C.I.E.L.G. A

Page 1

Guías informativas

Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

XUNTA DE GALICIA

medio ambiente


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán Íñigo Pulgar Sañudo

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

PARQUE NATURAL


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Índice Introdución ....................................................................

3

O medio físico ...............................................................

5

Sobre a guía da flora .....................................................

9

Vexetación dos areais ..................................................... 10 Relación de especies ..................................................... Arenícolas .................................................................. Plantas higrófilas ....................................................... Prados higrófilos ........................................................ Matogueiras ............................................................... Acantilados ................................................................ Solos pouco profundos ...............................................

14 14 30 37 41 43 44

Índice de nomes científicos ........................................... 47

Edita: Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia Ilustracións: Luis Gómez Orellana e Íñigo Pulgar Sañudo Fotografía: Íñigo Pulgar Sañudo Deseño gráfico e maquetación: Mazaira grafismo, s.l. Impresión: Edym, s.l. Depósito Legal: C-2.212-2004

2


Introdución 3

Introdución A presente guía da flora vascular do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán ten por obxecto representar a diversidade vexetal que hai nesta zona litoral, unha das máis valiosas de Galicia e de todo o norte da península Ibérica. A esta incuestionable apreciación contribúe a diversidade de ambientes e ecosistemas que hai no parque e o seu excelente estado de conservación, garantido desde a creación do parque natural en 1992. As plantas, a causa da súa inmobilidade, e condicionadas por unha morfoloxía e fisioloxía concretas, están situadas en ambientes que resultan axeitados para cada especie. A competencia entre as distintas especies e individuos por ocupar estes ambientes ou nichos xera agrupamentos das mesmas especies en nichos similares. A esta agrupación de plantas chámaselle comunidade vexetal ou, con frecuencia, hábitat. A máxima caracterización florística da comunidade vexetal conséguese coa definición da asociación vexetal, que mostra os cambios de especies en ambientes ecolóxicos similares, pero de distintos territorios. A especie vexetal que busque o afeccionado encóntrase no seo da asociación vexetal na que vive, por máis que con algunha frecuencia escape dela, sobre todo as especies cun nivel de adaptación e competitividade alto. Outras son moi dependentes das condicións ecolóxicas nun hábitat concreto e raramente escapan del. As posibilidades de reflectir unha adecuada representación da flora vascular do parque son diversas. Optouse por unha exposición das plantas ligada aos ecosistemas ou hábitats que ocupan. Outras ordenacións como o parentesco filoxenético, a agrupación pola cor das flores ou mesmo polo seu tipo biolóxico (árbores, arbustos, etc.) son igualmente válidas. A ordenación seguida responde ao intento de concienciar a poboación da necesidade de protexer o hábitat para protexer a especie. Por razóns de espazo, a guía céntrase nos hábitats máis característicos do litoral no que está enmarcado o parque: dun lado, as plantas que colonizan o solo de area, chamadas plan-

3


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

tas psamófilas e, doutro, as plantas higrófilas, que habitan en medios encharcados. Outros medios como bosques, matogueiras, zonas de cultivos, de recreo, etc., contan coas súas plantas características, pero, debido á súa maior extensión de ocupación, apenas serán tratadas.

Turba fósil cerca da desembocadura de Carregal

Cómpre destacar que tanto dentro dos areais como das zonas húmidas existe unha gran variación nos factores ecolóxicos que limitan ou favorecen unhas plantas ou outras, é dicir, que aparecen distintas comunidades vexetais integradas por diferentes especies dentro destas grandes unidades. Non existen as mesmas plantas no centro dunha lagoa que na marxe exterior, moito máis tempo sen auga. Tampouco son as mesmas plantas as que se sitúan no alto dunha duna móbil que as que están nunha duna embrionaria ou nunha duna xa fixada pola vexetación.

4


O medio físico

O medio físico A localización do territorio, a influencia dos axentes abióticos, fundamentalmente clima e substrato, así como os avatares históricos, son os causantes de que exista unha flora ou conxunto de plantas nun lugar concreto.

Situación bioxeográfica O parque natural está situado no chamado sector Galaico-Portugués, dentro da rexión Eurosiberiana. A grandes trazos correspóndelle a esta unidade bioxeográfica a presenza de bosques de carballos (Quercus robur) con algún carballo negro (Quercus pyrenaica). Pero, ademais, a súa situación xunto ao mar e a presenza de certa aridez no verán fai que plantas que teñen o seu lugar óptimo na España mediterránea aparezan perfectamente acomodadas na costa de Galicia, especialmente nas Rías Baixas. Plantas dos areais do sur da península chegan a Corrubedo seguindo a costa portuguesa no que se veu denominando vía migratoria lusitano-costeira. Non só as plantas de dunas seguiron esta vía; árbores de folla perenne como as sobreiras (Quercus suber) intégranse perfectamente nos bosques de folla caducifolia dominantes no territorio.

Clima, substrato e consecuencias para os vexetais Aínda que as precipitacións son abundantes ao longo do ano, na costa das Rías Baixas galegas existe unha importante diminución da chuvia durante o verán. Esta ausencia de precipitacións na época de maior calor é característica do clima mediterráneo dominante na maior parte da península Ibérica, se ben, durante un período máis amplo que o rexistrado en Corrubedo. Porén, a escasa capacidade de retención de auga das partículas de area que forman o solo de gran parte do parque natural fai que os areais sexan medios moi áridos, que só poden ser colonizados por plantas con adaptacións semellantes ás que habitan nos desertos.

5


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Vento: Os ventos moderados e fortes, frecuentes na costa, levantan e transportan partículas de area que chocan cos vexetais. Só aqueles cunha cutícula grosa que recubra os seus tecidos poden vivir nas primeiras frontes dunares onde máis forte é a intensidade do vento. Ademais do impacto, o transporte de area implica a mobilidade do solo onde están ancoradas as plantas. Unha estratexia frecuente para minimizar este inconveniente é o desenvolvemento dun sistema radicular suficientemente expandido e profundo ou a emisión de raíces a partir de talos rastreiros. Aridez: A area filtra moi rapidamente a auga que cae en forma de precipitación. A súa forma irregular e o tamaño das partículas fai que se formen multitude de canles polas que a auga se evacúa moi rapidamente. O clima contribúe a incrementar esta seca, xa que a achega de chuvia durante os meses de verán é inferior á que necesitan a maior parte das plantas. Os vexetais psamófilos deféndense da seca de distintas formas, con frecuencia complementarias; entre elas existen estratexias encamiñadas a evitar a perda de auga (perda de follas, diminución do seu tamaño ou a súa transformación en espiñas; cuberta de pelos que impida unha excesiva evapotranspiración con perda de auga), estratexias tendentes a almacenar auga nos seus tecidos e dispoñer dela cando sexa necesario (follas, talos e raíces carnosas, bulbos), e, sobre todo, unha desproporcionada relación das raíces respecto da parte aérea da planta capaz de captar auga en superficies amplas.

