Hola rapaces e rapazas!!!
Estaba eu catalogando uns libros na biblio onte e, de súpeto, lembrei que xa quedan moi poucos días para que celebremos o SAMAÍN. Todos os anos organizamos desde a Biblioteca, un Concurso de historias de medo para conmemorar estas datas. Acordádesvos?? E pensando, pensando... ocurríuseme unha idea. A ver que vos parece!!: Xa que este ano imos traballar o tema dos bosques pensei aproveitar e propoñervos que as historias de medo que inventedes para o Concurso deste ano, ocurran no bosque. No bosque suceden cousas fermosas, pero tamén poden suceder cousas que nos dan moito medo. Polo bosque agóchase o lobo; e ben sabedes o que lle ocurriu a Carapuchiña... Á raposa tamén lle gusta facer das súas... E non olvidemos aos osos... A vós, non vos daría medo atoparvos cun oso cabreado? E pola noite, saen os morcegos... Non me digades que non dan un pouquiño de “repelús”? Pero polo bosque, tamén podemos atoparnos con outros seres moi particulares. Lembrades o que lle pasou a Hänsel e Gretel?? Con quen se atoparon no bosque?? Lembrádesvos doutras meigas que se agochasen polo bosque? E non é no bosque onde se agochan os trasnos, o lobishome, os mouros, o papón, o sacaúntos, o cocón, o home do saco...? E que me dicides da Santa Compaña? Por onde lle gusta máis pasearse? Así que este ano, xa sabedes, as vosas historias de terror teñen que ter este escenario: o bosque!! Deben estar escritas en galego. Non se poden presentar a lápis: debedes rotuladas unha vez corrixidas ou pasarlas a bolígrafo. Valorarei moito a presentación da vosa historia: gústanme os traballos limpiños, curiosos, escritos con boa letra, con títulos moi adornados... Encántanme as historias que traen debuxos e ilustracións feitas por vós.... Se sodes de Infantil ou de 1º Ciclo podedes escribir unha historia colectiva, é dicir, unha historias feita entre todos os rapaces e rapazas da clase. Se sodes de 2º o 3º ciclo os traballos deben ser individuais. Haberá un premio para cada ciclo. Cando teñades os traballos rematados, metédeos no meu buzón que está, como ben sabedes, na entrada da biblio. O Prazo de Entrega remata o Xoves 27.