Texto 6 deportes olímpicos 1

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (I) Neste grupo atópanse os deportes que reúnen os criterios necesarios para formar parte dos Xogos Olímpicos de verán e de inverno. O número e o tipo de competicións pode cambiar duns Xogos a outros, así que a continuación citaremos os 42 deportes que se disputarán nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro. Todos eles pertencen ao grupo de “deportes de verán”. Atletismo Presente desde a primeira edición dos Xogos na Antigüidade, é o deporte que mellor define o lema olímpico “Citius, altius, fortius”. Este deporte divídese en probas de pista, de ruta, de campo e probas combinadas. Probas de PISTA -Carreiras (100, 200, 400, 800, 1.500, 5.000 e 10.000 metros). -Carreiras de relevos (4.100 e 4.400 metros). -Carreiras de valos (110 m. para homes, 100 para mulleres e 400 para homes e mulleres). -Carreiras con obstáculos (3.000 metros). Probas de CAMPO -Saltos de lonxitude e triples, de altura e con pértega. -Saltos de altura e con pértega. -Lanzamento de peso, de martelo, xavelina e disco. Probas de RUTA -Maratón (42.195 m., máis de 42 km.) -Marcha atlética (20 e 50 km., a última soamente para homes).

Probas COMBINADAS HOMES DECATLÓN, con dez probas: -100 m. lisos, -salto de lonxitude, -lanzamento de peso, -salto de altura, -400 m. lisos, -110 m. con valos, -lanzamento de disco, -salto con pértega, -lanzamento de xavelina, -1500 m. lisos

MULLERES HEPTALÓN, con sete probas: -100 m. con valos, -salto de altura, -lanzamento de peso, -200 m. lisos, -salto de lonxitude, -lanzamento de xavelina, -800 m. lisos.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” Bádminton Deporte en que se enfrontan dous xogadores, ou dúas parellas de xogadores, sobre un campo rectangular dividido transversalmente por unha rede, que consiste en golpear o volante cunha raqueta de maneira que, pasando por riba da rede, toque no chan do xogador contrario. Está presente no programa olímpico desde Barcelona 1992. Baloncesto Deporte en que participan dous equipos de cinco xogadores cada un, que consiste en xogar un balón coas mans para tratar de introducilo na canastra do equipo contrario. Inventado polo canadiense James Naismith en 1891, incorporouse ao programa olímpico en Berlín 1936. Na imaxe, Pau Gasol, un dos mellores xogadores de baloncesto de España, aínda que na actualidade compite na NBA (a principal liga estadounidense de baloncesto). Balonmán Deporte en que participan dous equipos de sete xogadores, que deben, coa axuda das mans, introducir a pelota na portaría do equipo contrario. A primeira aparición do balonmán nas Olimpíadas foi no ano 1936, en Berlín. Boxeo Deporte consistente en que dúas persoas se golpeen cos puños, utilizando unhas luvas especiais e segundo unhas regras determinadas. Practícase desde hai moitos anos (no 3000 a. C. e nos Xogos Olímpicos da Antigüidade), pero coa caída do Imperio Romano, o boxeo desaparece ata o s. XVII. En 1904 estréase como deporte olímpico.

BIBLIOGRAFÍA: -“Enciclopedia de los deportes”, Ed. sm. -http://www.rio2016.com/es/losjuegos/deportes/olimpicos

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.