O ENTROIDO O Entroido este ano é especial, cole de San Cosme imos comezar. O Entroido este ano é especial, toma 35 comeza a gravar!
E o supercalifragilisticoespialidoso tal vez consiga máis que os que gobernan o noso só esas palabras terás que dicir coma Mary Popins e se non funciona, Indiana Jones corre a salvarnos, prestade atención!
E pode facer realidade tódolos teus soños pois na grande pantalla todo pode pasar só un papel terás que aprender e interpretarás os personaxes do cine mundial chegaron ao cole e aquí quedarán.
Hai tanta fantasía neste estreno mundial que ata unha ratiña mona se quixo achegar e atopou ó peludo Gandalf nun planeta especial onde a princesa Leia e Han buscan a gran pedra filosofal.
E chega moi caladiño o señor Charlot e xa ben raro é que ninguén berre aquí só unha orella terás que arrimar e escoitarás todos os veciños comentarán o día a día no noso lugar.
No noso cole pasan cousas tan marabillosas e todos os que nos visitan contentos se van a inspectora veunos saudar cun “ola!” total pode que no curso que queda queden aínda outras sorpresas.
Con iso de que estamos todos nunha grande crise goberno quita quita quita todo o que hai só nos deixan cartas de póquer “pra” poder xogar o presi pensa que el é Alicia e este país unha marabilla!
O Entroido este ano é especial, cole de San Cosme imos comezar. O Entroido este ano é especial, toma 35 comeza a gravar! O Entroido, o Entroido, o Entroidoooooooo!
E poden axudarche cos seus superpoderes heroes e heroínas tan superxeniais só o nome terás que dicir e aparecerán Capitana América e Batman Spiderwoman e o gran Superman! E fartas de ser criadas as mulleres están por iso algunhas agora somos “gentleman” só un desexo temos que pedir a Passpartout todo o que ti queiras facer farao con gusto, máis dunha vez! Pelis de medo tampouco podían faltar Anabel e Billy están para asustar pero non temas, que vai pasar? Chama a Superman! Todo o mundo quere voar pensando que o ceo pode acadar.
Música: “Doraemon ten un peto máxico”.