1 minute read

Poesía. Gañadores ―Ben Veñas Maio

Mata-lo tempo1

E se sei?

Advertisement

May Jailer

Libre de cabo co rumor en espera. O mar mexe un corpo que non esquece a paixón. A areia chega a cada recuncho.

Somérxeste no azul dunha nova etapa, deixarás atrás todo o pasado, nadarás esquecendo o porvir.

A calor, a suor, a túa pel coloreada polo sol

cinco días. Un paseo, un cigarro un caderno, un bolígrafo negro, poesía de vida afastada, de mentes abertas e longas carreteiras.

Aquel verán que pasamos buscando unha gasolineira na que mercar xeo e matámolo tempo como Xela, aquel que corría máis rápido que todas as noites de ladaíñas e sexo e lento guitarreo.

O noso xullo en procesión.

1 Carta en resposta a Xela Arias e o seu texto “Mata-lo tempo” E se eu vou ao revés, e non estou de acordo co que ti fas, ou co que cres? Se o digo con respecto,

só estou dicindo o que penso. A xente pide sinceridade, e logo oféndelles tanta franqueza.

Piden ouvir só verdades, e moléstalles tan pouca «delicadeza». E se eu quero falar

aínda que todo o mundo cale? E se non quero cantar a canción que só ti sabes? Se non digo «éme igual»,

será porque si importa, e se eu quero baixar inda que o resto vaia en contra? E se xa non quero ocultar

o que agora todos saben? E se non quero conformar co que a outros si lles vale?

E se quero debuxar aínda que agora ninguén pinte? E se eu quero bisbar

inda que todo o mundo grite? E se eu quero berrar o que ninguén cre saber?

E se antes que rifar eu prefiro ler? Isto só son as dúbidas

dunha nena soñadora, aínda que ao mellor ten máis sentido cando o leas nunha hora

(e, si, quero rematar con puntos suspensivos, como unha recta que non ten orixe nin final coñecidos)

Alfredo Fernández Marques 1º Premio Ben Veñas Maio. Poesía. Cat. B. Sabela Porto Verísimo 2º Premio Ben Veñas Maio. Poesía. Cat. B.

This article is from: