Texto 25 cine

Page 1

Rosiña films presenta

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!! MÚSICA E CINE

BANDA SONORA: é a parte do son completa, incluíndo diálogos, sons e música, aínda que normalmente o termo fai alusión soamente á música. Desde o punto de vista musical, enténdese como banda sonora a música (vocal e/ou instrumental) composta para unha película. Desde logo a música ten unha importancia enorme nas historias cinematográficas. Xa o cine mudo incluía música, e as imaxes acompañábanse con música tocada por instrumentos en directo. Isto servía para romper o xeo, para dar vida ás imaxes e tamén para “tapar” o ruído que facían naquela época os proxectores. El cantor de jazz Coa chegada do cine sonoro, a función da música ampliouse: (1927) é considerada a FUNCIÓN EXPRESIVA: -Esperta emocións (unha escena triste é aínda máis dramática se a música que a acompaña ten tamén esa característica, por exemplo). -Aporta ritmo, modifícao (anticipa acontecementos ou rememóraos). -No xénero musical a música adquire moitísimo protagonismo, e provoca a aparición de números musicais que deteñen a acción, ao tempo que forman parte dela.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

primeira película sonora da historia do cine.

FUNCIÓN NARRATIVA: -Recrea a época, lugares ou ambientes (unha música do Renacemento levaranos a imaxinar unha época antiga, por exemplo). -Caracteriza personaxes e situacións. En ocasións, cando soa unha música determinada, xa pensamos nun personaxe en concreto, e non é necesario velo. Ese tema musical denomínase “leit-motiv”. -Espertan a duda, a curiosidade, a inquietude..., na persoa espectadora.

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

Rosiña films presenta

Cando a banda sonora é creada expresamente para unha película e non emprega música composta previamente, denomínase “Banda Sonora Orixinal” (B.S.O.) GRANDES COMPOSITORES DE BANDAS SONORAS ENNIO MORRICONE

JOHN WILLIAMS

DANNY ELFMAN

«”El bueno, el feo y el malo»” « “La misión»”

«”Tiburón»” “Star Wars»” “Superman»” “Harry Potter»” « “Indiana Jones»” «”E.T., el extraterrestre»” “Jurassic Park»”

”« Eduardo Manostijeras»” “Pesadilla antes de Navidad»” “La Novia Cadáver»” “Batman»”

HANS ZIMMER «”El rey león»” “Piratas del Caribe»”

JAMES HORNER «”Titanic»” “Avatar»”

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

JOHN BARRY “Chaplin” “James Bond” “Memorias de África”

«

No noso país, destacan: ALBERTO IGLESIAS, compuxo a banda sonora de varias películas do director Pedro Almodóvar. NANI GARCÍA, músico galego autor da banda sonora do filme “De profundis” (Miguelanxo Prado).

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.