Mapa do Parque

Page 1

O MEDIO FÍSICO A costa na enseada do parque é pouco accidentada, con amplas zonas de praias de orixe sedimentaria. O transporte eólico destes depósitos de area permitiron o desenvolvemento de cordóns litorais de dunas, frecuentemente semiestabilizadas pola vexetación halófita. Esta intensa actividade eólica, permitiu a formación dunha duna móbil, a maior do noroeste peninsular, de máis de 1 km de lonxitude, de 200 a 300 m de ancho, e de 12 a 15 m de altura. No seu conxunto, o avance da duna prodúcese cara ao interior con dirección NE. O cordón dunar propiciou o represamento apreciable de auga, formándose a lagoa de Carregal, que quedou comunicada co mar por un conxunto de canais. A zona inúndase e drena en función do réxime intermareal, constituíndo así unha marisma. A lagoa de Vixán, orixinada mediante un proceso semellante, comunícase co mar, só nos períodos equinocciais. O carácter doceacuícola desta lagoa, proporciónalle unhas características ecolóxicas sensiblemente distintas da anterior.

de réptiles, das 20 presentes en Galicia; e unha vasta representación de mamíferos e especies do ámbito mariño ou litoral. O seu valor ornitolóxico quedou patente mediante a súa inclusión no ano 1993 na lista do Convenio sobre Humedais de Importancia Internacional (Ramsar, 2 de febreiro de 1971). Para a fauna invernante distínguense tres áreas ben diferenciadas: • As marismas da lagoa de Carregal, acumulan grandes concentracións de laro-limícolas. É numerosa a píllara dourada nos areais, así como o pernileiro, mazarico, pilro bulebule, pilro curlibico e bilurico pativerde. • A lagoa de Vixán, con abundante carrizo perilagoar, alberga as principais especies de anátidas e rállidas. • Na zona mariña destaca a presencia de mobellas, negróns e corvos mariños. En canto ás aves aniñantes destacan o alavanco, somorgullo pequeno e galiñola negra, así como a píllara papuda, cun importante número de parellas do conxunto da poboación de Galicia.

A FLORA O parque ofrece unha representación de case todas as comunidades vexetais propias das marismas, lagoas e areais da costa galega, polo que é un lugar privilexiado para a observación desta variada e curiosa flora. A súa variedade é a maior orixinalidade deste espazo. Nas dunas, pradeira postdunar e marismas deste humidal, existen 247 taxóns vexetais, dos que 23 deles están legalmente protexidos por considerarse rarezas ou endemismos, especies que só viven no contorno da zona ou en contados enclaves do litoral galego. A vexetación complétase con piñeirais mesturados con carballos, ameneiros, salgueiros e zonas de cultivos, resultado da humanización da área.

RESPECTE ESTES CONSELLOS: O PARQUE NECESÍTAO Use os camiños e as pasarelas. Evite camiñar polo interior do parque fóra deles. Arrancar flores ou plantas pon en perigo especies singulares. O lume pode destruir a vida do parque. Non acenda fogueiras nin tire cigarros acesos. Non acampe no parque. Utilice os campings próximos. Recolla vostede mesmo os seus propios residuos ou utilice os colectores de lixo. Leve o seu can con correa. Circule con vehículos só polas pistas autorizadas para isto. Lembre que os ruídos perturban a tranquilidade do parque. Respecte os cultivos, valados, cancelas e calquera obxecto arqueolóxico ou histórico. Use para as súas comidas exclusivamente as áreas recreativas.

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

por favor -

A FAUNA Os complexos e diversos hábitats deste espazo natural, posibilitan o asentamento dun gran número de especies animais. Das 14 especies de anfibios citadas para Galicia, 10 están presentes no parque; 14 especies

Guías informativas

-

XUNTA DE GALICIA

Medio ambiente


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.