Folleto Extraescolares Maristas (2016_2017)

Page 1

ActividadesExtraescolares 2017-2018


O Colexio El Pilar ten, coma un dos obxectivos principais, fomentar o desenvolvemento integral de cada un dos seus alumnos. Para iso, pon a súa disposición un completo programa de actividades extraescolares. Esta formación complementaria, ademais de procurar unha maior motivación do alumno para aproveitar as súas actitudes ao máximo, facilitaralle a consecución de habilidades que nun futuro o axudarán a enfrontarse a un ambiente cada vez máis esixente. Porque cada alumno é diferente, adaptamos o proceso de aprendizaxe ás necesidades e capacidades de cada un, realizando un seguimento persoal de cada nen@. Para que as diferentes actividades propostas se leven a cabo, requírese un número mínimo de participantes. Ao mesmo tempo establecerase tamén un número máximo para cada actividade. Os mestres de cada actividade realizarán unha avaliación trimestral sobre o progreso dos alumnos e informarán con detalle a cada familia. Ao rematar o curso, todos os nen@s recibirán un informe final. O coordinador das actividades extraescolares, Manuel Feijoó, atenderá e dará asesoramento sobre as cuestións que poidan xurdir en relación á nosa oferta extraescolar. Para tal fin, pódese contactar con el a través do seguinte enderezo electrónico, exodega@gmail.com. A inscrición nas diferentes actividades poderase realizar na conserxería do centro. A data máxima de inscrición é o 25 DE SETEMBRO 2017. Para iso, deberán entregar, debidamente cuberto, o impreso de inscrición que poden descargar en www.maristasvigo.es ou recollelo na propia conserxería.


ÍNDICE Actividades Artísticas e Culturais 1) Teatro 2) Xadrez 3) Aloha Mental Arithmetic® 4) Guitarra 5) Pintura 6) Traballos Manuais 7) Ballet 8) Baile Moderno

Actividades Deportivas 9) Judo 10) Patinaxe 11) Baloncesto 12) Fútbol Sala 13) Fútbol Sala Infantil e Psicomotricidade

Actividades Multidisciplinares 14) Multiactividade 15) Robotix ® 16) Bright Minds ®

Idiomas, Orientación e Reforzo Académico 17) Inglés 18) Francés 19) Chinés 20) Alemán 21) Árabe 22) Estudo Dirixido


Actividades Artísticas e Culturais Teatro O Teatro ten un papel fundamental no desenvolvemento da expresión e creatividade dos nosos alumnos favorecendo a linguaxe oral e corporal. Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: martes de 12:20-13:20. Importe: 23€/mes. Código de inscrición: TEATRO.

Xadrez O xadrez esixe unha gran concentración polo que o noso cerebro se ve sometido a unha actividade que axuda ao desenvolvemento mental dos nosos alumnos. Multimedia* Quen?: Educación Primaria. Cando?: venres de 12:20-13:20. Responsable: Pablo García. Importe: 19€/mes. Código de inscrición: XADREZ.

Aloha Mental Arithmetic® O programa ALOHA Mental Arithmetic utiliza como ferramenta o ábaco como instrumento de cálculo, combinado diferentes actividades e xogos realizados en clase, que permite potenciar o desenrolo do hemisferio dereito do cerebro, onde residen as capacidades de memoria visual, concentración, atención e creatividade. Quen?: Educación Primaria. Cando?: martes e xoves de 12:20-13:20. Responsable: María Teresa Abad. Importe: 55€/mes. Código de inscrición: ALOHA.

Guitarra Os participantes aprenderán a tocar este instrumento dunha forma divertida e entretida. Quen?: Educación Primaria. Cando?: luns de 17:20-18:20. Responsable: Samuel Soto. Importe: 19€/mes. Código de inscrición: GUITAR.


Pintura Esta actividade ofrece aos alumnos a oportunidade de fomentar capacidades de observación visual e creatividade. Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: Primaria: Un día á semana: luns, xoves ou venres de 12:20-14:00. Un día á semana: luns, martes, mércores ou venres de 17:20-19:00. Infantil: Iniciación á pintura: mércores 12:20-13:30. Responsable: Eva Fernández. Importe: 28€/mes. Código de inscrición: PINTURA (Ed. Primaria) (marcar día e horario na táboa) e PINTURA-INI. (Ed. Infantil).

