Rosiña films presenta
BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
GRANDES PREMIOS CINEMATOGRÁFICOS Ademais dos premios que conceden nos festivais que se celebran en diferentes países, outros entrégannos diferentes institucións que teñen como principal obxectivo impulsar o desenvolvemento do cine. Así, creáronse en moitos países as ACADEMIAS DE CINE, que cada ano entregan galardóns moi coñecidos. A ACADEMIA DE ARTES E CIENCIAS CINEMATOGRÁFICAS foi fundada no ano 1927, na cidade de Os Ánxeles, California. Esta organización é coñecida a nivel mundial polos seus premios anuais aos filmes de Hollywood, os “premios da Academia” (”Academy Award”), chamados popularmente “os ÓSCAR”. A primeira cerimonia dos “Oscar” celebrouse en 1929. A pequena estatua que se entrega foi elaborada a partir dun deseño feito por un dos membros da Academia, pero a historia do seu nome aínda é moi discutida. A actriz Bette Davis Imaxe da famosa alfombra afirma que foi nomeada así en honor ao seu primeiro esposo, Óscar Nelson. Outra versión di que vermella, pola que acceden unha das membros da Academia, ao ver a estatua, dixo que se parecía moito ao seu tío Óscar. Unha ao teatro de Hollywood os versión máis conta que a unha persoa da Academia lle recordou ao rei Óscar II. O caso é que o nome a s i s t e n t e s á g a l a d o s quedoulle e, a partir de 1939, o premio foi chamado oficialmente “OSCAR”. Premios OSCAR. A estatua mide pouco máis de 34 centímetros, e pesa sobre 4 quilos. Mantivo sempre o mesmo deseño, aínda que sufriu algún cambio ao longo da súa historia. Por exemplo, o material co que se fabrica: na súa orixe, era de bronce macizo bañado en ouro, pero pouco despois pasou a elaborarse nunha aliaxe que permitía darlle un acabado pulido. Durante os anos 1942 e 1944 (II Guerra Mundial), fabricáronse de xeso, debido á escaseza de materiais. A partir de 1949, comezaron a numerarse. Cada ano fabrícanse entre 50 e 60 estatuas. Calcúlase que para fabricar un Oscar son necesarias 12 persoas, que tardan ao redor de 20 horas en elaborala.
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15
Rosiña films presenta
BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
A ACADEMIA DAS ARTES E AS CIENCIAS CINEMATOGRÁFICAS DE ESPAÑA é a institución española que outorga cada ano -dende 1987- os premios do cine español, os Premios GOYA. A estatua entregada aos gañadores representa o busto do pintor español Francisco de Goya, e está realizada en bronce. FRANCISCO DE GOYA (Fuendetodos, Zaragoza, 1746 - Burdeos, Francia, 1828) foi un dos pintores máis importantes do noso país. A súa obra desarrolla un estilo que inaugura o período pictórico coñecido como “Romanticismo”. A vendima é un dos cadros que forma parte da serie que realizou representando as estacións.
A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL foi creada no ano 2002. Entre as súas principais actividades destaca a organización anual dos Premios do Audiovisual Galego MESTRE MATEO. Os premios toman o seu nome do Mestre Mateo, realizador da maior parte do Pórtico da Gloria da
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
da Catedral de Santiago de Compostela, aínda que na I edición dos mesmos levaba o nome de Chano Piñeiro. Este director foi o creador daprimeira longametraxe rodada en Galicia e totalmente en galego: Sempre Xonxa.
Fotografía da rodaxe da película de Chano Piñeiro.
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15