, Editorial . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2 Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3 Até a vitoria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4 sección para exorcizar opinións que sempre foron imposicións e liberar amarras As musas. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11 para inspirarse , re-crear-se e viver historias De outros ou nosas, da humanidade por unanimidade. Máis saber... ou saber mais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20 ...sobre o ocio, cociñar con queixo, a ESO e Internet en Arzúa Falangueiras.arz . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23 Porque .arz é o enderezo web da fusquenlla onde as arzuás e arzuáns van coñecer o mundo e con el, ela, elas falan. Cultura activa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 35 é o noso anuario extraescolar onde os libros , os profes e as alumnas e alumnos saen á rúa, os pupitres cobran vida e convértense en exposicións, teatro e buses viaxeiros... Chuzos de Riso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 55
Colaboracións e agradecementos: Vós xa sabedes quen sodes. Buscádevos na revista
, 1
l
Quizais non sexa este o momento máis idóneo para contar unha historia. Quizais non. Así que non o vou facer, aburrir ao lector dese xeito! Pobriño! Non, buscarei outra forma de tortura para aburrilo mellor. O caso é que é incríbel a cantidade de cousas que poden acontecer nuns meses. Se non hai nada que cheguei! Parece que foi onte cando non sabía onde estaban as clases, cando coñecía a tres persoas en todo o instituto, cando realmente non me enteraba de nada. No mesmo sitio por onde agora ando coa maior naturalidade do mundo. Eramos moitos os que viñamos novos este ano, e foi extraño, incluso caótico ao principio. Pero aquí estamos, para dicilo de forma pegañenta, coma
2
con nome
unha familia unida , desas que non existen na realidade. Si, agradezo non ter que botar iso de menos, a relación coa xente, a proximidade duns e outros, tanto alumnos coma profesores. Supoño que é o que ten ser un centro rural e pequeno, pero gústame. Hai bo ambiente. Hai amabilidade no ambiente, incluso.
de aquí. E vaivos custar moito tamén facer que deixe de expresar a miña opinión, de discutir, de defender o que é meu e noso, e de recordarvos que, como dixo un amigo, as bolboretas sen ás non poden voar, é máis, as bolboretas sen ás non son bolboretas. En fin, que sexa o que sexa, se a causa é nobre, CONTADE COMIGO.
De resto, non teño moito que dicir. O que me supuxo persoalmente vir a Arzúa é algo que non corresponde expoñer nestas circunstancias. Supoño que acabarei definindo este instituto como un máis, pero único . Cunha contradición, que ao final son ás contradicións ao que máis sentido lle vemos na vida. Ou será só a min a quen lle acontece iso. Non sei, xa estaredes todos ben habituados aos meus pensamentos rebuscados e retorcidos, ás miñas loucuras, máis ben, a esas que, descubrín este ano, se chaman filosofía.
E como non podía deixalo aí, vouno dicir: teño unha queixa. Unha única pero gran queixa: pódese saber por que ninguén se dignou a darme un plano do edificio (perdón, quería dicir dos edificios , que por riba son dous!!) para aforrarme os milleiros de veces que me perdín polos corredores, eh? Que eu son unha desorientada da vida!! (aínda souben a semana pasada onde estaba o departamento de orientación).
Este curso vinme envolta en moitos proxectos no instituto, algúns cumpríronse, outros non, outros quedan pendentes. Aí, con actividade, con enerxía !! Que se vexa que se fan cousas!! Tamén houbo feitos importantes fóra do instituto que lle afectaron ou afectarán directamente. Son todos proxectos e feitos que demostran que si, aínda queda moito por facer, moito que loitar, moito que berrar, moito que reclamar e sobre todo, moito, moito máis por aprender. Podo dicir logo, que vos vai custar sacarme
E eu aquí, con nada máis que dicir, coas meixelas vermellas da incomodidade da situación, sen saber moi ben aínda por que me meteron neste asunto (Socorroooo, e agora que digo?). En fin, eu, como filósofa de 1º BACH. A (aparentemente, claro), voume filosofar a outra parte e despídome así sen máis, como non podería ser doutro xeito. Así que, un saúdo moi forte, e até máis ver!! E por se aínda non o dixen veces abondo: GRAZAS. (...e deixémolo en interrogante.) NAVIA RIVAS DE CASTRO, 1ºBACH. A
,
equipo de normalizacion e dinamizacion linguistica ,
,
NON PERMITAMOS QUE NOS COMAN A LINGUA A lingua é para usala, para latricar, para gustar, para gozar, para querer, para dicir quérote, para expresarte, para identificarte, para facerte valer, para falar cos teus, para falar cos outros, para comunicarte con trescentos millóns de persoas no mundo, para demostrar que estás viv@. A lingua non é para comela, para guisala, para dividila, para reducila, para negala. Falamos como falamos porque somos nós, porque as nosas avoas e avós, as nosas nais e pais, nos transmitiron o seu saber e a súa fala. Non temos que recuar porque algúns berren máis ca nós. Case sempre berra máis quen ten menos razón. A nosa lingua é a que queren maltratar.
dela. Non podemos permitir que lles arranquen a lingua. Quérennos comer a lingua e aínda pretenden que lles deamos permiso para facelo. Se iso é democracia debe ser a caníbal ou a democracia do demo. Falan de liberdade, pero liberdade non é facer o que se quere, caprichosamente, senón o que se debe. E o que se debe é defender a lingua e a cultura do país que che dá de comer. O noso Estatuto de Autonomía di: A lingua propia de Galicia é o galego . Temos razón e temos dereito. Depende de nós.
Aos famentos, aos despectivos, indicámoslles que, se lles prace, coman a lingua do porco, da vaca, do becho que gusten, pero que non pretendan comer a lingua da xente. Nós somos a xente e non podemos consentir que Galiza se volva caníbal. Ningún poder ten dereito a devorar a lingua da xente. Queremos coñecer e usar outras linguas do mundo, todas as que poidamos, pero sen renunciar á nosa. A nosa existe, é outra máis, é diferente, tan importante coma calquera outra e para nós a primeira. Parece que para algúns que haxa xente distinta ou linguas diferentes é un problema. Para nós é unha riqueza. Queremos vivir gozando desa riqueza. Queremos que os nosos fillos e fillas medren con esa riqueza. Queremos deixarlle esa herdanza. Estamos orgullosos
Imaxes dos obradoiros de banda deseñada dos ilustradores galegos: Gochi e Anxo Fariña na Semana de Banda Deseñada do IES de Arzúa. Unha actividade interdisciplinar entre a biblioteca, a ENDL, o departamento de Plástica e a ANPA.
O EDNL do IES de Arzúa co profesorado portugués no posto de cultura galega e arzuá instalado na visita ao Liceu de Ensino Secundário de Povoa de Varzim: Eça de Queirós.
intercambio lingüístico 3
,
sección para exorcizar opinións que sempre foron imposicións e liberar amarras
A ARTE COMO DENUNCIA INTERVENCIÓN ARTÍSTICA DE EVA VÉREZ, MIGUEL CONDE E TAMARA MECÍAS Estes libros non se queren, por iso os empregamos creando unha instalación, pretendendo denunciar a unha sociedade de consumo que se basea en usar e tirar. Se eses libros os tirásemos podiámolos reciclar pero estarían a perder o seu valor de libro, o valor de ensinar, para converterse nuns cantos papeis. Por outra banda que o libro central estea aberto na páxina da fame no mundo tamén ten un significado, podemos consideralo como unha comparación entre un problema mundial, con xente que non ten nin para comer, e unha sociedade que malgasta o que ten, unha sociedade consumista. Puxémoslles uns lazos aos libros como significado de que para nós son unha oportunidade e un agasallo. Trátase dunha instalación feita con libros reutilizados colocados de forma circular a modo de agasallos. Os libros están apilados uns encima de outros en varios grupos.Cada grupo non ten a mesma cantidade de libros, vai en orde crecente, visto dende a entrada do centro. Como comentaba, están a modo de agasallo, pois están recubertos por un lazo. No centro do círculo atópase colgado un libro que está aberto nunca páxina que fala da fame do mundo.
4
ate a vitoria
mulleres
Ai! mulleres que lamen as latas coma gatas Ai! mulleres cos pes na terra e o vento nas velas Ai! mulleres valentes que ensinan os dentes Ai! mulleres que cosen nas fabricas explotadas Ai! mulleres que se pintan de caolim na costa de
A socialdemócrata Jóhanna Sigurdardóttir, de 66 anos convértese na nova xefa de goberno islandesa .Pois si ,unha muller ,ex azafata ,sindicalista e homosexual inconcebíbel nun país coma o noso! Nós,os avanzados, os pioneiros nas modernidades, o desenvolvido vello continente, non ten máis que por anecdótico un acontecemento coma este Si, esta aí Angela Merkel ,pero tampouco hai moita máis representación .En fin, que Europa, con 50 países e 27 na UE ,conta actualmente con dúas mulleres na presidencia dun goberno! Que nos caerá a cara de vergoña, iso é o que debería pasar ;e o peor é que o noso debe ser un dos países máis retrógrados de todo o continente e non me doen prendas en dicilo. Falamos dos países latinoamericanos dicindo pobriños eles que aínda non están ben desenvolvidos, hai que ir axudarlles Pois merecen un aplauso ; na súa lista de presidentes atopamos un abondoso número de vencedoras . Bachelet ,pediatra agnóstica ,separada e nai de tres fillos ,conseguiu estampar o seu nome na historia ó converterse na primeira muller elixida presidenta( a RAG e
a RAE admiten este concepto apesar das numerosas protestas e do seu machismo explícito) do Chile. Cristina Fernández ,presidenta da Arxentina, Violeta Barrios de Chamorro por Nicaragua, Mireya Elisa Moscoso no Panamá e podo seguir ,porque en Sudamérica si que dá para facer unha lista, non coma aquí . E non quero seguir coas miñas cavilacións porque creo que está todo claro. O único necesario é loitar pola igualdade, pois para quen se atreva a afirmar que xa está conseguida que veña falar comigo que creo que lle podo dar argumentos abondo sen necesidade de que me afumee ningunha conexión na cabeza . Conclúo o artigo cunha frase moi aclaratoria que sempre me di miña avoa: - Sariña, vaite acostumando, que neste país ou es burro ou nunca trunfarás Será certo ,avoa ,será
Marfim Ai! mulleres que non se pintan e non pasa nada Ai!
mulleres
pequenas,
delgadas e caladas Ai! mulleres redondas e altas, coloradas Se non che chega este mundo faite astronauta.
Texto: Ugia Pedreira Tema do grupo galego MARFUL Jóhanna Sigurdardóttir
Sara Martínez Castro
5
ate a vitoria
the amabilingua NOTATION: This text was comezado to ser written in The amabilingua ( Una-tres linguas in one). The lengua of el futuro in Galiza country segundo his estudioso Daniel López Muñoz of Irimia's magazine what se refiere a its noviña do trinque manifestation también like Triglosia feijoooana , Castrapo enriquecido ou simplemente, Feixoada . Fortunately, a nosa big opinion maker xornalista leva sangue irmandiño da máis xenuina Fraternidade Fusquenlla. Neivia Riberas of Celtic Fortification ? Noooooooooooooooonoooon!! Navia Rivas de Castro!!! EU DON'T KNOW WHAT CARALLO IS HAPPENING Din que hai people que are intenteixon to invadir mi lengua. De feito, síntome perseguida. Xa hai séculos que me sinto así. Desde Isabel e Fernando, ao galego co mazo dando . En ocasións, vexo palabras estrañas que corren tras de min, coma un cancro que se me estende por todo o corpo. E xente de aquí que fala nunha lingua de fóra, non sei, mesmo xente que me utiliza pero logo me bota ao lixo coma un pano de papel. Son crueis, creo que yo no hice nada para que me hagan esto, si yo soy bueniña!! Ves?? Aí está outra vez!! Estame invadindo, cada vez é peor, y es que no doy hecho!! Ohh non, non quero, non queroooo!! Estou contaminada. Estou desfeita, e o peor de todo, estou soa. E sabedes que curioso? Parece ser que non me chegaba co vecinito de al lado , senón que tamén me mollan as gotiñas que veñen do outro lado do mar, e entón eu speak, xa non sei o que speak because this,
6
xa nin románico is!! Síntome ignorada. A xente xa non vai a centros comerciais, vai a shoppings!! E estacionan en parkings!! E chámanlle bacon ao touciño de toda a vida ademais, os cazadores agora xa non pillan coellos, pillan conexos; usan cuchillos e tenedores para comer. Ten que haber algún type of ser maligno dentro de min, porque soy inocente y lo tengo que decir. A min que non me tomen por stupid ehh!! Ohh, non, dentro de pouco xa nin eu saberei falar como é debido. Pero dicídeme, why? Non hai resposta. Só excusas. Supoño que non saben que dicir, ou non queren. O autoodio é xa tan grande que creo que vou ter que odiarme eu tamén por facer que os galegos teñan vergoña deles mesmos. Pero como?? Se non é culpa miña!! C est pas ma faute!! Eu non fun, que eu non fun!! Que te lo juro por el mismísimo Snoopy!! Que se me botan enriba, e eu que lle vou facer?? Pois aguantar como poida, coma sempre, España nun ombreiro e a globalización no outro e vou tirando do xugo coma os bois. Pouco more que a un buey me
quedará ya. Xa nobody lembra que houbo un tempo en que yo también tenía power. Moitas veces non convén remember, seica. A min xa tanto me ten, pero non entendo esta morte lenta que se acerca, síntoo pero angústiame. Levo xa moitos séculos agochada tras as pedras, temendo por min, e temendo polos meus. Aguantando, sufrindo, desfacéndome e reconstruíndo o pouco que queda xa de min. Uns veñen, outros van, pero os que me gobernan nada fan. Facer, fan, pero na miña contra. Por detrás, con mentiras, sempre con mentiras. Falando disto, dixéronme que viñeron uns tolos que afirman ser galegos e que me queren aniquilar canto antes, pero disimuladamente, con argumentos de falsa egalité. Con words que soan good, pero que serían devastadoras para min. Falan de liberdade e métenme entre reixas. E desde este cárcere vos falo eu, coas poucas palabras que me quedan, co pouco tempo que teño, soa. Xa non queda ninguén. Xa nobody quere parler con mis palabras.
ate a vitoria
por unha galiza ceibe...
Miguel Conde
7
ate a vic tt oo rr ii aa
,
,
as raices as raices ÁS RAÍCES .....Especie internáutica que mergulla desde hai tempo nos fondos mariños da rede. http://yalasraices.blogspot.com Un espazo pequeno de denuncia aos máis grandes que pon de manifesto como os actuais patróns de produción e consumo son os causantes da mudanza climática, do esgotamento dos recursos naturais, da fenda abismal entre países ricos e pobres e por que non, se unimos pista tras pista dos problemas do sector lácteo galego. Ás raíces defínese como Alternativas de produción á globalización capitalista e é moito
SABEMOS A CARNE QUE COMEMOS? SOMOS REALMENTE O QUE COMEMOS?
- Análise e crítica da gandaría actualA gandaría intensiva é a aplicación de múltiples tecnoloxías e formas de traballo e pensamento xurdidas do capitalismo, que nacen coa Revolución Industrial no s.XX, a partir do 1960. Os seus principios son obter o máximo beneficio no menor tempo posíbel, concentrando os medios de produción, mecanizando e racionalizando os procesos para incrementar o rendemento produtivo. Falando claro: É a cría concentrada e masiva de animais de granxa , por riba das posibilidades naturais do medio ambiente onde se atopan, representando unha seria lacra para a natureza e rexéndose exclusivamente polas leis de produción industrial. E nós preguntámonos...Por que predomina este sistema abusivo? Principalmente porque obtén a máxima produción co diñeiro invertido, no menor tempo posíbel e se axusta á perfección ás demandas dos consumidores que, 8
máis que iso, como o seu propio nome indica é contundente, radical e revolucionario. Ás raíces abandona a superficie das cousas para escavar no oculto. ÁR cuestiona as cloacas da realidade ambiental e fai medrar en nós novas esperanzas de vida. Às raíces é un espazo das se-mentes pensantes e non transxénicas Rocío Gardes e Juan Santiso de 2º de F.P. do ciclo superior de X.O.R.N.P (Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos) e son eles mesmos os que nos desvelan algunha das súas profecías neste artigo:
indiferentes a toda cuestión ética ou medioambiental de todo o proceso anterior que sufriu o produto que mercan no súper, preocúpanse máis de que o produto sexa o máis homoxéneo posíbel e barato Pensamos que isto ocorre moitas veces por descoñecemento, pero o peor é cando ocorre por pasividade, por mirar cara outro lado e non ver as verdadeiras prácticas de produción, onde os animais son amontoados en lugares inimaxinabelmente inaxeitados e insalubres, restrinxindo ao máximo, por non dicir anulando, o seu comportamento natural, alterando profundamente os seus ciclos biolóxicos, e dándolles morte de xeitos enormemente crueis. En moitos casos precisamente para isto, para acelerar e alterar o crecemento do animal, para conseguir maior produtividade, son alimentados con pensos ateigados de antibióticos, hormonas químicas e antidepresivos que permanecen na carne de vacún , ave ou porco que nós mercamos. Por non falar de que moitos animais son alterados xeneticamente para ser máis rendíbeis ou para que o produto final teña unhas artificiais características. A gandaría intensiva implica outra serie de importantes inconvenientes: Son moi contaminantes por un lado polo uso abusivo de produtos químicos, funxicidas, fertilizantes, desinfectantes antibióticos e por outro lado, porque con tal concentración prodúcense enormes cantidades de puríns que os terreos non p o d e n a s i m i l a r, t e r m í n a s e a s í contaminando con metais pesados, fármacos as augas subterráneas, os ríos e o solo. Ademais da acumulación de gases daniños coa conseguinte contaminación atmosférica. Por outra banda, gran parte do penso animal empregado pola industria da gandaría intensiva, prodúcese en zonas de cultivo no 3º mundo, (300.000 Km² anuais de selva tropical sucumben para ser transformados en pastos) e son adquiridos por occidente a prezos
irrisorios, no lugar de producir alimento para a necesitada poboación local. Este feito obviamente distorsiona a economía local e mundial. Alén diso, como calquera outra industria masiva, deixan fóra do comercio ao pequeno gandeiro, estragan a paisaxe e fan moi desagradábel vivir no campo polos cheiros e os ruídos. Por último, temos que lembrar que a gandaría intensiva non se pode manter indefinidamente no tempo, pois require un gran consumo de enerxía, xeralmente fósil, que non é renovábel. E aínda que os problemas ambientais fosen solucionados e as cuestións enerxéticas e minerais equilibradas... prevalecería o feito do trato inaceptábel ao animal, o abuso. Os animais destinados ao sacrificio non teñen dereitos de xeito legal, pero si son obxectos legais, podéndose comparar cun coche, que pode cambiar de dono, ser alugado... Porén, non esquezamos que non son produtos, son animais, que sofren, senten dor e que penan ao noso servizo.
A GANDARÍA DO FUTURO- A GANDARÍA ECOLÓXICA -Outra gandaría é posíbelSi o pensamos ben, son todo vantaxes, para nós, para os animais en cuestión e para o medio ambiente. O problema é que a produción non se axusta doadamente á demanda dos esaxerados consumidores, nin ao egoísmo desmesurado das multinacionais, nin pola cantidade, regularidade, homoxeneidade, nin prezo dos produtos finais. Certas persoas e asociacións radicalizan a posíbel solución e expoñen que non se debe consumir produtos animais. Nós, non estamos de acordo; somos animais omnívoros, e como tales necesitamos certos nutrientes que os produtos cárnicos nos achegan para unha dieta totalmente equilibrada. Con todo, ben é certo que na actualidade nos países desenvolvidos abúsase enormemente do consumo dela, até pasar a ser o alimento base de cada comida, chegando nalgúns dos casos a niveis insalubres. Como diciamos, posto que nós, imos aproveitar enormemente destes animais, deberíamos tratalos como verdadeiros reis , facendo que a súa vida sexa o máis digna posíbel. Con isto, demostrariamos tamén a nosa humanidade que en moitos casos brila pola súa ausencia. Coa domesticación das especies facilítase enormemente a consecución do alimento , pero certo é que se altera o comportamento natural dos animais. Co fin de facelo o mínimo posíbel, débese empregar o sistema de gandaría extensiva, tradicional ou convencional: Caracterizado esencialmente por desenvolverse nun ecosistema natural modificado polo home, co obxectivo da utilización deses territorios para alimentar o gando, dun xeito natural... Estes animais seguirían os seus ciclos biolóxicos, en estreita relación coa produción vexetal do agroecosistema do.que forman parte. Dentro deste sistema de producción poderiamos incluír a gandaría ecolóxica , sustentábel, perdurábel no tempo, coa que se consegue unha menor produción que na gandaría intensiva, pero moita máis calidade. Empregándose este sistema axeitadamente, requírese unha escasa achega de enerxía fósil e contribúese a manter os agroecosistemas tradicionais.
Poderiamos seguir falando interminabelmente, acerca de máis problemáticas que nós, os humanos, estamos causando ao mundo animal, como a comercialización de animais exóticos, maltrato e abandono de animais domésticos... Pero non é cousa de seguir escribindo liñas e liñas... O asunto é que entre na testa de quen nos le e de que se analice a situación para que entre todos nós fagamos algo por cambiala.
É necesario que a xente abra os ollos para que a cousa cambie un pouquiño ¡que boa falta fai! Cómpre que se valoren os produtos de calidade, que se impulse desde o goberno aos pequenos gandeiros, que se aproveite ao máximo cada vida que comemos, e sobre todo, que lles mostremos o noso agradecemento a estes animaliños e que os respectemos como seres vivos que son.
TI TAMÉN NON SEXAS UN ANACO DE CARNE SEN CEREBRO... E PENSA BEN NO QUE COMES
Rocío Gardes e Juan Santiso
9
ate a vitoria
FILOSOFIA EM ACÇaO Posso ao mesmo tempo gostar de animais e comê-los? Sou livre para fazer o que quero? Como sei que os outros pensam? Os computadores pensam? Serei eu algo diferente do meu corpo? Será que existe um Deus? Qual a diferença entre um terrorista e um combatente pela liberdade? Estas questões passaram, certamente, pela cabeça de todos nós em algum momento das nossas vidas. São questões que surgem directa e naturalmente da nossa relação com o mundo e cujas respostas afectam a maneira como vivemos. São questões filosóficas e a maior parte delas surge muito cedo, nos primeiros anos da infância. Infelizmente, a grande maioria das crianças quando se depara com estas questões, ao não encontrar eco na boca dos adultos e ao não dispor ainda das ferramentas que lhe permitiriam pensar autonomamente sobre estes problemas, acaba por abandonar, desencantada, essa fantástica necessidade de saber. Quando chegam a escola secundaria, há muito que a curiosidade natural d@s jovens se encontra adormecida tendo sido educadamente substituida pela atitude diplomática, arduamente inculcada pela família. Em casos mais evidentes, as perguntas genuínas da infância deram lugar a preconceitos vários, ideologias ou religiões. A filosofia com crianças e jovens procura assim colmatar essa descontinuidade que existe entre as perguntas fundamentais espontâneas da infância e o exercício das faculdades críticas exigido por uma vida adulta plena. Aos alunos sao-lhes fornecidas as ferramentas básicas que lhes permitam, em comunidade, desenvolver as suas habilidades de raciocínio de forma a desenvolverem a capacidade para pensar de forma crítica e autónoma sobre questões importantes para el@s. Muitos críticos consideram que as questões filosóficas não sao importantes para @s jovens, mas isto é um erro. O que @s jovens necessitam, como qualquer adulto, é de sentir a exigência da filosofia a partir de problemas concretamente situados nas suas vidas. O que el@s não conseguem é fingir sobre aquilo que consideram importante. Perguntar é o passo fundacional de qualquer investigação racional, filosófica ou outra. O passo seguinte será procurar uma resposta mas, na filosofia, como sabemos, não há um laboratório de trabalho como nas ciências empíricas, como a biologia ou a química. Nenhum microscópio nos dirá se somos ou não livres. Também não podemos utilizar métodos formais de prova, como na matemática, para mostrar, por exemplo, que é moralmente
10
errado consumir animais não humanos. O único instrumento de que dispomos é o pensamento e o único método a argumentação. Assim, a filosofia, longe de ser um conjunto infindável de temas, autores e palavras complicadas que ninguém entende, é uma actividade. Consequentemente, aprender filosofia é como aprender música: do mesmo modo que não se aprende a tocar piano estudando história da música, também não se aprende a filosofar estudando história da filosofia e repetindo as ideias e argumentos dos filósofos do passado. A filosofia só começa quando avaliamos esses argumentos, procurando determinar se as razões apresentadas são fortes, se não haverá alternativas mais plausíveis, elaborando contra-exemplos às suas teorias, argumentos novos, etc. O que a filosofia com crianças e jovens pretende, quando feita seriamente, é precisamente munir os estudantes, desde cedo, dos instrumentos que lhes permitam fazer isto bem, isto é, pensar de forma consequente e correcta. Assim, exercitando as suas capacidades argumentativas, @s jovens passam a ser mais cuidadosos na forma como justificam as suas convicções e decisões, bem como passam a estar mais atentos ä forma como os outros o fazem. Ao desenvolver a sua capacidade para avaliar e discutir ideias @ jovem filósof@ é um corajoso vigilante do debate democrático, preparado para enfrentar grandes questões e lutar contra todos os preconceitos e confusões que entopem as nossas vidas. Precisamos del@s ou quê? Cátia Pacheco Faria profesora de filosofía no ensino secundario portugués.