Traballos Manuais Esta actividade ofrece aos alumnos a oportunidade de fomentar capacidades de observación visual e creatividade. Quen?: Educación Primaria. Cando?: martes de 12:20-13:30. Responsable: Eva Fernández. Importe: 19€/mes. Código de inscrición: T-MANUAIS.

Ballet A danza clásica é a expresión artística por excelencia, con movementos baseados no control total e absoluto do corpo. Esta disciplina axuda, desde idades temperáns a mellorar a concentración, actitude e expresión executando liñas en total harmonía. Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: Infantil: martes de 12:20-13:20. Código de inscrición: BALLET-A. Primaria: venres de 12:20-13:20. Código de inscrición: BALLET-B. Responsable: Miriam Pino. Importe: 19€/mes.

Baile Moderno O baile ten un papel fundamental no desenvolvemento da expresión e creatividade dos nosos alumnos favorecendo o oído musical e desenvolvendo a linguaxe corporal. Quen?: Educación Infantil, Primaria. Cando?: Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria: martes de 17:20-18:20. Código de inscrición: BAILE-A. 4º, 5º e 6º de Primaria: xoves de 17:20-18:20. Código de inscrición: BAILE-B. Responsable: Silvia Lorenzo. Importe: 19€/mes.


Actividades Deportivas Judo O Judo é unha arte marcial con tres aspectos ben diferenciados: deporte, formación e defensa persoal. Polo seu alto valor pedagóxico, o judo divulgouse como un deporte moi aconsellable para nen@s e adolescentes. Favorece a auto confianza e axuda a vencer a timidez ao canalizar a vitalidade desbordante característica dos nenos. Ao mesmo tempo mellora o desenvolvemento muscular xeral e o equilibrio nervioso. É obrigatorio a utilización do Judogui, traxe de Judo, prenda que poden adquirir en tendas de deporte. Quen?: Educación Infantil, Primaria. Cando?: 1º, 2º e 3º Primaria: martes e xoves de 12:20-13:20. 2º e 3º Primaria: luns e mércores de 12:20-13:20. 4º, 5º e 6º Primaria: luns e mércores de 12:25-13:25. Ed. Infantil: martes e xoves de 12:20-13:20 ou venres de 12:20-13:20. Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º Primaria: martes, mércores, xoves e venres de 17:20-18:20 (escoller dous días). 4º, 5º, 6º Primaria: mércores e venres de 17:30-18:30. Responsable: Marivíc García e Luís Soria. Importe: Licenza Federativa obrigatoria 23€/anual; o abono será en man ao monitor encargado da actividade. Un día 19€/mes. Dous días 29€/mes. Prezo dous irmáns: dous días 24€/mes/persoa. Terceiro irmán Gratis. O pago desta actividade é trimestral. Código de inscrición: JUDO (marcar día e horario na táboa).

Patinaxe A patinaxe é un deporte moi completo e fundamental no desenvolvemento do equilibrio e da coordinación. Ademais favorece o oído musical e a expresión corporal. Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: Ata 7 anos: sábado de 10:30-12:00. Código de inscrición: PATI-A. A partir de 8 anos: sábado de 12:00-13:30. Código de inscrición: PATI-B. Importe: 23€/mes.


Baloncesto O Baloncesto fomenta como deporte de equipo os valores da amizade, o respecto, a disciplina e o compañeirismo, así como o desenvolvemento básico e xeral da condición física. (F: feminino; M: masculino). NOTA: Os nen@s inscritos previamente no Clube non precisan volver inscribirse. Quen?: Educación Primaria. ESCOLAS (Infantil, 1º e 2º Prim): martes e xoves de 17:30-18:45. BENXAMÍNS (3º e 4º Prim): martes e xoves de 17:30-18:45. ALEVÍNS (5º e 6º Prim): luns, mércores e venres, de 17:30-18:45. Importe: ESCOLAS (Infantil, 1º e 2º Prim): prezo inscrición 15€. Prezo mensual: 35€/mes. Data de inicio: martes 3 outubro. BENXAMÍNS (3º e 4º Prim): prezo inscrición 50€. Prezo mensual: 40€/mes. Data de inicio: martes 19 setembro. ALEVÍNS (5º e 6º Prim): prezo inscrición 50€. Prezo mensual: 40€/mes. Data de inicio: luns 4 setembro. Código de inscrición: BASKET.