6


O medio físico

Radiación solar: É moi intensa nas praias. A auga do mar e a estrutura mineral das areas, con abundantes formas brancas e cristalinas, refliten unha gran cantidade de radiación solar en todas as direccións, multiplicando os efectos do sol. Moitos vexetais especializados defendéronse adquirindo cores glaucas (verde-azuladas) que os protexen mellor do exceso de radiación. Outros refliten esta radiación a través da cuberta de pelos brancos. Salinidade: Os sales minerais da auga de mar son diseminados ao substrato e á superficie dos vexetais. O exceso de sales tradúcese en seca. Só un determinado grupo de plantas, chamadas halófitas, están adaptadas a vivir baixo unha alta concentración de sales.

7


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Morfoloxía das plantas

Corola (pétalos soldados)

Flores

Pedúnculo Froito Cáliz (sépalos)

Brácteas Folla caulinar

Corola (pétalos libres)

Nó Entrenó

Folla basal

Raíz

Estigma Pistilo

Estame Estilo

Pistilo Estames

Antera Ovario Óvulo

Folla composta

Filamento

Folla simple

Folíolo Pecíolo Estípula

8

Limbo


Sobre a guía da flora

Sobre a guía da flora Na guía da flora abórdanse aspectos relativos a un total de 68 especies vexetais citadas no texto, o que representa aproximadamente un 25% do total da flora vascular do parque. Elixíronse as especies máis abundantes e significativas, con especial incidencia nas arenícolas. Móstranse fotografías de 66, ás que se fai referencia explícita. Seguiuse un modelo de ficha no que se detallan os seguintes campos: 1º.

Nome científico da especie. Escrito en cursiva. Consta de dúas partes: nome xenérico + nome específico. A continuación, o nome do autor correspondente.

2º.

Nome común. Extraídos de Losada & al. (1992).

3º.

Fam. Familia á que pertence.

4º.

Descr. Móstranse os caracteres morfolóxicos máis relevantes dos taxons.

5º.

Fenol. Período de floración no parque (meses do ano).

6º.

Háb. Hábitat ocupado no parque. Para aquelas plantas que unicamente se encontran nunha comunidade vexetal determinada inclúese o nome da asociación vexetal.

7º.

Distrib. Área de distribución da planta.

8º.

Simil. Planta/s similar/es coas que é posible confundir a especie tratada.

9


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Vexetación dos areais

No vento e na presenza de vexetais na traseira das praias está a orixe das dunas. Existe un transporte da area, que as mareas depositan nas praias, cara ao interior. Cando a area se encontra con algún obstáculo (plantas) que impide o seu avance, acumúlase en torno ao obstáculo formando pequenas dunas embrionarias e móbiles. Co tempo van crecendo e desprazándose cara ao interior. Chega un momento no que esta fronte de dunas móbiles anula ou limita a intensidade do vento no interior, impedindo o transporte de partículas. Tras a fronte de dunas móbiles atópase a duna fixa, á que se lle deron diversos nomes segundo as clasificacións existentes (duna parda, duna gris). A salinidade tamén actúa con maior intensidade na liña de costa e decrece cara ao interior. Existe unha distribución das especies vexetais nos areais en función da intensidade destes factores limitantes. Desde a praia cara ao interior dispóñense unha serie de bandas, paralelas á liña do mar, onde se sitúan distintos agrupamentos de especies ou comunidades vexetais, adaptados ás condicións alí reinantes.

10


1

1

Nivel das preamares equinocciais

2

5

3

1. Honckenio peploidis-Euphorbietum peplis 2. Euphorbio paraliae-Elytrigietum boreoatlanticae 3. Otantho maritimae-Ammophiletum australidis 4. Iberidetum procumbentis 5. Violo henrikesii-Silenetum littoreae 6. Linario polygalifoliae-Corynephoretum canescentis 7. Cisto salvifolii-Ulicetum humilis + Ulici europaei-Ericetum cinereae 8. Rusco aculeati-Quercetum roboris subas. quercetosum suberis

Nivel da preamar

Esquema b谩sico da vexetaci贸n dunar

2 4 5 4

4 7

8

Vexetaci贸n dos areais

11


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Primeira banda ou cintura de vexetación: A intensidade do vento e a salinidade son moi elevadas. Ademais, é un lugar onde se depositan numerosos restos orgánicos, ricos en nitróxeno, traídos polas mareas. As plantas halonitrófilas máis características son Cakile maritima subsp. integrifolia, Salsola kali, Honckenia peploides e Pseudorlaya pumila. Reteñen parte da area que se dirixe cara ao interior formando dunas embrionarias sobre un solo aínda moi móbil.

Segunda banda ou cintura de vexetación: Situada na pendente que mira ao mar das dunas móbiles. Esta posición está menos afectada pola salinidade que a cintura previa, pero aínda é moi acusada. A retención de area é maior, polo que as plantas situadas aquí precisan máis desenvolvemento radicular para chegar ás capas húmidas. Non chegan os restos orgánicos depositados polas mareas, polo que o substrato é máis pobre en nutrientes para as plantas. As plantas, de consistencia herbácea, máis características son: Elitrigia juncea subsp. boreali-atlanticus, Euphorbia paralias, Calystegia soldanella e Polygonum maritimum.