...para inspirarse , re-crear-se e viver historias. De outros ou nosas, da humanidade por unanimidade.
PENSAMENTOS NON NORMATIVOS Canto lle dixen? 300 creo, si 300, debe pensar que son parvo. Igual xa o fan adrede, pídeslles 300 e sempre che botan algo máis. Ai, paseime un chisquiño, quítocho? E claro, se lles dis que cho quiten igual lles perece mal. E despois mírante co sorriso estúpido, si, co sorriso estúpido, non poden poñer o sorriso dos domingos, ou o do sábado noite, non, poñen o sorriso estúpido. Métenchos nunha bolsa, arrancan o tícket da maquiniña e méteno tamén, logo cerran. E aí ten, adeus. E eu río, claro, que vou facer. Bolsa para o carriño, media volta, cara á caixeira, cal me tocará. Recto
viro á dereita, recto, xa vexo as caixeiras. E coma
sempre, unha cola coma a do paro, vou para a que menos, que ademais ten mellores tetas. Inda mellores que as da miña muller, que ten unhas tetazas. E isto non anda, miro, claro, hai unha vella, arrinca señora, que nos dan as uvas. Eu dicíallo pero non quero parecer arrogante. Arrinca señora. Non sei que lle dixo a caixeira. A vella busca no seu ridículo bolso os cartos, levamos para un cacho. Vaia merda de música poñen, é dese chunda chunda tan moderno de agora. E a vella sigue fozando no bolso, e foza e foza. Igual non está buscando cartos, co conto da memoria aínda ha querer pagar en petróleo, e no bolso non hai petróleo, ou en pesetas. Inda me debe quedar algunha desas na casa, si inda as vin o outro día no caixón da mesiña de noite. Teño que repintar a habitación. A vella non anda, debeu quedarlle a man presa no bolso. As sete. Ala carallo. Estou por pagarlle eu, total. Fará falla tanto tempo para buscar os cartos que valen esas galletas. Ai señora, pero apure. Inda bo é que teño o coche ven aparcado, agora co conto dos puntos é todo unha carallada. Mañá quítanlle os puntos á miña sogra, se estivera quieta, a ver que mal lle fixeron os cans. Se é que é parva de todo, debe ser do rego. A señora atopou os cartos, non era sen tempo. Conta, conta, non vaia ser que lle deas un céntimo demais. E que os vellos son coma a virxe do puño. Vaia por Deus, a ver se a chama axiña á súa presenza. Que non é que me estorbe, pero xa non está para bailar moitos pasodobres. Ou que se apunte ó IMSERSO, alí fanse amigos, van á misa, esas cousas dos vellos. Petanca. Dominó. A ver
que máis
Sacar receitas. Ai que xa marcha. Non era sen
tempo. Pero vai a unha velocidade bestial, parece un coche da
funeraria. Xa non lle queda moito para dar o último paseo nun deses. E agora irán estes das coca-colas. Ai pero non che levan coca-cola nada máis. Non vira eu esas botellas. Logo hoxe toca botellón, esta pillería non pensa máis que en caer de cu ca borracheira. Menos mal que a miña Patricia non é desas, nótase que a eduquei ben educada. Iso que tamén é algo nova para andar de noite por aí. Nótase que o sangue novo é áxil que xa acabaron. Estes non son coma a vella. Porque a vella era coma a primeira formigoneira de Suso. Que aquela vaia por Deus tamén. E esta non podía vir máis espida? Se non parece un travestí deses. Ai non
ti debes ser filla da vella que
Ai ti dáslle a tarxeta, inda bo
é. Os vellos tiñan que ter tamén tarxeta, pásana por alí e xa non hai que contar céntimo ningún, para que queren os cartos se non os entenden? Xa me toca. Vou quitando as cousas. A muller travestida marcha, menos mal que daba noxo. Agora xa non se saben vestir. Moito me molesta o pi pi pi cando pasan as cousas pola luz. Por iso xa non veño moito por aquí. Veña xurde, que xa levo aquí moito tempo por culpa da vella. Meter na bolsa. Pagar. Un
11
a
último vistazo ás tetas
s
m
Arre carallo, si que debe haber inflación.
u
s
a
s
cama e a ver se non lle doe a cabeza Ultimamente Xa
se ve o bar
E collín catro cousas nada máis. Veña, volta que marcho. Cóllolle
de Pepe. Hoxe non paro. Outro día igual lle tomo un viño. Vou ata o
voando a volta que teño que marchar. Vir ao súper é todo un
río. A ver como quedou aquilo tras a riada do outro día. Houbo cada
deporte de risco deses que botan ás veces na dúas. Nin grazas nin
tronada este verán que manda moito carallo. Paso a ponte para
hostias. Para outra vez vouvos á competencia por maleducados,
aló, e vou co coche ata o río. E
ainda que se está esta veño facerlle unha visita a ela e ás súas
que andan facendo aí? Xa non
veciñas de arriba.Que tetazas. Pero cando penso no travestí, no
saben que repenico lle han
tarabelo ese
A xente non ten respecto. Xa teño pensado que
poñer ás estradas. Mira o
tiña que volver Franco, ese había poñer respecto, e había vestir o
mono ese co sinal na man,
travestí ese tamén. É un bo invento o das portas que abren soas,
manda que reduza. Reduzo.
levas as mans ocupadas o chirimbolo ese vete e ábreche. Un bo
Saúdo. Levanto a cabeza. O
invento. Onde deixara o coche? Ah si, ao lado da autoescola. Vou.
coche. Hostias, hostias que
Xa é tarde. As sete e vinte. Mira ti o que paguei e o pouco que
me vou, que me vou
pesa. O coche. Ai inda o deixei en bo sitio. Hai que cambiarlle as
Aí vou, pola ponte en baix
Freada.
rodas, desta semana non pasa. Abro. Meto as bolsas. Que botarán hoxe na tele? Hoxe que día é? Sábado, unha pouca merda, os sábados non valen para nada. Métome no coche. Cinto. Chaves. Retrovisor, ai iso está ben. Arranco. Ninguén de diante, ningu
Aí
VICENTE VÁZQUEZ VIDAL
vén unha moto. Veña pasa. Pasou. Entro na estrada. Acelero.
Hai quen pensou que
Pista. Pista. Pista. Radio, música. E se alugo unha película? Si ho!
a ponte era pequeniña
Para acertar cos gustos da Patricia
Outro día. Para a casa. Non.
Vou dar un paseíño. Polas aforas, E cando chegue, ceo, para a
pianopompaesencia PIANO PIANO Un piano, unha canción, un son pegañento. Agora o aire, segue o aire, máis aire, profundo e intenso aire... entramos na casa, a ventá está aberta. Un pequeno pétalo pasea polo cuarto, salón, dormitorio, salón....móvese sen sentido. Son agora un pétalo, penso en sentar. Non. Máis vento. Moito máis vento. Non baixar. Moitísimo máis vento. Vento por favor, vento súbeme arriba. Pétalo que sofre e non chora. Pétalo que leva o vento. Fermoso pétalo resistente incríbel e que me namora, fermoso pétalo que xamais decaerá...
POMPA DE XABÓN Levantouse e seguiu a rutina de todos os días. Duchouse e alí tivo un soño, evadíndose do mundo mentres a auga, pasando polas súas orellas, non lle permitía reparar en nada do que estaba ao seu redor. Despois disto, secouse para ir logo almorzar. Como todas as mañás antes de saír da casa, lavou as mans e coma todas as mañás, xuntou as mans , que estaban cheas de xabón e auga, para separalas, soprar e crear unha burbulla que se deixaba levar por todo golpe de aire e así deste xeito poder viaxar, saíndo por exemplo pola xanela para perderse na
inmensidade. El ía dentro desa burbulla, soñando como fixera na ducha. Imaxinando un mundo perfecto, unha salvación a unha desgraza ou simplemente, á pregunta de como farían as miñocas para estar tanto tempo dentro da terra. Ao subir ao máis alto do ceo puido divisar en pequeno a súa actual Galiza, dende alí non o vía claro co sentido da vista pero iso carecía de sentido, tendo imaxinación. Ao ver o Courel albiscou unha cova, unha cova na que pensaba entrar, unha cova na que unha vez dentro atoparía o máis preciado dos tesouros, unha cova na que un vello mago vido das antigas lendas artúricas do Chretien de Troyes chamado Merlín estaría alí para amosarlle e concederlle o poder do famoso Santo Grial. Un poder que o convertería nun mito, e o faría ser recordado. De súpeto, unha masa nubosa fíxolle esquecer o soño do Santo Grial para así ter que imaxinar outra zona na que pousar a imaxinación e evitar que a burbulla rompese e caese no abobinábel mundo real. ESENCIA DUNHA NOITE Aquel rapaz fora para a cama esa noite. Ese neno sentíase canso, pero non tiña sono. Aquel rapaz aburríase dun mundo do que lle era imposíbel afastar o seu
pensamento. A aquel rapaz picáballe a cara e daba voltas sobre a cama. Os seus poucos amigos recordábano coma un mozo solitario pero alegre, tímido, simpático. Idealista pero raro. Misterioso. A ninguén xamais segredo algún contou. Aquel rapaz estaba atormentado. Algo lle pasara!! Non deixaba o pobre de pensar niso. Días sen comer levaba. Aquel rapaz xamais choraba, nin sequera transmitía preocupacións, aínda así uns atenazadores nervios delatábano. Aquel mozo estaba esa noite na cama. Seguía a dar voltas e coitando contra si mesmo para atopar a forma de espertar cun sorriso á mañá seguinte. O minúsculo neniño tiña a luz apagada e encontrábase só no cuarto. Sen frío e cunha música de fondo demasiado bonita para ser nunca entendida. Engruñado na cama, abrazaba a almofada intentando buscar consolo a aquela soidade que o atormentaba. Tiña sono, pero seguía sen conseguir durmir. De súpeto, nun segundo e sen previo aviso... unha música preciosa que entendía saíu do transistor e fíxolle recordar. Esa música arrincoulle un sorriso, pero tamén lle provocou o pranto. Ao pouco tempo e sen acabar a canción, aquel pequeno home conseguiu durmirse. Aquel pequeno home non se levantou á mañá seguinte. Aquel pequeno home estaba morto.
C. Carracedo
12
a
s
m
u
s
a
s
Silencio 25 de novembro, contra a violencia machista Xa non. Pequenos murmurios Besbexan e rin. Son nenos. Calan Un home. Alza a voz. Berra. Escoitanse laios. Unha muller chora. Non chores. Volve a berrar. Insulta. "Filla de puta". Os nenos chaman "Mamá, mamá". Un golpe. Todo cesa. Choros. Os nenos soloucan. Un berro. O home berra. Un portazo. Outra vez silencio. Non. Dous nenos choran. Chaman a súa nai. Ninguén responde.
Iria Carreira Pazos Ilustración: Arancha Castro
UN RELOXO ESCACHADO EN SOÑOS As clases de filosofía dan para moito Para atender, copiar esquemas, aburrirse, falar cos da outra punta da clase, etc. Pero ás veces o profesor tamén nos fai pensar, e incluso nos mete medo propoñéndonos a posibilidade de estar vivindo un soño e non estar na realidade. Moitos nesta situación din que non terían soños tan aburridos, mais, digo eu, por que a vida non pode ser un soño? Se os filósofos dicían cousas que a moitos nos poden parecer unha tolería, por que non crer nun mundo fantástico? E levántome todos os días pensando no mesmo Porque sempre pensas neses soños que aínda están por cumprir Porque pensas nese futuro inmediato que temes Porque pensas nesas parvadas que estás disposta a facer pero que por pensalo máis detidamente nunca as chegas a realizar?. Pensar que ese soño tan real que tiveches esta noite é tan so un flash na túa mente, unha alucinación Pensas que algo así non pode ser un soño, ten que ser real e ten que ser para ti, ten que ser a túa realidade Imaxinar que todo o que estás facendo e vivindo é tan só o soño dun ser superior a ti, énchete de tristura e decepción ao darte conta do efémera que é a nosa vida. Por que non pensar que todo o malo que pasa é un simple soño? Pero para espertar del, que hai que facer?, pregúntome eu día tras día. E día tras día quédome sen respostas, pensativa, inducida nese estado de melancolía que me leva até a perdición. Pero chega un día que, espertando dese estado de escuridade, abres os ollos e ves esa luz que irradia todo desa cor que tanto che gusta e pensas que todo volta a ser un soño, que algo tan bo non che pode estar sucedendo a ti. De repente oes esa música que tanto che gusta, esa música que necesitas todas as mañás para despexarte antes de entrar nese recinto cheo de físicos, galeguistas, matemáticos, músicos, latinistas e demais personalidades que nos inducen a estudar horas e horas. Pero que pasa? Decátome de que todo era un soño e acababa de tirar co espertador ao chan, esnaquizado. Quedou tirado no chan do cuarto toda a mañá sen que ninguén se parase e o recollese. E ese soño, esa ilusión que nunca ha de regresar, desaparecido sen que ninguén saiba do seu paradoiro. Mais, estarédesvos a preguntar, e que foi o que soñou? Nin eu mesma o sei, só sei que é un soño dunha noite para non esquecer xamais.
MARTA FERNÁNDEZ 13
a
s
m
u
s
a
s
UN MISTERIO
Despois de ter un tremendo accidente, unha luz branca e cegadora espertoume rapidamente e fíxome dano nos meus fermosos ollos. Era a luz dunha gran lámpada de quirófano, os meus movementos eran inútiles, non podía moverme e sobre min, os meus amigos chorábanme. Unha fermosa moza cubríame do sudario. Seguía sen poder moverme e en cada segundo que pasaba, en cada minuto, eu, temía o peor dos temores.. estaban preparando o meu funeral e era consciente diso.. Novamente, espertei, nun lugar diferente, nunha zona escura e na que apenas se respiraba e na que si podía moverme, era consciente de todos os meus movementos, os poucos que podía facer, porque o lugar no que me atopaba non era moi agradable. Podía ulir concretamente a terra fresca e escoitar golpes sobre min, non entendía nada do que me estaba a ocorrer, pero pouco a pouco as pezas foron encaixando... antes de que o osíxeno se esgotase, comecei a petar e a berrar sobre unha táboa de madeira que estaba enriba miña e agora, por fin, entendía o significado do que estaba a facer, máis ben, do que me estaban a facer, enterrándome... Espertei por terceira e esperaba que última vez... O meu corpo estaba cuberto de frías gotas de suor, por sorte, todo era un soño, un maldito soño que me asustou moito, tiña unha sensación estraña, estaba secuestrado nun lugar frío sen me poder mover, posiblemente por algún tolo dos veciños... Afortunadamente, unha corda mal atada salvoume a vida e conseguín saír daquela cadeira á que me tiñan preso. Dei a volta e asomeime á xanela, so vía unhas cantas árbores e un prado ao lonxe. En canto á porta, debaixo do marco desta, unha luz amarela chamou a miña atención, achegueime, e de súpeto, abriuse ante min, e unha sombra cruzouse ante os meus ollos. Alí estaba, aquel ser desprendía un cheiro repugnante, e só se chegaba a ver unha pequena parte do seu corpo, pola cal, miñocas de distintas cores circulaban ... En canto o observaba, aquel demo golpeoume fortemente e saín disparado até un corredor longo e frío no que a suciedade era permanente.Levanteime e comecei a camiñar, pero en canto botei un vistazo ás miñas costas e vin o demo seguirme, botei a correr, abría porta tras porta, e dentro dunha, atopaba outra, até chegar a un patio cheo de plantas mortas e tristes nas que só unhas cantas permanecían intactas , unha ou dúas presentaban un detalle curioso, con gotas de sangue... Diante miña, tiña un longo camiño que estaba cheo de sangue escuro. Seguino e conduciume a un lugar insólito e desamparado no que cheiraba peor que onde estivera detido, cheiraba a cadáveres en descomposición e había un pequeno charco que estaba repleto de sangue.. Aquel ser gardábame unha pequena sorpresa, unha pequena daga que agochaba entre as mans. Fíxome un xesto cunha das súas mans, non coñecía os seus propósitos, pero as súas tentacións temíaas. Rapidamente saín daquel lugar e penetrei nun infinito bosque, camiñei horas e horas ata que se fixo de noite. Contemplaba certas froitas violáceas cuxo aspecto non estaba mal, pero o seu sabor si que o estaba. Por desgraza, escoitei renxer unha rama, dei a volta e alí estaba, novamente, facíame unha indicación.. Esta facíame sospeitar dos seus propósitos sobre min, pero aínda así, armeime de valor e seguino, levoume a un prado cheo de altas herbas e alí collín un pau longo e groso do chan e amarreino con todas as miñas forzas, golpeeino fortemente na cabeza e a súa túnica desvelou un espectro duns trinta anos co cabelo enrolado, no que se observaba a carne 14
desprendéndose da cara e deixando ver ósos e parte dos dentes. Quedei completamente perplexo e sen máis, o demo asestoume un golpe na cabeza. Cun pouco de sorte, conseguín arrebatarlle a súa daga e cun son de esgotamento, o ser que me asustaba desplomouse ante min. Non comprendía a situación nin o máis mínimo.. A miña pel empezouse a mostrar cada vez máis e máis seca até adquirir unha sensación rugosa; o meu cabelo, que antes cubría as miñas orellas, caía pouco a pouco sobre os meus brazos e mans. Deducía que eu me acababa de converter
Jonathan Curros
a
s
m
u
s
a
s
no asasino que anteriormente tiña intencións de matarme, na miña man esquerda, un escrito apareceu; na dereita, unha longa e afiada daga. Sobre a lista, estaba escrito con sangue o meu nome, que nuns segundos desapareceu até mostrar o nome dunha moza. Pechei os ollos un instante e suspirei, sen querelo aparecín ante unha cidade morta, destrución, nubes de po, antigas construcións agora esquecidas e abandonadas e só unha fermosa moza de xeonllos diante miña. Era unha moza de cabelo escuro e quería acabar coa súa vida, porque o único que valía a pena nela, o mozo, decidira abandonala no último momento... Era eu o encargado de recoller a súa alma. Mentres a observaba, a súa alma separouse do seu corpo, estirei unha man e agarrei un baleiro. A alma da moza percorría agora as rúas da cidade, e eu detrás dela.Foi parar até unha casa solitaria e íntima, na que o mozo vivía. Cun longo coitelo, a moza fundiu no peito do mozo aquela arma, unha bágoa mesturouse co sangue do rapaz, satisfactoriamente pasou o fío do coitelo pola lingua e eu estaba alí, contemplando todos os seus feitos, e non podía facer nada.. A lenda dicía que se unha alma mataba a un inocente os dous caerían nun profundo baleiro no que non poderían saír nunca máis. Convertéronse nun espírito e colléronse das mans e desapareceron entre as néboas do bosque..
