Internet: como buscar

Page 1

00

Imaxe: http://www.plataformasinc.es/esl/Multimedia/Ilustraciones/Banco-de-ilustraciones/Congreso-Search-Congress-sobre-buscadores-de-Internet-del-28-al-30-de-Enero


INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

1.

INTRODUCCIÓN ........................... ¡ERROR! MARCADOR NO DEFINIDO.

2.

UN MÉTODO DE BUSCA EN INTERNET..................................................3

3.

¿COMO BUSCAR? ....................................................................................3

3.1. PRINCIPAIS TÉCNICAS DE BUSCA..................................................................................... 5 3.1.1. POR DIRECTORIOS OU TEMAS...................................................................................... 5 3.1.2.

POR PALABRAS CLAVE................................................................................................... 5

3.1.3

OUTROS MÉTODOS DE BUSCA ...................................................................................... 6

3.2. TIPOS DE BUSCADORES........................................................................................................ 6 3.2.1. BUSCADORES AUTOMATICOS:...................................................................................... 6 3.2.2.

BUSCADORES TEMÁTICOS:............................................................................................ 7

3.2.3.

BUSCADORES ESPECIALIZADOS: ................................................................................. 7

3.3. TÉCNICAS PARA BUSCAR INFORMACIÓN...................................................................... 8 3.3.1 ELECCIÓN DOS TERMOS DE BUSCA:........................................................................... 8 3.3.2

RUÍDO E SILECIO DOCUMENTAL:................................................................................ 9

3.3.3

A TER EN CONTA NA BUSCA POR PALABRAS CLAVE: .......................................... 9

3.3.4

PARA BUSCAR CON DELIMITADORES, EN CAMPOS............................................. 11

3.3.5

OUTRAS COUSAS INTERESANTES .............................................................................. 12

4.

¿COMO ORGANIZAR AS PÁXINAS WEB?............................................12

5.

BIBLIOGRAFÍA ........................................................................................13

Páxina 1 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

1.

INTRODUCCIÓN O problema que se nos plantexa é como atopar a información, e este non é

u tema sinxelo. Cando buscamos información de calidade, non queda outra que ser metódicos e rigorosos. Para buscar información na rede precisamos dunhas ferramentas máis ou menos especializadas que nos axudarán a atopar a información que buscamos. Por eso é importante antes de empezar:

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

RESPECTO ÁS FERRAMAENTAS: Aprende a manexar as ferramentas de busca (coñece as páxinas de axuda, exemplos, titoriais, busca avanzada...) Non basta usar unha soa ferramenta, en xeral para buscar información de calidade convén manexar varias. Non todas as ferramentas son iguais nin chegan ós mesmos lugares da rede (internet invisible/ internet visible) As ferramentas de busca ordenan os resultados de distintas maneiras e algunhas veces incluso se paga por estar nos primeiros postos, de aí a importancia dunha actitude crítica ante a información. O éxito da busca non vai depender só da ferramenta utilizada, senón tamén da pericia do buscador REGRAS XERAIS PARA BUSCAR: A precipitación é inimiga da rapidez e da calidade, atopar boa información require certa dose de paciencia e concentración. Pensar moi ben o que realmente estamos a buscar. Determinar si existen, para a información que desexamos,

termos

específicos, nomes concretos, abreviaturas que nos poden axudar a chegar a esa información máis facilmente. Pensar nas estratexias de busca. Canto máis elaborada sexa a estratexia, menos resultados e máis específicos. Determinar si existen sociedades, organizacións ou grupos que se ocupen da información que precisamos. Determinar en que idioma se fai a busca (só páxinas en español ou non). Toda busca de información, sexa cal sexa o soporte no que estea, segue os seguintes pasos: onde buscar, buscar, contrastar a información, seleccionar e trasladar esa información. Páxina 2 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

2.

UN MÉTODO DE BUSCA EN INTERNET Para buscar información é moi importante o método de traballo, e que este

sexa ordenado e sistemático, en caso contrario é moi fácil perderse pola rede e acabar nun lugar completamente diferente das referencias iniciais de traballo. Un esquema para non perderse podería ser:

Manter unha pestana ou fiestra fixa para realizar a busca

Abrir unha pestana ou fiestra para cada resultado co fin de estudialo.

Anotar a URL, os datos das páxinas ou as referencias interesantes nun

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

documento de notas ou organizar favoritos ou marcadores.

Estudiar as páxinas seleccionadas.

Iniciar outro ciclo de busca si é preciso.

3.

