BUSCAR EN GOOGLE
MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)
1.
INTRODUCCIÓN ...................................................................................... 2
2.
DEFINICIÓN DE GOOGLE ....................................................................... 2
3.
SERVIZOS DE GOOGLE........................................................................... 2
4.
COMO BUSCAR E INTERPRETAR OS RESULTADOS .......................... 3
5.
OUTRAS COUSAS INTERESANTES QUE PERMITE: ............................ 7
6.
BIBLIOGRAFÍA ......................................................................................... 9
MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)
1.
INTRODUCCIÓN Facemos un pouco máis de fincapé en Google porque hoxe en día é o
buscador máis utilizado e popular, de aí que pensemos que se lle pode sacar mellor partido na busca. Ademais presenta moitas características comúns a outras ferramentas. Aquí só pretendemos dar unha visión xeral do buscador de Google. Nesta dirección web poderás atopar todo o que precises para unha boa utilización do buscador: http://www.google.com/support/websearch/bin/topic.py?topic=351
2.
DEFINICIÓN DE GOOGLE Google é unha empresa especializada en buscas por Internet e publicidade
on line. A misión de google é organizar a información do mundo e facela universalmente accesible e útil. Foi fundada por Larry Page e Sergey Brin cando estaban estudiando en Stanford (1998). Tivo un éxito enorme e dende
BUSCAR EN GOOGLE
entón non parou de crecer.O seu nome orixínase de “googol”, unidade que representa un 1 seguido de mil ceros. É o buscador máis utilizado no mundo pola súa rapidez, sinxeleza e efectividade nas buscas. Tamén é o líder na área de publicidade on line co sistema de publicidade contextual. Google incorpora un algoritmo automático que avalía os resultados encontrados de forma que só aparecen os máis relevantes. En negriña aparecen os termos ou palabras clave solicitadas. Google utiliza o número de enlaces dunha páxina como medida para avaliar a súa calidade informativa. Pero non valora todos os votos igual: valen máis os vínculos ou votos que veñan de páxinas que a súa ez reciban máis enlaces doutras páxinas.
3. SERVIZOS DE GOOGLE
MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)
A parte da facilidade para as buscas ten unha serie de servizos do máis
BUSCAR EN GOOGLE
interesante academicamente falando: Blogs (blogger), correo electrónico (gmail), creación de páxinas web (google sites), comunicación en grupos (google groups), traductor, organizador de fotografías con servizo web (picassa), calendario (google calendar)...
4. COMO BUSCAR E INTERPRETAR OS RESULTADOS
5
1
2 3
6 4
MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)
Google detecta o idioma do sistema operativo e presenta a pantalla nese idioma. Ademais detecta o noso país e nos mostra a versión do buscador correspondente. No noso caso España. Pódese elixir o idioma da inerfaz e o idioma de busca, de forma manual. Ir a configuración da busca. (1) A pantalla de Google é moi sinxela, ten un cadro de texto central onde tecleamos o que queremos buscar e o botón para iniciar a busca (2). O botón “vou ter sorte” (3), lévanos ó primeiro sitio web devolto pola busca. Ademais permite idiomas como o galego na súa páxina de inicio (4). Tamén aparece na parte superior esquerda algúns servizos de busca (na web, imaxes, vídeos, mapas, noticias, correo gmail, másÄ (5) Outra opción fundamental é a de BUSCA AVANZADA (permite facer buscas máis definidas e adaptadas ás nosas necesidades) e outra tamén interesante é HERRAMIENTAS DEL IDIOMA (permite facer unha traducción das buscas) ( 6).
BUSCAR EN GOOGLE
Unha vez feita unha busca Google vainos devolver unha lista de resultados.
1 2 4
3
5
5
6
7
Entorno de busca (1): Indícanos (en negriña) que fixemos unha busca na web, pero tamén podemos buscar en imaxes, vídeos, mapas, noticias, libros. Ademais ofrece servizos como gmail e máis.
MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)
Caixa de busca (2): é onde escribimos as palabras que queremos buscar. Conforme escribamos nesta caixa irán aparecendo suxestións de busca, que podemos escoller. Tamén aparece unha caixa de busca ó final da páxina que
BUSCAR EN GOOGLE
nos permite facer a mesma busca.
9
8 2
Nesta liña (3) podemos elixir entre realizar a busca en toda a web en páxinas en español ou en páxinas de España (dominio .es). Por defecto sempre busca na web, aínda que si estamos a utilizar o Google de España, tende a dar prioridade á páxinas en español.
Datos do resultado (4) Indícanos o número de páxinas atopado e o tempo que tardou en facer esa operación. Enlaces patrocinados (5) Estes non son resultados da busca senón que alguén pagou para que apareza a súa publicidade aí. Aparece en cor
MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)
diferente (no noso caso en rosa) e un letreiro na parte dereita que di: enlace patrocinado. Na parte dereita da páxina tamén poden aparecer enlaces patrocinados separados do resto por unha liña vertical e co letreiro de enlaces patrocinados na parte superior. Segundo o interese comercial da palabra/s que busquemos aparecerán máis ou menos. Liñas de resultados (6) o resultado está composto por varias liñas.