12


Vexetación dos areais

Terceira banda ou cintura de vexetación: Está situada na parte máis alta das dunas móbiles. Vento, salinidade e mobilidade do substrato séguenlle afectando a este lugar con intensidade, pero, ademais, a capa de area é maior que nas cinturas anteriores; é un medio extremadamente seco e pobre. As especies vexetais situadas aquí posúen un sistema de raíces espectacularmente desenvolvido e outras adaptacións contra a seca. As especies máis representativas son: Otanthus maritimus, Ammophila arenaria subsp. australis, Mattiola sinuata, Pancratium maritimum, Medicago marina. Cuarta banda ou cintura de vexetación. Duna fixa: Tras a fronte de dunas móbiles, resgardada por estas do vento, sitúase a duna fixa. A diminución da intensidade do vento e do salitre, xunto aos abundantes restos vexetais que enriquecen o solo, fan que un maior número de especies vexetais sexan capaces de colonizar este medio; entre elas están os primeiros arbustos que, á súa vez, ofrecen refuxio a outras especies animais e vexetais. Esta gran banda non ten o mesmo aspecto de duna que as anteriores, principalmente porque, aínda cando o substrato segue a ser area, a cobertura vexetal é moito maior, cubrindo case a totalidade da superficie. Existe unha ampla porcentaxe de especies consideradas endemismos das costas ibérico-occidentais. Entre os arbustos, os máis destacables son Iberis procumbens, Crucianella maritima, Artemisia crithmifolia, Helichrysum picardii, Seseli tortuosum, etc. Os espazos abertos entre estes arbustos son ocupados por brións, liques e plantas anuais, entre elas Linaria polygalifolia subsp. polygalifolia, Silene littorea subsp. littorea, Bellardia trixago, Centaurium chloodes, Silene portensis, Scolymus hispanicus, etc. 13


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Relación de especies Arenícolas Cakile maritima Scop. subsp. integrifolia (Hornem.) Greuter & Burdet EIRUGA MARIÑA Fam.: CRUCIFERAE Fenol.: III-X Descr.: Anual. Talos verdes, ramificados, ata 40 cm de alto. Follas carnosas con fendeduras laterais. Flores con 4 pétalos de cor branca ou rosada en inflorescencias do extremo dos talos. Froitos erguidos. Distrib.: Costas atlánticas de Europa. Háb.: 1ª cintura de vexetación, dunas embrionarias (Honckenio-Euphorbietum peplis).

Salsola kali L. BARRILLEIRA Fam.: CHENOPODIACEAE Fenol.: VI-X Descr.: Anual, erecta. Talos verdes, ramificados, ata 40 cm de alto. Follas carnosas, cilíndricas, terminadas nunha pequena espiña. Flores membranosas na axila das follas. Distrib.: Europa, Asia e N de África. Háb.: 1ª cintura de vexetación, dunas embrionarias (Honckenio-Euphorbietum peplis). Non específica de áreas litorais fóra de Galicia. 14


Relación de especies. Arenícolas

Honckenya peploides (L.) Ehrh. ARENARIA DO MAR Fam.: CARYOPHYLLACEAE Fenol.: IV-VII Descr.: Plantas herbáceas perennes, carnosas, masculinas ou femininas. Talos prostrados con raíces nos nós. Follas opostas sen pecíolo. Flores con estames ou con pistilo, con 5 pétalos de cor branca. Distrib.: Costas do N e O da península Ibérica e costas holárticas non mediterráneas. Háb.: 1ª cintura de vexetación, dunas embrionarias (Honckenio-Euphorbietum peplis).

Pseudorlaya pumila (L.) Grande Fam.: UMBELLIFERAE Fenol.: IV-VII Descr.: Anual, menor de 15 cm. Follas divididas ata tres veces. Flores minúsculas reunidas en inflorescencias no extremo de longos pedúnculos. Froitos elípticos con espiñas desiguais. Distrib.: O da rexión Mediterránea. NO, E e S península Ibérica. Háb.: Claros de matogueira de duna fixa. Simil.: Pseudorlaya minuscula (Pau) M. Laínz ten os froitos de menor tamaño e todas as espiñas similares. 15


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Elytrigia juncea (L.) Nevski subsp. boreali-atlanticus (Simonet & Guinochet) Hederis GRAMA MARIÑA Fam.: GRAMINAE Fenol.: VI-VIII Descr.: Herbácea vivaz, rizomatosa. Follas con vaíña non pilosa, cerrada, que rodea ao talo. Espiga terminal con frecuencia inclinada. Distrib.: Litoral atlántico europeo, NO Marrocos e Macaronesia. Háb.: Segunda cintura vexetal da duna móbil (EuphorbioElytringietum).

Euphorbia paralias L. LEITEIRA Fam.: EUPHORBIACEAE Fenol.: VI-IX Descr.: Vivaz, de base leñosa, ata 60 cm de altura. Talo e follas que desprenden látex branco ao cortalos. Follas coriáceas. Inflorescencia no ápice do talo. É a de máis envergadura dentro das euforbias das dunas. Distrib.: Cunca do Mediterráneo e litoral atlántico europeo, estendéndose ao NO de África, Madeira e Canarias. Introducida en Australia. Háb.: Arenícola, especialmente na duna móbil (EuphorbioElytringietum).

16


Relación de especies. Arenícolas

Calystegia soldanella (L.) Roemer & Schultes CORREOLA DE PRAIA Fam.: CONVOLVULACEAE Fenol.: V-VIII Descr.: Herbácea vivaz, rizomatosa, rastreira. Follas pecioladas, carnosas, acorazonadas. Flores pedunculadas con pétalos soldados en forma de funil, rosadas, cunha estreita franxa vertical branca en cada pétalo. Distrib.: Subcosmopolita. Háb.: Dunas móbiles (2ª e 3ª cintura) e duna fixa.

Polygonum maritimum L. HERBA DA BECERRA Fam.: POLYGONACEAE Fenol.: VI-IX Descr.: Arbustiño leñoso por abaixo. Ramas prostrado-radicantes, erguidas na porción final, sen follas por abaixo. Follas coa marxe revoluta, glaucas, carnosas, cincentas. Entrenós cubertos por unha estrutura membranosa (ócrea). Flores brancas na axila das follas, o pedúnculo das cales está cuberto pola ócrea. Distrib.: Conca do Mediterráneo, costas eurasiáticas, de América do N e illas macaronésicas. Háb.: Dunas móbiles (Euphorbio-Elytrigietum e Othanto-Ammophiletum).

17


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Otanthus maritimus (L.) Hoffmanns. & Link CARNEIRO DE PRAIA Fam.: ASTERACEAE

Fenol.: VI-VIII Descr.: Herbácea perenne, rizomatosa. Densamente recuberta de pelo branco. Follas sen pecíolo. Flores amarelas en capítulos terminais de arredor de 1 cm de ancho. Distrib.: Costas atlánticas europeas e mediterráneas. Háb.: Cristas de dunas móbiles (Otantho-Ammophiletum).

Ammophila arenaria (L.) Link subsp. australis (Maville) Laínz FEO Fam.: GRAMINAE Fenol.: V-VII Descr.: Herbácea perenne, rizomatosa, con gran desenvolvemento de raíces. Talos e follas de cor verde glauca, tornándose dun intenso amarelo palloso durante o verán. Vaíña das follas aberta. Distrib.: Conca mediterránea e costas atlántico-ibéricas. Háb.: Zona alta das dunas móbiles (3ª cintura vexetal, Otantho-Ammophiletum).