Na miña lista, o nome da rapaza desaparecía e quedaba un branco espazo. Pechei os ollos e aparecín ante unha fermosa praia cunhas rochas viscosas e marróns con crustáceos vivindo nelas e ao redor, un mar azulado. Sen máis, unha luz vertical que proviña do ceo caeu sobre a auga e unhas
tormentas
eléctricas
apoderábanse dela e un gran burato no ceo aparecía formado polas nubes. Comecei a levitar sen querelo, cada vez achegábame máis á luz, que era fría e conxelada, mentres que debaixo miña, esta, ía desaparecendo. E un curioso flash
fíxome
recordar
todos
os
momentos vividos nas últimas horas, sen entender quen me secuestrara, e sen comprender que facía na praia na que estaba a punto de desaparecer.. Espertei na miña cama cunha dor de cabeza espantosa. Aínda me quedaban tres horas para comezar a traballar, pero na outra punta da almofada vin unha especie de caderno no que só dúas ou tres páxinas contiñan algo escrito; comecei a ler o seguinte: Despois
de
ter
un
tremendo
accidente, unha luz branca e cegadora espertoume rapidamente, e fíxome dano nos meus fermosos ollos
15
a
s
m
soidade xogo sono
Marilina Pampín
ilustracións: Tamara Mecías e Miguel Conde
Soidade
Ás veces pregúntome como os autores dos dicionarios e as enciclopedias son capaces de definir a soidade como algo tan simple: Soidade: 1) circunstancia de non ter compañía; 2) sentimento que produce esa circunstancia. É certo, non o nego. A soidade surxe cando non tes compañía ou, obviamente, estás só se non hai ninguén ao teu carón. Pero, sen dúbida, non só para min a soidade ten un concepto máis complexo. O termo soidade é algo abstracto, segundo din as regras lingüísticas, porén, ás veces resulta complicado entender este sentimento como algo imposible de percibir por cada un dos
nosos sentidos. A soidade produce cegueira, os ollos énchense de bágoas ao descubrir que ao noso arredor non está a persoa desexada. Produce un sabor amargo, un son oco, un cheirume desagradable e o tacto percíbea como algo áspero, cheo de imperfeccións. O corazón séntese magoado, aínda sabendo de que ninguén foi quen de habitalo e, menos aínda, de lastimalo; aínda sabendo que a única posibilidade que lle queda é a resignación, como cada día lle aconsella o seu amigo Cerebro. Unha resignación que cada día se fai máis forte no seu espírito, pero que non quere aceptar. Négase a aceptala porque, pobriño el, cre que pronto chegará o día en que poida palpitar forte, acelerarse ao sentir a presenza de alguén que descarrile á 16
u
s
a
s
soidade. Cre, ou máis ben desexa, que eses momentos nos que é capaz de esquecerse de todo e sentirse libre, ao escoitar unha canción, ler unha novela apaixonante ou ao ilusionarse (como sempre lle pasa); aqueles que conseguen que a soidade vaia quedando a un lado, non son momentos simplemente fugaces, efémeros... que chegará o día no que conseguirán facerse crónicos. A soidade produce en nós unha amargura incalculable, unha impotencia indescriptible, unha tristeza interminable. Medra e medra cada día, faise máis forte a cada instante e á vez máis vulnerable. Vulnerable porque é incapaz de manifestarse ela soa no noso espírito, aínda que así o esixa o seu nome. A melancolía, o malhumor, a fraxilidade e o medo son os seus inseparables compañeiros. Medo ao cavilar, ao pensar que a soidade nunca terá valentía suficiente como para separarse de nós, ou non se atopará cun rival o suficientemente valente que a obrigue a partir. Melancolía que nos humedece os ollos, malhumor que se manifesta cando nos convencemos a nós mesmos de que estamos sós, de que a soidade se converteu na nosa amiga , que xa formamos un. Fraxilidade ao sentir que o noso corpo non é mais ca o seu xoguete, ao descubrir que as nosas forzas non son capaces de derrubala, de facela desaparecer. Así, a soidade vaise convertendo nunha parte máis dos nosos corpos, unha prolongación de nós mesmos imposible de identificar. E, sen ser capaces de identificala, non somos quen de botala, convencela de que xa non a queremos con nós. Acaba por convertirse nunha circunstancia que non nos deixa tempo ou ganas de compartir o noso corazón con ninguén. Apoderándose do noso tempo, do noso tempo libre, dos nosos escritos, dos nosos pensamentos, do noso corazón, da nosa vida...
a
s
m
u
s
a
s
xogo
Decidiron xogar aos cegos. Ese xogo que tantas tardes ocupou as súas infancias. Non se trataba especialmente dun xogo común, deses que cada un dos cativos coñece á perfección, senón que era un entretemento que só a eles lles atraía, e só eles coñecían as regras. Foi ela a primeira en comezar: pechou os ollos e el suavemente pousou un pano sobre eles para asegurarse de que a súa compañeira non tivese a tentación de abrilos. Logo fixo que dese unhas voltas sobre o seu propio eixe, e colleuna da man. Xuntos, cos dedos entrelazados, emprenderon o camiño que máis lles gustaba percorrer; e aínda que ela o coñecía case de memoria, seguía a corrente do xogo como unha auténtica experta e, cada pouco tempo, rogáballe ao seu compañeiro que lle describise detalladamente cada recuncho, cada árbore, cada animal aínda que resultase insignificante... Cando rematou o seu tempo, tocoulle a el o mesmo procedemento: ollos pechados, pano, voltas... Pero esta vez ela non estaba disposta a seguir coa rutina, e aproveitando que o seu amigo xogaba agora en desvantaxe, tomou a senda contraria á habitual e adentrouse nun camiño máis longo pero que compartía o mesmo destino. Mentres tanto, el cuestionaba á súa guía sobre a forma da paisaxe, do ceo... pero ela non respondía máis que con monosílabos. De súpeto, a rapaza parouse en seco, colleuno das dúas mans e díxolle: Vouche quitar o pano, simplemente pecha os ollos e déixate levar por un túnel sen saída, un lugar descoñecido, até agora, para nós... El, desconcertado, sen saber moi ben que f a c e r, o b e d e c e u l l e . E m p r e n d e r o n novamente a súa senda: ela, con seguridade ao andar, el cun certo medo no corpo que, ás veces, non lle permitía continuar. Aínda así, ao pasar un reducido tempo, ela parou. Bicouno na meixela e díxolle que xa podía abrir os ollos. El abriunos, descubrindo que estaban no camiño que sempre acostumaban percorrer. Abraiado e estrañado, ollou á súa amiga que se atopaba ao seu lado e preguntoulle: ¿E o túnel? A rapaza sorriu respondendo: Non había ningún túnel, só quería comprobar se aínda confías en min coma daquela. E, sen dúbida, superaches a proba. E mentres dicía isto, os seus ollos enchíanse de bágoas. El, sen poder evitalo, sentiu que o seu corpo era invadido pola mesma sensación que ela experimentaba. Non fixeron falta máis palabras, só o abrazo e o bico que, inesperadamente, se regalaron un ó outro, chegaron para que ambos entendesen que o que os unía, xa se convertera en algo máis ca unha amizade.
SONO
De súpeto un desasosego invadiu cada centímetro do seu corpo. Os ollos desorbitados e chorosos, as mans suadas, os cabelos centrifugados e a cama desfeita. Por un momento sentira que aquel mundo paralelo, chamado soño, invadira a realidade na que ela cría vivir. Sentira que cada imaxe que na súa mente se representara, era verdadeira. E non puido evitar pensar se realmente pasara de verdade. Dun salto incorporouse da
cama, e camiñando sobre as puntas dos pés inspeccionou cada recuncho do seu cuarto. Todo seguía como o deixara a pasada noite. Desconcertada, volveu á cama. Convenceuse a ela mesma de que só fora un soño e apoiando a cabeza sobre a almofada deixou que os seus ollos se pechasen. Pero o seu corazón seguía palpitando a 120 pulsacións por minuto, e sen opoñer resistencia, outras tantas bágoas percorreron as súas meixelas, provocándolle un desacougo que non lle deixaba durmir. Aínda así, pouco a pouco, as palpitacións descenderon, as súas pálpebras deixáronse vencer polo peso que o sono provocaba nelas e o seu corpo rendiuse ó sono, deixouse vencer.
17
s
poesia da alba Tempo é unha palabra que empeza e que se acaba, que corre devagar e que pasa rápido. Tempo é unha palabra que se acende e que se apaga, nin se ten nin se atrapa, non se xira nin se para. O tempO non se detén, nin se compra nin se vende, non se colle nin se amarra. Ódiase ou Quéreselle. Ao tempo non se lle fala, nin se escOita nin se cala, pasa e nunca se repite, non dorme e nunca engana. Tempo para entender, para xogar, para querer, tempo para aprender, para pensar, para saber. Un bico dura o que dura un bico, un soño dura o que dura un soño, o tempo dura o que dura o tempo. O tempo sopra cando sopra o vento, o tempo ladra cando ladra o can, o tempo sorrí se ti estás sorrindo, curioso elemento o tempo.
,
,
xogando a poesia O barco do meu pensamento navega no mar dos teus ollos
.
O ceo en calma e a mar estática. O solpor cae se baixas a mirada.
m
u
s
Non hai nada máis que brincar para que te tomen en serio. Ter un problema e non encontrar o remedio, como o moroso que fuxiu do seu cobrador e só lle bastou dar dous pasos para encontralo de fronte. Vaia fracaso... É mellor ter un horríbel final que ter horrores e horrores sen fin. A experiencia conséguese cando xa non a precisas,
a
s
entras por unha porta e pola outra marcha a túa cita. Desexas algo durante toda a vida e cando o tes xa non o queres. Sempre é máis fácil facelo de forma difícil... Di que non e logo negocia. Se buscas non o encontras, se hai boli non hai papel, se hai papel foxe a inspiración. Se hai tempo non hai diñeiro, se hai diñeiro non hai tempo.
Alba Conde 1º BACH A
,
a
No solpor dun día de maio alá lonxe no mar navega un barco sen rumbo como o meu corazón está, só, navegando sen parar.
Por fin se achega un veleiro e xuntos semellan lograr o tan desexado anceio Aldara García tan difícil de atopar. 2º ESO A O veleiro é un amigo para me acompañar. Agora o meu corazón un rumbo volveu achar.
ACRÓSTICO DO SUPERHEROE Sei o que fixo Un pouco ben e outro para mal Presumo de que é meu amigo E sempre está disposto para axudar Resolve situacións extremas Ha de facer o ben E non mirar a quen Respectando o seu lema O mais fundamental... E sempre foi así e así sempre será. Álvaro Castro 2º ESO A
, declaracion Ámote cando estás. Ámote cando non estás e non te podo ver. Ámote cando te achegas a min cun sorriso nos beizos, e mo contaxias. Ámote entre a xente, ámote soa. Ámote cando estou perdida e non sei a onde ir. Ámote por ese teu Bos días! . Ámote por riba de todas esas miradas cómplices. Ámote en cada un dos sorrisos que me dedicas, deses nos que non fan falta as palabras. Ámote porque Tous les chemins mènent à tes yeux . Ámote cando me miras con cara de Mira onde está, voume rir dela un pouco! . Ámote sempre, ámote nunca. Ámote cando, cun só xesto, acabas coas miñas espectativas. Ámote cando te decepcionas pola miña culpa. Ámote cando a chuvia bate con forza no vidro detrás do cal me saúdas. 18
Ámote cando xiras a cabeza para ver se son eu a que pasa por aí . Ámote pensativa, ámote queda. Ámote polas preguntas, ámote polas respostas. Ámote porque sei que nunca te alcanzarei. Ámote porque dubido. Ámote porque sabes que sei que o sabes, pero non dirás nada. Ámote nese brillo de lume da túa mirada. Ámote polas coincidencias. Ámote desde o silencio. Ámote porque o sabía. Estarías alí, aquel día, naquel momento, xusto aí, e con aquela persoa. Ámote desde este abismo no que caio cada día. Ámote porque, porque son incompleta, e non teño un sentimento máis forte para dedicarche. Ámote porque se non te amase, a totalidade sería absurda e o universo, falto de contido. Ámote porque... es ti, o que lle dá e quita sentido a todo.
NAVIA RIVAS DE CASTRO, 1ºBACH. A
s
m
,
a
u
s
a
s
INSTRUCIoNS PARA ERGUERSE DA CAMA Antes de nada convén espertar. Pódese saír da cama estando durmido, pero se non é vostede somnámbulo a cousa complícase. Unha vez esperto, abra vostede un ollo e comprobe a súa localización. Està vostede na súa cama?, Puidera ser (non caerá esa breva) que se atopase en cama allea. Unha vez comprobado que efectivamente, esa é a súa cama, abra vostede o outro ollo para obter unhas coordenadas máis axeitadas do cuarto na súa totalidade. Posicione vostede correctamente a porta do armario, convén non confundila coa porta de saída. Chegados até este punto é preciso que vostede lle indique ao seu corpo que debe moverse, ás veces o corpo faise o sueco e ignora a súa orde. Se este é o caso, insista enerxicamente e proceda a sinalarlle ao corpo a serie de movementos axeitados que debe executar. A saber: supoñendo que vostede durma boca abaixo, debe levantar a cabeza lixeiramente, deseguido apoiarse na palma das mans e xirar suavemente. Indíquelles aos seus apéndices inferiores (tamén
chamados pernas) que esvaren até que os pés cheguen ao chan. Respire fondo, o peor xa pasou, con esta achega de oxíxeno apreme ao tan traído e levado corpo a acadar a posición vertical. Agora procederían unhas instrucións para
camiñar, pero iso deixarémolo para outro día. Por tanto, e posto que non lle deron as instrucións para camiñar, vólvase á cama e siga durmindo.
anónimo
,
xardin Imaxina un xardín inmenso, cheo de multitude de flores e árbores diferentes. Nese xardín sempre brilla o sol, aínda que non abafa. O abano de cores diferentes provoca en quen o mira un inmenso pracer, coma cando comes o doce que che gusta ou ves a aquela persoa que tanto queres. Todas as flores que están no xardín son diferentes. Algunhas non moito, pero sempre hai algún trazo que as fai únicas. Un día, nese xardín paradisíaco amenceu chuvioso. Non era unha chuvia forte, senón maina, orballenta. Un observador que nunca tivera visto ese xardín non vería cal era a razón da tristura do clima. Vería as mesmas cores, os mesmos recendos, aínda que agora estivesen apagados pola néboa baixa. Pero alguén acostumado a ver ese xardín sabería dicir con exactitude cal era o problema. Unha das flores murchara. Non era a máis exótica, a máis grande nin a máis
olorosa. Era unha flor como as demais. Pero era tan especial que todos a botaban en falta. O xardín enteiro choraba a súa ausencia. Entón o ceo non intentou agochar por máis tempo a súa dor e a chuvia comezou a caer con forza. Os lóstregos atravesárono e o vento fixo tremer até a árbore máis frondosa. Pero a tempestade finalmente amainou. O ceo foi clareando pouco a pouco ata volver a ser tan radiante coma noutrora. Pero algo cambiara no xardín. Aínda que as plantas seguían a medrar vizosas e coloridas, deixaran baleiro o oco que ocupara aquela flor. Sabían que ningunha podería volver a ser coma ela, e ademais nunca serían capaces de esquecela.
I.C. 19
...sobre o ocio, cociñar con queixo, a ESO e Internet en Arzúa
,
A QUE DEDICA A MOCIDADE DE ARZuA O SEU TEMPO LIBRE? Marta Sánchez / Tania López / Rocío Mirás
O alumnado de 2 º CS Administración e Finanzas realizamos un traballo de investigación comercial sobre as actividades da mocidade arzuá durante a fin de semana . A maioría dos entrevistados saen a Melide, aínda que tamén saen a Touro e a Ordes . Os días que máis adoitan saír son os sábados (54%), de vez de cando os venres (30%) e soamente un 16% sae os domingos. Case todos, tanto os maiores de 20 anos como os menores de 20 anos saen en parella e grupo á vez.
Cabe destacar que len máis as mulleres que os homes, aínda que é unha proporción moi pequena a que ten este hábito. A mocidade vai bastante ao cine, aínda que lle gusta máis ás mulleres. Outras actividades que acostuman practicar son ir á bolera e andar en moto. En consecuencia, as actividades xuvenís están moi determinadas polo control que exerce o grupo co que se relacionan habitualmente. Para a mocidade actual, especialamente ata os 24 anos, o máis importante é ser aceptado polo seu grupo de amizades. Nun principio distinguimos entre homes e mulleres para ver quen participa no botellón, pero unha vez analizados os datos decidimos agrupalos porque observamos que tanto homes como mulleres o practican . Con todo fan máis botellón os menores de 20 anos que os de máis de 20, como consecuencia do seu menor poder adquisitivo, pois a maioría só dispón dos cartos que lles dan os pais e consumir nos locais sae bastante máis caro. En cambio os maiores de 20 anos beben máis nos locais e non practican tanto o botellón. Debemos ter en conta que moi pouca xente fai botellón todas as fins de semana, pois só se practica con motivo dalgunha celebración como un aniversario, festa, etc
É significativo que case o 40% declaren que o que máis lles gusta é saír de copas e cear cos amigos , e que soamente un 13% practique deporte; a maioría deste 13% son mulleres de máis de 20 anos. Tanto os menores de 20 anos como os maiores de 20 adoitan saír coa parella as fins de semana. Observamos que a maioría dos entrevistados dedican bastantes horas a ver a televisión e a escoitar música.
20
Hai un número importante que manifesta déficit de tempo para o sono. Tamén é apreciable o número dos que desexarían poder adicar máis tempo para estar coa familia e cos amigos. Cederíase, en cambio, o tempo para ver a tele.
CONCLUSIÓN DA INVESTIGACIÓN Concluímos que a mocidade de Arzúa dedica a maior parte do seu tempo libre a estar cos amigos e coa parella, que lles gustaría viaxar e non o fan por falta de recursos. A maioría deles cren que non hai suficiente oferta de ocio en Arzúa; gustaríalles que houbese máis locais de copas e tendas de roupa. Cren que hai suficientes instalacións deportivas. Sorprendeunos, en relación cos ingresos, que non hai diferenza nas actividades que practican os mozos e mozas que traballan e os que dependen unicamente dos cartos que reciben dos seus pais. A maioría coincide en que lles gustaría dispoñer de máis tempo para estar cos seus amigos e tamén para durmir.
mais saber
E despois da ESO, que? Un 38% do alumnado de 4º ESO e Diversificación pensa cambiar de centro para seguir cos seus estudos
Un estudo realizado polo alumnado do CS de Administración e Finanzas de Arzúa conclúe que a meirande parte dos alumnos/as de 4º ESO farán o bacharelato, preferentemente o de humanidades. Ademais tamén se soubo que o alumnado de Diversificación pretende facer un ciclo medio. Un estudo realizado por catro alumnos e alumnas do CS de Administración e finanzas de Arzúa desvelou os plans académicos de futuro que ten o alumnado de 4º ESO e Diversificación do IES de Arzúa. Para a súa realización fíxose un cuestionario a 36 alumnos/as do Centro: 7 de 2º de Diversificación e 29 de 4º ESO. O cuestionario constaba de 8 preguntas coas que se intentaba saber que estudos pretendían realizar e o motivo polo cal se decantaban por esa opción. Tamén se lles preguntou se tiñan pensado cambiar de centro para seguir os seus estudos. Os resultados foron moi significativos. Dos 36 alumnos/as interrogados, 22 pretenden facer o bacharelato ao rematar a ESO: 10 farán o bach. de humanidades, 4 o científico, 3 persoas o bach. de ciencias sociais e os bach. tecnolóxicos e artísticos serán cursados por 2 persoas cada un. Por outra banda con este estudo tamén se coñeceu se o alumnado da mostra pensa seguir no centro. Os resultados foron os seguintes : 21 persoas, é dicir, o 58% do alumnado pretende seguir cos seus estudos no IES de Arzúa; pola contra son 14 alumnos/as (38%) os que pensan cambiar de centro. Os motivos que levan a tomar estas decisións son que moitos rapaces e rapazas necesitan ir a outros centros de ensino para poder seguir cos seus estudos, estes son, na súa maioría, ciclos medios ou bacharelato artístico. A pesar dos grandes plans de futuro que o alumnado ten son algúns os que pensan que quizais non consigan aprobar a ESO, ben pola dificultade que ten ou polo pouco gusto polo estudo. Porén os estudos secundarios considéranse moi importantes polo que a maioría do alumnado que non os aprobe intentaría sacalos por libre. RUBÉN CORRAL, MARÍA MOSQUERA, PATRICIA REGUEIRO, VANESA SÁNCHEZ
,
,
uSASE INTERNET EN ARZuA? O uso de internet en Arzúa está aínda pouco xeneralizado xa que só un 40% o utiliza na súa casa.
Segundo un estudo, baseado nunha enquisa realizada en Arzúa, para coñecer o uso de internet, obtívose que a maioría da poboación non conta con este servizo no seu domicilio, aínda que poden dispor del, xa que un maior número de persoas teñen ordenador. A
poderá variar nos vindeiros meses debido ás obras que se están a facer na zona para instalar as liñas de R, aínda sen rematar, o que supón un custo menor para os habitantes que contraten internet, xa que R ten unhas tarifas máis baratas que Telefónica. Os habitantes que teñen internet nas súas casas pagan ao mes entre 20 e 40 euros. Hoxe en día internet en Arzúa está bastante valorado debido a que a maioría da xente está disposta a facer unha compra por internet, tal e como mostran os resultados obtidos na enquisa, na que un 55% di que si estaría disposto, contra un 45% que di que non.
Internet é utilizado maioritariamente para buscar información e mandar e-mails, e en menor medida para chatear ou baixar música, películas, etc. (véxase gráfico 2). Os temas máis buscados polos internautas son a busca de curiosidades, información para o traballo ou instituto, e utilízase tamén para buscar rueiros ou prezos e billetes á hora de viaxar ou calquera outro tipo de ocio.
pesares disto internet é moi utilizado e moitos optan por conectarse dende o instituto ou traballo, desprazarse á casa dalgún amigo ou familiar, á casa da cultura, ao telecentro municipal e a outros centros onde poden acceder a internet. Cabe sinalar que a poboación que utiliza este servizo, é, na maior parte, estudantado e traballadores que o utilizan no seu traballo, queixándose dunha conexión moi lenta. A maioría dos contratos son con Telefónica que se sitúa nun 75% fronte a Movistar cun 17% e R cun 8% de clientes. Isto
Sandra Conde Roca Silvia Mosteiro Sueiro Cristina Sánchez García 21
,
m a i s
s a b e r
receitas de lucia Lucía Villar , a rapariga sempre amábel que nos conquista todas as mañás xunto coa súa nai na cafetaría do instituto con tortilla, sorrisos e bocadillos, amplía nesta páxina de Máis saber os nosos horizontes gastronómicos con estas suculentas receitas que revelan a súa grande paixón pola arte culinaria. Que saibades que temos unha auténtica chef tras o mostrador que nos confesou aos que cociñar nos supera cousas incríbeis..Por exemplo, que o momento que máis desfruta cando se pon a cociñar para moitos comensais é cando a xente inicia a súa comanda de menús...Para o que para moitos resultaría un auténtico stress, a idea de infinidade de pratos e sobremesas que elaborar, é en cambio para ela o instante en que se lle dispara a adrenalina e se deixa levar pola euforia argallando os ingredientes e a forma en que os vai preparar...
CHAMPIÑÓNS RECHEOS DE CREMA DE COPA de TORTA DE AUGARDENTE CON QUEIXO CON CADRADOS DE XAMÓN ESCUMADO DE CAPUCCINO SERRANO E CROCANTE DE QUEIXO DE ARZÚA-ULLOA Ingredientes: -Fariña de millo, Azucre glasé, Ovos, Café, Ingredientes: Augardente, Nata, Queixo cremoso Champiñóns, Crema de queixo de Arzúa, Xamón serrano, Queixo de Arzúa. Elaboración: 1- Facemos o biscoito cos ovos, a fariña de Elaboración: millo e o azucre no forno. 1- Facemos os champiñóns á prancha. 2- Para a crema de augardente mesturaremos 2- Picamos o xamón en cadrados. o queixo e a nata até que non queden grumos e 3- Metemos o queixo de Arzúa no forno para facer un chorro de augardente. o crocante. 3- Unha vez que arrrefriou o biscoito, 4- Enchemos os champiñóns coa crema de queixo montaremos o prato: de Arzúa e o xamón Necesitamos unha copa ou un vaso, no cal 5- Decoramos finalmente co crocante de queixo. colocaremos o biscoito. Mollamos o biscoito con café e augardente. Esta receita é coa que gañei o concurso de Enchemos de crema até o bordo da copa de petiscos de queixo de Arzúa no 2007, pero a forma decorativa e por último, cubrimos con orixinal é con couves de Bruxelas. cacao puro en pó.
,
ULTIMA HORA ! ! ! VARIOS MENORES HOSPITALIZADOS EN GALIZA ANTE O BROTE DUNHA ENFERMIDADE DESCOÑECIDA Xa son dous os adolescentes que están ingresados ante a aparición dunha nova enfermidade que fai perigar a súa vida e temer por unha posible pandemia de difícil curación. Tanto Rodrigo I.P., de 17 anos, como Diana E.P., de 14, acudiron ás urxencias hospitalarias ante a estrañeza dos síntomas que presentaba. Ámbos os dous padecían un crecemento anómalo do pavillón auditivo, perda xeneralizada do cabelo ademais da aparición dunhas pústulas de cor verdosa Os facultativos ingresáronos primeiramente ante a suposición de que se trataba dun sinxelo caso de estrés pre-exames. Pero as análises revelaron algo máis preocupante. Os rapaces padecían unha enfermidade descoñecida ata o momento actual, e para a que en consecuencia, non existe cura ningunha. O único que poden dicir os médicos é que é de fácil transmisión polo que recomendan extremar as medidas de hixiene ata que se poida saber algo máis desta importante e preocupante noticia. Manterémolos informados de todas as novas que se produzan ao respecto.
22
f u s q u e n l l a
falangueiras
Porque .arz é o enderezo web da fusquenlla onde as arzuás e arzuáns van coñecer o mundo e con el, ela, elas falan.
