso cunha mañá de intensa actividade! Tivemos festa nas aulas, unha actuación dos alumnos que asisten á actividade de Broadway, unha adaptación feita polo grupo “Cool School” da obra de teatro “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela” que foi escrita por Manuel María, unha actuación de baile rexional e pandereta e rematamos cantando a canción de “O carro” baseada no poema de Manuel María.

38


Fin de curso, novo comezo! Varias alumnas, como representantes da AMPA do CEIP Laverde Ruíz, quixeron render homenaxe a directora Ana María Doval Reija pola súa xubilación. A nosa directora chegou ó CEIP Laverde Ruíz en 2002 e logo de 4 anos como directora do centro déixanos para emprender unha nova etapa tras unha exitosa carreira docente. Emprender este novo camiño implica unha despedida na que as emocións se mesturan. Como mestra contribuíu a que os seus alumnos construíran o seu proxecto de vida entre alegrías, tristuras, rifas, risas... Como compañeira despedímonos dunha persoa moi especial que nos regalou paciencia, sabedoría, amizade, confianza e dedicación. Desexámoslle unha feliz xubilación!

39


40


EXPOSICIÓNS: “O BOSQUE” “ANIMALANDÍA”

5º, 6º E.I.

41


1º, 2º, 3º,4º E.P.

Castro De Viladonga Obra de teatro “peter punk”

42


Santiago, O Parlamento

5ยบ e 6ยบ E.P.

43


6ยบ E.P.

Concello de Outeiro de Rei

44


O Xaneco,

E.P.

artesรกn galego

45


“Rosalía sempre viva” con Manuel María

5º e 6º E.P.

Este ano participamos no certame de poesía “Rosalía Sempre Viva” na Casa-Museo Manuel María, xa que este ano tivo un espazo especial para os poemas de Manuel María. Participaron alumnos de 1º de primaria co poema “A Lúa” levando un premio honorífico.

46


Visita a Coruña

5º e 6º E.P.

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria visitaron en Coruña o Acuario, o Domus e a Casa das Ciencias.

47


Obra de teatro: Cousas de catro

3ยบ e 4ยบ E.P.

48


Teatro: “A verdadeira historia de Manuel de Paderna” Grazas á ANPA e á Deputación de Lugo puidemos rematar o segundo trimestre cunha obra teatral “A verdadeira historia de Manuel de Paderna”. Manuel de Paderna foi poeta, barbeiro e de alguacil municipal. A partir dos textos de Manuel María fixeron unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe. Desfrutamos desta obra todos os nenos nenas do cole!

49


Exposiciรณn e teatro rodarirrodari

1ยบ E.P.

50


Charla de Drogodependencias

51


Presentación “O Regato do Cepelo” Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria disfrutaron da presentación da guía de espazos naturais de “O Regato do Cepelo” con Fernán Álvarez.

Este guía de espazos naturais responsable de Rutas vivas, presentou este libro que pretende realizar unha interpretación do patrimonio natural deste espazo situado na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

52


Contacontos: “O bigote de Mimí” Os nenos e nenas de infantil, xunto cos de 1º e 2º de primaria, visitaron a Casa-Museo de Manuel María para asistir a unha actividade de contacontos. Alí disfrutaron do conto “O Bigote de Mimí” que escribiu Manuel María. Ademais tiveron xogos relacionados co conto, pasárono xenial!

53


Visita a San Cibrao

6º E.I.

Os nenos e nenas de 6º de infantil visitaron San Cibrao para ver a Casa do Mar. Traballamos os poemas de “O Mar” e “O meu Barco” de “Os soños na Gaiola”, 1968. Os nenos de 6º de infantil elaboraron un mural da visita no que se representa a lenda da Maruxaina xunto cos poemas de Manuel María traballados.

54


Granxa Garabullos

1ยบe 2ยบ E.P.

55


4º, 5º e 6º E.P.

Camiño de Santiago

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria fixeron unha parte do Camiño de Santiago da etapa Sarria-Portomarín.