18


Relación de especies. Arenícolas

Matthiola sinuata (L.) R. Br ALELÍ MARIÑO Fam.: CRUCIFERAE Fenol.: V-VII Descr.: Perenne ou bienal, robusta, con densa cuberta de pelos. Talos ramificados. Follas da roseta basal maiores que as do talo (caulinares). Flores con 4 pétalos púrpuras que sobresaen amplamente do cáliz. Froitos alongados de máis de 5 cm. Distrib.: O da conca mediterránea e N de África. Na Península no N, NO e NE. Háb.: Duna fixa.

Pancratium maritimum L. CEBOLA DAS GAIVOTAS Fam.: LILIACEAE Fenol.: VI-IX Descr.: Herbácea vivaz, con bulbo subterráneo. Follas glaucas, carnosas, alongadas, planas. Flores de cor branca no ápice do escapo. Pétalos soldados formando unha coroa “estrelada”. Estames cos filamentos soldados á coroa e o extremo coas anteras saíntes. Distrib.: Conca do Mediterráneo e litoral atlántico de Europa, N África e N América. Háb.: Dunas móbiles (2ª e 3ª cintura) e duna fixa.

19


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Medicago marina L. LUCERNA DAS PRAIAS Fam.: LEGUMINOSAE Fenol.: IV-VI Descr.: Herbácea vivaz, lixeiramente leñosa na base. Talo e follas recubertas de pelo algodonoso. Follas pequenas, trifolioladas. Flores amarelas. Froito enroscado en espiral que deixa un burato no medio. Distrib.: Conca do Mediterráneo, Mar Negro, Canarias e litoral ibérico. Háb.: Duna fixa e móbil (2ª e 3ª cintura).

Iberis procumbens Lange subsp. procumbens CARRASPIQUE Fam.: CRUCIFERAE Fenol.: V-VIII Descr.: Pequeno arbusto de ata 40 cm. Flores á mesma altura partindo de distintas posicións do ramo, con 4 pétalos rosados, os exteriores de maior tamaño. Froito pouco máis longo que ancho. Distrib.: Endemismo das costas atlánticas da Península. Háb.: Duna fixa (Iberidetum procumbentis).

20


Relación de especies. Arenícolas

Artemisia crithmifolia L. MADROA DAS PRAIAS Fam.: ASTERACEAE Fenol.: VIII-X

Descr.: Arbustiño leñoso por abaixo. Talos de ata 80 cm, con follas alternas, de limbo moi dividido, en lacinias terminadas nun mucrón. Flores amarelas pouco aparentes en capítulos, pedunculados, de menos de 0,5 cm de ancho. Distrib.: Costas do O de Europa. Háb.: Duna fixa (Iberidetum procumbentis).

Scrophularia frutescens L. ESCROFULARIA DO MAR Fam.: SCROPHULARIACEAE Fenol.: IV-VIII Descr.: Arbustiño < 70 cm, sen pelos. Follas coriáceas de bordo máis ou menos dentado. Flores de pequeno tamaño cos pétalos soldados, de cor púrpura cos laterais brancos. Distrib.: O da rexión mediterránea. Háb.: Duna fixa (Iberidetum procumbentis).

21


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Helichrysum picardii Boiss. & Reuter Fam.: ASTERACEAE Fenol.: VI-VIII Descr.: Arbusto con talos de ata 40 cm. Follas lineares de ata 4 cm de longo. Numerosos capítulos (inflorescencia) cilíndricos, con flores amarelas, reunidos no extremo final dos talos. Froitos de menos de 1 mm transportados por unha lanuxe. Distrib.: Costas occidentais ibéricas e do NO de África. Háb.: Duna fixa (Iberidetum procumbentis).

Simil.: Do mesmo xénero, pero procedente de Sudáfrica e común na costa de Galicia: Helichrysum foetidum (L.) Cass. - FALSA ÁRNICA-. Con follas planas e anchas e poucos capítulos, moito máis anchos, reunidos no ápice do talo.

22


Relación de especies. Arenícolas

Linaria polygalifolia Hoffmanns. & Link subsp. polygalifolia PAXARIÑOS Fam.: SCROPHULARIACEAE Fenol.: V-VIII Descr.: Herbácea de talos prostrados. Follas inferiores verticiladas; as restantes, alternas. Flores no extremo dos talos fértiles. Flores de cor malva ou amarela. Corola de pétalos soldados, cun longo esporón que mira cara a abaixo. Distrib.: Costa areosa de Galicia e metade N de Portugal. Presenta polo S unha área disxunta en Sintra. Háb.: Areais. Claros de duna fixa e en duna móbil.

Centaurium chloodes (Brot.) Samp. Fam.: GENTIANACEAE Fenol.: IV-VI Descr.: Anual ou bianual, cespitosa, con numerosos talos (< 10 cm), que xorden de rosetas basais de follas. Flores con 5 pétalos de cor malva na cima dos talos. Distrib.: Litoral atlántico europeo. N e NO península Ibérica. Háb.: Areais. Depresións de duna fixa con humidade subsuperficial.

23


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Ophrys scolopax Cav. Fam.: ORCHIDACEAE Fenol.: V-VI Descr.: Vivaz, con tubérculos subterráneos. Sépalos rosados. Pétalo dirixido cara a abaixo (labelo) marrón con debuxo branco-amarelento, que imita a un insecto para favorecer a polinización cruzada. Distrib.: España, Portugal, metade S de Francia. Posiblemente outros países da conca do Mediterráneo. Háb.: Herbazais en trasduna e claros de toxeira-xaral.

Crucianella maritima L. ESPIGADILLA DO MAR Fam.: RUBIACEAE Fenol.: V-VIII Descr.: Arbustiño só leñoso na base, menor de 40 cm. Follas pequenas en grupos de catro que nacen do mesmo punto (verticiladas). Flores amarelas de pétalos soldados en densas espigas terminais. Base das flores tapada por brácteas. Distrib.: Conca do Mediterráneo e litoral atlántico ibérico ata Cantabria. Háb.: Duna fixa (Iberidetum procumbentis).

24


Relación de especies. Arenícolas

Silene littorea Brot. subsp. littorea Fam.: CARYOPHYLLACEAE Fenol.: III-VI Descr.: Anual, ata 12 cm, ramificada desde a base. Follas pilosas, opostas. Flores con longo cáliz de sépalos soldados. Pétalos branco-rosados con fendedura no ápice que non chega á metade do limbo. Distrib.: Costas do O, S e SE península Ibérica e Tánxer (Marrocos). Háb.: Dunas embrionarias e claros de matogueira de duna fixa.