,
COMPARTINDO FREE SPA... con Davide Salgado, Paula Bujan, Iria Pinheiro e Susana DansS
ACTORES DE AS DUNAS
Director: Quico Cadaval
No medio deste estresante curso dedicado unicamente ao estudo , dúas marabillosas profesoras convidáronnos en marzo aos alumnos de 2º de BACH a irmos ao teatro (actividade nunca antes realizada neste centro). Despois de ver a obra de As dunas. Free spa, cinco valentes (Patri, Laura, Vanesa, Marta Fdez. e mais eu) dirixímonos aos camerinos do Salón Teatro de Santiago para entrevistar aos actores. Alí recibiunos moi amabelmente Susana Dans invitándonos a pasar ata a cociña (frase feita). Feitas as presentacións oportunas dispuxémonos a comezar a entrevista. O que alí aconteceu queda reproducido a continuación. DAVIDE. E como vides todo rapazas? Non hai homes no voso instituto? IRIAC. É que estaban esfameados e foron comer. SUSANA. Claro. A estas horas xa empeza a haber apetito. PAULA. Ben, comezamos coa entrevista? IRIA C. Vale. Como vos sentides actuando para un público coma nós, os adolescentes, que din que somos tan malos de contentar? IRIA P. Pois a verdade é que non temos queixa de vós. Sodes un público moi agradecido e ademais sodes sinceros. DAVIDE. Si, porque vós non tedes tantos prexuízos como poden ter outras persoas. Dicides máis facilmente o que vos pareceu. IRIA C. E resultouvos difícil montar un espectáculo coma este, que é tan IRIA P. Comprometido? DAVIDE. Pois a verdade é que non, posto que a xente que vimos do mundo do cabaret, coma min e Paula, xa estamos acostumados a facer cousas coma estas e incluso máis fortes. IRIA P. E ademais hai que ter en conta a gran confianza que temos que facilita moito as cousas. MARTA. É que cando chegamos e vimos os papeis fóra de que era unha obra non recomendada para o público infantil, pois a verdade é que quedamos un pouco sorprendidos.
DAVIDE. Pero ao ver iso esperabades algo coma o que vistes ou máis forte aínda? TODAS. Máis ou menos como o que vimos PATRI. E canto tempo vos levou montar a obra? IRIA P. Pois levounos mes e medio, dous meses. RODRIGO. Sete semanas exactamente. PAT R I . E q u é d a n v o s m o i t a s representacións? DAVIDE. Ata xuño. Bota contas PAULA. Imos ir á Coruña, ao Barco de Valdeorras, Vigo, SUSANA. É que a estreamos o 6 de marzo, así que aínda non ten un mes de vida. IRIA C. E as cancións PAULA. Ai, eu das cancións non teño nada que ver! Eu canto pero non fun quen as escolleu. Iso foi cousa de Davide. DAVIDE. Si, da música encargámonos eu e Bernardo (director musical). Desde o punto de vista da recollida foi cousa miña. PAULA. É que vos tedes que dar de conta de que detrás do que vistes, hai moita xente traballando, desde o coreógrafo até as mesmas rapazas que vos trouxeron ata aquí. IRIA P. E como vedes este é o noso sitio de traballo. Témolo decorado con fotos nosas, dos nosos ídolos. DAVIDE. O meu número de teléfono e non me ides preguntar quen é o meu ídolo? TODAS. Quen é o teu ídolo, Davide?
E despois de facer as fotos de rigor nas que lle escachamos a cámara a Sabela e nos partimos de risa, como fixeramos durante toda a entrevista, despedímonos destes integrantes
DAVIDE. Amy Winehouse. SUSANA. Por aí andan tamén Paul (Newman), Sofía (Loren), a madre Teresa de Calcuta IRIA P. E agora ímosvos preguntar a vós. A obra pareceuvos actual ou moi anos 70? IRIA C. Era actual. Tiña cousas dos nosos días. IRIA P. É que como contabamos con Fama [DAVIDE. E agora pregunto eu. A obra excita? (miradas turbadas entre as entrevistadoras) Si. Por detrás escoitábanse ruídos raros. IRIA P. Por que pensas que non veu ningún rapaz? DAVIDE. Cando chegastes dixestes que ían comer porque tiñan moita fame. O que están é todos encerrados no baño!!! IRIA C. Vaiche ser iso! DAVIDE. E que sexa o último día que vides entrevistarnos sen traerme unhas flores. MARTA. Unhas flores, ou unha caixa de bombóns DAVIDE. Ou un rapaz. Non tedes ningún por aí que queira saír da artesa? SUSANA. Gustoume iso de tirar para terra co da artesa. DAVIDE. E que vin aí algún polo patio de butacas, que PATRI. Entón xa viremos acompañadas. PAULA. Que sodes de Arzúa ou de Curtis? TODAS. De Arzúa. SUSANA. Coma o queixo IRIA P. E Ana Kiro. Nós somos fans de Ana Kiro: Pídechas o corpo, neniño MARTA. Pois agora en maio temos a degustación do queixo máis grande do mundo. SUSANA. É que no camerino das rapazas temos moita marcha. DAVIDE. En fin... das rapazas SUSANA. Ti tamén estás por iso dixen o das rapazas. DAVIDE. Eu son rapaz, pero con matices. SUSANA. Coma na obra: E eu que son, león macho ou con matices?
do mundo da farándula que nos fixeron rir un anaco tanto durante o espectáculo como na entrevista posterior coa promesa de volvernos ver noutra ocasión. 23
falangueiras
OLYMPUS Nos últimos días chegaron á comisaría da Fusquenlla unha multitude de acusacións e denuncias contra tres presuntos estafadores. Acusábanos de enganar a xóvenes prometéndolles horas de diversión en festas que durarían ata o amencer e nas que acadarían o pracer que só o poder da maxia da orquestra Olympus podería proporcionar. A axente Sabela encargoume a difícil tarefa de facerme pasar por unha fan entolecida e infiltrarme no seu mundo para poder investigar desde dentro o caso. Así que abandonei o tuenti, vestinme coma unha groupy olimpeña total, cambiei a cor do cabelo para non ser recoñecida e saín na súa persecución. INFORME DO CASO MARLUPE (iniciais dos sospeitosos) 1ª investigación (Procedencia dos acusados do caso MARLUPE) Unha das orquestras máis coñecidas e solicitadas destes últimos anos é a Orquesta Olympus de Negreira. 14 son os compoñentes que están enriba do escenario noite tras noite facéndonos disfrutar coa súa actuación: Felipe (saxofón), Roberto (trombón), Fernando Satélite e El Pollo (trompetas), Dennys (baixo), Carlos (guitarra),Oscar
24
(batería), Mero e Luis (teclados), Yanko (percusión), Marta,Lucky, Peke e Danni (vocalistas) son as persoas que se encargan de facer bailar durante máis de 200 días ao ano a todo tipo de público. Nesta orquestra sempre intentan arrincarche un sorriso e aínda tendo pouco tempo para descansar sempre están aí atendendo aos seus fans, (un exemplo claro son eu ) En definitiva, é unha orquestra que fai todo o posible para que o público marche da verbena cun bo sabor de boca e con ganas de repetir. 2ª investigación (Un posible caso para investigar despois do Caso MARLUPE) Olympus é coñecida tamén por acadar no 2007 o Record Guiness xa que tocaron 24h seguidas, e no pasado 2008 voltaron cun concerto de máis de 25h acompañados de numerosos artistas. 3ª investigación: O CASO EN CUESTIÓN , O CASO MARLUPE Procedamos á transcripción dos interrogatorios...
falangueiras
MAR
gustáballe moito. Tocámola primeiro en Costa Oeste mais o meu pai nunca ma escoitou porque xa non está conosco desde hai 9 anos, pero sei que nalgún lugar do ceo ma ten escoitado e encántalle. Eu dedícolla sempre que a canto. Quen é o teu ídolo da canción? Uf teño moitos, Chakan, Celine Dion, Alicia Keys, Noa, Erika Badu Olympus a pesar de ser unha orquestra moi querida ás veces recibe críticas, Como as afrontas?
Interrogatorio a Marta... Á parte dese precioso nome, ghe,ghe ¿tes algún apodo? Chámanme Katuxa, non sei ben por que pero din por aí que as Martas somos Katuxas, ou sexa que ti tamén o es. Ghe, ghe. A que anos comezaches a túa carreira como cantante? Aos 18, pero sempre desde pequeniña quixen cantar, a miña irmá e eu eramos as voces principias do coro do cole, un colexio de monxas franciscanas en Vigo. En que orquestras estiveches antes de entrar en Olympus?Botas algo de menos da Costa Oeste? A miña primeira orquestra chamábase Marazul, (aínda existe) na que estiven dous anos, despois chamáronme para outra, Tango, que é agora da zona sur, na cal estiven catro anos. Naquela época formamos tamén un grupo chamado ZIBIAB co que fixen dous concertos para os 40 principais no Náutico de Vigo; durou só tres anos, mais foi unha etapa marabillosa da miña vida. De Costa Oeste boto de menos os meus compañeiros xa que estiven 12 anos.Nesta mesma época, no ano 2002, fun nai e iso, claro, marca para sempre. E que tal fuches recibida na orquestra? Moi ben, custoume un pouco (bastante ao principio) porque nunca traballara a este nivel, pero síntome orgullosa de pertencer a esta orquestra, teño unha xente encantadora e trátanme coma unha raíña, sen excepción de ninguén. Houbo algo que che sorprendese de maneira especial de Olympus cando entraches? Si, a forma de traballar, a profesionalidade e a perfección, o esforzo e a complicidade cos fans. Despois deste tempo coa orquestra, Como é a túa relación cos fans? Xenial, estou encantada con eles; ao principio, comparábanme moito pero é normal, deixaron o listón moi alto e eu parecía un pato mareado bailando Como definirías a orquestra Olympus? Moito traballo, sinaturas para os fans, risos, baile moito baile, agarimo, moita xente que nos quere Un xefe e unha xefa estupendos e tamén, moita responsabilidade, profesionalidade e seriedade. Das cancións que cantas, ¿cal é a túa preferida? Encántame LELA; o meu pai mercoume o disco e díxome que por favor a montase,
Ben, sempre é bo cando o fan con respecto, sobre todo a xente que che quere.Eu sempre as acepto, é bo aprender e saber escoitar, dicíamo a miña profesora de canto, unha das mellores de España: Connie Phill. Que dirías que é o mellor de estar nesta orquestra? O cariño tan grande que me teñen dado tanto os fans como os meus compañeiros, o respecto e a admiración que me dades, iso é marabilloso, non o paga nada e teño ademais un traballo que adoro, é moi duro pero moi gratificante. Saberías vivir sen o escenario? Non sabería vivir sen a música, o directo é impresionante, pero todo ten unha vida e neste caso, as cantantes temos que aproveitar porque temos unha vida moi curta e hai que deixar sitio para a xente estupenda que veña detrás. Lei de vida. Como foi Olympus?
a
túa
1ª
actuación
Dime unha ou dúas palabras para cada nome: Carlos: moitas notas, un humor moi especial, bo guitarrista. Danni: imaxinativo, cantando. Dennys: un pedazo Alejandro Sanz.
leal,
un
monstro
de baixista, un
Felipe: un músico que podería estar a nivel mundial con quen quixese, un home perfecto. Fernando: galante, moi bo trompeta. Lucky: a dozura en persoa, creador, un crak facendo arranxos. Luis: encantador, simpático, profesional, bo pianista.
moi
Mero: creador, imaxinativo, presumido e moi bo teclista. Oscar: guapo, estudoso, perfeccionista, un batería único, encantador. Peke: profesional, perfeccionista, moi traballador, moi simpático, un padrazo e bon encargado, toca o saxo con moito corazón. El Pollo: moi simpático, tranquilo, alto, moi bon trompeta. Roberto: o meu irmán maior, ríome moito con el, profesional e moi bon trombonista. Yanko: un monstro no musical e cantando faino todo co corazón, moi boa persoa.
con
Horrible! Xa cho dixen, parecía un pato mareado bailando, os temas ben pero o baile ufff!. Recordas algunha anécdota que che teña pasado antes de entrar en Olympus? Si, tocábame cantar o tema de Titanic, ía super guapa cun traxe azul brillante e unha especie de casaca con marabú e gasa e o que pasou foi que cheguei tarde ao escenario e como tiña que posicionarme rapidamente para saír polo centro, esvarei cos meus zapatos de tacón altísimo e pegueime tal trompazo que caín xusto enriba da máquina de fume. Levanteime chea de graxa cunha dor nas pernas que cantando o tema non sabía se chorar ou partirme de risa, era para gravarme, os meus compañeiros choraban da risa e eu morta de dor, despeiteada e chea de graxa; pero fixen o tema, iso si, con tal sufrir que nin un actor o faría tan real. Ha,ha! Como te ves en dez anos, de festa en festa con Olympus? Non me vexo. Como é estar nunha orquestra con 13 homes e só ti muller?Botas de menos unha compañeira? Si, sobre todo á miña compañeira de Costa Oeste, só estiven un ano con ela, pero quéroa e admíroa moitísimo, é única, unha muller e unha grande amiga, tiñamos moito feeling. Sempre quixen ter unha compañeira porque xeralmente estiven eu soa nas orquestras, o de rapaces só , pois xa imaxinarás, ás veces notas un pouco de machismo, pero estou acostumada, non me importa, agora estou moi ben.
O vestiario tamén é parte importante do show, ¿Como definirías o teu armario para as actuacións? Din que a roupa tamén reflicte a personalidade de cada un; eu teño unha estilista desde hai 15 anos, á cal quero como unha irmá e é a madriña de Aarón, o meu fillo, encántame como me viste, para min sempre acerta. Tes algún soño sen cumprir relacionado coa música? Si, facer un disco; teño temas propios pero nunca gravei un disco. Sabes que os teus compañeiros tocaron 25h o ano pasado, e no 2007 24h acadando así o Record Guiness? Ti atreveríaste a facelo?Gustaríache facelo? Non, non me gustaría, paréceme unha loucura. Se Peke che dixese este ano: Marta, imos facer outra vez as 25h ¿ti que dirías? Non tería máis remedio que facelo sobre todo polos meus compañeiros, pero a min, resultaríame moi difícil, mellor deixalo así. Ha, ha.
25
,
falangueiras
LU , BuSCASE pe
Parte pechada por falta de probas. Personaxe actualmente prófugo. Orde de busca e captura.
(alias peke)
Neste momento Lucky e Danni.
Que estilo de música tocades máis?
Posiblemente cumbia e merengue.
Cales son os teus grupos de música ou cantantes favoritos? Luis Miguel, Kenny G, Marck Anthony, Luis Fonsi, etc. Onde foi o lugar onde congregástes máis xente(sen contar Negreira)? A Fervencia Mazaricos. Como é unha noite de actuación da orquestra Olympus? Con moita presión. Sempre procurando que todo saia ben e sempre con moitos nervios a pesar dos anos que levo neste mundo. Sabemos que durante o ano facedes máis de 200concertos,Como se vive o cansazo de ter que actuar día si día tamén, nunca pensaches en darte por vencido,marchar a unha orquestra onde se poida descansar algo máis?
Que é para ti, que significa para ti, a orquestra Olympus?
Sempre. Todos os días penso en retirarme e deixalo pero só queda aí. Hai que loitar moito con todo e con todos e chega un momento no que un pensa en se de verdade vale a pena deixalo todo por un traballo coma este.
A miña casa e o meu futuro, pois espero retirarme aquí.
Que é o que máis se bota de menos ó ter tan pouco tempo libre?
Cando comezaches nela?
Estar coa familia, é o que máis me preocupa.
En Novembro do 2006. De que orquestra chegabas? Chegaba da orquestra Philadelphia.
El polvorete he, he, he, he, he .A versión de Nino Bravo cantada por Yanko
Por que o alcume de Peke? Por ter empezado nun grupo con tan só 12 anos. Daquela era o máis peque da formación e desde aí puxéronme ese alcume. Cales serían as 3 palabras escollidas coas que te definirías?E cales pensas que serían as que escollerían os teus fans para definirte? Serio, loitador e moi recto//Falso, cabrón e chulo. Tedes temas versións?
propios
ou
facedes
Normalmente facemos versións, aínda que hai algún compoñente na orquestra que compón cancións. Quen é a persoa encargada de facer as coreografías?
26
Este ano cales foron as cancións máis aclamadas polo voso público?
Á parte de ser cantante tamén es un bo músico, Que instrumentos tocas?
son coñecidos que ves unhas cantas veces ao ano? Eu penso que teño moi bos amigos e moita xente coñecida. Pero os fans depende de cada un deles o que queiran de ti sempre. Tedes moitos fans que vos fan regalos, Cal foi o máis raro, orixinal ou que máis che sorprendeu? Pois que alguén me regalou unha botella de viño baleira para que a puxese na neveira por se viña alguén á casa que non quixera tomar nada.Ghe, ghe, ghe Cóntase que a vosa gran rival é a orquestra Panorama, Que pensas disto? Realmente dúas orquestras de tal prestixio son rivais? Non, só somos rivais no escenario. O noso público sempre vai querer que o fagamos mellor que eles e por suposto, nós tamén. Pero fóra do escenario somos moi bos amigos. Incluso viaxamos xuntos compartindo os mesmos buses . Pero tamén tedes críticas, Como levas estas críticas, son críticas das que realmente aprendes? Sempre aprendes de todo e con todo. Do bo e do malo .Pero a maior parte das críticas son por pura envexa. En fin, que che dá para seguir aprendendo. Como viviches o concerto de +24h deste xa pasado 2008?En que cambiou para ti do do ano anterior? Volverías a facelo? Foi demasiado duro, moito máis duro que o ano anterior. Até o punto de que non volveremos a repetir. Iso espero!!! Veríaste traballando noutra cousa que non fose no mundo da canción? Si, en calquera traballo me adaptaría pois a familia ten que comer.
Só toco a gaita galega e o saxo, pois os meus comezos foron de saxofonista.
Gustaríache que os teus fillos seguisen os teus pasos, que eles tamén fosen músicos ou cantantes?
Tedes seguidores de moitas partes da xeografía galega e de fóra dela, de por exemplo lugares como .
Se lles gusta si ,pois doutro xeito non insistiría que fosen por aí.
Pois desde Zamora veñen sempre a vernos uns amigos. Hai unha rapaza que vén as fins de semana en tren desde Madrid. Tamén de Barcelona e moita xente que está traballando en Suíza e Alemaña e durante o verán veñen de vacacións para seguirnos. Como consideras ti que é a túa relación cos fans? Fas realmente amigos ou só
E por último, lembras algunha anécdota que che pasase actuando? Si, nunha festa de inverno, intentando presentar a Danni para que saíse a cantar unha canción sen darme conta de que caera do escenario abaixo. Eu seguía presentando a canción e dicíndolle ao público que comezaba xa e tivo que vir Lucky a dicirme que Danni non estaba.
,
,
falangueiras
interrogatorio de cristina gontan a marta fernandez Armenteira (Pontevedra) o 6 de decembro, porque era o 2º día que actuaban despois das vacacións, chovía moitísimo e case non chegamos, o campo da festa estaba nun lugar algo remoto Pero teño a sorte de vivir nunha zona pola que actúan bastante a miúdo. Con quen te levas mellor na orquestra?
Debido a este caso PERSOAL E INTRANSFERÍBEL, creo que a detective Marta Fdez debería estar a tratamento psicolóxico, psicoanalizarse e extirpar a doenza cientificamente chamada Olympus- agudis-frenia . Pero como quero ser imparcial e obxectiva, publico aquí o cuestionario que lle apliquei para verificar o seu estado mental.
Noites de diversión, risas, bailes, bromas, incluso enfados de todo haha, cada noite sempre hai unha anécdota distinta que contar. Cales son os temas que máis che gustan dos que cantan? Pois o de ¿P or qué bombas? aínda que había unha que me gustaba moitísimo e que xa non cantan, a de Tu vicio . Cal foi a túa experiencia máis apaixoante nun concerto? Levaba 2 meses sen velos e tiñan o espectáculo novo do 08, recordo que fora incríbel velos actuar aquel día, até nos vídeos que gravamos se escoita como berrabamos, foi demasiado, pero tamén en Negreira im-pre-sio-nan-te. Até onde chegaches por ver a orquestra? O lugar máis lonxe que os vin foi en Silvan-
Lévome ben con todos, falo máis con uns que con outros, normal, pero cada un ten algo. Marta é unha muller encantadora e sorprendeume moito cando chegou, Peke é á vez serio e divertidísimo, Lucky é a amabilidade en persoa, Oscar é xenial, único, paréceme unha das mellores persoas que están alí, Dani é cariñoso e un artistazo, pero todos sabedes que Mero para min é unha das persoas imprescindíbeis nesa orquestra. Foi un dos primeiros que coñecín e mellor me levei desde o 1º día. Pero repito que lle teño un grande cariño a todos e cada un deles, sen excepción. ASDO: Axente especial Cristina Gontán. TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA DETERMINAR O DIAGNÓSTICO DE MARTA FDEZ: 1)Seis preguntas acertadas: Está como unha cabra. 2)Catro ou cinco preguntas contestadas axeitadamente : Está tola de atar. 3)Unha, dúas ou tres preguntas acertadas : É unha tola perigosa.
Xulgade por vós mesmos o seu diagnóstico aplicando a táboa das correspondencias de abaixo . Cando comezaches orquestra e por que?
a
ser
fan
da
Desde hai preto de 2 anos sígoa grazas a Cris; daquela ela xa era fan e chamárame para ir a unha festa. Gustoume tanto o espectáculo ese día que a partir de aí a olympear sempre que podo. Haha. Moita xente dicíame...Como segues unha orquestra!, pero que casualidade que esa mesma xente que me dicía iso cando Olympus veu a Arzúa estivo toda diante do palco bailando e incluso repiten nalgunha que outra festa. Que che achega a ti a orquestra Olympus?
27
39
f a, l a n g u e i r a s ,
E a gañadora e...
