Rosalía de Castro, a autora galega máis universal e máis traducida das nosas letras, pero, paradoxicamente, unha gran descoñecida.
“Igual que se embeleceron na lembranza os seus rasgos físicos -Rosalía non foi guapa-, embelecéronse os seus rasgos temperamentais: ningunha arista, ningunha violencia; só dozura e suave tristeza. Nada máis lonxe da realidade. Rosalía tiña un carácter forte e a súa bondade e xenerosidade non impedían que reaccionase con violencia cando se sentía atacada ou o eran aqueles a quen ela estimaba. Basta ler os seus versos. Poemas como “Castellanos de Castilla” ou “A xustiza pola man” demostran a fortaleza do seu carácter” Marina Mayoral