Silene niceensis All. Fam.: CARYOPHYLLACEAE Fenol.: V-VI Descr.: Bienal, de ata 50 cm, lixeiramente leñosa na base e con talos estériles. Flores no extremo de talos fértiles. Cáliz de sépalos soldados do que sobresae o limbo dos pétalos brancovioláceos, estreitos e pequenos, fendidos profundamente. Distrib.: Costas do O do Mediterráneo e Grecia. Háb.: Areais. 2ª cintura de vexetación e claros entre matogueira da duna fixa.

25


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Alyssum loisseleurii P. Fourn.

Fam.: CRUCIFERAE Fenol.: VI-VIII Descr.: Arbustiño verde cincento, lixeiramente leñoso na base. Talos prostrados coas follas basais menores que as do ápice. Inflorescencia erguida. Flores pequenas con 4 pétalos de cor amarela. Froitos claramente pedunculados de anchura similar á lonxitude. Distrib.: Costas do N de España e SO de Francia. Háb.: Duna fixa (Iberidetum procumbentis).

Anchusa calcarea Boiss. CHUCHAMEL Fam.: BORAGINACEAE Fenol.: V-VII Descr.: Herbácea perenne menor de 30 cm. Follas basais pecioladas, de maior tamaño que as do talo sen pecíolo. Flores, cos pétalos soldados, no ápice do talo. Cor da flor entre azul e violácea. Distrib.: S e O da península Ibérica. Háb.: Duna fixa (Iberidetum procumbentis).

26


Relación de especies. Arenícolas

Bellardia trixago (L.) All. Fam.: SCROPHULARIACEAE Fenol.: IV-VI Descr.: Anual, un a varios talos (< 50 cm). Follas opostas, as do talo menores que as da roseta basal. Inflorescencia no ápice dos talos. Corola con dous labios, o superior enteiro e o inferior trilobulado (2+3 pétalos soldados, de cor branca-rosada ou amarela). Distrib.: Rexión mediterránea, E África, SO Asia e introducida en América e Australia. Háb.: Duna fixa (Iberidetum procumbentis). Planta non estritamente psamófila. Cyperus capitatus Vandelli XUNCA Fam.: CYPERACEAE Fenol.: V-VIII Descr.: Herbácea perenne. Talo de ata 20 cm coas flores reunidas en capítulo final. Capítulo rodeado de varias brácteas de distinta lonxitude, algunhas das cales supérano amplamente e están ensanchadas na base. Distrib.: S de Europa (litoral atlántico e mediterráneo), NO África e Macaronesia. Háb.: Dunas móbiles e claros de duna fixa.

27


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Eryngium maritimum L. CARDO MARÍTIMO Fam.: UMBELLIFERAE Fenol.: VI-VIII Descr.: Planta vivaz con aspecto de cardo de ata 50 cm e cor verde azulada. Follas palmeadas, coriáceas, carnosas e espiñosas. Flores de cor azul reunidas en glomérulos terminais. Distrib.: Conca do mediterráneo e costas atlánticas occidentais. Háb.: Dunas móbiles da 2ª e 3ª cintura vexetal (EuphorbioElytrigietum e Othanto-Ammophiletum).

Asparragus aphyllus L. ESPARRAGUEIRA Fam.: LILIACEAE Fenol.: VII-X Descr.: Arbusto de menos de 1 m e cor glauca. Talos espiñosos que fan a función colorofílica. Follas pequenas e escariosas. Flores en pequenos grupos. Cada unha con 6 tépalos amarelentos. Bagas maduras de cor negra. Distrib.: Rexión mediterránea. Háb.: Matogueiras (Iberidetum procumbentis e Cisto salviifolii-Ulicetum humilis).

28


Relación de especies. Arenícolas

Scolymus hispanicus L. CARDO DOURADO Fam.: ASTERACEAE Fenol.: VI-VIII Descr.: Herbácea perenne con aspecto de cardo. Talos alados con espiñas igual que as follas. Flores amarelas en capítulos que nacen na axila das follas. Distrib.: Conca do Mediterráneo, illas Macaronésicas, O e SO de Asia. Háb.: Duna fixa. Noutros territorios non é planta específica de areais.

Reichardia gaditana (WillK.) Samp. Fam.: ASTERACEAE Fenol.: V-VI Descr.: Herbácea. Follas coriáceas, as da roseta sinuado-dentadas, con incisións máis profundas que as caulinares, estas con dúas orellas que abrazan o talo. Capítulos con brácteas de ampla marxe membranosa. Flores de cor amarela. Distrib.: Rexión mediterránea e O de Francia. Háb.: Duna fixa (Iberidetum procumbentis).

29


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Plantas higrófilas As lagoas costeiras de auga doce sofren un forte retroceso de auga nos meses de verán, cando os seus regatos tributarios perden total ou parcialmente o seu caudal. Existe unha distribución da vexetación en función do tempo que permanezan encharcados ou somerxidos, ou, o que é o mesmo, unha distribución da vexetación en aneis en torno ao centro da lagoa. De fóra cara a dentro encontramos plantas higrófilas que subsisten moito tempo fóra da auga ata as plantas que obrigatoriamente deben estar Canle de entrada da marea na somerxidas. marisma de Carregal A inundación periódica da enseada de Carregal pola marea forma unha marisma. As plantas que viven nas marismas, chamadas halófitas, evolucionaron para sobrevivir en ambientes con elevadas concentracións de sales que causarían a morte por seca doutro tipo de vexetais. Alí onde se xuntan a auga doce e a auga salgada dáse unha transición entre as especies lacustres e as especies características da marisma. Isto ocorre periodicamente no fondo da marisma de Carregal. Un caso especial é a lagoa de Vixán, con mestura de auga doce e salobre pola entrada de auga en dous períodos do ano, as mareas equinocciais que superan a liña habitual da preamar e inundan a zona húmida. O resto do ano as únicas achegas son de auga doce. Lagoa de Carregal en verán

30


Relación de especies. Plantas higrófilas

Najas marina L. FITA DO MAR Fam.: NAJADACEAE Fenol.: VII-IX Descr.: Anual; pódese reproducir por estolóns. Acuática estrita, submariña, aspecto de alga. Talos con follas ríxidas con dentes robustos na marxe. Distrib.: Subcosmopolita. Háb.: Zona permanentemente encharcada de Vixán xunto a Potamogeton pectinatus L.

Phragmites australis (Cav.) Trin. Ex Steudel CANAVEIRA, CARRIZO Fam.: POACEAE Fenol.: VII-X Descr.: Cana vivaz rizomatosa, de ata 3 m de altura. Talos ocos e lixeiramente leñosos. Inflorescencia en panícula densa terminal. Distrib.: Subcosmopolita. Háb.: Forma masas densas no bordo das zonas húmidas.

