BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R.,
Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres míticos galegos; Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena Mitoloxia de galicia; Edición Xerais, Vigo 2001. ? Reigosa, A. e Miranda, X. A flor da auga: historias de encantos, mouras, serpes e cidades mergulladas. Edicións Xerais. Vigo. 2006 Ilustrador: gonzalo gil ?
EQUIPO DE BIBLIOTECA
C.E.I.P. VICTOR SÁENZ
As serpes ou cobras
As cobras nacen de ovos de cobra, que deixan no monte e están cheos de veleno. Se unha persoa os atopa e os come pode morrer. Tamén nacen dos pelos de muller, se se deixan en auga durante 9 días, nun recipiente herméticamente pechado, ou dun ovo de galo de 7 anos ou da maxia, sen máis. Son inimigas dos homes e non tanto das mulleres. Atacan e deboran aos homes e aos animais. Gustan moito do leite. Entran nas cortes e maman do teto das vacas e cabras con tanta suavidade que lles producen pracer. Tamén maman das mulleres paridas e para que o neno non chore, métenlle o rabo na boca. O neno vai adelgazando como si tivese un mal. Todas son velenosas pero non só e perigosa a súa picadura, tamen o seu aire e a súa sombra. O veleno prodúcese nunha bolsa detrás da cabeza, no pescozo. Pican co ferrete, é dicir, ca súa lingua bífida. Cando se meten na auga deixan o veleno nunha pedra. Por eso na auga non pican. Son sabias, astutas e prudentes e ademais ameigan. Se se mata unha e se lle arrinca o ferrete, se seca e se mete entre a roupa dun inimigo, este queda ameigado e perde en tódolos xogos. As cobras teñen unha forza descomunal. Son quen de erguerse no chan ata case poñer toda a súa lonxitude recta. Medran sempre, facéndose máis e máis grandes. Cando chegan a certa idade e tamaño, convértense en Serpes Aladas ou Voadoras. Seguen logo camiño ata Babilonia, pronunciando as palabras:
“Pra Babilonia vou mal haxa quen me viu de nova e non me matou” Adoitan a vivir en covas (chamadas Cova da Serpe), simas e fontes de gran cavidade. Gardan tesouros e, ás veces, son mouras encantadas, princesas e donas. Para desencantalas hailles que dar un determinado número de bicos na boca ou facerlles sangue.
Lendas A cobra do encanto Dunha vez un mozo andaba nun prado á beira do rio e viu chegar un mouro e unha rapaza moi guapa. Seica o mouro era o encanto. O mozo agachouse e achegouse sen que o visen, a tempo de oir como o mouro dicía: - O que te desencantar tres bicos tenche que dar. E coa mesma desapareceron mouro e muller. O rapaz volveu ao día seguinte e agachouse a ver que pasaba. no medio do rio sentiu un asubío, mirou e estarreceu: era unha cóbrega grande e fea, maior que ningunha. Ía por riba da auga coa cabeza ergueita, os ollos regalados e botando e metendo un ferrete na boca, un ferrete grande como o dedo dunha man, con perdón. O rapaz, aínda que tivo medo, agardou e, cando se lle achegou, deulle un bico na cabeza. A cóbrega fuxiu asubiando e batendo a auga co rabo, pero ao pouco volveu. O rapaz aguantou, bicouna de novo e a cóbrega volveu fuxir. Ao volver por terceira vez e darlle ó rapaz o terceiro bico, a cóbrega perdeu o seu feitizo e fíxose de novo moza, que caeu a chorar nos brazos do mozo. E seica casaron e marcharon lonxe, onde viviron ricos e felices cos tesouros do encanto.