Procedementos de avaliación Miguel Pescador Barcala http://www.slideshare.net/weblasisla/procedimientosde-evaluacin-presentation 1.-Criterios de avaliación das materias serán referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias básicas como a consecución dos obxectivos. O departamento de coordinación didáctica recolle de forma explícita na Programación didáctica os contidos mínimos que o alumnado debe alcanzar e os criterios utilizados á hora de establecer a cualificación final diferenciada de cada disciplina. 2.-As Programacións didácticas para abordar estas decisións terán en conta: •
A identificación, dentro de cada un dos criterios de avaliación, daqueles contidos que han de actuar como indicadores para realizar a avaliación.
•
Estes indicadores poden ser graduados en niveis de dificultade para determinar o nivel de competencia alcanzado polo alumnado (dende a excelencia á insuficiencia).
•
A elaboración de instrumentos de avaliación, axustados a eses indicadores, que permitan cualificar, con actividades habituais como ferramenta, cál é o nivel de competencia que ten o alumnado, para coñecer dun xeito real o que este sabe e o que non sabe, así como as circunstancias nas que aprende.
•
A definición dos criterios para obter a cualificación diferenciada parcial (de cada avaliación) e final, incluíndo a obtida en todos os criterios de avaliación e ponderando, no seu caso, o valor de cada un deles no conxunto. O
1
criterios para tomar esta decisión non son independentes e deben ser consensuados. 3.-¿Como desenvolver o traballo nos departamentos? 1º. Elaborando unha proposta de gradación das competencias básicas tanto entre primaria e secundaria como entre cada ciclo e curso de secundaria 2º. Adaptando os criterios de avaliación dos documentos curriculares oficiais ás características específicas do Centro e consensuando procedementos de avaliación coherentes coa proposta de formación en competencias básicas 4.-Agora tomemos como exemplo unha competencia e unha materia Competencia en comunicación lingüística Lingua e Literatura Competencia en comunicación lingüística Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, as emocións e a conduta. Sinaláronse tres dimensións xerais das competencias do ámbito lingüístico: - Falar e escoitar, é dicir, ser competente na expresión e comprensión de mensaxes orais que se intercambian en situacións comunicativas diversas. - Ler, é dicir, ser competente á hora de comprender e usar textos diferentes con intencións comunicativas tamén diferentes. - Escribir, é dicir, ser competente á hora de compoñer diferentes tipos de texto e documentos con intencións comunicativas diversas. Lingua e Literatura O currículo desta materia, ao ter como meta o desenvolvemento da capacidade para interactuar de forma competente mediante a linguaxe nas diferentes esferas da actividade social, contribúe dun modo decisivo ao desenvolvemento de todos os aspectos que conforman a competencia en comunicación lingüística. Ademais, as habilidades e estratexias para o uso dunha lingua determinada e a capacidade para tomar a lingua como obxecto de observación, aínda que se adquiren dende unha lingua, transfírense e aplican á aprendizaxe de outras. Esta aprendizaxe 2
contribúe, á súa vez, a acrecentar esta competencia sobre o uso da linguaxe en xeral. Os criterios de avaliación aparecen descritos e xustificados en cada un dos cursos facendo explícitas as relacións que estes manteñen con bloque de competencias que se desenvolven en cada nivel. Os procedementos deberán adaptarse a cada unha das dimensións que imos avaliar No ámbito lingüístico, a avaliación das competencias, o seu dominio e progreso nas dimensións de falar e escoitar, ler e escribir, terá que comprobarse a través do uso que fai o alumnado en situacións comunicativas diversas. Poden servir de pautas os seguintes exemplos de situacións actividades e tarefas de avaliación: Dimensión: Falar e escoitar. Indicador de avaliación: Expresar e comprender habilmente as ideas, os sentimentos e as necesidades. Procedementos de avaliación posibles: •
Os debates en grupo entorno a algún tema moi coñecido
•
A presentación pública, por parte do alumnado, dalgunha produción elaborada persoalmente ou en grupo.
•
A presentación de debuxos, fotografías, carteis, propagandas, etc. coa intención de que o alumno/a, individualmente ou en grupo reducido, describa, narre, explique, razoe e xustifique, valore... o que viu
Dimensión: Ler Indicador de avaliación: Poñer en práctica as destrezas necesarias para unha correcta lectura expresiva. Procedementos de avaliación posibles: •
Facer a lectura en voz alta dun texto determinado e avaliar determinados aspectos: velocidade, ton, corrección, ritmo, fonética
Dimensión: Escribir Indicador de avaliación: Poñer en práctica as destrezas necesarias para compoñer un texto ben escrito 3
Procedementos de avaliación posibles: •
Axustarse a unha guía, a orientacións concretas, que cumpran uns
determinados requisitos. •
Elaborar unha versión definitiva dun texto a partir duns borradores previamente elaborados.
•
Escribir ao ditado.
5.-Poderiamos empezar por asumir cuestións como as seguintes: •
Deseñar actividades de avaliación integradas totalmente no proceso de aprendizaxe
•
Asumir que avaliar é tamén coñecer a estratexia utilizada polos alumnos na resolución dunha determinada tarefa e chegar a comprender as causas das súas dificultades.
•
Pensar que todos os alumnos poden alcanzar as aprendizaxes significativas mínimas
•
Asumir que, en ocasións, os propios procedementos de avaliación poden ser en boa medida os responsables do fracaso escolar.
•
En definitiva, dalo á avaliación (Criterios, procedementos e estrategias)un carácter formativo sumado ao carácter acreditativo que xa ten
Miguel Pescador Barcala http://www.slideshare.net/weblasisla/procedimientosde-evaluacin-presentation
4
5
5