NORDÉS 2014 CEIP “ VIRXE DO CARME ” - BURELA
SUBVENCIONADO POLA DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
SUMARIO Páx Editorial …………………………………………………………..3 Celebracións: Magosto …………………………………………………. ….4 Samaín……………………………………………………….5 Nadal………………………………………………………….6 Dia da Paz…………………………………………………...9 Día de Rosalía……………………………………………..12 Entroido……………………………………………………..14 Día do libro………………………………………………….17 Letras Galegas……………………………………………..21 Actividades de animación á lectura…………………………..22 Semana da Arte………………………………………………….24 Actividades Medioambientais Gaia…………………………..25 O Cómic…………………………………………………………...26 Actividades de E. Infantil……………………………………….32 A Primavera. 1º Ciclo…………………………………………...40 Proxecto da Biblioteca: “ Lendas da Mariña Lucense ” …42 Creacións literarias ……………………………………………..49 Mochilas viaxeiras ……………………………………………...63 Viaxes ……………………………………………………………..64 Abalar: presentacións…………………………………………..73 Profesores que se xubilan. Entrevistas. ……………………74
2
U
EDITORIAL n ano máis, aquí está o xornal do noso colexio. Chega o “ NORDÉS ” cargadiño de materiais que se foron elaborando ao longo deste curso
2013/2014 que xa está a piques de rematar. Atoparedes no noso xornal poemas, contos, noticias, entrevistas, textos de actividades feitas ao longo do curso no colexio: Entroido, Nadal...e de viaxes: a Santiago, á Coruña, á granxa escola de Castropol.... En E. Infantil fixeron un experimento chamado “ caraveis de cores ” , traballaron os froitos de outono, plantaron xirasoles..... En Primaria, participamos na semana das artes plásticas da Mariña coa elaboración de figuras en barro e pintura que están expostas na sala de artes da casa da Cultura. Tamén atoparedes referencia ao proxecto que este curso se traballou proposto dende a biblioteca: as “ L ENDAS NA MARIÑA DE LUGO ” . Así que ides coñecer lendas moi próximas a nos como : A lenda do Bispo santo. A lenda do Perdouro. A lenda da fonte da Zapata A lenda da Maruxaina... Este curso estivo cheo de cambios, vanse xubilando moitos mestres que levaban no “ Virxe do Carme ” moitísimos anos. En decembro foise o que estivo de director máis de 30 anos, Manolo, e a finais de xaneiro xubilouse Toñita que era,ademais de titora, a encargada da biblioteca. No xornal aparece unha entrevista a cada un deles. Agardamos que desfrutedes coa lectura do xornal onde veredes plasmado parte do moitísimo traballo que realizades ao longo do curso. 3
CELEBRACIÓNS MAGOSTO En Novembro, celebramos o Magosto comendo castañas e participando en xogos colectivos.
4
SAMAÍN
5
NADAL
6
7
8
Dร A DA PAZ En 2ยบ e 3ยบ ciclos adornamos aulas e pasillos con mandalas e murais sobre a PAZ
9
DÍA DA PAZ
Abecedario da paz Dende o noso colexio, ano tras ano, celebramos o 30 de xaneiro :”O Día da Paz”. Neste ano, dende o 1º ciclo, acordamos confeccionar un libro que leva por título “Abecedario da Paz”: tódalas letras do noso abecedario foron repartidas por grupos, os cales buscaron, escribiron e ilustraron palabras alusivas á paz que empezaran con dita letra.
1º CICLO 10
11
DÍA DE ROSALÍA
Co gallo da celebración do nacemento de Rosalía de Castro, fixemos unhas composicións do seu retrato, que colocamos nas páxinas seguintes. ( 1º CICLO)
12
DÍA DE ROSALÍA
13
ENTROIDO Este curso, aproveitando que o tema a traballar no proxecto de biblioteca eran as lendas, todo o colexio nos disfrazamos de motivos relacionados con este tema. AsĂ houbo magos, lobishomes, Santa CompaĂąa, trasnos, demos...
14
ENTROIDO 1ยบ CICLO
2ยบ CICLO Traballando nos disfraces:
15
ENTROIDO 2ยบ CICLO
3ยบ CICLO
16
DÍA DO LIBRO
“El Quijote”
En 1º Ciclo traballaron o tema de “ E l Quijote ” e aprenderon moito, ao tempo que se divertíron decorando aulas e pasillos.
17
“El Quijote”
1º CICLO 18
1ยบ CICLO 19
DÍA DO LIBRO O 4º nivel e 5º A fomos ao Concello a un recitado de poemas convocado polo Colectivo Cultural Buril.
Recitamos poemas de Manuel María, Rosalía de Castro, Cabanillas, Ana Mª Fernández, J. Mª Díaz Castro... 20
LETRAS GALEGAS Este ano, o escritor homenaxeado foi J. Mª Díaz Castro. No noso cole celebramos este día das Letras Galegas o 16 de maio, do seguinte xeito: Dende as 9:30 ata as 11:30, en dous pases, tivemos as seguintes actuacións: Breve semblanza do escritor homenaxeado este ano. Lectura de poemas por parte do alumnado de 4º B e 5º A Representación da obra de teatro “Ai mamasiña que medo” por parte dos alumnos/as de 4º A.
21
ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA
O PASADO MES DE ABRIL OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DISFRUTARON DUN ESPECTÁCULO DE MAXIA QUE OS DEIXOU COA BOCA ABERTA. HOUBO RISAS E SORPRESAS DURANTE TODA A ACTUACIÓN. ESPERAMOS PODER REPETIR ESTA ACTIVIDADE O VINDEIRO CURSO.
PODEDES VER A REPORTAXE FOTOGRÁFICA COMPLETA NO BLOGUE DA BIBLIOTECA 22
A escritora Alicia Borrás veu falar aos de 3º ciclo do seu libro “Nata y chocolate” que trata sobre o acoso escolar. Libro que xa leran e lles gustou moito.
3º CICLO
23
SEMANA DA ARTE Na “SEMANA DA ARTE” participamos toda a Primaria. O alumnado de 1º e 2º ciclo desfrutou traballando o barro e en 3º ciclo realizaron verdadeiras obras de arte en pintura. Logo, estas obras expuxéronse na sala de arte da Casa da Cultura. As obras expostas na Casa da Cultura
Obras de 1º, 2º e 3º ciclos
24
ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS GAIA Ao longo deste curso, participamos en actividades propostas pola aula medioambiental do concello de Burela ,GAIA
Visitamos os castiñeiros centenarios de Burela.
Fomos ver as fontes de Burela
O grupo de 6º A gañou o premio do “xogo de pistas, que árbore é?” E como premio recibiron un diploma e plantaron unha árbore.
25
O CÓMIC Este curso, por 1ª vez, convocouse un concurso de cómics para o 3º ciclo. Participaron bastantes rapaces e rapazas e os dous primeiros gañadores tiñeron como premio un libro e material escolar. Aquí poñemos os dous que quedaron nos dous primeiros postos NORABOA!!
26
27
28
29
30
31
ACTIVIDADES E. INFANTIL CARAVEIS DE CORES
E:I. 5ºA
OS ALUMN@S DA CLASE BULE-BULE, DE 5ºA DE EDUCACIÓN INFANTIL, NA UNIDADE DAS FLORES FIXEMOS UN EXPERIMENTO ,TINXIMOS CARAVEIS DE CORES. DURANTE VARIOS DÍAS OBSERVAMOS COMO A SÚA COR CAMBIABA POUCO A POUCO. COMO POR ARTE DE MAXIA VOLVÉRONSE DE COR: VERDE, AZUL, AMARELO, VERMELLO,…
32
DESTA
MANEIRA
ALUMNOS/AS TODA
A
DE 3
TAN
SABOROSA,
ANOS
COMUNIDADE
OS/AS
PRESENTÁMONOS
EDUCATIVA.
A
AGARDA-
MOS QUE VOS GUSTE TANTO COMA A NÓS “ O S FROITOS DO OUTONO” .
E.I.4º
33
“ X IRA, XIRA, FLOR MARELIÑA,
DÁ
VOLTAS
SEN PARAR, QUE O SOL CONTIGOQUERE
XO-
GAR ” OS/AS NENOS/AS DE E.I. 5ºB SABEMOS QUE A FLOR MARELIÑA QUE XIRA BUSCANDO O SOL É .......... “ O XIRASOL ” .
REGÁMOLOS
POR ISO NESTA CLASE
E
PLANTAMOS XIRASOLES
COIDÁMO-
LOS MOITO.
PARA OBSERVAR COMO NACEN E MEDRAN.
34
PLANTAMOS TAMÉN BULBOS DE FREESIAS.
SAIRÁN UNHAS FLORES MOI FERMOSAS. DISFRUTAMOS MOITO REALIZANDO ESTAS ACTIVIDADES.
A XARDINERÍA É UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTI-
EI 5ºB 35
VISITAMOS A GRANXA-ESCOLA DE CASTROPOL O PASADO 5 DE MAIO, OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL VIAXAMOS A CASTROPOL,ONDE NOS CONVERTEMOS EN GRANXEIROS POR UN DÍA.APRENDEMOS UNHA MOREA DE COUSAS COMO : FACER PAN,COIDAR OS ANIMAIS E O HORTO E FACER MANUALIDADES.
NO AUTOBÚS FUMOS SENTADOS
NADA
MÁIS C HEGA MOS, O PAN AMASAMO S E UN BOLIÑO FO RMAM OS.
PARA MONTAR A CABALO SEN RISCO, POÑEMOS O CASCO E LISTO!
36
MOITOS ANIMAIS HABÍA...ALGÚNS COA SÚA CRÍA
O XANTAR COMEMOS, E DESPOIS RECOLLEMOS!
37
XA POLA TARDE, A TRABALLAR CON ARTE!
TEMPO LIBRE PARA XOGAR , NON PODÍA FALTAR!
TAN CANSOS QUEDAMOS,QUE TODO O CAMIÑO....SOÑAMOS!
E.I. 6º
38
En Infantil fixemos A Maruxaina, e escribimos a súa lenda para que todos a coñezan. Gústavos?
39
TRABALLOS 1ยบ CICLO
As rosas florean, os tulipรกns cantan, as papoulas falan, as margaridas bailan. Con todo o que se falou, a PRIMAVERA chegou.
40
Un raio de sol asoma pola ventá, os paxariños non deixan de cantar, os verdes campos invitan a xogar. Distintos raios multicolor recollo para a miña mamá. Ali vai un dente de león, voando polo ceo, facendo un percorrido de Burela ata Viveiro.
41
AS LENDAS
42
1ยบ CICLO 43
4ยบA
44
45
46
47
48
CREACIÓNS LITERARIAS Refráns Os alumnos e alumnas de segundo estivemos buscando refráns populares sobre a primavera. Repartimos un refrán distinto para cada un de nós no que tiñamos que facer unha ilustración. Despois, tódolos cursos 2ºA,2ºB e 2ºC xuntamos os nosos refráns nun libro, onde curioseamos que debuxos fixeron os nosos compañeiros. Foi un traballo moi divertido, pasámolo xenial !!
2º A, 2º B, 2º C
49
2ยบ nivel
50
51
52
LA PLAYA
53
54
55
UXร A 4ยบ A 56
57
SE EU FOSE PRESIDENTA...