ROCiO GONZaLEZ, PROTAGONISTA DE A BOA PERSOA DE SEZUÁN DE BERTOLT BRECHT Rocío González impresiounos este curso coa súa dobre actuación na obra que o Centro Dramático Galego representou na temporada de outono 2009, no Salón Teatro de Santiago. En A boa Persoa de Sezuán, esta actriz, protagonista da obra de Brecht, desdóbrabase, dunha banda, en Xen Te, a fermosa prostituta de chambra vaporosa con comportamento xeneroso e idealista até a loucura , capaz de cedelo todo sen ela nada posuir. E doutra banda, convertíase de inmediato no bandullán Xui Ta, o inflexíbel capataz dunha fábrica de tabaco, patrón despiadado e decididamente, o contrapunto moral sen escrúpulos da damisela desvalida e chea de bos sentimentos Xen Te. Con este dobre papel, Rocío Gonzalez viría a representarnos unha das metáforas principais da obra de Brecht que non é outro que o concepto da vida do yin e yang , as forzas opostas e complementarias da natureza segundo o taísmo e o principio básico de todo o universo. Con Rocío González estivemos xogando todo este curso ao gato e ao rato. Xamáis conseguimos entrevistarnos cara a cara pero si o fixemos pantalla a pantalla e tamén tivemos/tiveron o gusto de coñecela fronte a fronte unha mañá de tregua primaveral onde ela, xa non actora senon espectadora coma nós da representación de As Dunas, compartiu sen nós pero convosco algún momento de fotofilia . Desde estas páxinas, enviamoste Rocío unha forte aperta e dexesámoste sorte, moita sorte no teu camiño cara o mellor no mundo da escena galega. VIDA E MILAGRES DE ROCÍO GONZÁLEZ 1.- Cando e por que decidiches facerte actriz? É moi curioso porque o outro día un amigo recordoume que eu xa no instituto tiña moi claro que quería dedicarme a isto mais non o recordaba así pois cría que unha cousa (o estudo) me levara á outra, pois sempre me gustaron ambas. Supoño que foi unha mestura das dúas. 2.- Como foron, nun principio, os teus inicios no mundo do teatro? Eu sempre fixen teatro na escola e no instituto, incluso cheguei a escribir unha peza moi mala na que tamén actuaba. Desde o instituto os meus profesores sempre me animaron a que estudase Arte Dramático; como ía estudar a Santiago filoloxía galega unha profesora deume o enderezo e os datos dunha escola de teatro que hai alí. Despois de dous anos de estar en Santiago decidín facer un curso na escola de teatro. Alí estudei tres anos e dende alí comecei a facer as primeiras probas para traballar con A Factoría Teatro, que é a primeira compañía de teatro profesional coa que comecei a traballar. 3.- En que outras obras de teatros actuaches alén de A boa persoa de Sezuán? Con A Factoría comecei a traballar profesionalmente no ano 2002 ata o de agora, a unha peza por ano ou cada dous, así que botade contas (Comecei de axudante de dirección con As presidentas , como actriz en Coitelos
28
nas galiñas , Iesi Cebola contra a doutora Rabia Rabiña , O canto do dime dime , O Tío Vania e Castronós o baile ). Tamén traballei co Centro Dramatico en outras dúas ocasións ( As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e Regreso ao deserto ) e con outras dúas compañías en infantís. 4.- Fixeches tamén cinema ou tv nalgún momento da túa vida? Só fixen algo de televisión, participei nalgúns capítulos de Terras de Miranda como un personaxe moi, moi secundario e tamén participei nun só capítulo de A vida por diante . 5.- De que gostas máis do cine ou do teatro? Por que? Cinema non fixen porque apenas hai cinema en Galicia e en televisión participei moi pouco pero podo asegurar que me apaixona o escenario, a relación directa co público e a maxia que se crea no momento de cada actuación. 6.- Máis concretamente, cales son os papeis de actriz cos que defrutaches máis? Con que directores e actores galegos traballaches que destacarías deles? Vós facedes unhas preguntas.......non vos queixedes se vos escribo tres ou catro folios por pregunta (É unha broma, pois síntome moi agradada por elixirme para que me fixérades esta entrevista). A ver, desfrutei con todos os papeis que fixen, algúns marcáronme máis que outros, mais todos me deixaron un pouso. Na miña curta vida profesional traballei con poucos pero sempre con actores e directores moi profesionais e cos que aprendín moitas
Bertolt Brecht
falangueiras cousas. Tamén quería dicir que traballei con xente de distintas xeracións e que iso é moi enriquecedor. 7.- Cales son as anécdotas máis graciosas que che pasaron ao longo da túa experiencia como actriz? A verdade é que non recordo ningunha especial, sei que cando fixen o meu primeiro traballo vaciláronme moito pola pouca experiencia no medio (pero sempre con cariño). SOBRE A BOA PERSOA DE SEZUÁN 1.- Pódesnos comentar un pouco a montaxe de A Boa Persoa de Sezuán? Como foi o casting de actores? Canto tempo levou montala? Pois foi un proceso bastante peculiar pois non é moi normal que se fagan probas como a que se fixo para este espectáculo na que se convocou a un amplo abano da xente da profesión e na que a mesma proba durou tres días e na cal había un traballo físico importante, improvisacións nas que tiñas que presentar traballos que o director che pautaba o día anterior. Logo de que se fixera o casting e de que xa se decidira o elenco comezouse a traballar en agosto. O proceso de ensaio ata que se estrenou durou dous meses e medio, moi pouco tempo para unha obra de case tres horas. Xa sabiamos o texto que se ía montar pero non que personaxe iamos facer cada un, algo tamén moi complicado pois o texto de Brecht conta con case trinta personaxes. As tres primeiras semanas foron de improvisacións con texto e sen el, de análise de texto, de debate e dun traballo físico moi intenso. Traballabamos sete horas diarias con menos dunha hora de pausa das cales dúas estaban destinadas ao adestramento físico cun coreógrafo portugués e axudante de dirección. Despois desas tres semanas o director decidiu o elenco e comezamos a preparar cada un de nós o noso/s personaxe/s. Seguiamos co traballo físico e pasamos por varias fases do traballo, comezar a marcar toda a obra, repetir, traballar por escenas, traballo de personaxes, etc. Normalmente o proceso non é así pois ti xa sabes no momento no que comezan os ensaios que personaxe vas ter, tampouco se traballa tanto a improvisación nin se lle dá importancia ao traballo físico, basicamente por unha cuestión de tempo. O que teño que dicir é que este modelo de traballo na ABPS funciona. 2.- O teu papel na ABPS é un dos papeis protagonistas...Tes un papel moi longo... Canto tempo che levou aprendelo? Como o preparaches?
Si, o texto é moi longo, nunca me enfrentara a un papel así, non polo complexo do texto senón tamén pola complicación da dualidade do personaxe. Foi esgotador pero moi enriquecedor. No momento no que souben o papel que ía facer, ese mesmo día, comecei o proceso de memorización, e cada día despois de sete horas ou oito de ensaio no teatro chegaba á casa e púñame a estudar e a repasar as escenas, doutro xeito sería imposible. Ás veces pasaba ese límite do cansazo e non sei de onde saca un as forzas para traballar pero sei que é do entusiasmo e das ganas de superación e de facer un traballo bo, profesional e honesto. 3.- Pódesnos contar algo gracioso que che pasara a ti ou a algún dos actores durante as sesións de ABPS ? E algunha anécdota penosa ? Durante o proceso de ensaio, a verdade é que rimos moito porque o equipo de dirección portugués se portou moi ben con todo o elenco e eran moi divertidos, fixéronnos traballar moito pero sempre de bo rollo . Despois durante as funcións pasaron moitas cousas, sobre todo de fallar texto ou trabucarse. Por exemplo temos un concurso de errros, o que cometa o erro de texto máis grande ou se trabuque gaña. E con iso temos rido moito porque o público non se entera pero para nós é moi divertido (non pasa sempre, non quero que pensedes que non tomamos en erio o noso traballo). Por outra banda, para min unha das cousas penosas que nos pasou foi cando nunha das funcións matinais marcharon todos os rapaces polo tema do autobús e quedamos sen público. Non é nada agradable ver como marcha todo o mundo, mais neste caso non foi porque non lles gustase a obra. 4.- Que simboliza para ti a obra da ABPS? Que cres que quere transmitir? Como describirías a túa personaxe? A verdade é que sería moi interesante poder ter unha charla coloquio sobre o espectáculo porque en realidade gustaríame saber o que para vós significou ver esta obra. Bertold Brecht conta a historia dunha prostituta a quen os deuses (que están buscando persoas boas polo mundo) deciden regalarlle unha tenda de tabaco como recompensa porque cren que ela é a única persoa boa de Sezuán. Mais ela vese obrigada a inventarse e facerse pasar por un primo que é todo o contrario dela, para non perder a súa tenda e así poder seguir facendo obras boas. Mais logo ela namórase e todo se complica porque as persoas non parecen ser quen din nin quen son. Pode parecer un pouco moralista, non si? Mais eu creo que non existen persoas nin
29
falangueiras mellor non dicía toda a verdade cando coñeceu a Xen Te. Vós realmente credes que se ía matar no parque? Iso é mellor que llo preguntedes a Alberto Rolán, pero primeiro intentade pensar nesas cuestións.
verdadeiramente boas nin verdadeiramente malas, o ser humano é un compendio das dúas, por iso os deuses para min son os personaxes máis hipócritas do espectáculo. Vós realmente credes aos deuses? Por que credes que o director decidiu que os deuses fosen iconos do século XX? Que significa para vós o final da obra,cos deuses espidos e metidos nun televisor? Por que pensades que a xente é boa ou mala? Credes realmente que Xen Te é unha boa persoa? Que personaxes credes que son bos ou honestos e cales non? Ao mellor está un pouco pasado de moda este discurso de Bertold Brecht mais eu creo que o director soubo acercalo ao noso tempo, realmente é unha crítica ao mundo tan hipócrita no que hoxe vivimos porque ao mellor hai que facerse esa pregunta de que significa ser bo ou ser malo nos tempos que corren. Por que é máis malo Bin Laden que o Papa? Sería interesante que tivésedes ese debate mais sen caer en demagoxias. 5.- Un dos momentos que máis nos gustou da obra foi a escena de namoramento entre a moza Sei Te e Alberto Rolán o namorado... o que non entendemos como deseguido este ( Alberto Rolán) se converte nun egoísta e nun maltratador... Como explicas ti esa rápida mudanza de rapaz soñador e aparentemente sensíbel a mozo interesado e violento en case nada ? A nós fíxosenos un pouco brusco!!! Pois se o enlazamos coa resposta anterior volvo facervos unha pregunta, Vós credes realmente que o personaxe de Sun é bo con Xen Te dende o principio? Que é o que leva ao personaxe de Alberto Rolán a comportarse dese xeito con Xen Te? Ao
PARA OS E AS QUE QUEREMOS ESTUDAR TEATRO, ARTES ESCÉNICAS... 1.- Por certo, onde aprendiches a facer teatro? Fuches a unha escola de teatro a aprender dramaturxia? Como xa vos dixen antes, fixen algo de teatro na escola e no instituto e tamén me apuntei a un curso de teatro da Universidade popular de Vigo en Vilanova cun profesor que me ensinou moitas cousas e onde montamos Bajarse al moro . Logo cheguei a Compostela e despois de dous anos sen facer nada de teatro, fixen un curso de iniciación en Espacio Aberto e logo os tres anos de interpretación que se basea en traballo corporal, traballo de voz e interpretación. Nesa escola fixen traballos e máis cursos. É unha formación bastante completa aínda que creo que a carreira de actor é unha carreira de fondo onde tes que continuar entrenándote e reciclándote como os deportistas ou como calquera outra profesión. Nesa escola tamén aprendían a tomarme esta profesión en serio e a respectala pois ás veces para conseguir o que queres hai que traballar duro e sacrificar algunhas cousas, mais é marabilloso poder dedicarte ao que che gusta. 2.- Que lle recomendarías á xente nova que quere ser actor o actriz? Que consellos lles darías?
,
que opinas de...? Un produto basico:
o leite
42
Un sector primario, porque transforma o natural en primerio produto. Durante anos foi a base da nosa economía.Un sector que sofreu moitas transformacións ; os gandeiros fixeron novas e modernas instalacións, hipotecáronse comprando cota para poder producir. E agora, enfróntanse á ameaza de liberalización das cotas (que aínda se seguirán pasando despois do 2012), e a uns precios por debaixo do custo de producción .Non hai que mirar atrás (uns 20 anos) cando o leite se pagaba a corenta céntimos e agora pagan vinte e oito, cuns custos de producción que se multiplicaron por dez (maiores custos de pensos, máis custo da seguridade social ,gasóleo ,salarios...). E ante todo este panorama dinnos que estamos no Mercado Común, e que temos que ser competitivos. Isto non é exactamente así. España produce 6´5 millóns de toneladas de leite; Francia produce un excedente de 7 millóns de toneladas que nos "poñen" aquí e tiran cos prezos. Porén, Francia, Italia e outros países utilizan medidas proteccionistas para os seus produtos, a pesar dese "libre mercado" . Os nosos gandeiros atópanse nunha situación límite. Ignorando a súa importancia no emprego e a súa multifuncionalidade no mantemento da paisaxe e riqueza natural, asistimos ao desmantelamento de explotacións, vendo como as multinacionais,que se enriqueceron durante anos, acoden ao diñeiro público para solucionar os seus problemas. 30
Realmente non son quen para dar consellos, pero sobre todo o máis importante é ter claro a que te queres dedicar nesta vida e loitar e traballar por iso, ben queiras ser actor ou albanel ou carpinteiro, ou estudoso, etc. Mais, se o que queres é ser actor ou actriz, tes que informarte ben a que tipo de escola queres ir. A formación é moi impoortante, dediques ao que te dediques. O mellor é poder ir a unha escola onde teñas unha formación completa con danza, interpretación, esgrima, canto, clown, teoria teatral, etc. Hai moi boas escolas en Europa con moita tradición teatral. Busca e atoparás, non te arrepentirás!!!!
Os nosos gobernantes, cando falan de asentamento da poboación no rural ¿a que se refiren? ,¿a facer posible un modo de vida no rural ou un asentamento de funcionarios que van a traballar ás cidades e que optaron por vivir no rural porque era máis barata a vivenda? A pesar de todo, é posíbel que os gandeiros teñamos unha boa parte de culpa por ser unha "raza" de conformistas. Báixannos o prezo e pensamos: A ver se para o mes nolo soben! ; vólvennolos baixar e dicimos: O importante é que nolo recollan .¿Que será o seguinte?¿Pagar para que nos leven o leite das explotacións?
Pilar Castro Vallo é a nai de Sara e Pedro Martínez.
falangueiras
Do xastre tradicional a moda global Como cambiaron as cousas! Iria Rremuián entrevista ao seu avó Antonio Gil Piñeiro, o xastre de Dombodán. Avó, vostede ten agora 78 anos, non? Si, 78 anos, cumplidos en febreiro. Con que idade comezou a coser? A facer as primeiras prácticas con 15 anos, recén cumpridos. Comecei a coser no ano 1946 máis ou menos. Por que escolleu ese camiño, e non outro traballo? Porque non podía estudar, xa que non tiña cartos e tampouco me gustaba traballar no campo e pensei que esa era a mellor saída. Como aprendeu a coser e con quen? Mirando para quen sabía coser. Foi co marido dunha tía miña, co que estiven un ano e medio e outro ano estiven cun compañeiro de meu tío e ,ao final, fun dez meses para a Coruña, para un taller no que rematei aprendendo. Mentres traballaba de xastre, exercía outra profesión? Facía tamén de taxista, porque na parroquia, en Dombodán, non había coches e eu era o único que o tiña, un 600. Pero tamén traballei na construción e en limpeza de centrais eléctricas. Na central de Portodemouros vixiaba pola noite que ninguén fora pescar á saída da central, xa que alí era onde quedaban os peixes, pero iso foi cando deixei de coser, no ano 1976 e desde esa foi cando traballei na limpeza de centrais ata o 1984. Cosía na súa casa ou ía ás casas dos demais? Nos dous sitios. Pero estiven máis anos cosendo na miña casa.
Como gañaba máis, cosendo na súa casa ou fóra? Traballando na miña casa gañaba algo máis, porque nas casas de fóra, dábanme a comida e xa mo descontaban do meu salario. Leváballe moito tempo rematar un traxe? Normalmente tres ou catro días. Tardaba máis nas casas dos demais, porque na miña, ás veces, traballaba de noite. E o día anterior ás festas parroquiais, case non durmía nada por rematar todos os traxes que tiña encargados para rematalos para as festas. Como facía desde que comezaba o traxe ata que o remataba? Primeiro tomáballe as medidas á persoa, despois había que elexir a tea; marcala e cortala e, ao final confeccionar a chaqueta, o pantalón e o chaleco a modo de proba, para saber se lle quedaba ben e se estaba todo en orde. Despois rematábase de todo e xa o podía levar, pero eu sempre lle daba o último retoque, xa que me gustaban e me gustan as cousas ben feitas. De todo o traballo de confección, que era o máis difícil e o máis fácil? O máis difícil eran as chaquetas, porque cortalas era bastante difícil para que lle sentasen ben á persoa e o máis fácil eran os pantalóns, pero unha vez que había práctica, era todo fácil. Cosía só ou tiña axuda de alguén? Primeiro andei polas casas e viña un home comigo, aprendendo, e axudábame algo;
despois na miña casa axudábame a miña muller, que era costureira, e tamén tiña xente que aprendía e tamén me axudaban. Os que aprendían comigo, facían pantalóns, porque as chaquetas eran máis difíciles e un bo xastre nunca debe de dicir o segredo para que a roupa lle quede ben. Cantos anos traballou de xastre? Trinta anos, máis ou menos. Por que o deixou? Porque non había traballo e chegou a moda do pret-â-porter e levounos aos profesionais case á ruina. Os que só se dedicaban a iso, e non tiñan explotacións agrarais, pasárono moi mal para saír adiante e tiveron que buscar traballo noutras cousas para non pasar fame. Canto tempo leva agora sen coser? Levo case trinta e tres anos sen coser. Pensa que despois de tantos anos sen coser, sería capaz de volver a facer traxes? Cose algo para vostede? Penso que sí, porque é unha cousa que nunca se esquece, pero si que me levaría máis tempo, por falta de práctica. Agora xa non vexo tan ben, e a máquina que teño, xa é antiga. Ás veces coso algún que outro pantalón para min, pero cando hai roupa para coser, por exemplo se rompe algunha na casa, pelexámonos por non cosela, e iso que eu fun xastre, a miña muller costureira e unha das miñas fillas operaria de confección, pero como di o refrán: Na casa do ferreiro, coitelo de pau e na do carpinteiro, sentados no chan . Espero que ti, que es miña neta, consigas un traballo mellor, porque o mundo da tesoira é moi duro e non me gustaría que pasaras polo que pasamos a túa avoa e mais eu. Cando remataba un traxe, a persoa que llo encargaba, deixáballe propina? Era vostede un dos xastres máis caros dos arredores? Había de todo, pero tamén había xente que eu xa sabía que non podía darme propina. Eu non quería propina, a min chegábame con que á xente lle agradara o meu traballo. Desde que deixei de coser, aína había algunha persoa que me pedía se lle podía facer algún pantalón, porque os que viñan feitos, non sentaban tan ben coma os que facía eu. Agora a xente non ten paciencia para esperar a que lle fagan un pantalón ou outra peza de roupa. Eu non era un dos que máis cobraba, pero á fin do mes, recaudaba tanto coma os máis caros, xa que eu tiña máis encargos e tamén traballaba máis horas, pero todos me querían ben. Onde compraba as teas para facer a roupa? 31
falangueiras
Compráballas aos viaxantes dos almacéns das teas, que viñan pola casa. Tamén algúnss que viñan encargar os traxes, xa traían eles as teas. Ás veces compráballas a Lage de Arzúa, que tamén era xastre e vendía teas. Que diferenzas ve entre a roupa de agora e a de antes? Que agora case non se pode pasarlle o ferro a unha prenda porque as costuras están todas tortas e a xente non se para tanto. Hai que facer moita cantidade de prendas en pouco tempo.Tampouco están moi ben cortadas, pero que vou dicir eu? Eu defendo a miña profesión, porque aínda que agora xa non exerza, creo que sempre me van coñecer como o xastre de Dombodán e é unha cousa que nunca se esquecerá, supoño que os meus netos, estaredes orgullosos do que foi seu avó, porque segundo me teñen dito, sempre din que son netos do xastre de Dombodán e todo o mundo os coñece.
Coñece a moitos homes que foran xastres ou sigan exercendo esta profesión? Coñezo bastantes, pero agora xa non traballan Uns porque están xubilados e outros porque non teñen traballo. Un dos que aprendeu comigo, traballou en Pepe Nieto, un importante deseñador de pel. Hai algunha anécdota ou experiencia especial que desexe contar? Unha foi que na mili, fixen traballo de costura, e o xefe do taller de costura do cuartel, cando fixen a proba para entrar no taller, díxome que oxalá soubera facer el o que sabía eu. Cando comezaba a coser, tiña que erguerme moi cedo e ir andar ás veces case 5km ata chegar á casa da persoa que me encargara o traxe e, nalgunhas casas, pasaba fame, porque non quería comer, xa que un día, unha muller fixo o caldo e traía vermes, entón preferín non comer. A ela pareceulle mal, pero eu que ía facer? Co noxo que me daba! Tamén me pasou unha vez que veu onda min unha señora e díxome que lle tiña que ir facer un traxe ao seu fillo, e como eu xa tiña máis encargos antes có dela, foi dicindo pola parroquia adiante, que eu era un mal xastre, porque non cumpría cos pedidos que me encargaban. Claro está que me enterei e non lle fun facer o traxe; era o que faltaba, despois de ir falando mal de min por aí adiante! Para rematar quería dar as grazas á profesora que fixo posible que a miña neta me fixese esta entrevista para publicar na revista do instituto, porque así puiden contar como era o noso traballo, o mal que o pasabamos ás veces e tamén o pouco que nos valoraban. Aínda contaría máis
Loitando pola sobrevivencia: ,
o sector leiteiro en arzua
Esta é unha entrevista feita por Xabier Segade González , ou sexa eu, ao meu pai: Manuel Xesús Segade Salgueiros, agricultor e gandeiro toda a súa vida, vinculado profesionalmente ao sector lácteo na zona de Arzúa, en concreto en Sesar, na parroquia de Calvos de Sobrecamiño ou San Martiño. Con el falamos sobre este sector nesa zona. Como definirías a nosa explotación? É unha explotación gandeira de leite e de carne. Canta produción de leite ten a nosa granxa ao día? 700 litros de leite. 44 32
cousas, pero xa me estendería moito. Grazas de verdade, porque sei que hai xente que non coñece como era a vida dos xastres, e espero que o lea moita xente. Tamén quero decir que respondín a estas preguntas co moito cariño e aprecio, porque a persoa que me fixo esta entrevista é a miña neta e aínda lle contesto con máis agarimo. Tamén fixen un debuxo, para representar como se traballaba antigamente. Non está moi ben debuxado, pero fixen o que puiden coa mellor intención. Saúdos e grazas. Grazas a vostede, avó. A min tamén me gustou moito facer esta entrevista por ser meu avó o entrevistado e ademais porque non sabía algunhas das cousas que me contou e alégrome de que mas contase.
Que é a cota láctea? Pois é a cantidade de leite que se pode entregar durante un ano. Se queda sen cubrir co mínimo de leite ou cha reducen ou póñenche unha multa. Igualmente se te sobrepasas coa produción de leite con respecto á cota, póñenche unha multa elevada. Desde cando non se pode dar leite en negro? Aproximadamente catro anos desde que gañou o bipartito e Touriño entrou na Presidencia, desde ese momento as empresas non volveron coller o leite en negro e ao mesmo tempo, houbo que pagar unha multa elevada. Que credes que debía facer o goberno? Privar a entrada de leite de outros países como Franza ou Portugal e pagarlle aos agricultores galegos un prezo xusto, e sobre todo dar axudas ás explotacións para que poidan medrar e ao mesmo tempo apoiar aos novos agricultores. Cantas explotacións máis ou menos hai na zona de San Martiño ou Calvos de Sobrecamiño? Explotacións grandes hai poucas, aproximadamente dez, as cales poden ir aguantando pero o resto son explotacións pequenas que neste momento non se fan rendíbeis e están a pechar.
falangueiras
entrevista a ,
uxia senlle Uxía Senlle, a mestra indiscutíbel na innovación da canción tradicional galega nos últimos 20 anos, falou e cantou para nós nun concerto directo ao corazón unha inesperada mañá de martes na Casa da Cultura de Arzúa. Este evento organizado pola concellaría de cultura para todo o estudantado da localidade foi para nós un sabrosísimo petisco, previo ao banquete concerto que ofreceu na trixésima cuarta Festa do Queixo, e deunos a oportunidade de coñecer, ademais, algúns dos temas de Eterno Navegar, o último disco da autora no que conviven letras propias con poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Marica Campo e que foi situado pola prestixiosa revista Songlines entre os top of the world álbum , calificándoo como un disco marabillosamente traballado que non se pode pasar por alto . Eterno Navegar é segundo palabras de Uxía Un disco de conexión entre illas, desde A Illa de Arousa a Cabo Verde ou Azores, unha forma de tender pontes que unan os sons atlánticos á procura dunha sonoridade común a partir do fado, a morna e o alalá, músicas estas que nos identifican moito . Creo que Eterno navegar é o máis lusófono dos meus discos . Sobre todo isto e moito máis, a Fusquenlla entrevistou a Uxía e como non podía ser menos, déixavos nestas páxinas melódica testemuña.