¿COMO BUSCAR? ¿Que busco? É moi importante determinar o que busco e reducir a ambigüidade ao

formular as nosas preguntas e dúbidas. O primeiro que debes facer é determinar exactamente as túas necesidades. Podes empezar por reflexionar sobre o seguinte: 1. ¿Por que, para que preciso a información?. Ex.- Non é o mesmo resolver unha dúbida que facer un traballo de clase. 2. ¿Que tipo de información preciso? Ex.- Non é o mesmo buscar un dato puntual como o peso atómico do litio, que documentarse sobre a Guerra Civil Española, esto vai esixir facer máis buscas e ir “tirando do fío”. É dicir ver a que nos conduce o novo aprendido. RESUMINDO: Aclara os teus obxectivos: determina a concreción do que buscas. Esto determina a complexidade da busca.

3. ¿Sobre que estou a buscar información? Esto é similar as preguntas que nos faciamos á hora de realizar un traballo académico. É facer un mapa conceptual segundo os obxectivos:

En que rama da ciencia, especializade, sector... teño que buscar.

Páxina 3 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

Buscar frases, palabras clave, conceptos, sinónimos... que describan de forma clara e axeitada a información que preciso.

Termos relacionados cos anteriores, máis xerais, máis específicos...

Aspectos máis interesantes da información (priorización e límites)

Tempo que se ten para a busca, lugar xeográfico (para acceder fisicamente a determinados documentos que podemos atopar nas bases de datos, ex.bibliotecas), idiomas (nos que buscar esa información)...

4. ¿Cal é o meu nivel de coñecemento dese tema?: ¿sons un experto e busco afondar, ou só me interesa ter unha visión xeral?.

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

Canto maior é o coñecemento sobre un tema, máis fácil é a busca.

5. ¿Onde pode estar a información que preciso?

Web, bases de datos, blogs, catálogos, foros especializados...

6. Si o tema se presta a polémicas, será preciso atender ós distintos puntos de vista que puideran atoparse na rede. 7. Non só hai recursos na rede, senón que as bibliotecas nos proporcionan gran cantidade de documentos seleccionados que nos poden servir de gran axuda. RESUMINDO: Primeiro pensar e logo buscar, ó final aforraremos tempo e esforzo.

Imaxe en: http://www.buc.unican.es/Servicios/formacion/CIE/CBI_CieIng2009_2010.pdf

Esto ademais de estar nos soportes físicos tradicionais e electrónicos (CDs, DVDs...), tamén o podemos atopar na rede dunha forma bastante similar, eso si, hai que utilizar a ferramenta axeitada e é máis difícil.

Páxina 4 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

3.1. PRINCIPAIS TÉCNICAS DE BUSCA

¿Como busco? As formas básicas de busca son: Por temas ou directorios Por palabras clave Por consulta avanzada

3.1.1. POR DIRECTORIOS OU TEMAS Para buscar por temas faremos uso dos directorios temáticos. Os

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

directorios organizan a información de forma xerárquica e clasifícana en temas e subtemas ata acadar o tema que precisamos. Dende este lugar, accedemos

ás

páxinas

que

conteñen a información sobre o tema elixido. As buscas por tema son, xeralmente, máis lentas que por palabra clave, xa que é preciso ir estreitando o cerco ata chegar ó punto de interese. Sen embargo son máis precisas. Son ideais cando se quere obter gran variedade de fontes. Non permiten o uso de operadores booleanos. Nos buscadores por temas non se debe utilizar a liña en branco para facer buscas por palabras clave, só se deben colocar os nomes de categorías xerais. Hai directorios que teñen un buscador (unha barra) para introducir os temas e acurtar o tempo de busca.

3.1.2.

POR PALABRAS CLAVE

Os buscadores presentan un espazo onde introducir o termo ou termos, que terán que describir o mellor posible o que se busca. Nos devolve unha lista de resultados onde aparecerán esas palabras que introducimos. Non teñen porque ser só palabras, pode ser calquera secuencia de caracteres que leven a localizar esa información. Así pois, é preciso seleccionar ben as palabras a introducir para que a listaxe que nos devolve sexa de utilidade. Son a mellor opción se sabes exactamente a información que necesitas.

Páxina 5 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

Cada buscador presenta unhas características determinadas que é preciso

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

consultar (ver axuda) para mellorar a busca.