56


E.I. e 3º E.P.

Banda Municipal de Música de Lugo

57


58


Exposición dos Romanos

En Infantil realizouse unha exposición sobre os romanos na que participaron todos os nenos e nenas. Entre todos fixemos un mosaico xigante. En 4º de infantil fixeron unhas fermosas vasillas e moedas de pasta de sal. En 5º de infantil reproduciron unha “domus” romana e prepararon uns romanos xigantes para que nos metamos no papel sacando fotos. En 6º de infantil prepararon escudos, de gladiadores e de soldados, e un mapa no que se ve o que abarcaba o imperio romano, medios de transporte da época e os nomes dos principais territorios.

59


Visita รณ Lugo Romano

E.I.

60


Xogos Romanos! En Infantil rematamos o curso cun día lúdico cheo de xogos romanos! Tivemos xogos por equipos como o de “ataque á muralla”, bolos, dardos, a ferradura, “písalle a cola ó león no coliseo”, "romanos contra celtas", "labirinto da domus" e debuxo romano.

61


4ยบE.I.

62


4ยบE.I.

63


5ยบE.I.

64


5ยบE.I.

65


6ยบE.I.

66


6ยบE.I.

67


68


1ยบE.P.

69


1ยบE.I.

70


1ยบE.P.

71


1ยบE.I.

72


2ยบE.P.

73


3ยบE.P.

:POEMAS: :POLO: :NADAL:

74


4ยบE.P.

75


4ยบE.P.

4ยบ E.P.

76


4ºE.P.

“O soño de Raúl”

Noa López

77


4ยบE.P.

Nicolรกs Fernรกndez

78


4ºE.P. AVÓ, CÓNTASME UN CONTO DA PREHISTORIA?

Loiar era unha nena que lle gustaba moito xogar cos insectos pero o que máis lle gustaba era pintar. Un día de treboada, Loiar conseguiu escapar da cova sen que ninguén a vira. Mentres camiñaba fixouse nunha luz que lle chamou a atención, dirixiuse lentamente cara aquela luz… era lume!! Rapidamente colleu a pau no que ardía o lume e foillo ensinar á súa nai, pero tropezou cunha pedra e caeu na herba. Comezou a arder. Era un caos! Non sabía como solucionalo. Botoulle follas, pero non funcionou! Botoulle flores, tampouco. Probou coa auga. Esa era a solución!! Cando chegou á cova ensinoulles o lume que quedou no seu pau. Axiña pintou no seu cuarto a aventura que viviu. Isara Longarela

XAN

Nunha aldea do Neolítico vivía un neno chamado Xan. Un día viu como se achegaban unhas persoas que non coñecía. Querían intercambiar cinco porcos por dúas fouces e tres machadas. Aceptaron o trato. Xan preguntou: •Por que nos darían algo tan valioso por cousas tan pequenas? •Xan, isto chámase troco -explicoulle o seu pai- e serve para intercambiar comida ou materiais con outras aldeas. Xan non o podía crer. Pasados uns días, un membro da aldea morreu e fixéronlle un monumento megálito. Xan, como era de esperar, tampouco sabía o que era e os seus pais explicáronlle: •Isto serve como lugar de culto e tumbas para mortos. Moitos anos máis tarde comezou unha nova etapa: a Idade dos Metais. Nuno Vallejo 79


English corner . Welcome to “Laverde Ruiz” English corner !! Hello!!

Un ano máis a través destas páxinas queremos reflectir o desenrolo das actividades que tiveron lugar na aula de inglés durante todo o curso. Empezaremos por Halloween. Grazas á colaboración das familias, este ano tivemos unha fantástica Pumpkin carving exhibition,.

80


During all this year ...

We wrote and talked about our favourite pets

We told a story to five year old children about a Little caterpillar

81


We talked about when we were babies ...

And about our favourite dinosaurs.

Look at this!!!

TERRIFIC!!!

82


EASTER TIME

We colored Easter cards and….

...We found Easter bunny!!

400 years

Manuel María in English

83


84


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.