Texto 8 deportes olímpicos 3

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (III)

Esgrima Este deporte, que consiste en manexar a espada e outras armas brancas coma o sabre, é un dos catro deportes presentes nos Xogos Olímpicos desde 1896, os primeiros da Era Moderna. Aínda que existe hai moitos séculos, non se converteu en deporte ata os séculos XVII e XVIII, coa chegada do florete -unha espada cunha pelota na punta-, a máscara de protección para o rostro e as normas, que delimitaban a área de puntuación no corpo do adversario. As primeiras probas, só para homes, foron con florete e sabre, e a espada introduciuse catro anos despois. As mulleres comezaron a competir con florete en 1924, con espada en 1996, e a primeira edición de sabre feminino realizouse no 2004. Cada modalidade ten as súas regras. No florete, márcase un punto cando se toca o tronco do adversario. Na espada, pódese tocar coa punta calquera parte do corpo do adversario, mentras que co sabre só se pode tocar de cintura para arriba. As disputas poden ser individuais ou en equipos de tres competidores. Fútbol Neste deporte participan dous equipos de once xogadores cada un, que deben, sen valerse das mans e dos brazos, e utilizando os pés e a cabeza, introducir un balón na portaría contraria, salvando a oposición do outro equipo. O deporte máis popular do mundo ten a súa orixe na Antiga China, desde onde se difundiu por Oriente, Grecia e polo Imperio Romano. Sen embargo, as orixes do fútbol moderno están en Inglaterra, onde se popularizou despois de incluílo como actividade física en varias escolas.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” En 1863 creouse a Football Association, establecendo unhas normas que permitiran xogar ao fútbol no mundo enteiro. En base a esas regras tamén se creou a Federación Internacional de Fútbol (FIFA) en 1904. A súa primeira aparición nas Olimpíadas foi no ano 1900, como deporte de exhibición. No ano 1996 tamén fixeron o seu ingreso as mulleres. Golf Consiste en golpear cun pau unha bóla para introducila cun mínimo de golpes en setenta e dous buratos distribuídos nun campo cuberto de obstáculos. Disputado desde o século XV, levaba máis de cen anos sen formar parte dos Xogos Olímpicos. Para os vindeiros Xogos de Río de Janeiro espéranse golfistas (masculinos e femininos) de, polo menos, 30 países. Halterofilia Este deporte olímpico consiste en levantar pesos. É tamén un deporte moi antigo, aínda que non formou parte de todas as edicións dos Xogos Olímpicos. Ao igual que noutros moitos, as mulleres comezaron moito máis tarde (ano 2000) a competir olímpicamente neste deporte . Os participantes empregan unha barra de aceiro, discos e colariños que fixan os discos ás barras. Hai dous movementos no levantamento de pesos: a “arrancada” e o “dous tempos”. No primeiro, hai que alzar a barra ata extendela por completo sobre a cabeza nun só movemento. No segundo, permítese unha interrupción no levantamento á altura dos ombreiros. BIBLIOGRAFÍA:

-“Enciclopedia de los deportes”, Ed. sm. -http://www.rio2016.com/es/los-juegos/deportes/olimpicos

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.