3.1.3 OUTROS MÉTODOS DE BUSCA CONSULTA AVANZADA: Este tipo de consulta facilita ademais do anterior, a utilización de diferentes posibilidades que ofrecen os distintos buscadores para obter uns resultados máis axustados e con menos ruído documental. Cada buscador ten a súa propia forma de organizar a consulta avanzada,

de

que

sexa

fundamental saber como funcionan a mellor opción se sabes exactamente a información que necesitas. DELIMITADORES RESTRINCIÓNS POR CAMPOS

3.2. TIPOS DE BUSCADORES

¿Que ferramentas uso? 3.2.1. BUSCADORES AUTOMATICOS: Son os que a partir de certa información, poden recuperar o tema buscado. Utilizan palabras clave que comparan coas que conteñen os documentos das súas bases de datos.

Páxina 6 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

3.2.2. BUSCADORES TEMÁTICOS: Son guías xerárquicas de directorios que vai de temas máis xerais ós máis particulares. Normalmente listan lugares que clasifican por categorías e nos que se sole engadir comentarios identificativos sobre os mesmos. O Obxectivo é buscar documentos que pertenzan á área temática seleccionada.

3.2.3. BUSCADORES ESPECIALIZADOS: Son ferramentas que restrinxen a busca na web a aqueles recursos que cumpren unha serie de requisitos: tipos de documentos (libros, artigos, etc....), materia ou nivel da información (documentación científica e académica).

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

Solen estar mantidos por expertos nas distintas disciplinas polo que a información que recompilan sole ser máis rigorosa e fiable que a dos buscadores xerais. Académico http://scholar.google.es

http://www.scirus.com

http://www.google.es/books?hl=es (Libros) http://citeseer.ist.psu.edu/

Si só queremos aproximarnos a un tema descoñecido podemos empezar a busca polos buscadores xerais, que nos van a ofrecer moitos e diversos resultados. O importante neste caso é seleccionar ben. Este tipo de buscadores tamén son útiles para buscar sobre algo concreto como un nome propio ou título moi claro: persoa, entidade, empresa, cidade, país... Si sabemos exactamente unha dirección podemos facelo mediante a dirección URL. Por certo nunca escribir directamente unha dirección URL á hora de referenciar un traballo ou facer un enlace, é mellor buscar esa dirección e copiar e pegar, para evitar enlaces mal escritos e polo tanto rotos. Si dispoñemos de pouco tempo e desexamos acceder á mellor fonte de información:

O máis común é que utilicemos buscadores xerais tipo Google. Neste caso debemos ser o máis específicos posible, facer un bo estudio das palabras clave, expresións literais, raíces, sinónimos...

Tamén podemos tratar de atopar as preguntas máis frecuentes ou habituais sobre o tema. En internet hai páxinas onde se recompilan as preguntas e respostas máis habituais sobre un tema. Páxina 7 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

Localizar un buscador ou directorio especializado sobre o tema de interese.

Tamén son interesantes as “selección do mellor da web”

Si ademais se está disposto a pagar, hai empresas que cobran por buscar información. Ex.- Google Answers.

Para reunir información científica ou máis especializada debemos recorrer a ferramentas máis profundas: buscadores especializados e bases de datos para descubrir monografías, artigos, informes ou outro tipo de documentos. Si desexamos moita información sobre un tema e dispoñemos de tempo, utilizariamos outra estratexia:

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

Utilizar ferramentas máis axeitadas que nos permitan acceder a información máis oculta.

Facer varias buscas por conceptos específicos que unha soa busca que abarque moitas partes.

Normalmente os mellores sitios están en permanente actualización, e algúns ofrecen a posibilidade de subscribirse para recibir notificacións cada vez que se produzan actualizacións. (páxinas con RSS)

RSS é un método para manterse ó día e de forma automática sobre eses sitios elixidos. Precisamos un programa denominado lector de noticias ou “news reader” que nos despregan a información dos lugares elixidos directamente no ordenador, unha vez realizada a subscrición.

Si existe un lugar que desexamos ter por completo no ordenador, hai programas como WebCopier http://www.maximumsoft.com/ que nos permiten gardar no disco duro todo o contido dun sitio web.

3.3. TÉCNICAS PARA BUSCAR INFORMACIÓN 3.3.1 ELECCIÓN DOS TERMOS DE BUSCA: Esta elección é clave para obter resultados suficientes e pertinentes. Podemos buscar mediante a linguaxe natural, incluso con todas as palabras:

EX.- Como se busca información en internet.

