Texto 7 deportes olímpicos 2

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (II) Ciclismo Deporte en que se utiliza unha bicicleta para recorrer circuítos ao aire libre ou en pista cuberta. O ciclismo engloba diferentes especialidades, catro das cales son olímpicas. 1-Ciclismo de ruta Unha das disciplinas máis antigas do ciclismo. Disputouse por primeira vez nos Xogos Olímpicos de 1896, aínda que nas tres convocatorias seguintes non se incluíu. Sen embargo, en Europa popularizouse moito, e países coma España, Italia, Suiza, Holanda ou Alemaña destacan polos seus ciclistas profesionais. As bicicletas de ruta son máis lixeiras e poden contar con ata 20 marchas. Nunha das probas vence o primeiro que remate o percorrido (250 km. para homes e 140 para mulleres), pero tamén hai probas contra o reloxo. 2-Ciclismo de montaña Esta disciplina ingresou no programa olímpico no ano 1996 (Atlanta), na que homes e mulleres compiten nesta proba, nun terreo con subidas, baixadas e pistas de terra. Ao igual que o ciclismo de ruta, tamén se celebra ao aire libre, pero as bicicletas de montaña son diferentes: os neumáticos son máis anchos, teñen suspensión traseira e dianteira, e o seu material é moito máis resistente. Esta proba ten unha duración máxima (entre 1 hora e media e 1 hora e corenta e cinco minutos).

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.