58
Había una vez un neno de 10 anos que xogaba moi mal ó baloncesto, e tamén a outros deportes, pero a el gustáballe o baloncesto, aínda que xogara mal. Un día encontrouse cunha xogadora de baloncesto. Levaba unha mochila mal pechada, da que caeu unha camiseta. O neno colleuna e díxolle á xogadora: -Toma, é túa, caeuche da mochila. -Grazas, pero pódeste quedar con ela. É máxica, e fai xogar ben ó baloncesto, pero non a necesito. E outra cousa moi importante: A camiseta non corrixirá os teus fallos, senón que xogará por ti. E outra cousas: Se non estás xogando ó baloncesto non funciona; se a levas posta moito tempo ao sacala xogarás mellor que antes e cando a levas posta non se nota. A xogadora foise e o neno volveu á súa casa, sen dicir nada. Ao seguinte día era sábado e tiña un partido. O día do partido saíu no 1º tempo, e cando lle pasaron o balón saíu correndo cara a canastra, tirou e meteu. Cando o equipo contrario atacaba, rouboulles o balón e saíu botando cara a canastra, tirou e meteu, e así o resto do partido. Cando o partido acabou, o resultado era 60-15. O malo deso era que moitos dos seus amigos non querían xogar con el ao baloncesto, porque sempre ganaba, e preferíano como antes. O neno, ao ver que ninguén xogaba con el, decidiu devolverlle a camiseta á xogadora. Cando a encontrou, díxolle: -Toma a camiseta, xa non a quero. -Pero non che axudou moito ? -Si, pero xa non me gusta. -Vale, gardareina. Pero recorda: Agora xogarás mellor. E así, os seus amigos xa volveron a xogar con el, porque aínda que xogaba ben xa non era tan bo coma antes. Daniel Piqueras Valle 5ºA 59
O FARO: UN SÍMBOLO DE BURELA
60
61
62
MOCHILAS VIAXEIRAS
63
VIAXES A viaxe a Santiago de Compostela: Comezamos a viaxe ás 9:00 da mañá, paramos en Guitiriz para recoller a Suso. Chegamos ás 11:20 da mañá á rúa San Lázaro onde se atopa o Mupega ( museo Pedagóxico de Galicia ) , alí vimos materiais escolores usados no século XX: Despois de visitar o Mupega, fomos dar un paseo polas rúas antigas de Santiago, chegamos á praza do Obradoiro, onde vimos a catedral de Santiago de Compostela ( punto de encontro de moitos peregrinos ) , tamén alí estaban a casa do Concello e o pazo de Raxoi. Despois comemos na Universidade Monte da Condesa. As 16:00 fomos á Rúa do Hórreo, onde se encontra o Parlamento de Galicia:
5º
64
Entramos no hemiciclo do Parlamento de Galicia, a diferenza do que se ve na televisión, é moi pequeno. Sentámonos nos asentos dos deputados e deputadas. Explicáronnos que se fai no parlamento, que elabora leis, orzamentos e elixe ao presidente ou presidenta da nosa comunidade; que hoxe en día e Alberto Nuñéz Feijoó. Saímos de Santiago de Compostela as 18:15. Paramos a merendar en Guitiriz e chegamos a Burela as 20:30 da tarde.
65
VIAXE A CORUÑA O día 31 de xaneiro os alumnos de 6º fomos de excursión a Coruña. A viaxe non foi moi longa pero divertinme no autobús. Cando chegamos,todos estabamos sorprendidos polos edificios tan altos que había. A primeira visita que fixemos foi ao acuario. Alí recibiunos unha rapaza que nos empezou a guiar por ese lugar. Levounos por un corredor onde había grandes tanques de auga nos que había peixes e moluscos de todos os tipos. Logo pasamos por uns túneles e chegamos a unha sala onde estabamos rodeados de auga. Alí vivía Gastón,un tiburón toro de aproximadamente 3 metros de longo. A nosa visita ao acuario rematou coas focas; eran graciosas e na-
66
Logo visitamos a Casa das Ciencias ,onde vimos unha sesión nun planetario .Despois deixáronos percorrer o edificio no que había moitos experimentos interesantes para facer. Na saída había unha incubadora con ovos e tres pitiños pequenos que nos chamaron moito a atención.
6ºB
A nosa última visita foi a domus,alí comemos e comezamos a nosa visita vendo un vídeo en 3D de como fabricaban un avión. Cando saímos do video estivemos mirando o que había ao noso aire. Pasamos por un túnel que era como un corazón xigante, probamos unha bicicleta onde se vía como fai o noso corpo cando andamos etc. Cando saímos de alí todos estabamos cansos ; sentamos nunhas escaleiras para merendar e marchamos para a casa. Foi unha viaxe xenial.
67
Viaxe a Sotavento O
día 12 de
novembro do 2013 fo-
mos de excursión ao Parque Eólico Experimental de Sotavento. Alí explicáronnos moitas cousas sobre a enerxía, a electricidade, as placas solares e leváronnos ao auditorio para facer o xogo de Pasapalabra. Máis tarde fomos a ver unha vivenda bioclimática, É dicir, que aproveitaba as condicións medio ambientais,e funciona a través dun dispositivo móbil. Tamén comprobamos como funcionaban as placas solares para producir electricidade e calor, e visitamos o edificio de control. Xantamos todos xuntos no auditorio e pola tarde visitamos un aeroxerador por dentro. Ata tivemos tempo de facer unha cometa con paus de madeira e plástico mentres as profes ían dar unha volta nun coche eléctrico. Foi unha unha visita moi interesante, divertímonos e aprendemos moitas cousas, sobre todo que temos que aproveitar os recursos que nos da a natureza e COIDAR O MEDIOAMBIENTE. Chegamos de volta a casa moi cansos pero contentos.