Fútbol Sala O Fútbol Sala fomenta o traballo en equipo, o esforzo e compromiso ademais de desenvolver a súa condición tanto física como mental mediante tácticas de xogo. Quen?: Educación Primaria. Cando?: 1º Primaria: luns e xoves de 17:30-18:45. 2º Primaria: martes e venres de 17:30-18:45. 3º e 4º Primaria: mércores e venres de 17:30-18:45. 5º e 6º Primaria: martes e xoves de 17:30-18:45. Responsable: Fran Vázquez. Importe: 25€/mes. No caso de irmáns/ irmás, a partir do segundo o prezo é de 16€/ mes. Código de inscrición: FUTBOL.

Fútbol Sala Infantil e Psicomotricidade O Fútbol Sala para os mais cativos que fomenta o traballo en equipo, o esforzo e compromiso ademais de desenvolver a súa condición tanto física como mental sen descoidar o traballo da psicomotricidade tan importante nestas idades. Quen?: Educación Infantil. Cando?:luns e mércores de 17:30-18:45 e sábado de 11:45-13:00. Responsables: Fran Vázquez. Importe: Un día 16€/mes. Dos días 20€/mes. Tres días 25€/mes. Código de inscrición: INI-FUT/PSI. NOTA: Os luns e sábados se chove a actividade desenvolverase na sala de judo, e os mércores se chove a actividade levarase a cabo na sala de psicomotricidade dentro co colexio (neste último caso os nen@s serán recollidos en portería). Se non chove, a actividade se desenvolverá no patio igual que a recollida.


Actividades Multidisciplinares Multiactividade Esta actividade comprende un amplo abano de obradoiros onde poderán coñecer e aprender diferentes disciplinas mediante talleres de psicomotricidade, expresión corporal e dramatización, xogos cooperativos, natureza, xogos lúdicos, horticultura, traballos manuais… Multimedia* Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: De luns a venres de 12:20-13:20. Responsable: Francisco Vázquez. Importe: Dous días 30€/mes. Tres días 42€/mes. Catro días 54€/mes. Cinco días 66€/mes. Código de Inscrición: MULTI (Marcar día e horario na táboa).

Robotix® Nesta actividade foméntase da forma máis divertida a ciencia e a tecnoloxía. Tamén experimentan ca forza e o movemento, o equilibrio e a estabilidade mediante os recursos de LEGO® Education®, potenciando desta maneira a creatividade, innovación, emprendemento e a eficiencia. Multimedia* Quen?: Educación Primaria. Cando?: xoves de 12:30-14:00. Responsable: Luis Arias. Importe: 38€/mes. Código de inscrición: ROBOTIX.

Bright Minds® Esta é a nova actividade de estimulación en desenrolo infantil que fomenta o gusto por aprender intuitivamente xogando tanto mental como fisicamente, estimulando simultaneamente múltiples intelixencias para desenrolar o potencial do neno. (Actividade parcialmente en inglés, conta con material Lego Educacion® e emprégase a psicomotricidade e a intelixencia emocional). Multimedia* Quen?: Educación Infantil. Cando?: martes e xoves de 12:20-13:20. Importe: 38€/mes. Código de inscrición: BRIGHT-MINDS.


Idiomas, Orientación e Reforzo Inglés Co obxectivo de mellorar a práctica activa do inglés, tanto a nivel oral coma escrito, poñemos a disposición dos nosos alumnos ao mellor profesorado especializado. Ademais existe a posibilidade de que os alumnos máis avanzados preparen e realicen o prestixioso exame Cambridge Young Learners (YLE), o KET ou o PET. (Máis información en http://www.cambridgeesol.org). Multimedia* Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: Infantil e Primaria: luns e mércores de 12:20-13:20. Código de inscrición: INGLES-A. Infantil e Primaria: martes e xoves de 12:20-13:20. Código de inscrición: INGLES-B. Infantil e Primaria: luns e mércores de 17:30-18:30. Código de inscrición: INGLES-C. Infantil e Primaria: martes e xoves de 17:30-18:30. Código de inscrición: INGLES-D. Terceiro día Infantil e Primaria: venres de 12:20-13:20 para os alumnos de mañá e tarde. Código de inscrición: INGLES-PLUS. Responsable: Tamara Comesaña. Importe: Dous días: 39€/mes +(18€/anual de material no primeiro mes). Tres días: 49€/mes, día adicional venres (INGLES-PLUS)+ (18€/anual de material no primeiro mes).