Os principais buscadores admiten este tipo de busca pero pola contra aparecen multitude de documentos ós que será imposible acceder, xa que van a aparecer todas as palabras do termo de busca pudendo incluso non ter nada que ver co noso obxectivo da busca. Algúns como Google omiten preposicións, artigos, conxuncións, ou outros termos... É moito máis eficaz buscar as palabras clave da nosa información, tratando de que sexan precisas e claras. Páxina 8 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

Tamén é moi probable que teñamos que adaptarnos á ferramenta que esteamos a usar, así algunhas ferramentas ofrecen “etiquetas”, “linguaxes controladas”,

“índices

de

termos”,

“clasificacións”....

que

son

listas

predeterminadas de termos normalizados que axudan a recuperar con maior exactitude o que buscamos. Están a xurdir con certa forza en internet, para buscar información de calidade, os denominados TESAUROS: Listas que conteñen termos empregados para representar os conceptos, temas ou contidos de documentos, buscando realizar unha normalización terminolóxica que permita mellorar o canal de acceso

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

e comunicación entre os usuarios.

Ex.- de eficiencia:

Si queremos saber cando foi descuberto o cometa Hale-Bopp, podemos perder moito tempo en calquera buscador si nos limitamos a poñer as palabras Hale-boop. Pero sería máis eficiente escribir o seguinte "Hale-Bopp fue descubierto en".

3.3.2 RUÍDO E SILECIO DOCUMENTAL: RUÍDO

DOCUMENTAL:

Prodúcese

cando

despois

dunha

busca

(normalmente non moi específica) obtemos excesiva cantidade de resultados, dos que moitos non nos interesan . Podemos evitalo facendo buscas máis específicas. Ex.- “Resultados 1 - 10 de aproximadamente 1.430.000 páginas en español”. Está comprobado que a maioría dos que buscan información non pasan da primeira páxina de resultados, ou como moito da segunda. SILENCIO

DOCUMENTAL:

Prodúcese

cando

case

non

obtemos

resultados na busca, normalmente por buscas demasiado específicas ou palabras clave pouco axeitadas para definir a busca.

3.3.3 A TER EN CONTA NA BUSCA POR PALABRAS CLAVE: o Poñer o maior número de palabras

para limitar o resultado e aforrar

tempo. o Procurar utilizar as palabras en singular, xa que o buscador recupera tamén as palabras en plural. o Non utilizar palabras moi comúns (libro, mar, deporte....), ou ambiguas que nos van a dar demasiados resultados na busca. o Tampouco utilizar moitas palabras clave diferentes. EX.- fútbol balón equipos campos...

Páxina 9 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

o Normalmente os buscadores non distinguen entre maiúsculas e minúsculas (algúns si), buscan sen til, non utilizan (excepto os buscadores en español, e non todos) caracteres como “ñ”, a diérese... o Utilizar comiñas (“”) para recuperar secuencias literais de termos nesa mesma orde e onde figura a frase exacta e non termos por separado ou en orde inversa.

Ex. o "arbores ornamentais". o “como hacer una pagina web”

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

o “Rally paris dakar” o ingredientes “arroz con leche” o Utilizar operadores booleanos. Estes baséanse na teoría de conxuntos de George Boole. Permite cambiar os conxuntos de acordo a tres criterios: intersección, unión e exclusión.

intersección

exclusión

unión

Imaxe do Curso: A Busca de información científica en Internet do CEIDA: http://www.ceida.org/

Páxina 10 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

En internet estes operadores poden utilizarse:

De forma habitual

De forma implícita. É dicir non se leva a cabo escribindo as palabras senón que por defecto considerase unha combinación lóxica. Ex.- árbores or ornamentais e arbores ornamentais é a mesma busca.

Tamén poden utilizar símbolos como (+, -)

Opcións predeterminadas no entorno do buscador. Ofrecen opcións que permiten elixir o operador desexado.

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

É posible combinar mais dun operador nunha mesma busca, para eso utilízanse as parénteses (), que indican o que se debe executar en primeiro lugar.

Ex.- educación NEAR (infantil OR preescolar). Tamén é posible realizar as denominadas “buscas truncadas” para eso

utilízase o *. Este símbolo localizará os documentos que cumpran o patrón de busca e no lugar en que apareza o * conteñan calquera caracter. Ex.- clor* recupera cloro, cloros, cloratos, cloraminas, cloración .... Non o entenden todos os buscadores de igual forma.

Ex.- para google representa unha palabra calquera. Así si tecleamos Google * nos devolve todos os resultados con porductos google (google map, google noticias, google vídeos, google sites...).

3.3.4 PARA BUSCAR CON DELIMITADORES, EN CAMPOS... Hai elementos que presentan unha sintaxe determinada segundo o motor de busca e que nos permiten delimitar ou restrinxir a busca a determinados campos. Os máis importantes son os de dirección (domain, site, url) e os de enlace (linkdomain, link).

