BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
Rosiña films presenta
OS XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS (Parte I) Do mesmo xeito que clasificamos os libros segundo sexan de ficción -aventuras, misterio, viaxes, medo...- ou de consulta natureza, corpo humano, historia...-, o mesmo ocorre coas películas. Esta maneira de clasificación emprégase en todas as artes, tendo en conta a súa temática. A súa orixe atopámola na cultura clásica: os gregos diferenciaban entre traxedia ou drama (estilo profundo e desenlace triste) e comedia (estilo lixeiro e final feliz). Estes xéneros ampliáronse no teatro, pero as posibilidades do cine fixeron xurdir unha variedade moito máis grande. O DRAMA CINEMATOGRÁFICO
A COMEDIA CINEMATOGRÁFICA
Trata cuestións decisivas na vida, coma o amor, os celos, o desamor, a necesidade de cariño, a dor, etc. Caracterízase por presentar graves conflitos entre os personaxes protagonistas.
Este xénero busca facer rir ao espectador. Para conseguilo usa un recurso denominado “gag”, que é unha situación humorística, moitas veces creadas a partir de anécdotas pouco importantes. Baséanse en conflitos que se resolven a través de persecucións frenéticas, batallas de tortas, labazadas, golpes, caídas... Grandes comediantes foron Charles Chaplin, Stan e Laurel “o Gordo e o Fraco” ou os irmáns Marx.
Na traxedia clásica estes conflitos sempre desembocaban na morte dun ou varios dos protagonistas. O drama moderno, aínda que non chegue á resolución tráxica, adoita conservar un final desgraciado. “Casablanca” (Michael Curtiz, 1942)
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15
BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
Rosiña films presenta O MUSICAL
A súa orixe podemos atopala no melodrama operístico e teatral. A diferenza do drama, nos melodramas adoitan aparecer episodios humorísticos. Os musicais caracterízanse, ademais, por incluír números cantados, xeralmente acompañados de danzas ou coreografías. As obras máis representativas deste xénero producíronse en Hollywood: “Cantando baixo a chuvia” (Stanley Donen, 1952), “Sete noivas para sete irmáns” (Stanley Donen, 1954) e “West Side Story” (Robert Wise e Jerome Robbins, 1961). Pero posiblemente a ti che soen máis títulos como “Mary Poppins” (Robert Stevenson, 1964) ou “Billy Elliot” (Stephen Daldry, 2000).
BIBLIOGRAFÍA: Iniciaciónaoaudiovisual,Au2005.Audiovisualnasaulas.VV.AA,XuntadeGalicia.
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15