31


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Oenanthe fistulosa L. Fam.: UMBELLIFERAE Fenol.: VI-VIII

Descr.: Herbácea perenne. Talos erguidos de ata 80 cm, de paredes finas e ocos por dentro. Follas divididas, as inferiores máis que as superiores. Flores brancas en umbelas compactas. Distrib.: Europa, NO África e SW de Asia. Háb.: Solos lamacentos no bordo de lagoas (Vixán).

Cotula coronopifolia L. SANTALINA DA AUGA Fam.: ASTERACEAE Fenol.: IV-VI Descr.: Herbácea vivaz, estolonífera. Talos erguidos de ata 20 cm, ramificados, rematados por un capítulo coas flores amarelas en forma de tubo, sen flores marxinais en lingüeta. Distrib.: Nativa do S de África. Naturalizada no O de Europa e N de África. Háb.: Marisma salobre e lagoa pouco salobre (Carregal, Vixán).

32


Relación de especies. Plantas higrófilas

Scirpus maritimus L. ESCIRPO Fam.: CYPERACEAE Fenol.: V-IX Descr.: Herbácea vivaz, rizomatosa. Talos trígonos con follas ata cerca da inflorescencia, terminados en brácteas alongadas sobre as que se sitúan varias espiguiñas. Distrib.: Subcosmopolita. Háb.: Parcialmente somerxida en auga máis ou menos salobre. Aguanta un período de desecación no estío.

Scirpus lacustris L. subsp. tabernaemontani (C.C. Gmelin) Syme XUNCO DE LAGOA Fam.: CYPERACEAE Fenol.: V-VII Descr.: Herbácea vivaz, rizomatosa. Talos cilíndricos, con follas reducidas a vaíñas. Bráctea de pequeno tamaño na base da inflorescencia. Flores reunidas en espiguiñas terminais. Distrib.: Europa, N África e O Asia Háb.: Parcialmente somerxida en auga máis ou menos salobre. Aguanta un período de desecación no estío.

33


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Halimione portulacoides (L.) Aellen VERDOAGA MARÍTIMA Fam.: CHENOPODIACEAE Fenol.: VI-X Descr.: Arbustiño leñoso na súa zona basal. Talos rastreiros ascendentes na porción final. Follas opostas de cor glauca, moito máis longas que anchas. Inflorescencia na porción final dos talos. Flores masculinas e flores femininas. Distrib.: Conca do mediterráneo, Atlántico europeo e norteamericano e África austral. Háb.: Marismas e zonas encharcadas pola auga mariña (Carregal).

Plantago maritima L. CHANTÁN DE MAR Fam.: PLANTAGINACEAE Fenol.: VII-X Descr.: Herbácea vivaz, con roseta de follas basais lineares (< 7 mm ancho), carnosas, planas, enteiras. Escapos que nacen do centro da roseta terminados nunha inflorescencia cilíndrica, estreita. Distrib.: Gran parte de Europa. Háb.: Marisma de Carregal. Simil.: Fóra das marismas existen outras tres especies de Llantén. P. coronopus: é anual ou bienal, e follas divididas. P. mayor: follas con limbo lanceolado estreitado bruscamente nun pedúnculo. P. lanceolata: con grandes follas lanceoladas.

34


Relación de especies. Plantas higrófilas

Limonium dodartii (Girard) Kuntze Fam.: PLUMBAGINACEAE Fenol.: VII-VIII Descr.: Herbácea perenne, con roseta basal de follas glaucas, de 2- 6 cm de longo x 1- 2 de ancho, terminadas nun pequeno mucrón. Distrib.: Costas atlánticas francesas, coruñesas e metade N de Portugal. Háb.: Zonas anexas a Carregal, inundadas só de forma ocasional.

Limonium vulgare Mill. ACELGA SALGADA Fam.: PLUMBAGINACEAE Fenol.: VI-VIII Descr.: Herbácea perenne, con roseta basal de follas verde escuras, sen pelos, de ata 20 cm de longo e 4 de ancho. Talos estriados (< 30 cm), con ramas portadoras de flores azuis cos pétalos soldados, aberta cara a arriba en forma de funil. Distrib.: Costas atlánticas europeas excepto no N. Háb.: Marismas e zonas encharcadas pola auga mariña (Carregal).

35


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Sarcocornia perennis (Miller) A. J. Scott subsp. perennis HERBA SALGADA Fam.: CHENOPODIACEAE Fenol.: VIII-X Descr.: Arbusto leñoso en zona basal. Talos tendidos enraizantes, flexibles, carnosos, erguidos na porción final, con ramas estériles e fértiles (máis grosas). Follas opostas reducidas a escamas. Flores pouco aparentes en grupos de tres, a central de maior tamaño. Distrib.: Costas atlánticas e mediterráneas de Europa. Háb.: Marismas en zonas encharcadas durante a marea alta. Dominante en Carregal.

Simil.: S. p. subsp. alpini (Lag.) Castroviejo de maior tamaño, talos ríxidos e espiga estreita.

Salicornia ramossisima J. Woods: Anual, erecta. Os talos tornan purpúreos despois da floración. Flores en grupos de tres, a central por encima das laterais.

36


Relación de especies. Prados higrófilos

Prados higrófilos Na proximidade das lagoas o terreo está enriquecido en materia orgánica e é o suficientemente húmido como para soportar pasteiros e prados. A maior abundancia de especies neste medio corresponde ás gramíneas, xuncos e ciperáceas. Entre elas encóntranse algunhas plantas de espectacular floración.

Schoenus nigricans L. XUNCA BASTARDA Fam.: CYPERACEAE Fenol.: III-VI Descr.: Herbácea vivaz con rizoma cespitoso do que saen numerosos talos e follas. Follas con vaíñas anegrazadas ou pardo-avermelladas e limbo canaliculado. Inflorescencia rodeada de dúas brácteas, unha delas supera a propia inflorescencia. Distrib.: Europa, O de Asia, N, S e O de África e N de América. Háb.: Pasteiros sobre solos húmidos, salinos ou non.

Scirpus holoschoenus L. XUNCO CHURREIRO Fam.: CYPERACEAE Fenol.: V-X Descr.: Herbácea vivaz, rizomatosa. Talo cilíndrico. Espiguiñas en densos glomérulos esféricos superados pola bráctea. Distrib.: Europa, N e S África, Asia, N América. Háb.: Xuncais e areais con nivel freático superficial.