Imaxe do Curso: A Busca de información científica en Internet do CEIDA: http://www.ceida.org/

Páxina 11 de 15


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

Algúns exemplos son: o title: // intitle: // t: Son elementos que permiten buscar nos títulos ou cabeceiras as palabras que introducimos na busca. Esto faise porque si unha páxina trata un tema, as palabras clave dese tema solen aparecer no título. Esta sole ser unha boa fórmula para aumentar a relevancia dos resultados.

Ex.- intitle: arboles ornamentales (en google)

Ademais pódense utilizar frases exactas como: intitle: “vías de escalada”)

o inurl: //u: : Son elementos que permiten buscar nas URL ou direccións

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

web o Busca por extensión ou tipo de arquivo filetype:, originurlextension: , type: permiten buscar arquivos ppt, pdf, doc, ps, jpg.... En moitos buscadores serve só con introducir o tipo de arquivo. o site: // domain: Permite recuperar páxinas que conteñan o texto especificado no dominio da súa url. Poden ser de países (Ex.- .es), de organismos (Ex.- .gov), educativos (.edu).

3.3.5 OUTRAS COUSAS INTERESANTES o Algúns buscadores como Google Incorporan a posibilidade de ler a páxina na memoria cache (instantánea que o buscador tomou cando entrou o servidor). Son útiles cando unha páxina cambiou de dirección e non podemos entrar, é rápido acceder á cache, os termos solicitados aparecen en cores fortes. Teñen a desvantaxe de que a información pode non estar actualizada. o Permiten acceder a páxinas similares. o A maioría dos buscadores teñen unha opción para buscar imaxes, vídeos, etc.... en todo caso podemos acceder a sitios web que recompilan ese tipo de información.

4.

¿COMO ORGANIZAR AS PÁXINAS WEB? Mentres navegas pola rede, cada vez que vexas unha direción que

puidera ser do teu interese, engádea no apartado de favoritos de navegador (en Internet Explorer ) e marcadores (en Netscape, Firefox, Opera) Organiza favoritos ou marcadores ó teu gusto e poderás crear o teu propio directorio de Intenet.

Páxina 12 de 15


INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

Existen sitios web que permiten que gardes neles a túa lista de favoritos ou marcadores, de forma que teñan acceso ós mesmos dende calquera ordenador conectado á rede. Tamén existen servizos que permiten ós usuarios rexistrados importar e exportar os marcadores do seu ordenador á unha dirección de internet á que pode acceder mediante unha clave. Algunhas páxinas son:

Yahoo, BookmarkTracker, Del.icio.us, Netvouz, Mis favoritos ou Google Bookmarks.

5.

BIBLIOGRAFÍA

Curso

de

Internet

AULA

CLIC

(on

line)

en

:

http://www.aulaclic.es/internet/t_1_1.htm. Data de consulta Novembro de 2010

De la Cuadra, Elena. Internet: conceptos básicos (on line) en: http://www.ucm.es/info/multidoc/multidoc/revista/cuadern5/elena.htm. Data de consulta Novembro de 2010.

Montes

Hernández,

buscadores

Agustín.

Posibilidades

(on

de

consulta

line)

en

los en:

http://www.elprofesionaldelainformacion.com/contenidos/1999/marzo/po sibilidades_de_consulta_en_los_buscadores.html Novembro de 2010. Páxina 13 de 15

Data

de

consulta


MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)

Servizo de biblioteca da Universidade de La Laguna (on line) en: http://www.ull.es/view/institucional/bbtk/Introduccion/es.

Data

de

consulta Novembro de 2010.

Motores

de

busca

(on

line)

en:

http://www.monografias.com/trabajos/buscadores/buscadores.shtml#bau tomatico. Data de consulta Novembro de 2010.

Universidade de Cantabria. Plan de desarrollo de habilidades, competencias

y

valores

transversais

(documento

PDF).

en:

http://www.buc.unican.es/Servicios/formacion/CIE/CBI_CieIng2009_201

INFORMACIÓN EN INTERNET: ¿COMO BUSCAR?

0.pdf. Data de consulta Novembro de 2010.

@bsysbet

Internet

invisible

http://www.absysnet.com/tema/tema34.html.

(on Data

line). de

en: consulta

Novembro 2010

Hernández, Miguel. ¿Como buscar información en Internet? (documento PDF) en: http://www.dsp.umh.es/documentos/ias.pdf. Data de consulta Novembro 2010.

Páxina 14 de 15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.