Fiestas Maristas Vigo 2015

Page 1

FESTAS 2015 xoves 21 e venres 22 de maio

AMPA Maristas Vigo


Estimadas familias. Os días 21 e 22 de Maio celebraremos as Festas do Colexio. Aínda que as actividades destes días rompen coa rutina académica ordinaria, a presenza e participación de todos é obrigatoria.  O servizo de comedor funcionará con normalidade. O horario será o seguinte:  Infantil: de 9:00 a 12:15h e de 15:15 a 17:25h.  Primaria: de 9:00 a 12:25h e de 15:15 a 17:25h.  ESO.- mañás: de 9:00 a 13:30h. tardes: o xoves de 15:15 a 17:25, o venres de 20:00 a 21:30 sesión discoteca. Nas distintas actividades propostas (xogos, deportes, etc.), participaremos por cores (os alumnos do grupo A-Vermello; os do grupo B-Verde; e os do grupo C-Azul). Cada clase participa coas do mesmo curso e os puntos obtidos sumaranse a cada cor. A recadación das propostas solidarias do mercadiño, bar, camisetas e pano das festas irá destinada á colaboración co Proxecto Solidario. A entrada para a feira dos inchables de Infantil e Primaria, ten un custo de 1 euro para todos os alumnos, agás os que non pertenzan á AMPA que deberán entregar 3 euros ó titor. A entrada para a sesión discoteca dos alumnos da ESO, correrá a cargo da AMPA. Os non pertencentes a ela entregarán 1 € ao titor. É importante non traer obxectos de valor nin cartos que se poidan perder nos patios. Tamén lembramos que non está permitido o uso de móbiles nin de cámaras fotográficas no centro durante o horario escolar.


Horario das festas 2015 XOVES 21 MAÑÁ: 9:00h Entrada Infantil, Primaria e ESO. 9:30h Pregón. 10:00h INF: xogos, PRIM: xogos, ESO: xogos. 11:00h PRIM: deportes, ESO: Olimpíadas. 12:15h Saída Infantil. 12:25h Saída Primaria. 13:30h Saída ESO. TARDE: 15:15h Entrada Infantil, Primaria e ESO. 15:30h Primaria deportes, Infantil e 1º e 2º de primaria pallasos, ESO deportes e xogos. 17:00h Concurso triplas ESO. 17:25h Saída de Infantil, Primaria e ESO. 17:45h Exhibicións.

VENRES 22 MAÑÁ: 9:00h Entrada Infantil, Primaria e ESO. 09:30h Infantil, Primaria e ESO xincana. 10:30h Primaria xadrez, pintura no chan e deportes, ESO deportes. 11:30h Primaria olimpíada. 12:15h Saída Infantil. 12:25h Saída Primaria. 12:45h Partido profes- alumn@s. 13:30h Saída ESO.

TARDE: 15:15h Entrada infantil e primaria. 15:30h Feira de inchables. 17:25h Saída de Infantil e primaria. 19:30h Remate das festas para Infantil e Primaria. NOTA: As actividades extraescolares do xoves e 20:00h Sesión discoteca cun DJ para a ESO venres a mediodía mantéñense no seu horario //Xogos populares para as familias. ordinario. As da tarde non se realizarán. 21:30h Remate das festas.


Abrindo portas

谩 diversi贸n e 谩 ilusi贸n nas nosas

festas

xoves 21 e venres 22 de maio


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.