68
RAISA E CRISTINA 6ยบ B 69
As nosas viaxes
5º PRIMARIA
O 15 DE MAIO FIXEMOS UNHA VIAXE ESPECIAL
Saimos de Burela ás 9:00h Viaxamos ao concello de Friol e ao de Outeiro de Rei.
Fixemos un percorrido polo espazo e polo tempo. Dende o século XX1 ata o III d. de C., pasando pola Idade Media. Un percorrido apaixoante que nos deu a posibilidade de coñecer de cerca como eran e como vivían os galegos e as galegas fai moito tempo. Nenos e nenas de 5º A
Coñecemos dous dos tesouros do nos longo pasado histórico 70
CASTRO DE VILADONGA CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.
5º A
Cousas que aprendemos en Viladonga:
Antes de ver o castro vimos algunas pezas e maquetas no museo e vimos un documental sobre a vida dos seus habitantes.
No recinto central atópanse a maioría das construcción s atopadas até o de agora; vivendas, currais, almacéns, algún edificio de uso social.
O castro de Viladonga atópase no concello de Outeiro de Rei, na Terra Chá. Comezouse a escavar nel dende 1972 baixo a dirección de M. Chamoso Lamas e con posterioridade de F. Arias Vilas. Aínda continúan os traballos periódicos polo que nos poden estar gardando sorpresas que merecen ser descubertas.
71
TORRE FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA CONCELLO DE FRIOL
5º de PRIMARIA Ao longo da visita, uns guías, amosáronnos como eran os castelos por dentro. Había moitas armas colgadas nas paredes, e A fortaleza convertida subimos ao alto da torre de homenaxe onde goen museo esta zamos dunhas estupendas vistas. formada por tres A Torre de Xiá ten os seus orixes no século XIV
corpos: Torre de homenaxe, corpo central e unha capela exterior.
Cando saímos déronnos flocos de millo e observamos u nha capela que estaba ao laso. Logo fomos comer a facultade de Maxisterio (en Lugo) 72
AULAS ABALAR Os alumnos de 6ºB traballamos nos nosos ordenadores elaborando presentacións sobre distintos países. Logo expuxémolas na clase explicándolles cada diapositiva aos nosos compañeiros
6º B
73
PROFESORES QUE NOS DEIXAN Este curso houbo varias xubilacións entre o profesorado do noso colexio. En novembro xubilouse Manolo, o director, en xaneiro Toñita, , e a fin de curso será Pedro quen nos deixe. Todos eles levaban moitos anos con nós e botarémolos de menos. Esperamos que nos visiten o curso próximo e conten como lles vai coa súa nova vida de xubilados.
A ENTREVISTA: MANOLO, EXDIRECTOR DO VIRXE DO CARME P. ONDE NACICHE?
R. Nunha aldea, Órrea, que pertence ao concello de Riotorto aínda que está no límite coa Pontenova. De feito a miña vida fixena sempre na Pontenova. P.CANDO ERAS PEQUENO, QUE QUERÍAS SER DE MAIOR?
R. Eu quería ser conductor. Meu pai tiña un camión e unha carroceta e a min gustábame iso. P. DE NOVO, TRABALLACHES EN OUTROS OFICIOS?
R. Só tiven un verán en Suiza, recollendo a froita, e tamén rexentei un bar. Pero foi pouco tempo. Enseguida aprobei a oposición e xa comecei a traballar no que ia ser a miña profesión. P. POR QUÉ ELEXICHE A EDUCACIÓN COMO A TÚA PROFESIÓN?
R. A min gustábame o de ser conductor de camión pero era moi duro. Cando eu era novo en Lugo só se podía estudar Maxisterio ou un oficio. Ademais meus pais tampouco podía mandarme estudar a outro lado. Naqueles tempos non había becas coma agora. P. LEMBRAS A PRIMEIRA CLASE QUE DECHE?