37


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Sparganium erectum L. subsp. neglectum (Beeby) Schinz & Thell. PLATANARIA Fam.: SPARGANIACEAE Fenol.: VI-IX Descr.: Herbácea vivaz rizomatosa. Talos de ata 1,5 m de altura. Follas planas, lixeiramente aquilladas no envés, erectas. Flores unisexuais pouco aparentes. Reúnense en glomérulos na parte final dos talos. Distrib.: Europa, N África e SO Asia. Háb.: Anel exterior de lagoas. Resiste a desecación durante pouco tempo en verán.

Dactylorhiza elata (Poir.) Soó Fam.: ORCHIDACEAE Fenol.: V-VI Descr.: Herbácea perenne con tubérculos. Talo de ata 40 cm, rematado pola inflorescencia. Follas alongadas, decrecendo a súa lonxitude cara ao ápice do talo. Flores de cor fucsia, cada unha cunha bráctea estreita e alongada. Distrib.: SO de Europa. Háb.: Prados e xuncais higrófilos non salinos.

38


Relación de especies. Prados higrófilos

Mentha aquatica L. AMENTA DE AUGA Fam.: LABIATAE Fenol.: VII-X Descr.: Herbácea vivaz, de ata 90 cm. Aromática. Follas opostas. Inflorescencia en glomérulo terminal. Distrib.: Orixe eurasiática. Actualmente subcosmopolita. Háb.: Anel exterior das lagoas desecado algúns meses do ano.

Simil.: Mentha suaveolens Ehrh., ten follas sen pecíolo e inflorescencias cilíndricas con flores de cor branca.

39


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Iris pseudacorus L. ABOLLA CANDELAS Fam.: IRIDACEAE Fenol.: V-VI Descr.: Herbácea vivaz rizomatosa. Talos de ata 1,3 m de altura. Follas planas, alongadas e erectas. Grandes flores amarelas protexidas na súa base por unha espata. Distrib.: Europa, N África, O Asia. Háb.: Anel exterior de lagoas de auga doce. Resiste a desecación durante o verán.

Veronica anagallis-aquatica L. Fam.: SCROPHULARIACEAE Fenol.: IV-VI Descr.: Herbácea vivaz. Follas opostas sen pecíolo, estreitándose cara ao ápice. Inflorescencia terminal con pequenas flores de cor azul, cada unha con 2 estames. Distrib.: subcosmopolita. Háb.: regatos pouco drenados con acumulación de auga.

40


Relación de especies. Matogueiras

Matogueiras Tras a duna fixa, os solos xa non están constituídos maioritariamente por area. Especies características das matogueiras seriais ocupan este hábitat. A matogueira dominante en Corrubedo incorpora xaras e toxos, mostrando características intermedias entre os xarais mediterráneos e as toxeiras características da Galicia tépeda oceánica. Cistus salviifolius L. Fam.: CISTACEAE Fenol.: IV-VII Descr.: Arbusto de follas enteiras, opostas, pecioladas. Flores con 5 pétalos brancos, de ata 3 cm de longo x 2 de ancho. Numerosos estames no centro de cor amarela. Distrib.: Rexión mediterránea. Háb.: Matogueiras halófilas de trasduna (Cisto salvifoliaeUlicetum humilis). Ulex europaeus L. subsp. latebracteatus (Mariz) Rothm TOXO ARNAL Fam.: LEGUMINOSAE Fenol.: XII-VI Descr.: Arbusto (> 1 m) coas follas transformadas en espiñas, algunhas de varios cm e moi punzantes. Flores pedunculadas de cor amarela, cunha bráctea de tamaño intermedio entre U. latebracteatus y U. europaeus. En zonas venteadas da costa adoptan unha estrutura compacta. Distrib.: Galicia y N de Portugal. Háb.: matogueira (Cisto salvifolii-Ulicetum humilis). 41


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Carlina corymbosa L. subsp. hispanica (Lam.) O. Bolòs & Vigo CARDO CUCO, CARDO LEITEIRO Fam.: ASTERACEAE Fenol.: XII-VI

Descr.: Herbácea vivaz con aspecto de cardo. Talos rematados por capítulos con brácteas picudas. Flores amarelas. Distrib.: Península Ibérica. Háb.: Claros de matogueiras e herbeiras.

Pulicaria dysenterica (L.) Bernh. HERBA DE GATO Fam.: ASTERACEAE Fenol.: XII-VI Descr.: Herbácea vivaz (< 60 cm). Roseta de follas basais, secas durante a floración. Flores amarelas de dous tipos: as externas con forma de lingua e as internas con forma de tubo. Distrib.: Plurirrexional. Háb.: Herbeiras xunto a depresións encharcables.

42


Relación de especies. Acantilados

Acantilados Crithmum maritimum L. FIÚNCHO DO MAR Fam.: UMBELLIFERAE Fenol.: V-VIII Descr.: Herbácea perenne, de cor verde pálida. Follas 23 veces divididas dando folíolos estreitos e longos. Flores no extremo de radios a base das cales únese no mesmo punto de inserción do pedúnculo. A inflorescencia conta con numerosos pedúnculos, inseridos no mesmo punto, portadores de radios con flores. Distrib.: Conca do Mediterráneo e litoral atlántico europeo e norteafricano. Háb.: Rochas de acantilados e areais. Armeria maritima Willd. HERBA DE NAMORAR Fam.: PLUMBAGINACEAE Fenol.: III-VI Descr.: Herbácea perenne con cepa ramificada. Escapos < 25 cm terminados en cabezolas con varias filas de brácteas e flores de cor branca ou rosada. Distrib.: Costas do O de Europa. Háb.: Marismas, areais e rochedos. Simil.: Armeria pubigera (Desf.) Boiss. Arbustiño leñoso na zona basal. Ramas moi curtas con rosetas de follas.

43


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Solos pouco profundos Tras as dunas de solo areoso sitúase un ambiente con pouca influencia mariña. Maioritariamente ocupado por piñeirais de Pinus pinaster, é o territorio potencial das carballeiras termófilas con sobreiras, alí onde existen solos francos e profundos. Nos afloramentos de granitos tan abundantes na zona existen plantas de pequeno tamaño adaptadas á seca. Sobreviven fincando as súas raíces en gretas da rocha que acumulan un pouco de solo ou directamente sobre solos de escaso grosor. Ornithogalum broteroi Laínz LEITE DE GALIÑA Fam.: LILIACEAE Fenol.: IV-VI Descr.: Herbácea perenne con bulbo subterráneo. Unha soa folla de maior lonxitude que o resto da planta, estreitada e acanalada na porción final. 1-3 flores con 6 tépalos brancos, case pegadas ao solo. Distrib.: Endemismo do O da península Ibérica. Háb.: Solos pouco profundos en rochedos, claros de bosque, etc.

