“Escavación arqueolóxica en área na vila romana de Toralla, Vigo (Pontevedra)”

Page 1

I. PROXECTOS DE CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR · 1. XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS

CD 102A 2007/599-0

Escavación arqueolóxica en área na vila romana de Toralla, Vigo (Pontevedra) FERMÍN E. PÉREZ LOSADA 1

A

villa romana de Toralla está situada na chamada «finca Mirambell» (Oia, Vigo), ocupando un pequeno cabo costeiro entre praias (O Vao e Canido) xusto fronte á illa homónima. Evidentemente, se trata dunha villa maritima, con funcións de residencia rural costeira non moi lonxe do núcleo romano do Vicus Elanei (actual Vigo) e dedicada esencialmente á explotación dos recursos mariños (pesca e, sobre todo, obtención de sal) que ofrece a ría. O xacemento, implantado ex novo sobre terreos nunca ocupados anteriormente, amosa unha única fase de ocupación comprendida entre os inicios do s. IV e os mediados do VI d.C. Foi descuberta pola familia Mirambell, daquela propietaria da finca, a partir dos anos 20 do século XX. Nos anos 90 o concello de Vigo recuperou a titularidade pública do terreo e promoveu a realización das primeiras intervencións científicas no xacemento –sondaxes en 1992; escavación en área en 1993 e 1994– que conseguiron exhumar unha boa parte da villa (Soto Arias 1994; Hidalgo/Viñas 1998). En 2002 se asina un convenio de colaboración entre a Universidade e o concello de Vigo para desenvolver o proxecto de I+D «Investigación e Musealización da villa romana de Toralla (Vigo)». Ao abeiro do mesmo se realizan outras dúas campañas de escavación arqueolóxica en área en 2002 e 2003 (Pérez/Vieito/Fernández 2007) e se procede á redacción dun proxecto de musealización e posta en valor do xacemento (Pérez/Vieito/Fernández 2005). Este proxecto execútase na súa meirande parte en 2006 –1ª fase: conservación-restauración-reconstrución das ruínas e dotación de infraestruturas

Planimetría e interpretación xeral do «Edificio Secundario» da villa de Toralla

(drenaxes, contención de perfís estratigráficos)– acompañado neste caso dunha 3ª campaña de escavación arqueolóxica consistente en exhumacións puntuais en todos aqueles sectores que ían ser afectados polas obras (gabias para a colocación de drenaxes; recuamento de perfís perimetrais para a colocación dos gabións de contención). O conxunto das intervencións realizadas permite a delimitación e interpretación completa do edificio principal da villa así como a identificación razoable dunha salina mariña e mais doutro edificio secundario (Pérez/Vieito/Fernández 2008). CAMPAÑA 2007 No verán de 2007 se acomete a 2ª fase de musealización do xacemento que consiste na execución de equipamentos de visita tales como o peche perimetral e a plataforma de visión elevada. As obras, non obstante, foron paralizadas pouco despois do seu inicio por mor dunha circunstancia pouco previsible pero non excepcional como é o achado de estruturas arqueolóxicas in situ baixo a cimentación do que ía ser a plataforma de visión elevada, procedéndose así a unha nova e inesperada 4ª campaña de escavación en área no xacemento, executada polo equipo do LAUV nos meses de outubro e novembro de 2007. A intervención loxicamente estivo centrada na zona onde apareceron os vestixios arqueolóxicos, situada ao sur do edificio principal da villa, fronte ás termas, a uns 3 metros por tras da actual liña de gabións de contención. Fíxose aquí unha amplísima sondaxe –forma rectangular con remate angular de 70 m² de superficie e 2,6 mts. de profundidade media– onde apareceron abondosas estruturas e materiais, complementada cunha segunda sondaxe máis pequena e afastada –rectángulo de 12 m² situado a uns 10 mts. ao sur da sondaxe principal– de resultados negativos. Amais destas dúas sondaxes tamén foron realizados os controis arqueolóxicos preceptivos nas dúas áreas de reserva arqueolóxica do xacemento –edificio secundario (antigo «edificio 3») e salinas– previos ás obras de contención dos perfís estratigráficos mediante bancais de madeira. Na área do Edificio Secundario recuouse 1 metro o perfil estratigráfico existente, escavándose así unha estreita vala perimetral duns 20 m² de superficie non exenta de relevantes achados de estruturas e materiais. Na zona da salina o recuamento foi mínimo –ca. 40 cms.– e moi parcial, constatándose aquí a continuidade do segundo tanque salineiro.

- 84 -


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.