Foi en Sevilla ( Andalucía ) arredor dun quince de setembro de 1977. Era un pobo chamado La Luisiana, no C.P. Antonio Machado. Eu era o titor e ese día só nos presentamos e copiamos o horario que iamos a ter. P.. NALGÚN MOMENTO PENSACHE EN DEIXAR O MAXISTERIO E ADICARTE A OUTRA COUSA?
R. Non, nunca. Sempre traballei moi a gusto e souben que esta era a miña profesión.
74
P. CANDO CHEGACHE AO VIRXE DO CARME?
R. Oficialmente cheguei o 1 de setembro de 1982, aínda que eu xa vin en xuño a ver o colexio e coñecer aos compañeiros. P. CANTOS ANOS BOTACHE DE DIRECTOR?
R. Dende o 1 de setembro de 1985 ata o 30 de novembro de 2013.Mais de 30 anos. P. QUE SIGNIFICA SER DIRECTOR/A DUN COLEXIO?.
R. É a persoa que representa ao resto do colexio ( nais e pais, profesorado, alumnado, traballadores non docentes ) . É ademais o responsable último do colexio. P. SEMPRE QUIXECHE SER DIRECTOR, OU FOI ALGO CO QUE NON CONTABAS? R. Cando cheguei ao Virxe
do Carme, os directores eran persoas maiores que logo se xubilaron. Para nomear nova dirección fíxose unha votación e eu saín elexido con mais votos. Xunto a outros dous compañeiros fixemos o primeiro equipo directivo, nomeado por un ano. Durante ese ano comprobei que me gustaba e xa continuei, sendo elexido de novo de cada tres ou catro anos. P. DURANTE TODOS ESTE ANOS NO CEIP VIRXE DO CARME QUE FOI O QUE CHE GUSTOU MÁIS E MENOS?
R. O que mais me gustou foi o clima de bo ambiente e boa relación co profesorado. O que menos foi a falta de apoio da Administración con determinadas peticións do colexio, que consideramos necesarias. P. TIVECHE SEMPRE BOA RELACIÓN CON TODOS OS TEUS COMPAÑEIROS, SENDO TI O XEFE? R. Si, sin dúbida ningunha. Eu tiña claro que se había mala relación co profesorado
ou parte deste eu non ía continuar na dirección. P. CAL FOI O TEU MELLOR COMPAÑEIRO/A?.
R. Sempre tiven boa relación con todo o mundo pero especialmente cos compañeiros que formaron parte do equipo directivo: Xabier Carballeira, Labrada, Maribel crecente,Faustino, Jesús. Pepa a responsable de calidade. 75
P. FORON MOITOS ANOS AO FRENTE DO VIRXE DO CARME. NALGÚN MOMENTO PENSACHE EN DEIXAR O TEU CARGO?
R. Como xa dixen antes, eu iriame se houbera mala relión ou falta ede entendemento co resto do profesorado. Non houbo ocasión. P. TIVECHE SEMPRE BOA RELACIÓN COS NENOS E NENAS AOS QUE LLE DECHE CLASE?
R. Sempre tiven unha relación cordial coas clases que pasaron polas miñas mans. Tamén é verdade que viña a traballar, a impartir clase e esixir traballo. E penso que non me foi mal. P. LEMBRAS A ALGUÉN EN ESPECIAL?
R.Non, para min foron bos alumnos e alumnas. P. HOUBO ALGUNHA CLASE DIFICIL DE LEVAR?
R. Nunca tiven queixa de ningunha, é verdade tamén que polo cargo de director tiven sempre poucas horas de docencia. Ademais o feito de que fora o director tamén supoñía un pouco máis de respecto por parte do alumnado P. QUE FAS AGORA QUE NON TRABALLAS?
R. Reparto o meu tempo entre o negocio de antigüidades da miña muller e o Xulgado de Paz. P. COMO É ISO DE ESTAR XUBILADO?
R. Pois é distinto. Non tes a obriga de ir traballar. Pero non quere dicir qu non faga cousas. Penso que é interesante facer cousas, seguir activo. P. E AGORA QUE TES TEMPO, TES PLANEADO FACER ALGUNHA VIAXE?