Francés Co obxectivo de mellorar a práctica activa do francés, poñemos a disposición dos nosos alumnos profesores especializados neste idioma. Multimedia* Quen?: Educación Primaria. Cando?: martes e xoves de 12:20-13:20. Importe: Dous días: 39€/mes +(18€/anual de material no primeiro mes). Código de inscrición: FRANCES.

Chinés China estase a converter nunha das principais potencias mundiais, e como consecuencia, a aprendizaxe deste idioma e da cultura arraigada a el supón una necesidade para o futuro dos máis pequenos. Multimedia* Quen?:Educación Primaria. Cando?: xoves de 12:20-13:20. Importe: 29€/mes. Código de inscrición: CHINO.


Alemán ¿Por que é importante estudar alemán? O alemán foi desde sempre un idioma protagonista entre as grandes linguas, e nos últimos anos estase incrementando a importancia da súa aprendizaxe desde etapas escolares, pola repercusión futura que terá o coñecemento e extensión deste idioma. Multimedia*

Quen?: Educación Primaria. Cando?: venres de 12:20-13:20. Importe: 29€/mes. Código de inscrición: ALEMAN.

Árabe Moitas son as pegadas deste idioma que definen a lingua española. O coñecemento da súa grafía, peculiaridade ou pronuncia, sen dúbida convértense nunha necesidade de cara o futuro. Multimedia* Quen?: Educación Primaria. Cando?: mércores de 17:20-18:20. Importe: 29€/mes. Código de inscrición: ARABE.

Estudo Dirixido Esta actividade axudará aos alumnos a realizar os seus traballos escolares e a reforzar o aprendido na aula. Os monitores velarán polo debido cumprimento das tarefas que os mestres indiquen no horario lectivo, e darán solución ás dubidas que se presenten. A actividade quere ser un reforzo dos contidos adquiridos nas aulas. Quen?: Educación Primaria. Cando: De luns a venres de 17:30-19:00. Importe: Dous días, 30€/mes. Tres días, 42€/mes. Catro días,54€/mes. Cinco días,66€/mes. Código de Inscrición: ESTU-DIR (Marcar día e horario na táboa).


Os alumnos de infantil serán recollidos polos monitores na aula en todas as actividades. No resto das actividades, serán recollidos na aula sempre que participen en actividades levadas a cabo dentro do edificio colexial, pois os alumnos que leven a cabo as súas actividades no exterior do edificio serán recollidos nos patios. Os adestradores de Fútbol Sala recollerán á saída da aula aos alumnos de 1º Ed. Primaria. O pagamento dos recibos efectuarase mediante domiciliación bancaria. A devolución da mensualidade implica o cargo dos gastos de xestión.

*Multimedia:

Estas actividades contan este ano con dispositivos

electrónicos á disposición do grupo, que poderán empregar nas sesións.


Programa semanal HORA

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

SÁBADO

10:30 a 12:00

PATI-A

12:00 a 13:30

PATI-B

11:45 a 13:00

INI-FUT/PSI TEATRO XADREZ PINTURA-INI. T-MANUAIS BALLET-A

BALLET-B

B-GALLE 12:20 a 13:30

ALOHA

ALOHA

JUDO

JUDO

JUDO

JUDO

JUDO

MULTI

MULTI

MULTI

MULTI

MULTI

INGLES-A

INGLES-B

INGLES-A

INGLES-B

INGLES-PLUS

FRANCES

FRANCES CHINO ALEMAN

BRIGHT-MINDS 12:20 a 14:00

BRIGHT-MINDS ROBOTIX

PINTURA

PINTURA

PINTURA

GUITAR BAILE-A 17:20 a 18:30

17:20 a 19:00

17:30 a 18:45

BAILE-B ARABE

JUDO

JUDO

JUDO

INGLES-C

INGLES-D

INGLES-C

INGLES-D

PINTURA

PINTURA

PINTURA

INI-FUT/PSI

JUDO PINTURA

INI-FUT/PSI JUDO

JUDO

ESTU-DIR

ESTU-DIR

ESTU-DIR

ESTU-DIR

ESTU-DIR

FUTBOL

FUTBOL

FUTBOL

FUTBOL

FUTBOL

BASKET

BASKET

BASKET

BASKET

BASKET

INI-FUT/PSI

INI-FUT/PSI


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.