guía libreiros

Page 1

A torre e a illa é o primeiro volume que combina a maxia dos relatos fantasía co apaixonante mundo da ciencia ficción. Buratos de verme, espadas fantasmas, cidades mergulladas, seres creados por enxeñería xenética e un planeta infernal forman parte desta complexa trama na que os protagonistas emprenden unha aventura trepidante, unha fascinante viaxe a través do espazo e do tempo que os levará a cambiar o destino da humanidade. O problema é que se fai curto e quedas con ganas de máis.

LA GUERRA DE LAS BRUJAS. (trilogía). Maite Carranza. Edebé

LA LLAVE DEL TIEMPO (LIBRO PRIMERO: LA TORRE Y LA ISLA) Ana Alonso y Javier Pelegrin

Os libreiros e libreiras de Pontevedra recomendan

Boa maxia ancestral, lunar, sen demasiadas trampas nin demasiado facilona. As netas de dúas irmás postas a mal dende o principio dos tempos. Unha tensión sempre presente entre ambos os dous grupos de bruxas. Unha profecía que decidirá o final desta inimizade. e unha elixida para determinalo. Isto é o que nos propón Maite Carranza nos seus libros. A historia dunha rapaza introvertida, intelixente e moi acomplexada que se enfronta á desaparición da súa nai sen saber que vai cambiar a súa vida para sempre.

LA TUNELADORA Fernando Lalana. Bambú A misteriosa desaparición do xove enxeñeiro responsable da tuneladora que perfora os túneles do metro vaise converter nun dos casos máis arrepiantes dos moitos aos que se enfrontou o investigador privado Fermín Escartín ao longo da súa carreira. Terror xenuíno para os afeccionados ás emocións fortes.

EL PORTAL DEL CUERVO. Anthony Horowitz. Salamandra

El portal del Cuervo é a primeira entrega dunha saga de cinco libros, Los cinco guardianes; unha serie de fantásticas aventuras ambientada hoxe en día e protagonizada por cinco mozos con poderes extraordinarios. Neste primeiro libro Matt Freeman, un adolescente orfo e confuso, ten problemas coa policía e é enviado a unha granxa de acollida no rural de Yorkshire; narración dotada dun ritmo que atrapa o lector, a través do suspense e das sucesivas sorpresas que vai descubrindo nas páxinas.

Algunhas suxestións para a rapazada do Sánchez Cantón das nosos amigos as librerías SEIJAS e MICHELENA, sempre dispostas a colaborar...


EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS. John Boyne. Salamandra.

EL SECRETO DEL FUEGO H. Mankell. Siruela Sofia corre a través da noite. Está escuro e ten moito medo. Corre seguindo un camiño que serpea entre arbustos e silveiras. Que é o que a persegue na escuridade? Un monstro sen ollos? Pensa que ten que esconderse, facerse pequena entre a maleza. Dá un salto como viu facer aos antílopes e sepárase do chan. E entón decátase.... Neste libro Mankell, o prestixioso escritor sueco de novela negra conta a historia dunha nena e unha mina antipersoa.

O libro é moi doado de ler, deses que perfectamente se poden devorar nun día ou dous, e vai destinado tanto a rapaces como a adultos, cada tipo de público analizarao dun xeito diferente, pero en definitiva é un moi bo libro que paga a pena ser lido. Nesta novela acompañaremos a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa xunto a un valado, onde fará amizade con outro neno da súa mesma idade, que vive ao outro lado do valado. Valados como eses abondan no mundo, mellor non atopar nunca un...

EL HOMBRE QUE PLANTABA ÁRBOLES. Jean Giono. É un relato inesquecible que se le dun tirón. Conta a historia dunha persoa que levou a cabo unha enorme e marabillosa tarefa sen esperar xamais recompensa ningunha, sen esperar xamais, e isto é o máis extraordinario, o recoñecemento dos demais...

EL CABALLERO INEXISTENTE. Ítalo Calvino.Siruela Ítalo Calvino -un dos grandes mestres do realismo moderno- escribiu entre 1950 e 1960 tres fábulas sen sentenza, entre as cales El Caballero Inexistente é tal vez a máis irónica, dura e divertida. Completando o cadro iniciado con El Barón Rampante e El Vizconde Demediado, Calvino culmina un difícil propósito: facer do sorriso unha arma crítica de agudo e implacable fío.

QUÉ BLANCA MÁS BONITA SOY. Dolf Verroen. Lóguez Maria recibe un regalo moi especial polo seu duodécimo aniversario: Un pequeno negro, un escravo. O moi premiado escritor holandés Dolf Verroen (Recibiu en tres ocasións o máximo galardón da literatura infantil e xuvenil en Holanda) leva o lector aos tempos da escravitude nunha das antigas colonias holandesas no Pacífico.

EL CUENTO NÚMERO TRECE. Diane Settefield. Lúmen

Cando unha vella escritora acostumada a mentir e unha libreira nova empeñada en saber a verdade se atopan, regresan os fantasmas do pasado, os segredos dunha familia marcada polo exceso, as cinzas dun incendio memorable e o perfil dun ser estraño que aparece e desaparece tras as cortinas dunha mansión... Homenaxe á literatura británica do XIX, aos amantes dos libros e os misterios, ás relacións tan especiais dos irmáns xemelgos, literatura de entretemento para os cansos dos códigos e seitas. Moi entretido, en xeral, con algúns parágrafos brillantes, a verdade é que engancha...

EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE. Mark Haddon. Salamandra Trata de Christopher, un rapaz autista, ao que o mundo se lle fai bastante costa arriba. Dado que o protagonista é, ademais, o narrador, o libro ten a súa graza, unha graza baseada na lectura que nós, os «normais», facemos do peculiar modo de razoar dos autistas. En fin, un libro estupendo que non defrauda e que se le con ganas.

EL GRAN MEAULNES Henry Alain- Fournier O Gran Meaulnes é un dos clásicos indiscutibles da literatura universal. Referente ineludible ao longo de décadas, é un testiemuño e unha homenaxe á adolescencia e permítenos gozar duns personaxes conmovedores.. Esta novela, apreciada por varias xeracións de lectores e escritores, leva demasiado tempo fóra das librarías españolas e merece que lle deamos unha oportunidade.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.