R. Tiñamos pensado a miña muller e eu facer unha viaxe un pouco longa, xa en xaneiro, pero como en inverno non fai moi bo tempo fómolo pospoñendo. Quizais en setembro P. AINDA QUE ESTES XUBILADO, SEGUES TRABALLANDO NO XULGADO.
R. Si, xa o dixen antes. Vou todos os días, aproximadamente durante media hora. P. BOTAS DE MENOS O COLEXIO?
R. Despois de botar tanto tempo no mesmo traballo, si.. Pero como teño outras actividades a verdade é que non é moito. P. PRACTICAS ALGÚN DEPORTE?
R. Non. Pero vou ter que pasear algo que estou engordando.... P. CAL É O TEU EQUIPO DE FÚTBOL FAVORITO?
R. Non son forofo de ningún equipo pero son simpatizante do Real Madrid. P. QUEN VAI GANAR A CHAMPIONS?
R. Está difícil pero penso que ao final ganará o Real Madrid.
76
ALUMNOS DE 5º A
Manolo foi director do Virxe do Carme durante máis de 28 anos e titor dos nenos e nenas de 5ºA durante apenas dous meses. Xa retirado, e adicado plenamente a axudarlle á súa muller no seu negocio de antigüidades, fíxonos unha visita para que puideramos facerlle unha pequena entrevista que preparamos entre todo o alumnado da clase. Durante máis de media hora contestou amablemente ás nosas preguntas e nos falou da súa traxectoria como mestre e director. E tamén fixo de adiviño. Serao?
77
ENTREVISTA A TOÑITA P-Onde naciches? R-Eu nacín en San Cibrao. P-Destacas algún momento da túa vida? R-Pois varios, cando me casei, cando naceron as miñas fillas.. P-Tes mascota? R-Non. P-Que fas no teu tempo libre? R-Pasear,viaxar, ler,coser... P-Como coñeciches ao teu marido? R-Presentoumo unha prima e anos máis tarde comenzanos a saír. P-Tiveches outro traballos? R-Non. P-Donde fixeches a túa carreira? R-Fíxena en Lugo, tamén fixen ali o bacharelato. P-Por qué decidiches traballar de mestra? R-Gústame a mediciña e a ensinanza tamén, pero obtei por ser mestra porque era máis curta a carreira. P-Cando comezaches a traballar no Centro Virxe do Carme? R-No ano 1987. p-Cantos anos traballaches no Virxe do Carme? R-Uns 28 anos seguidos, pero antes estiven tres anos . P-Que che pareceron os últimos alumnos que tiveches? R-Moi ben, bos como persoas, e uns mellor que outros académicamente, un pouco charlatáns pero bos. P-Traballaches noutros centros? R-En públicos non, pero en escolas unitarias si, nos Ancares, nunha aldea de Becerreá. P-Cal foi a túa excursión favorita? R-Hai unha que recordo moito, fumos aos Ancares e alí perdímonos.Pero
6ºA
gústame mais as de fin de curso. 78
TAMÉN MARCHA PEDRO
P. Cantos anos levas traballando? R. 37 anos. P. E cantos neste colexio? R. 27 anos. P. Cal foi o colexio que máis che gustou dos que estiveches? R. Este. P. Por que viñeches traballar a Burela? R. Vin traballar a Burela pola familia e porque Burela é céntrica. P. Onde estudaches? R. En Lugo. P. Que é o que máis che gusta? R. As matemáticas. P. Gústanche os nenos? R. Sí. P. Sempre quixeches ser profesor? R. Gústame ser profesor, pero o que máis me gusta é a inxeniería. P. Que vas facer cando te xubiles? R. Voume dedicar a viaxar, a estar coa familia e ás miñas aficións. P. Que cousas che gusta facer? R. Gústame andar en bici, pasear e navegar en Internet. P. Cando te xubiles acordaraste deste colexio? R. Si. Virei visitarvos aos alumnos e aos profes.
5ºB 79
FONTE DA ZAPATA en San Martiño de Mondoñedo.
Fonte da Zapata, que brotou, segundo a tradición por milagre de Gonzalo, O Bispo Santo.
3º B 80