Pois mira, efectivamente, dende sempre, dende a época medieval até agora, a música galega serviu para comunicarse, para entendérmonos mellor. A través de diferentes estilos musicais -calquera valetense que ter sempre presente ese elemento de comunicación. A música que agora engancha máis coa xente nova é o rap e o hip hop porque tamén permite que conten a realidade dun xeito inmediato, por iso creo que debemos estar atentas a esas novas linguaxes musicais.
1.-.- Dende que comezaches no mundo da música galega , sabemos que percorriches un camiño moi longo...Foi unha procura que rachou fronteiras tanto xeográficas como desde o punto de v i s t a d o d i s c u r s o d a m u l l e r. . . Poderíasnos falar un pouco desa traxectoria musical túa até o momento de hoxe?
3.- Este ano vés de gañar o XIII PREMIO DA MÚSICA na modalidade de mellor canción en galego...Que destacas como influencias e ritmos desa canción Rumores de falúas e en xeral, do novo disco no que se inclúe Eterno navegar ?
Cesaria Évora
A canción é unha balada que conta aqueles primeiros amores de verán na praia que temos todos presentes, pasados os anos, e os ritmos que están no disco son moi Adriana Calcanhoto
Realmente, eu sinto que a música pode transcender máis alá do puro entretemento e intentei facer sempre un percorrido desde a miña condición de muller, para entender mellor o que pasa no mundo e para, a través da música, coñecer outras mulleres con problemáticas similares e entrar en contacto con culturas diferentes. O meu traballo é algo especial porque ten esa obriga permanente, eterna...non? 2.- Dixeches nalgunha ocasión que a música debe ser ante todo un elemento de comunicación, cales deberían ser entón para ti os vasos comunicantes da música galega? 33
falangueiras E recomendaría a Sara Tavares, que é a máis nova e que aínda que naceu en Lisboa é de orixe caboverdiana, é moi interesante o que fai, é moi vital, a min gústame moito. 6.- Como ves o futuro da promoción da música galega? Véxoo ben. E se temos uns medios de comunicación públicos que nos permitan divulgar a nosa música, mellor. Vexo tamén que estamos nun momento en que a música ten máis vías para expandirse a través da rede. Hoxe en día a música galega pode, tranquilamente, viaxar polo mundo.
Capa do disco: Eterno Navegar diferentes e teñen que ver con eses países que fun visitando, como a morna en Cabo Verde, o samba, o fado de Portugal e outros cantos tamén de Portugal e de aquí. Pois todo iso realmente axitado e interiorizado, pois é o que é este disco. É un froito de moitas viaxes, de moitas travesías e de moita comunicación e intercambio con outras persoas coas que atopo afinidades, tamén pola lingua que nos une.
Chico Buarque
Tito Paris
4.- Un paxariño contounos que estabas a vivir no barrio compostelán do Espírito Santo...De onde lle ven a inspiración a Uxía Senlle?
7.- E xa para terminar,aproveitando que o domingo foi 8 de marzo, que femenino coral de voces galegas escollerías para un día como ese e que canción ou cancións, do teu repertorio ou non, cantarías?
Teresa Salgueiro
(Risos) Pois mira teño unha amiga poeta que vive alí no barrio tamén, que di que ese é o barrio do amor. É un barrio moi especial. A verdade é que eu necesito tamén un lugar onde compoñer que me inspire, que me resulte agradable. Ás veces vou para o mar, vou para a illa de Arousa ou vou para Sanguiñeda, para Mos, que é o lugar onde nacín. Necesito, se pode ser, natureza e algo de tranquilidade, e esa rúa miña que é onde naceron as Marías, pois é algo especial. Vivo alí agora por opción e Santiago é unha cidade que é moi rica culturalmente. Sempre pasa de todo, hai música a todas as horas, cine, teatro...e iso alimenta o espírito e para min é importante. 34
5.- O espectáculo Cantos na maré que ti promoves desde 2003 converteuse en emblema de vangarda artística e onde converxen de xeito natural, como debe ser, os artistas da música galego-lusobrasileira... Uxía Senlle,. que músicos e músicas imprescindíbeis da lusofonía cres que todo galego e galega debería ter obrigado introducir algunha vez nos seus tímpanos? (Risos). Encántanme as vosas preguntas, son totales . Pois eu que sei... dende a música que fai Chico Buarque no Brasil, Adriana Calcanhoto, Paulinho Moska (que veu este ano) á música de Tito Paris, de Cabo Verde, que gravou no meu último disco e que é un dos grandes da música caboverdiana... E recomendaría tamén as voces de mulleres incribles que hai en Portugal, que son todas preciosas, a de Filipa Pais, Mafalda Arnau, Teresa Salgueiro; todas as voces de muller da música africana, ademais da gran Cesaria Évora que é unha diva da música universal.
Eu cantaría o tema que abre o meu disco que é unha homenaxe ás mulleres e convidaría ás Malvela, que son mulleres da miña aldea, que eu promovín, e convidaría a dúas voces que son amigas miñas e que as quero moito, que son Ugia Pedreira e Guadi Galego.
Ugia Pedreira e Guadi Galego
f u s q u e n l l a
cultura activa
é o noso anuario extraescolar onde os libros , os profes e as alumnas e alumnos saen á rúa, os pupitres cobran vida e convértense en exposicións, teatro e buses viaxeiros...
,
festa gastronomica do 11 de maio Co gallo de co gallo de que tiñamos ganas de comer cousas ricas e practicar para facelas, coa idea de Leticia, Jéssica e Vicente fixemos unha festaza gastronómica á que Lucía se uniu por caridade dos outros tres compañeiros. O evento consistía en realizar cada un un doce e despois degustalos nun recreo, para darlle envexa a todos os que pasaran por alí, e xuntarnos logo no xantar para acabar de comelos como sobremesa. A verdade é que para ser a primeira vez foi todo un éxito, Vicente fixo unhas galletas con limón e chocolate, Leticia madalenas con lacasitos, Lucía uns bombóns e Jéssica uns brownies, estaba todo riquísimo, deu fe diso Pablo o de música que os probou, non puido dicir o mesmo Alejandro Rey xa que rexeitou a nosa oferta.A xente tachounos de tolos, ghillados e cousas polo estilo por poñernos no banco do noso andar a comer os nosos doces, o que pasa é que os nosos compañeiros non entenden a nosa maneira de divertirnos, ou non é eso algo realmente divertido? Primeiro a elaboración, algo novo para nós que non adoitamos cociñar e logo a degustación que todo o que non sexa froita e verza entra moito mellor! (Ben, a Jéssica tamén lle engadimos as lentellas que é fan delas). Foi un día realmente bonito o que pasamos os catro xuntos e aínda que non puidemos traer orquestra porque non nos chega o diñeiro, xa apalabramos unha actuación para a vindeira festaza coa charanga do Correlingua Uns paus a Mari Crus , que son bastante mantas pero para nós os catro ben nos vale. Leticia Ramos Regueiro, Jéssica Méndez Lema, Lucía García Martínez e Vicente Vázquez Vidal, todos de 1º Bach B.
,
,
,
CICLO SUPERIOR DE XESTIoN E ORGANIZACIoN
DOS RECURSOS NATURAIS E PAISAXiSTICOS
...GAÑADORES DO EUROBLOG 2009 Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos deste instituto, veñen de gañar o segundo premio no III concurso Edublogs que organiza a Asociación Espiral para premiar e difundir o uso dos blogs no ensino. ¡Parabéns por un bo traballo, que ademais foi recoñecido! Cóntovos a historia: En outubro de 2008, decidín que tiñamos que cambiar algunhas cousas dentro do noso ensino, dende o meu punto de vista demasiado pasivo, e decidín que os meus alumnos e alumnas debían organizarse para aprender por si mesmos. Deste xeito, comezamos a utilizar os Blogs como unha nova ferramenta de traballo, o de menos era o propio soporte, o importante é o que había detrás: procura de información a través da rede, referenciar esa información, organizala de xeito que fose publicada de novo pero cun selo propio .. Fixemos isto en dous módulos profesionais: Produción de Planta e Proxecto Integrado. Son materias que non teñen nada que ver, pero empezamos e creo que tivemos un resultado moi positivo. Déixovos coa opinión que Sandra Sánchez, alumna deste ciclo, deixou sobre a súa experiencia nos comentarios do blog : http://producindoplanta.blogspot.com Pola miña parte só comentarvos que este curso foi un pracer dar clase, sobre todo pola inmensa calidade dos meus alumnos e alumnas, non só a nivel escolar, senón tamén humano. O dito, UN PRACER E UN ORGULLO. GRAZAS POR FACERME PASAR UNS MESES TAN DIVERTIDOS.
esa necesidade que eu tiña que estes dous anos me marcaron tanto e que incluso me fixeron cambiar. Estou moi agradecida coa forma con que me trataron todos os profesores, síntovos coma amigos. Estivo moi ben a idea de facer este blog pois cando sinto morriña acudo a el, vexo a foto dos meus compañeiros e pártome de risa cando vexo o post de Natalia que fixo sobre as prácticas que fixemos neste módulo, pois son moitos os recordos que me veñen á cabeza. E para que me sigas recordando vou seguir protestando, como é típico en min. Como ves gustoume moito a idea do blog en produción de planta como complemento á materia, dicir tamén que aprendín moito, pero non me gusta a idea do blog para proxecto porque creo que non se axusta todo o que debe aos contidos da materia. Sen máis, esta é unha opinión miña e non sei se estou no certo de todo ou non pero quería manifestala. Espero que sigas dando "caña" (aínda que non o dubido) pois todos podemos dar máis do que imaxinamos e ÁNIMOS para seguir fomentando e ensinando a empregar as novas tecnoloxías (pero iso si, na xusta medida). SORTE PARA TI TAMÉN. MARINA ENGROBA SAL
SANDRA SÁNCHEZ DIXO: Como ves, sigo visitando o noso traballo e é que aínda que che pareza mentira boto de menos os compañeiros, os profesores e ás clases (estas en menor medida). Eu paseino moi ben facendo este ciclo e para min ir as clases non era un suplicio senón un pracer, facía tempo que non me atopaba tan a gusto e con xente tan boa e comprensiva, igual tamén foi por 35
,
cultura
activa
Climantica 08-09 Climántica non é un proxecto novo no IES Arzúa. De feito os pingüíns climánticos levan xa dous cursos formando parte da vida do noso centro. Vímolos a miúdo nas paredes e as portas, e, aínda que non todo o mundo participou no proxecto, a estas alturas todos coñecemos e compartimos o obxectivo da súa presenza. O futuro do planeta é unha enorme responsabilidade, difícil de soster a nivel individual, pero doada de levar se somos quen de compartila. Coa colaboración de todos/as os membros da comunidade educativa, puidemos levar a cabo un consumo enerxético máis responsable ao longo do curso. As patrullas climánticas formadas por 22 alumnos/as de 2º e 4º de ESO, traballaron todo o ano para velar polo cumprimento deste obxectivo. As titoras de 1º de ESO realizaron un
labor constante de inmersión e mentalización do alumnado recentemente incorporado ao centro. De xeito esporádico ou regular, moitos alumnos participaron nos xantares dos luns. Froito desta dedicación compartida son, ademais dos logros acadados, os 40 traballos presentados ao concurso anual de Climántica. Por razóns de espazo e/ou de formato (audiovisuais), moitos deles non están recollidos nesta revista, pero poderemos velos todos a principios do vindeiro curso exposición que será organizada no centro. Moita sorte no concurso, pero, con premios ou sen eles, Parabéns, Climánticos!!!! As/o profe(s) climánticas/o
Un monde pour demain Nous pensons que nous devons changer le monde. Tout le monde pense à changer l humanité, mais personne ne pense à devenir une personne responsable. Pour garantir un monde pour demain, nous devons: Utiliser l eau adéquatement : se doucher au lieu de se baigner, se laver les dents avec le robinet fermé, remplir le lave-linge au maximum. Éteindre le chauffage quand les fenêtres sont ouvertes. Eteindre les lumières que nous n utilisons pas. Utiliser consciemment le fer à repasser. Laisser la voiture à la maison une fois par semaine et se déplacer à pied, à vélo ou
36
en bus. De cette façon nous faisons de l exercice et nous contribuons à faire un monde plus agréable. Utiliser des sacs en bioplastique. Les sacs en plastique tardent des années à se décomposer et font monter les prix. Les tortues dans la mer et les autres animaux mangent des sacs et meurent. Changer le monde ! Nous devons économiser l eau et la lumière, recycler les ordures, Faire de notre mieux pour garantir un monde pour tous. Adoptons une attitude consciente par rapport à nos pratiques de consommation. C est la meilleure, ou peut-être la seule façon de le changer. Arantxa ~Irene (4º ESO B)
Le saule magnifique
Ce saule du fond du jardin de la maison de grand-mère était si étonnant que le saule boxeur de l un des jardins de Hogwarts, ou cela nous paraissait. Quand la tristesse nous envahissait, c était notre refuge. Nous nous sentions protégées entre ses branches et bien qu il semble ne pas nous écouter, quand le vent secouait ses branches, il nous répondait avec des sons agréables. Les après-midis d été, après un repas familial, ses ombres nous berçaient pour faire placidement la sieste, et les nuits de camping, c était lui qui nous protégeait des peurs les plus redoutables. À nos yeux il s est fait et se fera toujours remarquer parmi les arbres du grand jardin. Jessica Mª Jesús Marilina (1º Bac)
cultura
activa
47 37
48
cultura
38
activa
cultura
activa
39
50
cultura
40
activa
cultura
activa
AS ACTIVIDADES DA ANPA CASTRO DO VISO NO I.E.S. DE ARZuA. A asociación de pais/nais dos alumnos do instituto ten arredor de 40 socios, a pesar de que hai 250 alumnos. Nisto a maioría dos pais son algo pasotas. Eu, como secretaria á forza, pois ninguén quere este traballo, quero dende aquí recordar que todos somos necesarios e que cantos máis sexamos máis ideas teremos, e por tanto mellor se poderá traballar. Agora, vou recordar o que fixemos neste curso, a pesar da escasa colaboración por parte dalgunhas persoas. Empezando polo inicio do curso, tivemos a ocasión de compartir unha sesión de maxia chamada Tecnoloxía máxica con Richard, unha forma lúdica de aprender Tecnoloxía. Nesta actividade participaron os alumnos de 2º, 3º e 4º da E.S.O. Temos que dicir que o departamento de Tecnoloxía tamén axudou en todo o que poido. Aló polo mes de xaneiro disfrutamos dunha xornada de teatro a cargo do grupo de teatro do C.P.I. de Touro. A obra titulábase Fábulas ; a min gustoume moito e penso que os rapaces sairon encantados. Ademais como actrices participaban algunha alumnas do noso centro, que o facían moi ben. Nesta actividade participaron os alumnos de E.S.O. e tamén os de bacharelato. No venres de carnaval visitounos un deseñador gráfico coruñés, que se chama Gochi , deu unha charla moi amena sobre a forma de pintar comics, ademais de contarnos os seus comenzos que ao parecer non foron fáciles. Esta actividade estivo coordinada polo departamento de Educación Plástica, en concreto pola profesora Eva Verez, a que dende aquí lle damos as grazas. Por certo nela participaron os alumnos de Plástica. Todos sabemos que se podía facer moito máis, pero para iso débese ter en conta en primeiro lugar os cartos e despois a colaboración de todos, aos que lles damos as grazas por anticipado.
VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA E VIVEIRO DE EMPRESAS Mércores, 17 de decembro do 2008
administrativa do mesmo. Actualmente a Presidenta é Dolores Villariño Santiago. Vaia sorpresa cando chegamos alí! Atopamos unha manifestación diante do Parlamento e un gran número de policías á porta. Entramos no edificio, e tivemos unha visita guiada por todo o Parlamento. Vimos as diferentes salas de xuntas dos principais partidos de Galicia, (PSOE, PP e BNG), visitamos a Sala dos Reis e a biblioteca. Finalmente puidemos entrar á sala de plenos para presenciar os debates en directo. Estaban debatendo os presupostos, e creo que a gran maioría de nós quedou abraiado... Estamos acostumados a ver na televisión os plenos de forma seria, pero alí, o señor Feijoo falaba aínda que a presidenta lle mandase calar, aplaudían e, en definitiva, creaban moito balbordo... ata que puidemos ver as votacións a favor ou en contra e, finalmente, quedaron aprobados os presupostos. Os alumnado do ciclo superior de Administración e Finanzas do IES de Arzúa acompañado profesorado, collemos o autobús ás 9 da mañá para ir coñecer, en Santiago de Compostela, o Viveiro de empresas e o Parlamento de Galicia. Primeiro fomos ao Viveiro de empresas, onde unha amable muller nos deu unha charla sobre o viveiro. Trátase dun edificio situado no Polígono da Costa Vella que ten como obxectivo axudar e asesorar aos novos emprendedores que queren sacar
adiante a súa idea de empresa. Alí ofrécenlle un espazo onde situar a súa oficina e comezar cos seus primeiros pasos durante un determinado período de tempo, que será de 6 meses, aínda que logo poida prorrogarse ata un máximo de 2 anos. Tamén ofrecen un servizo virtual para poder contactar con eles. Saudounos o presidente da cámara de comercio, e Abraix, unha empresa que ten alí situada a súa oficina, contounos a súa experiencia. Ensináronnos as instalacións, e logo puidemos gozar dun bo almorzo grazas a un servizo de catering que tiñan contratado. A media mañá, achegámonos á cidade para v i s i t a r o Pa r l a m e n t o q u e , c o m o representación do pobo galego, vela polo bo goberno da Comunidade Autónoma. Isto significa que esta institución constitúe e destitúe o Goberno, e que ten facultades para exercer o control, a crítica e a orientación da actuación política e
Para min (como alumna de Administración, que levo todo o curso oíndo falar e falando de futuros emprendedores, de crear unha empresa no proxecto empresarial... coa profesora Mercedes explicándonos cousas sobre a Constitución, o Rei, o Presidente do Goberno, Ministros, Deputados, Senadores... ) foi, sen dúbida, unha visita moi interesante. Cristina Sánchez García 41
cultura
activa
NUCHAMUCHISMO
Dende hai ano e pico todo galego en particular ou todo ser en xeral ( se é que ten a canle internacional) puido decatarse do boom que creou a nova sección do Luar, o noso programa favorito, no que dúas irmás vidas da aldea de Ardebullo, parroquia pertencente ao Padre Nicanor, contan o que lles sucede de venres a venres e de paso cantan unha canción que é ao que van.
O seu nome artístico é o de Cantareiras de Ardebullo , bueno , a ver, en realidade estou dando información que xa todos coñecemos porque dende hai unha tempada fixéronse coa fama de Gayoso e de Piñeiro xuntos, e é tanto que polos corredores do IES a calquera hora pódese escoitar cantaruxar alegremente algún dos seus éxitos como pode ser Oh, Padre Nicanor ou tamén un moi coñecido As fillas da conexa , sen deixar atrás versións arrasadoras como Europe s living a celebration ou Colgado en tus manos , pero Nucha e Mucha non só se colaron nos nosos reprodutores de música, tamén engadimos nuchamuchismos no noso vocabulario como pepucha para referirnos a alguén tonto ou carmucha para alguén gordo e aos nenos xa non se lles asusta co Home do Saco nin co Cocón, agora fálaselles do BURATO DO MONTE. As irmás cantareiras incluso chegaron a estar na discoteca en Millí, todo un orgullo para os seus seguidores, carne de Palladium. Sería unha honra para moitos poder despedir o curso cunha cantiga de Nucha e Mucha, aínda que xa tiveron a ocasión de velas no instituto en antroido cando amenizaron cunha canción o momento de recoller o premio os de 1º Bach B, e tamén apareceron unhas imitadoras de 1º da ESO que moi guapas ían, pero ben se vía quen eran as de verdade. Aproveitando que fago esta crónica gustaríame comentar aqueles recreos nos que Carlos (Follencia, onde fan as cousas con paciencia) mais eu falabamos das actuacións das Cantareiras mentres, normalmente Leticia e Christian nos chamaban pesados e nos poñían cara de ferreiro. Pois agora estes dous elementos que tanto se queixaban non teñen inconveniente ningún en ver o espectáculo semanal das irmás ardebullenses.
O éxito destas cantareiras foi tan grande que xa teñen tarxetas para firmar como os famosos, camisetas co seu nome, orquestra propia e tuenti, con moito menos comezaron Xil Ríos e Juan Pardo e este último chegou tan lonxe que até cantou con Junior. Esperemos que as cantareiras teñan igual éxito e algún día as vexamos a carón de J.L. Perales, Paul McCartney ou Hugo o de música, grandes representantes desta arte. Sería todo un luxo poder asistir a tal acontecemento. Espero que vos sirva de algo esta achega ao mundo de Nucha e Mucha da man dunha fan aférrima, Lucía García Martínez, 1º Bach B.
,
imaxes do proxecto rios Inspección dos ríos Brandeso e Iso Coñecendo os insectos que viven no fondo e tomando mostras da auga PH, transparencia , caudal Diagnóstico: O Brandeso está un pouco enfermiño
42
GMA
cultura activa teatro para desafiar o inverno POR QUE B.BRECHT?
POR QUE A BOA PERSOA DE SEZUÁN? Neste cumprido mes de novembro onde houbo tempo dabondo para corear Yes we can, we are all obamitas e para alternar o catódico co micolóxico da alma e ir correndo a apañar boletus no monte sofrendo o síndrome TAE en cogumelo propio e en cogumelo alleo, houbo un instante tamén en forma de mañá de novembro en tránsito a decembro para se refuxiar en B.BRECHT, o escritor alemán antifascista perseguido e censurado por Hitler nos anos 30, o escritor alemán antiestalinista novamente prohibido, esta vez por Stalin e secuaces da RDA, duás décadas despois . E así unha mañá por Entrerúas e logo entre as bambalinas do Salón Teatro da cidade de Compostela tivemos a sorte de presenciar con riso fácil e aberta faciana o característico teatro brechtiano na revisitada e pola contra orixinalísima obra: A boa persoa de Sezuán. Unha parábola dun mundo deshumanizado que se localiza detrás das tupidas cortinas de neón de Hong Kong mais que podería acontecer detrás das nosas cidades, hoxe en día tamén escenarios de centros comerciais galopantes onde as franquicias de Mc Donalds, Burger King ou Zara se suceden como escalóns infinitos dunha nova e moderna escaleira de Jacob para tentar-mos atinxir o ceo. Un ceo, este do Lucifer consumo con un abano infinito de deuses e deusas ao servizo da relixión do mercado. E é que se tivésemos que comentar algo da obra desvelando aspectos importantes sen chegar a contala teríamos que destacar o elenco politeísta que estrutura toda a obra en varias partes e que constitúe a parte máis surreal e máis efectista de toda a montaxe. Porque neste escenario de A boa persoa de Sezuán hai que escoller entre rezar primeiro aos iconos do Che Guevara- Papa Clemente Groucho Marx, ou ir a Disneyworld Cathedral e confesarse con Mickey Mouse, regresar de Jamaica dunha viaxe espiritual co Bob Marley e doar todos os nosos cartos a Nai Calcuta . Nun labirinto de corpos Marilyn e cerebros Mao, os deuses son incapaces de asumir tanta miseria e demos fuxidos neste mundo, tanto horror, tanto habeas corpus ou horror vacui. E así, estas divinidades posmodernas vense coa obriga moral de sentiren vergoña e pudor por tanto mal, mostrándose ao mundo como outro Deus os trouxo a idem: En bolas . E o strip-tease final dos nosos actores-deuses, aparentemente recurso fácil, resulta en realidade unha alegoría da expulsión definitiva do paráiso terreal.Xa no queda ninguén neste mundo horríbel.Nin siquera nos podemos permitir un Deus
Quero ser grande O día 22 de xaneiro fomos ao teatro a Santiago de Compostela para ver unha obra titulada Quero ser grande . Foi unha obra que me gustou moito, pois trataba temas relacionados coa adolescencia e a mocidade, con matices humorísticos pero moi reais: A cotío vemos na televisión xente protestando polos botellóns que fai a mocidade debido a que o prezo das bebidas alcohólicas é moi elevado. Tamén se tratou o tema da cirurxía estética e así os fillos pídenlles aos pais para realizala e así eliminar os seus supostos complexos.
que expulse e repudie a Adán e Eva, os primeiros habitantes do paráiso segundo a mitoloxía hebraica, o politeísmo de papel couché da nosa posmodernidade está obrigado a autoexpulsarse e repudiarse a si mesmo incapaz de encontrar un mínimo atisbo de bondade no mundo que eles mesmos por creación profusa axudaron a crear. Esta fábula empregando as palabras do seu director, o portugués Nuno Cardoso, estaría pois máis viva que nunca a pesar de levar máis de 65 anos escrita. A boa persoa de Sezuán foi escrita cando o mundo de entón era unha ferida aberta. O fascismo, o capitalismo e o comunismo enfrontábanse nunha horrible guerra que deixou...unha palabra negra: holocausto. O mundo mudou. Vivimos hoxe a era da globalización. O muro caeu. Inventamos foros internacionais para a mediación de conflitos...Entón, por que Brecht? Non estará pasado? Deixo isto á consideración do espectador. Antes de me despedir, deixo soamente algunhas palabras, expresións e siglas que me levaron a abrazar este proxecto. Afganistán, África, bolsa, Banco Mundial, corrupción, Crash, Darfur, emigración, débeda externa, Irak, moda, Myanmar, OMC, OTAN, Palestina, petróleo, Quioto, sida, terrorismo, Timor, xenocidio, xenofobia. Todas elas xurdiron mentres lía os xornais desta semana neste ano olímpico 2008 e son elas as que me levan a pensar que talvez sexa apropiado montar Brecht. Non sei. Que opinan?