Na primeira liña aparece o título da páxina web. Neste caso tamén aparece o autor (si sabes algo de árbores ornamentais sabrás que este autor é
BUSCAR EN GOOGLE
o que se denomina unha autoridade na materia, co cal sen entrar na páxina xa podemos determinar que esta é unha páxina que probablemente non sexa útil) Na segunda e terceira liña aparecen fragmentos do texto da páxina, o que nos da unha idea do tema que trata. Nestas liñas aparecen en negriña as palabras clave que introducimos para a busca. Na última liña aparecen (en cor verde) a dirección da páxina, que é a onde iremos cando pulsemos no título. A continuación aparece “en cache” que contén a páxina tal e como a atopou o buscador cando a indexou por última vez. En caché é interesante cando a páxina xa non existe, pero aínda así queremos ler o que Google indexou. A continuación hai un enlace a páxinas similares con resultados sobre o mesmo tema. Resultados doutros tipos de buscas (7). As veces Google intercala outro tipo de resultados que non son páxinas. No noso exemplo aparecen fotos, tamén solen aparecer negocios localizados en google maps... Ó final da páxina hai unha imaxe de páxinas que nos permite desprazarnos por todas as páxinas, ou ir a seguinte, anterior... (8) Tamén sole aparecer unha lista con outras posibles buscas relacionadas co tema que estamos a buscar (9). Google busca por palabras clave de forma como explicamos no tema anterior. Tamén permite buscar por temas (google directorio)
MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)
Unha característica de google (tamén de case todos os buscadores) é que en canto visítache unha páxina aparece noutra cor (rosada), para non entrar dúas veces. Tamén dispón de traducción automática (traduzca esta página). Tamén podemos consultar a busca avanzada
5. OUTRAS COUSAS INTERESANTES QUE PERMITE:
Ten a opción calculadora. Débese introducir o cálculo que se desexa no cadro
de
busca.
Os
operadores
que
soporta
son:
+,-,*,/,%,^
o
**(potencia),sin, cos, arctan, tan,sqrt,nth root of x(n-ésima raíz de x),ln,log,! (factorial).
Conversor de unidades de altura, peso, masa, lonxitude, moeda.
BUSCAR EN GOOGLE
Introducir a cifra e a unidade que se desexa converter.
Obter información do clima. Introducir a palabra clima ou tiempo seguida da cidade, zonas, etc. a consultar.
MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)
Resultados Deportivos. Hai que introducir o nome do equipo ou da liga.
Busca de definicións en diccionarios. Introducir define: seguido da palabra que desexas buscar.
Corrector Ortográfico. Revisa si os termos introducidos están escritos coa ortografía máis común, si atopa unha mellor opción aparecerá: “Quizás quiso decir: (ortografía más habitual)”.
BUSCAR EN GOOGLE
Buscas
locais.
Si
desexamos
atopar
algún
negocio
como
restaurantes ou tendas. Ex.-pizza Santiago de Compostela.
Carteleira e eventos. Para buscar información sobre cines ou películas na túa localidade, introducir a palabra cine e o nome da película seguido da localidade.
Google Maps. Introducir o nome de mapa seguido da cidade ou lugar.
Google Groups author: atopa mensaxes dun autor específico group: atopa mensaxes de grupos específicos insubject: atopa mensaxes coas palabras clave no tema.
Google News location: atopa noticias nun lugar específico. source: atopa noticias da fonte especializada.
MARINA ENGROBA SAL (Novembro 2010)
Consultas Sobre a aparición dos termos no texto. allinanchor: busca todos os temos nos enlaces da páxina. inanchor:busca os termos nos enlaces da páxina. allintext: busca todos os termos no texto da páxina. Intext: busca os termos no texto da páxina. allintitle: busca todos os termos no título da páxina. intitle: busca os termos no título da páxina. allinurl: busca todos os termos na URL da páxina. inurl: busca os termos na URL da páxina.
Consultas Especializadas flight: Ingresa o número de voo e devolverá a información relacionada. link: encontra páxinas que teñen un enlace a certa dirección: ex.-
BUSCAR EN GOOGLE
link:http://biblioarzua.blogspot.com/ mostrará todas as páxinas que teñan un link cara o noso blog.. stock: mostra a información de accións de bolsa. info: o id: atopa información sobre una páxina web. related: Busca páxinas web similares ou relacionadas á dirección introducida.
6. BIBLIOGRAFÍA León Rodríguez, Noel. Secretos de google (presentación) en : http://www.slideshare.net/tirado/secretos-de-google
Data de consulta
Novembro 2010. Digeraty
books.
Los
secretos
de
(on
http://www.scribd.com/doc/2975133/Los-secretos-de-Google.
line)
en:
Data
de
consulta Novembro 2010. Google
búsqueda
web
(on
line)
en:
http://www.google.com/support/websearch/bin/topic.py?topic=351 Data de consulta Novembro 2010. Soxialmedia.
Los
secretos
de
(on
line)
en:
http://soxialmedia.com/guia-completa-de-secretos-para-buscar-en-google/ Data de consulta Novembro 2010.