
1 minute read
Estudaron no IES A Xunqueira I
Un noviño Carlos e en COU Arquivo do IES A Xunqueira I César Carames en 1º BUP e en COU Arquivo do IES A Xunqueira I
O noso novo Xefe de Estudos, Carlos Novo Comba, que tomou o cargo substituindo á profesora de Historia, Mercedes Mora, cursou o Bacharelato Unificado Polivalente (B.U.P.) e o Curso de Orientación Universitaria (C.O.U.) no noso centro, dende o ano 1986 ata o ano 1989. Estudou INEF na Coruña e, rematada a carreira, dedicouse a dar clases de Educación Física en centros da provincia como o IES Maria Soliño de Cangas, A Xunqueira II e Sanchez Cantón, ata que obtivo o destino definitivo no noso Instituto.
Advertisement
A partires de agora ten por diante unha dura tarefa por cumprir, xa que a Xefatura de Estudos é un dos cargos, dentro da dirección do centro, de grande dificultade. Porén, o seu coñecemento do centro e o seu talante aberto e tolerante, vainos dar un Xefe de estudos excelente durante os catro cursos para os que está noemado.
César Caramés Blanco, estudou no noso centro dende o ano 1993, onde comezou os estudos do Bacharelato Unificado Polivalente (B.U.P.) ata o ano 1996 no que rematou o Curso de Orientación Universitaria (C.O.U). A continuación estudiou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago para dedicarse á docencia da Lingua Galega. Comezou a súa andadura docente nos Maristas Carlos Novo na actualidade de Ourense e (Foto Ramos) tamén impartiu clases no Seminario da cidade das Burgas, ata chegar ao noso Instituto como docente. César é un gran aficionado ás artes marciais, deporte no que acadou grandes logros, como o Campionato de Galicia de Kungfu Combat en 2017. Ese mesmo ano acadou a medalla de bronce no Campeonado de España na modalidade de Shuaj Jiao.


César Caramés hoxe. (Foto Ramos)