Outro tema de moito interese é o das saídas nocturnas. Os fillos negocian con pais a hora da volta á casa, pois para os fillos sempre é moi cedo e para os pais sempre é moi tarde. Logo, ao cumprir a maioría de idade chega o problema do carné de conducir e con el o do coche. Os pais aceptan prestar o seu coche pero os fillos prefiren ter un propio, a poder ser coa última tecnoloxía e que corra moito. Ademais disto tratáronse con humor moitos outros problemas como o das drogas, os embarazos non desexados, etc.. Despois do teatro estivemos en Galicia Dixital e tamén o pasamos moi ben. JUAN MOSQUERA CID. 1º ESO A
43
,
cultura
activa
POLO RiO ABAIXO VAI.... Este inverno, os nosos profesores de Educación física decidiron saír da rutina por unha vez e levarnos a coñecer mellor o mundo acuático. A xente ía moi animada e con ganas de pasalo ben pero ninguén se imaxinaba que ía dar tanto subidón como dicía algún, facer rafting polo Ulla. Ao chegar distribuironnos uns traxes de neopreno, casco, chaleco salva vidas... e como non , cada 7-8 persoas en cadansúa lancha . O traxecto de baixada polo río foi moi duro; rochas , terra , baixadas empinadísimas .BUFF ...Todo un risco! pero grazas á axuda dos monitores puidemos chegar ao fin do traxecto sen mal ningún. O máis emocionante foron os rápidos e os asaltos que fixemos dunhas balsas a outras; vexamos o que opinan os compañeiros de 1º de Bach e 4º de ESO autores ou observadores da fazaña:
Así vestidos parecedes uns patos mareados , eu non fun pero visto o visto parece moi divertido!! Moi guapos todos , eses cascos non vos confundiríades de deporte? Eu penso que íades facer motociclismo!
Eses rapaces... non había ninguén que vos pillara, creo que sodes uns bos remadores!!! As caras impoñen eeeeh!! A cara é o espello do corazón , e a vosa dío todo.
Esas de 4º ¡¡ Lebavades todas o mesmo ritmo, impresionante ¡ Que medo pasamos ao principio; pero o final foi divertido , demostroume que si que é un deporte de risco vaia si é!!!
Eu estou sin palabras , cando vin estas fotos ..dixen... pero quen no las quitou? E resultou haber un espía secreto que nos miraba a cada momento. Parece unha película!! A auga estaba friísima, eu cando metín os pés pensei en quedar no sitio pero aínda asi paseino de medo.
Como se nota que somos de 1º bach, sempre dando a nota pero ben guapiñas que saímos eeeh! Sen palabras , todo en xeral estivo moi ben, demasiado ben , creo eu.
Eu daríalle as grazas aos profesores que foron moi enrollados e creo que o pasaron tan ben coma nós. Que perspectiva , que bonito, esta foto está moi ben para min é a mellor. Que fotazos nos tiraron
Unha crónica de Ana Belén Mato, 1ºBach A 44
cultura .. ..
CON MOI BOA MEMORIA...
,
UNHAS VIEJUNAS ARZuA 2080
activa
Reproducimos a continuación un diálogo escoitado a unhas velliñas moi nostálxicas... As vellas en cuestión déixanos tamén ilustrar o seu falar con unhas cantas fotos antigas daqueles marabilllosos anos mozos...
concavamente perfectos as piratas do zoo Caribe
-Vanessa, acórdaste daquela excursión que fixeramos a Madrid? -Ai si, a que cadrara en día de feira non?? -Ai moi ben o pasamos eh, e quen viñera con nós? -Non estou segura pero creo que foran Sabelita (a de francés, maja ela), Neiro e Fina. -É verdade, e Benito! -É verdade, que majo que era o home eh.
-Bah, ímoslle contar a esta xente que ben o pasamos. -Ai vai: Despois de pasar un tempo que se nos fixo infinitamente longo no autobús, por fin chegamos a Madrid, era de noite así que fomos directamente ao hotel (bueno para ser sinceros era un hostal e non estaba en Madrid senón en Alcalá).Pois eso, deixamos as maletas, que cear xa cearamos polo camiño, e durmimos .O que máis costou foi levantarse ao día seguinte pero fixemos de tripas corazón e
salta, salta que non cheghas!
alí fomos, destino Toledo. Tivéronnos de paseo todo o día: que se baixamos, que se volvemos subir vamos o típico das excursións deste tipo e por suposto a visita obrigada ao Bershka. Finalmente recollemos ás oito e algo e xa marchamos para o hostal. Cambiámonos e deixando foto dedicada a Sabela
atrás o noso espírito e cansanzo leváronnos cear a un restaurante italiano, segundo as luces de neón, que se chamaba La pasta gansa .Voltamos ao hostal e como bós alumnos e alumnas que somos non deixamos durmir ao pobre de Benito que durmía, ou polo menos intentábao, na mesma planta ca nós.
greco rules! o que hai que ver por ter ollos!
45
,
cultura Toledo visto con outros ollos
E ben, o día máis esperado estaba a piques de chegar a feira! (en realidade, o parque de atraccións). Custounos un pouquerrechiño atopar o lugar en cuestión pero chegar, chegamos. Estaba ben o recinto e tal e os bocadillos tamén
activa
majísimos!
-Si, a Pepe Pasión!! Ao final botáronnos -Xa -Pero pasámolo ben igual no hostal, va que
ás portas da cidade de Toledo
co noso amigo miguelito
si? Cos contos eses que inventamos, non si María? -Pouco durmimos -Si -O fin chegaba, só quedaba a visita ao hábitat natural dalgún que nóos sabemos o ZOO!! Pois iso, que fomos ao zoo e vimos moitos animais e un espectáculo de golfiños e así. Despois de xantar, emprendimos rumbo de volta á terra do queixo: Arzúa!! Benito púxonos un gali-karaoke no bus e,
luz verde a Madrid (Alcalá)
Por fin chegamos ao parque de atraccións, mimá, im-presionante, sobre todo a Casa do Terror que ocasionou danos materiais (os pantalóns de Irene) e minou a nosa amizade (temporalmente) por culpa dos empuxóns, berros e outras cousas o peor foi Kanhotas, pobriño! -Ai, esa noite foramos de marchuqui non?
salta, salta que non cheghas!
vamos repoliñas!
despois de rebentar as cordas vocais ao son da rianxeira, chegou a fin O máis duro, sen dúbida algunha, a despedida do noso querido Benito, que deixou unha pegada no corazón de todos (e tamén no noso mp3). -E así foi, non? Quedanos algo? -Pois pénsoche que non -Pois veña logo, deixámoslles que sigan lendo a Fusqui non? - Por min si! - Até outra, majos!! Vanessa Taboada e Rocío Facorro
46
cultura
petando ao corazón da cidade
activa
,
marea negra en arzua
sete anos despois 13 de novembro de 2.002 Petroleiro Prestige Catástrofe nas costas de Galicia A catástrofe do petroleiro Prestige que afectou directamente ao litoral da provincia da Coruña, especialmente á Costa da Morte, supuxo un espertar nas nosas conciencias co respecto ao coidado do medio natural. Foi, tamén, a ocasión para que o xornalismo exercese en liberdade o seu oficio de informar con veracidade do que acontecía no mar e o que se decidía en terra por parte dos que tiñan a obriga de tomar decisións. A biblioteca do IES de Arzúa, contactou co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia porque sabiamos da existencia dunha estupenda exposición de fotografías de máis de 50 fotoxornalistas nas que se relexaba toda a magnitude da traxedia acontecida hai case 7 anos. Entendemos que é importante que un feito como o acontecido co petroleiro Prestige non sexa esquecido facilmente e agardamos que esta exposición poida servir de mostra didáctica para toda a
comunidade educativa de Arzúa e para que a sociedade en xeral lembre que as dimensións desta catástrofe aínda as estamos a sentir. En resumo, dar a coñecer estes terribles feitos, cheos de horror e de solidariedade, para ver as múltiples dimensións dunha catástrofe ecolóxica, económica e social, para espallar imaxes que, quixesemos, NUNCA MÁIS tivesen lugar en Galicia (nin en ningunha outra parte do noso mundo), con imaxes susceptibles de transmitirnos:
Dende a Bilioteca do IES de ARZÚA queremos reiterar o noso agradecemento ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e en particular a Mª José Cela por cedernos esta exposición que visitou practicamente toda a península e ata chegou ao Parlamento Europeo.
-Os berros do silencio -A rebelión da razón -A luz da solidariedade -O impulso da liberdade -O compromiso consciente dunha profesión que consiste en contarlle á xente o que pasa e lle afecta directamente. 47 53
cultura activa AS BOLSAS DE TEA REUTILIZABLES DO GRUPO DE MEDIO AMBIENTE O IES de Arzúa propuxo a venda de bolsas de tea, coa finalidade de que a xente as comprase para utilizalas en vez das bolsas de pástico, que ano tras ano se van acumulando e tardan mil anos en descompoñerse. (Arantxa Castro Iglesias, 4º ESO B)
Coas bolsas de plástico normais contaminamos os mares, os océanos e até os animais. (Irene Maneiro Cuesta, 4º ESO B)
ti escolles... Gárdase nunha funda e a penas ocupa espazo no teu bolso. (Inés Seoane Matínez, 4º ESO B) IMAXE 6
Se cambiamos de hábitos e nos concienciamos uns aos outros, podemos conseguir que o mundo estea máis limpo e poidamos vivir mellor. (Alba Andrade Vázquez, 4º ESO B) Se as usasen moitas persoas no mundo, contribuiriamos pouco a pouco á loita contra a contaminación. O día de mañá poder ser moito peor se non facemos algo para cambialo. (Irene Maneiro Cuesta, 4º ESO B)
?
e ch
ta
s gu
As bolsas de plástico matan cada ano un millón de aves mariñas. As bolsas de plástico tenden a romper ao segundo uso, mentres que as de tea poden ter infinitos usos. (Raquel Carracedo Porto, 4º ESO B)
E a nosa proposta e:
Afórrase á hora de ir ao supermercado coa túa propia bolsa, sen ter que pagar as do establecemento. Ademais, esteticamente é bonita e non vai anunciando propaganda. . (Inés Seoane Matínez, 4º ESO B)
OS PUNTOS LIMPOS Un Punto Limpo é un proxecto no que participa actualmente todo o alumnado de 1º curso de Diversificación Curricular, xunto con outro moito alumnado do IES de Arzúa. O Proxecto céntrase na reciclaxe de papel e de pilas para favorecer o desenvolvemento de prácticas ecolóxicas entre o alumnado. Contamos para o noso traballo coa coordinación das profesoras de Plástica (Eva Vérez) e de Tecnoloxía (Chus Gómez). O proceso que estamos a levar neste momento é o seguinte: - Pintar varias caixas de cor azul. Estas caixas están destinadas a recoller papel usado. - Recortar semicírculos de madeira e pintalos de cor verde. Cada
48
Alumnos/as de 1º de Diversificación traballando na fabricación dos puntos limpos
semicírculo é utilizado para indicar e facer máis visible o Punto Limpo. - Pegar en cada caixas e mais en cada semicírculo un distintivo en forma de sol. - Coller varios botes valeiros ou caixas de cartón se non chegan ditos botes- para poder Pintando as caixas onde se vai a recoller o papel recoller neles pilas usadas. - Sacar do almacén do centro escolar varias mesas (unha por aula). Sobre cada mesa colócanse dúas caixas azuis grandes e tamén un bote ou caixa pequena. Unha das caixas grandes está destinada ó papel que tan só foi utilizado por un dos lados; na outra caixa ponse papel que xa non se pode reutilizar porque ten as súas dúas caras usadas. No bote ou caixa pequena colócanse as pilas esgotadas que traen @s alumn@. En cada aula colocamos unha mesa e un conxunto de envases para a recolleita. Alumnos e alumnas participamos neste proxecto coa finalidade de que todo o alumnado do noso centro aprenda e practique, tanto no seu fogar como en tódolos lugares a onde vaia, a reciclaxe de residuos. Pretendemos axudar a que o medio ambiente mellore e
cultura
Colaboración de alumnos/as de 4º de ESO
Aínda que algún de nós opina que non vai ser nada fácil cambiar os hábitos do alumnado do noso centro xa que o máis común aínda é tirar o papel e as pilas en calquera sitio, a maioría consideramos que este proxecto de Puntos Limpos vale a pena porque con el podemos aprender a ser máis ordenados tanto na clase como na casa. De tódolos xeitos pensamos tamén que podemos mellorar aínda bastante o sistema de recollida de papel e de pilas e que sería bo, por exemplo, diferenciar as cores das
activa
diminúa así o número de árbores taladas no mundo. O noso traballo -aínda que teña tan pouca importancia como a que ten unha gota de auga nun océano- pode conlevar tanto certo aumento do osíxeno na atmosfera como un freo ó cambio climático que no momento actual constitúe unha ameaza para o mundo.
Entrega de varios puntos limpos ó equipo directivo
Entrega e colocación do primeiro punto limpo na aula de 1º ESO A
dúas caixas grandes destinadas a recoller papel usado, xa que neste momento pódense confundir as dúas caixas e polo tanto a miúdo hai que volver colocar correctamente unha boa parte dos papeis depositados en cada caixa. Se o proxecto funciona, como nos gustaría, pensamos que debería repetirse en cursos escolares vindeiros. Agardamos que @s alumn@s do IES de Arzúa colaboren e aproveiten para se acostumar ó bo costume da reciclaxe. Alumnado de 1º de Diversificación Curricular: Úrsula Becerra, Katia Carrillo, Xoán Carlos Pampín, Begoña Carril, Cristina Pérez
,
correlingua.09 Paso que arraso (un ano mais) NUN LUGAR DE ARZÚA de cuxo nome non quero lembrarme, había non hai moitos meses un grupo de arzuáns dos de queixo en Tupperware, verba antiga, vacas mantidas e palleiro corredor. Compoñían as tres cuartas partes da charanga potentes voces de verba aguda e áxil, unha ola de músicos trouleiros e algún enchufado desapercibido. [ ] Esta charanga, os ratos que estaba ociosa (que eran os
máis do ano), empregábaos en cantar con tanta afición e gusto, que esqueceu o exercicio do estudo (por un día) e foi a pétrea e chuviosa terra santiaguesa, disfrazados de simpáticos personaxes andantes, coa finalidade de desfacer todo xénero de agravios lingüísticos. O primeiro que fixo foi limpar unhas verbas que foran dos bisavós, que cheas de ferruxe e mofo, largos séculos facía que estaban esquecidas nas celas de El Caballero de la Blanca Luna.
49
cultura
Exemplos típicos de disfraces da charanga:
activa
,
A charanga comezando a desfacer agravios lingüísticos
Pasamos que arrasamos. Non fomos os que máis corremos, pero fomos os máis divertidos (excepto Vanesa, que a cara fala por ela mesma)
Dando a nota (e nunca mellor dito)
50
Maruxa e compañía, pero ela a máis maruja, sen dúbida…
cultura
activa
E un ano máis gañamos o premio de animación (para non variar).
E un ano máis gañamos o premio de animación (para non variar).Non sabemos se foi o aire colexial, ou que aportamos máis vatios que unha central nuclear, pero por onde pasamos non volve medrar a herba, por onde pasamos arrasamos. E este foi o noso canto de guerra: FALA NA MIÑA LINGUA/FÁLAME A MIN PENSA EN PASALA/E TE DIVERTIR FALA NA TÚA LINGUA/FÁLOCHE A TI É DOADO USALA/DEPENDE DE TI PORQUE A TI CHE FALO, CHE FALO EN GALEGO FÁLAME TI A MIN NA FALA DO CORAZÓN con melodía arranxada por Pablo da canción Mama Creoula do músico caboverdiano Tito Paris Vicente de Cervantes Saavedra Vázquez Vidal O enxeñoso queixo don Queixote de Arzúa
51
Kafka
PP
o indio
Paz e
52
o a vaquiña !!
E máis rapeiras
velliñas
53
Luar
ela seus rios
54
f u s q u e n l l a ,
chuzos de riso grAN PARIPEDIA Un ano máis, como manda a tradición, dispuxémonos a vendimar a ocorrencias que de entre as nosas perlas (con ou sen brackets) saían. Non sabemos se sería o tempo, as hormonas ou o cha cha cha, pero sabemos que este ano non estivo marcado pola cantidade, senón pola calidade. E como se di por aí o breve se bo, dúas veces breve... Ou era do revés? É o mesmo. O caso é que vai Paripedia curta en Fusquenlla curta. Se é que o tamaño non importa! E aí quedan. (Existen follas de reclamación a disposición dos lectores) Pero como non vos gusten, para o ano que ven tomades sete cuncas! Asinado e rubricado: Uns que teñen xeito LUCÍA: Rather tall = raza alta Coincidencias simplemente
DE 1º BAC B
JÉSSICA M: Todas as boas pezas se chaman Daniel de Bustamante! Non sabía que tiña un nome tan tan masculino!
coma a filla
CRISTINA A: Do texto sacades aquilo LUCÍA: E logho a ghranel? A min ponme douscentos gramos
BELÉN: Non te metas en chaleco de once balas! Belén sempre tan bélica.
VICENTE: Melibea era insegura porque daquela non había Tenna Lady. Como farían logo?
VIOLETA: ¿Que se saca de la madurez? VICENTE: ¿Un hijo? E que hai que fomentar a natalidade.
JESÚS: A min nunca me acusarían de violación porque todas queren comigo. Se algún día me matas e me violas, que sexa nesa orde
AGUSTÍN:Un orfo é un rapaz huérfano ! Agus: querémoste.
VANESA Q (Vendo unha película onde se lle ven a unha muller as partes íntimas): Hostia, vaia estepa!! Aposto algo a que nesa estepa non había clima polar, precisamente
VICENTE: África e Buente é todo o mesmo! Un non sabe ben a extensión do terceiro mundo VICENTE: Parecemos porcas becerreiras Co conto da gripe porcina non se sabe como pode mutar a cousa BELÉN: Vexo nubloso Pois vas ter que levar as gafas a graduar a Meteogalicia LILA: Eu sempre lles chamo raíces pero son radicais VICENTE: Si, como os chiítas! As matemáticas son un saber moi extenso LUCÍA:Como se vai xogar ao hóckey xeo fóra? Este tío flipa! AGUSTÍN: Flipa ho! Que agustín se está con Agustín VIOLETA: ¿Quién es Bárbara? VICENTE: Eu Que bárbar@!!! BELÉN: Esta é das que van de Arzúa a Millí dando a volta por Boimorto! As estradas en Galicia xa se sabe como están VIOLETA: Cuando Lázaro se fue a vengar de Don Quijote la Celestina tomaba ensaimadas con la Regenta. DIEGO: Eu parézome ao Conde Lucanor non físico, ou non? Si, moito. No branco dos ollos.
JÉSSICA M: Jesús, naciches home pero puideches nacer mono! Din que vimos diso VICENTE: A palabras fecundantes oídos anticonceptivos. De barreira, hormonais ? LUCÍA: Cópiao tantas veces como pitos teñas na ghranxa, ou non, mellor coma cantos ovos, que os pitos poñen moitos ovos Ese ovos non dan nin para un flan BELÉN: O cóctel de Medellín. E ese cóctel sérvese en botellín? JESÚS: Abride a ventá que ule malísimo, a xente non se lava, ten ese vicio Haiche vicios peores BELÉN: Vicente, vai para a casa que iso é da gripe, agripe porcona. Vaite pa casa porcona, vaite pa casa, se non che chegha a casa alquila un hotel (cántese para entender) AGUSTÍN: Os de segundo son uns traicioneiros indeseables. Si, o mesmiño xudas Escrutinio Vicente: 7 (gañador) PREMIO: Un exemplar de Paripedia. Belén: 5 (finalista) PREMIO: Un billete do Freire Arzúa-Boente. Lucía: 3 (semifinalista) PREMIO: Un chaveiro de autoescola. Jesús: 3 (accésit) PREMIO: Un chimpín Fiuzó. Noraboa aos premiados. E para o ano máis, mellor é imposible.
