2 minute read
Concurso de microrrelatos. III Xogos Florais
abes? en verdade nin sequera a estranas. Sabes que foi unha boa decisión, que en realidade non che fai falta. Ela é como a galletiña que vén co café; calórica, ultraprocesada, sucia, innecesaria. Gozabas saboreándoa pero, sabes dabondo, facíache máis dano que ben. De feito, sabes que no fondo ti nunca quixeches estar con ela; nin sequera namoraches, como ías namorar dunha persoa tan inmatura? Namoraches de namorar, si, namoraches de querela pero nunca a quixeches. Pénsao, todo este tempo non pensaches nada nela. Ou case nada. Definitivamente non che fai falta. Así que non o penses dúas veces, dá media volta e fai o que sexa pero afástate desa porta. Pensa en cando descubriches que lle encanta a pizza con ananás, naquela vez que se puxo celosa por saíres de festa con Antía. Pensa no mal que lle cheiraba o alento pola mañás e na obsesión que ten co seu can; pero baixo ningún concepto pulses ese botón. Nunca te ilusionaches, non era máis que un pasatempo: xamais fantasiaches coa vosa voda, nunca a viches dese xeito, que sentido tería volver agora? Ningún. A sentenza é firme, así que… —Ola. Traio pizza e viño.
Alfredo Fdez. Marques
Advertisement
1ºC Bacharelato raíña petou na porta, pero na casa non había ninguén. Os sete ananiños estaban na voda de Brancaneves e o príncipe oportunista. A madrasta escoitou un ruído baixo o chan. Buscou unha trapela e entrou ao soto. Atoupouse co oitavo ananiño amordazado e atado a un piar. Desatouno para interrogalo. Precisaba atopar a Brancaneves. O ananiño choromicou explicándolle que o esconderan porque era o irmán terno e querían á moza para eles sós. Ían matala na lúa de mel polo tópico de que non fose de ninguén máis. Argallaron un plan para cancelar a voda. O ananiño tenro quería salvala e internar aos seus irmáns nun correccional; e a bruxa necesitaba a rivalidade (agora máis xa) para seguir progresando como persoa, consello do seu psicólogo o espelliño de peto. Tiñan todo a prol, mais seica atoparon coa familia do cervo ao que ocazador quitara o corazón e remataron mal. Moi mal.
Sabela Porto Verísimo
2º B E.S.O.
Perpetuando un acontecemento muy decimonónico, o noso centro celebrou a terceira edición dos Xogos Florais, onde o alumnado participante mostranos todo o seu talento para a poesía. Este ano, cheo de problemas e incertidumes, o tema era: ―Démoslle unha oportunidade a paz coa poesía!‖.
Na foto da dereita podemos ver o cartel dos xogos, así como ao secretario do centro, José Manuel Ramos, facendo unha alocución durante a entrega dos premios aos gañadores do certame.
Na páxina seguinte pódense ler os traballos galardoados.