Scilla autumnalis L. XACINTO Fam.: LILIACEAE Fenol.: VII-X Descr.: Herbácea vivaz, bulbosa. Planta grácil que desenvolve as follas despois da floración. Un ou máis escapos (5-20 cm) por bulbo. Flores de pequeno tamaño (< 1 cm diámetro), formadas por 6 tépalos de cor malva, pedúnculo erecto ou patente. Distrib.: Mediterráneo-atlántica. Háb.: Afloramentos de rocha na traseira das dunas.

44


Relación de especies. Solos pouco profundos

Allium sphaerocephalon L. ALLO Fam.: LILIACEAE Fenol.: V-VII Descr.: Herbácea vivaz, bulbosa. Escapo 20-40 cm. Follas cilíndricas. Inflorescencia densa en glomérulo ovoide terminal. Flores de cor malva. Distrib.: Rexión mediterránea e S da rexión eurosiberiana. Háb.: Duna fixa, solos pouco profundos. Non específica do litoral.

Simil.: Allium ampeloprasum Schultes & Schultes fil. (CEBOLIÑO). Follas planas. Inflorescencia de maior tamaño (> 3 cm diámetro).

45


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Leucojum autumnale L. LEUCOIO Fam.: AMARYLLIDACEAE Fenol.: VIII-XI Descr.: Herbácea, vivaz, con bulbo subterráneo. Escapo de 5-15 cm. As follas aparecen ao final da floración. Flores (1-3) con pedúnculo de maior tamaño que as brácteas que as sustentan, que miran cara ao chan. Corola con 6 tépalos de cor branca. Distrib.: O e C da península Ibérica, Sardeña, Sicilia e NO de África. Háb.: Claros de matogueira sobre solos pouco profundos con afloramentos de rocha.

Sedum acre L. PAN DE PAXARO Fam.: SCROPHULARIACEAE Fenol.: V-VII Descr.: Herbácea vivaz de cor verde claro, con abondosos talos estereis. Follas carnosas de menos de 1 cm de longo. Flores amarelas con 5 pétalos libres. Distrib.: N África, Europa e Asia Menor. Háb.: Especie que en Galicia sólo se atopa en áreas litorais e nos afloramentos calcarios das montañas orientais.

46


Índice de nomes científicos

Índice de nomes científicos Allium ampeloprasum Schultes & Schultes fil ........................... Allium sphaerocephalon L. .......................................................... Alyssum loisseleurii P. Fourn. ..................................................... Ammophila arenaria (L.) Link subsp. australis (Maville) Laínz .. Anchusa calcarea Boiss. .............................................................. Armeria maritima Willd. ............................................................. Armeria pubigera (Desf.) Boiss. ................................................. Artemisia crithmifolia L. ............................................................ Asparragus aphyllus L. ............................................................... Bellardia trixago (L.) All. ............................................................ Cakile maritima Scop. subsp. integrifolia (Hornem.) Greuter & Burdet ............................................................. Calystegia soldanella (L.) Roemer & Schultes ............................ Carlina corymbosa L. subsp. hispanica (Lam.) O. Bolòs & Vigo Centaurium chloodes (Brot.) Samp. ........................................... Cistus salviifolius L. ................................................................... Cotula coronopifolia L. .............................................................. Crithmum maritimum L. ........................................................... Crucianella maritima L. ............................................................. Cyperus capitatus Vandelli ......................................................... Dactylorhiza elata (Poir.) Soó ..................................................... Elytrigia juncea (L.) Nevski subsp. boreali-atlanticus (Simonet & Guinochet) Hederis ..................................... Eryngium maritimum L. ............................................................ Euphorbia paralias L. ................................................................. Halimione portulacoides (L.) Aellen ........................................... Helichrysum foetidum L. Cass .................................................... Helichrysum picardii Boiss. & Reuter ........................................ Honckenya peploides (L.) Ehrh. ................................................. Iberis procumbens Lange ............................................................ Iris pseudacorus L. ...................................................................... Leucojum autumnale L. ............................................................. Limonium dodartii (Girard) Kuntze ............................................ Limonium vulgare Mill. ............................................................. Linaria polygalifolia Hoffmanns. & Link .................................... Matthiola sinuata (L.) R. Br ....................................................... Medicago marina L. ................................................................... Mentha aquatica L. ................................................................... Mentha suaveolens Ehrh. ...........................................................

45 45 26 18 26 43 43 21 28 27 14 17 42 23 41 32 43 24 27 38 16 28 16 34 22 22 15 20 40 46 35 35 23 19 20 39 39

47


Guía da flora do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Najas marina L. .......................................................................... Oenanthe fistulosa L. ................................................................. Ophrys scolopax Cav. ................................................................. Ornithogalum broteroi Laínz ...................................................... Otanthus maritimus (L.) Hoffmanns. & Link ............................ Pancratium maritimum L. .......................................................... Phragmites australis (Cav.) Trin. Ex Steudel ............................... Plantago maritima L. ................................................................. Polygonum maritimum L. ........................................................... Potamogeton pectinatus L. .......................................................... Pseudorlaya minuscula (Pau) M. Laínz ...................................... Pseudorlaya pumila (L.) Grande ................................................. Pulicaria dysenterica (L.) Bernh. ................................................ Reichardia gaditana (WillK.) Samp. ............................................ Salicornia ramossisima J. Woods ................................................ Salsola kali L. ............................................................................. Sarcocornia perennis (Miller) A. J. subsp. alpini (Lag.) Castroviejo Sarcocornia perennis (Miller) A. J. Scott subsp. perennis ........... Schoenus nigricans L. ................................................................. Scilla autumnalis L. ................................................................... Scirpus holoschoenus L. ............................................................. Scirpus lacustris L. subsp. tabernaemontani (C.C. Gmelin) Syme Scirpus maritimus L. .................................................................. Scolymus hispanicus L. ............................................................... Scrophularia frutescens L. .......................................................... Sedum acre L. ............................................................................ Silene littorea Brot. subsp. littorea .............................................. Silene niceensis All. .................................................................... Sparganium erectum L. subsp. neglectum (Beeby) Schinz & Thell. Ulex europaeus L. subsp. latebracteatus (Mariz) Rothm ............. Veronica anagallis-aquatica .........................................................

48

31 32 24 44 18 19 31 34 17 31 15 15 42 29 36 14 36 36 37 44 37 33 33 29 21 46 25 25 38 41 40



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.