55
chuzos
de
riso
,
AS LEMBRANZAS DESTES DOUS ULTIMOS ANOS ,
Rocío Veiga e Belén García Estes dous últimos anos en diversificación foron os mellores de todos xa que somos un numero reducido de persoas, concretamente sete; cinco rapazas e dous rapaces. Sempre tivemos boa relación entre todos/as. Participamos en todas as actividades que podiamos, e por iso queremos lembrar algunhas convosco: _ A mellor de todas foi a que fixemos ao colexio La Salle .Con esta foto queremos recordar algún daqueles momentos: _ Outra participación nosa onde tamén o pasamos bastante ben aínda que con algo de vergoña, foi no entroido deste curso. Aquí vos mostramos os nosos disfraces tan monos : Outra grande excursión foi a do CORRELINGUA: Nesta excursión cantamos, bailamos e berramos todo canto puidemos xa que había que gañar e así foi (ARZÚA GRANDE GAÑADORA DO CORRELINGUA EN SANTIAGO) É máis, vou facer unha grande achega: SEGURO QUE FOI GRAZAS A NÓS, XA QUE SOMOS UN GRUPO ESTUPENDO (Segundo a opinión dos alumnos/as).Alí tamén nos encontramos
EN DIVERSIFICACION cun profesor moi querido por todos/as nós; estamos a falar de Manuel un grande profesor ao que este curso botamos moito de menos. Supoño que todos sabedes quen é, pero para aquel que non o saiba poñemos unha foto del: Aínda que neste curso non foi todo excursións. Nas clases, algún día que outro, tamén o pasamos ben. Houbo risos e máis risos xa que no medio da clase sempre sae algunha parida que outra, sempre sen pensalas antes. Esta é a listaxe dalgunhas: (Un día na clase de matemáticas facendo os exercicios) Rocío: As galiñas teñen 2 patas? Anxo: Non, teñen 4 patas. (Na próxima clase de matemáticas, antes de comezar a clase) Verónica: Rocío, dende cando as galiñas teñen 2 patas? (Na última clase antes da excursión, durante a clase de Inglés) Belén: Se os puidese traer nun peto, xa os traía para aquí. (Polos rapaces do instituto La Salle) (Na clase de inglés) Anxo: Do you smoke English? (Na clase de Literatura falando sobre Eduardo Blanco Amor) Anxo: De branco non ten moito, ben, si, a cabeza. (Un día no recreo falando con unha rapaza de P.C.P.I) Martina: Esta rapaza é mais tímida que un can.. (Na clase de Bioloxía discutindo Verónica e Rocío) Carmen Liñares: Vós as dúas parecedes unhas gatas. (Na clase de Historia Sabela explicando colleu o xiz, despois de Xavier) Sabela: O xiz está mollado, chupades xiz? (Un día no recreo Cristina Álvarez saíu da cafetería e Verónica estaba falando por teléfono) Cristina Álvarez: Tede coidado de non vos mancar coa porta. Verónica: Impórtache (Dicíallo ao do teléfono)
Cristina Álvarez: Que te manque? Verónica: No, non cho dicía a ti.Estou falando por teléfono. Cristina Álvarez: Ah, pensei que non che importaba se te mancaba coa porta.
e...QUE SIGNIFICOU PARA NÓS ESTAR EN DIVERSIFICACIÓN? Estes dous últimos anos significaron moito. Aquí aprendemos a ter máis cultura xeral e tamén moitas máis cousas que agora non vou nomear porque senón non acabariamos na vida... En xeral, axudounos moito. Estar estes dous últimos anos en diversificación foi a mellor opción que poidemos elixir para poder obter o título da ESO sen inconveniente ningún. Aínda que durante o curso fomos algo preguiceiros para o estudo, penso que para o resto da nosa vida adquirimos certos hábitos de estudo e de lectura que non nos abandonarán nunca. Estamos contentos/as de que nos deran esta oportunidade porque senón algún de nos non daría obtido o título. Ben, esta é unha opinión.
Por que un polo cruza unha estrada? E para que vexades que non todo o que circula no Tuenti son fotos e comments tuentos a preguntas tuentas .. Por que un polo cruza unha estrada? COMMENTS: PROFESOR DE PRIMARIA : Porque quería chegar á outra beira. PROFESOR DE SECUNDARIA: Aínda que llo explique, queridas bestas, non poderán entendelo. PROFESOR DE BACHRELATO: Non importa, non entra na Selectividade. PROFESOR UNIVERSITARIO: Para saber por qué o polo cruzou a estrada (tema que se incluirá no parcial de mañá) lean os apuntamento dende a páxina 2 á 3050. ALUMNO DA LOGSE:Que é un polo? SÓCRATES: Só sei que non sei por qué o polo cruzou a estrada. PLATÓN: Polo seu ben. Da outra beira 56
atópase a verdade. ARISTÓTELES: Está na natureza do polo cruzar as estradas. HIPÓCRATES: Cruzou a estrada por culpa dun exceso de secrecións no páncreas. MAQUIAVELO: O importante é que o polo cruzou a estrada. A quen lle importa o porqué? Soamente o fin de atravesar a estrada xa xustifica calquera motivo que tivera. CAIO XULIO CÉSAR: Veu , veu e cruzou a estrada. GALILEO: E sen embargo, cruza. DESCARTES: Este un feito empírico e, polo tanto, incerto ou cuestionábel, habería que construír matematicamente ao polo, previo sometemento do animal á dubida metódica universal para comprobar que este,
chuzos efectivamente, é. O resultado sería probablemente que non podemos afirmar a existencia, en principio, do polo, aínda que isto non nos interesa, porque a verdade só está na certeza matemática. NIETZSCHE: O polo morreu por cruzar a estrada. KARL MARX: Era historicamente inevitable que o polo cruzase. MIHAIL BAKUNIN: Unha vez que o polo se poña en folga xeral, a estrada afundirase e desaparecerá, e nunca máis terá que cruzar polo seu asfalto opresor e clasista. O polo será libre. LENIN: O polo forma parte dla vangarda socialista. Pronto outros polos, tras recoñecer a súa condición de clase proletaria, seguirano pola estrada camiño da revolución. DARWIN: Ao largo de grandes períodos de tempo, os polos foron seleccionados naturalmente de modo que agora teñen unha disposición xenética a cruzar estradas. FREUD: O feito de que estés preocupado sobre por que o polo cruza a estrada revela a túa inseguridade sexual. Edipo Avícola. EINSTEIN: O feito de que sexa o polo o que cruce a estrada o que sexa a estrada a que se move debaixo do polo, depende. É relativo ao sistema de referencia. MARTIN LUTHER KING JR: Tiven un soño onde todos os polos eran libres de cruzar unha estrada sen ter que xustificar os seus actos. BUDA: Preguntar, iso nega a túa propia natureza de polo. MOISÉS: ...E Deus baixou dos ceos e díxolle ao polo: "Cruza a estrada". E o polo cruzou a estrada e todos se alegraron. XESÚS DE NAZARET: Benaventurados os polos , porque eles cruzarán a estrada. MAHOMA: Todo polo debe peregrinar polo menos unha vez na súa vida á outra beira da estrada. IGREXA DA CIENCIOLOXÍA: A razón está en vós, pero non a coñecedes aínda. Mediante un módico pago de 1500 dólares máis o aluguer dun detector de mentiras farémoslle unha análise psicolóxica que nos permitirá descubrir a razón. ANNE IGARTIBURU: O polo cruzou a Marina D or Ciudad de vacaciones. BELÉN ESTEBAN: Andreíta coño, comete el pollo!! DGT: Non podemos cruzar a estrada por ti.
de
riso
FRANCISCO UMBRAL: Eu vin aquí para falar do meu libro... E pasa o tempo e só se fala de polos... FUNCIONARIO: Agora mesmo vamos pechar e non llo podo explicar. Veña mañá. COTILLA: ¡Non vas crer o que fixo o polo do 4ºB! ¡Nin o imaxinas! FIDEL CASTRO: O polo é un desertor por iso cruzou a estrada pero hase de arrepentir das inxustizas da outra beira e, créanme, o polo volverá. RICHARD M. NIXON: O polo non cruzou a estrada, repito, o polo non cruzou nunca a estrada. BILL CLINTON: Xuro sobre a constitución que non pasou nada entre o polo e eu . STALIN: Hai que fusilar ao polo inmediatamente, e tamén ás testemuñas da escena e a 10 persoas máis escollidas ao azar por non ter impedido este acto subversivo. HITLER: Un polo cruza a estrada!, ¡¡¡¡ESMAGÁDEO!!!!! AZNAR: O polo ía en misión humanitaria, repito, ese polo ía en misión humanitaria. FELIPE GONZÁLEZ: Eu souben que cruzou o polo a estrada polos xornais, repito, sóubeno polos xornais. ARIAS NAVARRO: (Mentres chora) Españois... o polo... cruzou... GEORGE W. BUSH: O feito de que o polo cruzase a estrada a pesar das resolucións da ONU representa un grave ataque á democracia, a xustiza e a liberdade. Isto proba sen ningunha dubida que tiñamos que ter bombardeado esta estrada fai tempo. Co obxectivo de garantir a paz nesa rexión, e para evitar que os valores que defendemos sexan outra vez atacados por este tipo de terrorismo, o goberno dos Estados Unidos de América decidiu enviar 17 portaavións, 46 destrutores e 154 fragatas, co apoio dende terra de 243.000 soldados de infantería e polo aire de 846 bombardeiros, que terán por misión, no nome da liberdade e da democracia, eliminar todo asomo de vida nos galiñeiros a 5,000 Km. á redonda, e despois, asegurarse con uns disparos de mísis moi precisos de que todo o que se pareza de lonxe ou de cerca a un galiñeiro sexa reducido a unha morea de cinzas e non poida nunca máis desafiar a nosa acción coa súa arrogancia. Decidimos tamén que despois, este país será xenerosamente dirixido polo noso goberno, que reconstruirá galiñeiros segundo as normas vixentes de seguridade, poñendo á súa fronte a un galo escollido democraticamente polo embaixador dos Estados Unidos de América. Para financiar todas estas reconstrucións, conformarémonos co control absoluto de toda a produción de cereais da rexión durante 30 anos, sabendo que os habitantes locais se beneficiaran dunha tarifa preferente sobre unha parte da produción, a cambio da súa total cooperación. Neste novo país de xustiza, paz e liberdade, podemos asegurarlles que nunca máis un polo intentará cruzar una estrada, pola simple razón que non haberá máis estradas e que os polos non terán patas. Que Deus bendiga América. Unha idea de I. CARREIRA
ultima hora ! ! ! ,
,
DESCOBREN CAL e A ENFERMIDADE QUE ESTa A ALARMAR A TODA A COMUNIDADE SANITARIA Mentres a epidemia se estende por todo Galiza elevando o número de infectados a 23, os científicos deron xa coa causa dela. O equipo de Inmunoloxía do Hospital Clínico de Santiago ven de publicar o descubrimento máis transcendental da última tempada. Descubriron que a enfermidade está causada polo virus da Influenza Saccharomyces, unha variante da gripe común. Esta enfermidade transmítese mediante unha mosca, a Drosophila melanogaster, que ao pousarse sobre os alimentos déixaos impregnados do virus de xeito que ao seren inxeridos, pasan ao organismo humano. Xa dentro del, comezan a invadir as células do tubo dixestivo provocando que estas morran por apoptose, o que produce unha gran dor. Despois o virus migra polas células do sistema nervioso ata o cerebro onde comeza a destruír a masa encefálica causando ocos. Estes buracos fan que en Arxentina comece a ser coñecida como a síndrome dos cabezas huecas . Mentres que en Galicia son 23 os casos diagnosticados desta patoloxía, no territorio español xa acadan os 349, e a nivel global superan os 7.184 doentes. Dende a Organización Mundial da
Saúde non dubidan en lembrar que é unha enfermidade que se transmite cunha gran facilidade, e para previr os contaxios recomenda evitar o consumo de hidratos de carbono, graxas, proteínas ou calquera outra substancia cun contido en auga superior ao 0.1%. Dende a redacción da Fusquenlla manterémolos informados de todas as novas que se produzan respecto a esta importante noticia.
57
chuzos
de
riso
conxuros Os magos máis turuleiros do ies Arzúa ofrécenvos un pequeno extracto do seu Liber Magicus 09. Este papiro cheo de inocentes invocacións, lenes encantamentos e brandos meigallos é exclusivamente maxia branca, non conxura ao Maligno e aínda que foi aprendida no pérfido e subterráneo laboratorio celestinesco só pretendeu por uns instantes transformar con cándida alquimia a realidade...Os ingredientes para a poción foron toneladas inmensas de tenrura e riso e infimísimas micropartículas de raiba roñosa e mala baba bulbosa...Os magos turuleiros non admiten máis preguntas, a Inquisición obsérvaos. Practicade no verán... estudiadatum, lecturatum e diverticatum. Esconxuro vengativo Sempre fun das que pensan que vale máis caer en graza que ser gracioso,e aínda que se que as aparencias enganan,a primeira impresión que teño das persoas adoita ser determinante... E aínda que poida resultar equivocada contigo non fallei.Ti botáchesme mal de ollo coma se foses bruxa mentres eu cravaba follas como agullas na miña burbulla. A miña vinganza será máis intelixente que a túa, as túas malas artes non van facerme desistir. Para iso convoco á Deusa do Olimpo, Atenea, Deusa da intelixencia e da sabedoría. Pola hipocrisía,a soberbia,a maldade,polo odio acumulado no interior desta rapariga e por acusarme de ser patética, por ser ti quen vive pendente da miña existencia, polo resentimento que habita na súa alma,por escudarse na súa
dobre personalidade para así tapar a súa pobreza espiritual... E pola covardía tan grande que nunca se atreverá a recoñecer... Por iso conxúroche para que sigas as miñas ordes,para que che reencarnes nunha nova rapariga e leves a esta lonxe de aquí. Primeiro ensináraslle mundo,para que así se dea de conta de que non todo na vida é ir dando saltos como? Heidy?. Despois te converterás na súa mellor amiga e farás que confese por cada mentira,por cada engano,por cada manipulación. Fai que aprenda a chorar por cada vez que teña ganas de rir, cando consigas todo iso daraslle clases de honestidade, humildade, intelixencia, amabilidade, sinceridade... Até conseguir o meu propósito,convertela no que nunca chegou a ser... Unha boa persoa.
En vista de que a morte ronda os rincóns deste pobo ameazándoo co manto frío da tiranía e a opresión, eu invoco as forzas do ben, pois nunca é tarde, para que combatan esta néboa maligna que descende sobre nós. Elevarei a miña voz ao ceo e os ollos cegos verán, os oídos xordos oirán e as mentes tontas comprenderán que así non, isto non é a felicidade. O momento non chegou para salvarnos, o momento vólvese en contra de nós, coa nosa decisión de martirizarnos, co autoodio. Poñamos pois toda a nosa forza espiritual, que non é pouca, para que a herba naza vencendo o deserto, as árbores volvan a medrar, e rompan as cadeas deste corazón, que vida merece xa, que despois de séculos
de prisión, nin así morreu a esperanza dun futuro libre, de amor. Por iso e por ser consciente do meu poder e do dos meus compatriotas, compañeiros en sufrimento e dor, reclamo a axuda de Sensatez e a súa irmá Sabiduría, que irrumpan na escuridade, rompan o aire e leven de aquí a longa noite de pedra na que me vexo inmersa. Así se cumpra, desde hoxe e para sempre.
Patas de ra, ollos de percebes que ese rapaz caia nas miñas redes Rabo de rata, corno de cervo que ese rapaz se volva o meu servo Fígado de voitre, dentes de castor que ese rapaz morra de amor Moco de pita, pluma de ave que ese rapaz me ame Patas de araña, ás de moscón que ese rapaz me dea o seu corazón Pelo de gata, galiña da feira que ese rapaz me queira
58
Que a unidade colectiva sexa de novo unidade, e que castigue ós opresores coa eterna soidade. De catro follas, conxuro un trevo, De catro anos será o tormento.
chuzos
de
riso
Nós, o trio Lalalá invocamoste Hades, deus dos infernos para que cumplas o noso cometido. Queremos que nos axudes a que se produza a evaporación de Ipsa. Para isto chamamoste con estas palabras: Rabo de boi, rabo de besta dixo meu pai que disipes a esta. Ollo de boi, zanca de ra queremos que a Ipsa evapores mañá. Co sangue de rata co que bañamos esta carta esperamos que Ipsa marche a Yakarta. Sr. Dos infernos a caso contrario de non recibir a tua axuda con gran ansia maldeciremos a tua sepultura.
Eu conxúrote Eris, deusa da discordia, irmá de Ares, deus da guerra, para que coa túa malévola esencia nos axudes co noso cometido. Ti, co teu poder de persuasión sobre as forzas do Mal, atrae a desgraza e os infortunios sobre este crucifixo. Fai que, en canto esté en presenza daqueles que nos envexan ou nos odian, actúe coma un imán da mala sorte sobre eles. Deusa da discordia, deusa Eris, Fai que sufra Quen me engane. Que os seus beizos me supliquen Aterrados, PERDÓN. Que vexa o meu rostro Aínda que mire ao baleiro Vaia onde vaia. Se se atreve a negarse, Somete a súa vontade Até que veña suplicarme Deusa Eris, deusa da ira, Fai que soñe comigo E rogue que sexa de día.
Para xuntar un imposible amor e acabar con esa dor, nós, Deusas das tebras, ínvocamoste a ti, Cupido, Deus do amor, para que mediante a unión destes pelos salpicados coa sangue do amado, Alberto, se entregue en corpo e alma a Francisco, para toda a eternidade, o cal ante nós se presentou desconsolado, chorando por o amor dun home que o despreciara. Acudimos a ti para que nos axudes a que se unan as súas vidas medianten os teus poderes divinos.
Escoita as nosas súplicas.
59
chuzos
de
riso
A VER, HO! FACEIME ESTES XEROGLIFOS... (Non son sobre a lista de verbos irregulares sen贸n sobre fil贸sofos que estudades en Bach.!)
60
chuzos
de
riso
AgustĂn 61
chuzos
de
riso
,
HERE S OBAMA Obama converteuse no primeiro presidente de EEUU de cor o 20 de xaneiro de 2009 co lema YES, WE CAN! Comeza a era obamita, como agora di Juanes It s time to change!
hispanoamericanos. E o máis curioso é que ten o seu propio reggaeton: ¿Cómo se dice? ¿Cómo se llama? OBAMA! (quen supera isto?)
Pero ante todo é unha persoa coma outra calquera (sen contar que é o home máis poderoso do mundo), que ten as súas manías e as súas cousas curiosas.
Este novo presidente chegou pisando forte desde Honolulú (Hawai!!)... Considérase o presidente máis molongui ata agora porque venceu ao home das patacas fritidas (McCain)! A súa potente oratoria (á altura da do mesmo Cicerón, un romano que tiña moita labia), a súa risa contaxiosa, o seu discurso social e a súa facilidade para conquistar a millóns de persoas en todo o mundo e para cruzar as liñas ideolóxicas de raza e de clase foron as súas principais armas. A súa campaña electoral estivo apoiada por celebrities coma Halle Berry, a rubia-non natural Scarlett Johansson, Jessica Alba e o cantante de R&B Will.I.am (Black eyed peas). Este último compuxo unha canción para promocionar a Obama, que se titula We are the ones onde participan numerosos famosos e tanto estadounidenses como
¿Sabías que... 1.Apareceu fai pouco nun cómic do Home Araña (é un gran fan do cómic), onde a trama xira en torno a un Obama falso do cal Peter Parker debe facerse cargo. 2.Odia que os mozos traian os pantalóns moi soltos e ensinen a roupa interior. 3.A súa bebida preferida é o té black forest berry iced , é dicir, té... de amora ou arando con xeo!. 4.Ten catro pares de zapatos idénticos do número 11 ¿?
5.Gústalle tanto o baloncesto que ten pensado instalar unha cancha de baloncesto na Casa Branca. 6.Paga 21 dólares polo corte de pelo de cada semana en Chicago, a cargo do seu barbeiro de toda a vida Zariff (¿tanto lle medra o pelo nunha semana?). 7.Gústalle xogar ao Scrabble e ao Póker. 8.Nunca bebe café e raras veces alcol, así que é difícil pillalo coma Barney (Los Simpsons). Él quédase co té! 9.Posúe un par de luvas firmadas por Muhammad Ali! (e vós diredes: quen é este? E nós diremos: un boxeador segundo limos en internet) 10.É zurdo! Zurdos do mundo, unídevos! Despois disto, nós só podemos berrar: We love you, Obama!
RAQUEL FACORRO e MELANIE LEÓN
,
ultima hora ! ! ! AUMENTAN ALARMANTEMENTE OS CASOS DE INFECTADOS POLA INFLUENZA SACCAROMYCES O número de doentes na nosa comunidade pasou de 25 a 97 nas últimas horas cobrándose ademais a cantidade de 13 mortes por esta enfermidade. O Goberno central acaba de publicar estas cifras, ao mesmo tempo que mandan unha mensaxe tranquilizadora á poboación. Estamos centrando todos os nosos esforzos en deseñar unha nova vacina para previr os novos contaxios, tamén estamos intentando lograr unha serie de antibióticos para sandar aos que xa padecen a enfermidade , asegurou o ministro de Sanidade. No resto do globo tamén se están dando estas alarmantes circunstancias sendo 74.581 os infectados e 9.164 os falecidos. Entre a poboación que de momento aínda non padece a enfermidade, está a aparecer unha psicose colectiva que os arrastra aos supermercados a mercar os produtos de primeira necesidade (papel hixiénico, esmalte de uñas, xel de afeitar,...) para poder sobreviviren en caso de catástrofe mundial. A Organización Mundial da Saúde non dubida en lembrar por enésima vez que se transmite cunha gran facilidade, e que hai que evitar o consumo de hidratos de carbono, graxas, proteínas ou calquera outra substancia cun contido en auga superior ao 0.1%. Asemade advirte que a enfermidade pode transmitirse, non só a través dos alimentos contaminados, 62
senón que tamén de persoa a persoa, polo que aconsella evitar o contacto físico e, sobre todo, visual cos demais. Esta última vía é a máis común de contaxio, polo que o máis recomendable e permanecer pechados nas casas ata que pase o perigo. Manterémolos informados de calquera noticia que apareza con respecto a isto.
,
chuzos de riso A MARQUESA DE LAVAPIeS ANUNCIA ,
O SEU CASAMENTO CON CARLO DE NaPOLES
Dona Mariola Fernández de Orujo sorprende a todos co anuncio da súa voda aos 94 anos de idade co tamén ancián herdeiro ao principado de Nápoles Carlo de Berriloni, de 87 primaveras.
As autoridades anuncian que o perigo creado pola Influenza Saccharomyces foi unha falsa alarma.
Despois de pasar dous meses ingresada a causa dunha insuficiencia respiratora, a marquesa saiu con renovadas forzas que se viron reflectidas no anuncio que fixo onte da súa voda co infante don Carlo de Nápoles. O feliz enlace quedou fixado para o 7 de setembro do presente ano e celebrarase no mosteiro do Escorial cun número de invitados que superara os dous milleiros. Estas declaracións colleron por sorpresa a todos os compoñentes da prensa do corazón que non agardaban tal declaración tendo en conta o delicado estado de saúde da marquesa e a avanzada idade de ámbolos dous namorados. Pero semella que a noticia tamén sorprendeu dentro do círculo máis cercano á marquesa. O noso enviado especial a Lavapiés contounos que a súa filla, a coñecida diseñadora de moda Eustaquia D Orujo,
recoñeceu en exclusiva que non estaba ao tanto dos plans de súa nai. A marquesa tamén desvelou que no enlace pensa lucir un vestido herdado de súa nai realizado en seda natural bordado a man con fío de ouro cun mantón a xogo de encaixe ademais de usar as xoias tan custodiadas da familia: unha tiara feita en ouro branco con incrustacións de pedras preciosas. entre as que destacan os 134 diamantes, 79 esmeraldas e 36 rubís; e a gargantilla correspondente que tamén está feita cos mesmos materiais. Dona Mariola recoñeceu en exclusiva a reporteiros desta casa que a voda será austera e no menú só poñerán faisán e ovas de esturión acompañados doutros pratos menos exclusivos, e que prescindirán dos percebes do Mediterráneo que tanto lle gustan á marquesa.
CORRESPONSAL: I. CARREIRA
A Organización Mundial da Saúde vén de emitir un comunicado no cal se declara que a alerta suscitada en torno á síndrome dos cabezas huecas foi desmedida, e que a psicose xerada entre a poboación non tivo razón de ser. Rei-térase nas súas disculpas perante as críticas que lle están a chover dende todos os recunchos do pla-neta e di que que todo se debeu a un erro humano. Como consecuen-cia disto, varios directivos de pres-tixiosos hospitais de todo o mundo foron despedidos ao longo do día de onte.
A sida mata cerca de dous millóns de persoas en todo o mundo. O número de infectados cada día, según esti-macións da ONU é de 7400 persoas, aproximadamente 18 veces a cantidade de alumnos matriculados no IES de Arzúa.
63
chuzos
de
riso
64