Texto 10 deportes olímpicos 5

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (V) Péntatlon O péntatlon orixinal, con probas de carreira, salto de lonxitude, lanzamento de xavelina, lanzamento de disco e loita, coma a cúspide dos Xogos Olímpicos. O vencedor era chamado “Victor Ludorum” (vencedor dos xogos). O Barón de Coubertin reintroduciunos nos Xogos Olímpicos modernos. As probas que reúne desde entón son: tiro con pistola, esgrima, natación, equitación e carreira. Ata 1980 as probas realizábanse en cinco días, pero actualmente teñen lugar nunha única xornada.

Piragüismo É un deporte acuático que se practica sobre unha embarcación lixeira, propulsada por unha, dúas ou catro persoas mediante unha pala ou remo. As principais embarcacións utilizadas son o “kayak” propulsado por pala de 2 follas (identifícanse coa letra K) e a canoa propulsada por unha pala dunha folla (identifícanse coa letra C). Nos Xogos Olímpicos hai dúas disciplinas deste deporte: 1-”Canotaje” de Velocidade. Dispútase en augas tranquilas, en carrís limitados por boias en liña recta, con 1000, 500 e 200 m. de extensión. O obxectivo é terminar un deses percorridos no menor tempo posible. 2-”Canotaje” Eslalon. As embarcacións son máis pequenas e lixeiras que as de velocidade. Xurdiu en Suíza, inspirado na proba de mesmo nome do esquí, só que en vez de neve, aquí o escenario é un río de augas turbulentas e hai que remar a favor e a contracorrente.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.