Guías informativas
As plantas dunares Caderno de actividades didácticas
XUNTA DE GALICIA
medio ambiente
Actividade Que son as dunas?
1
A duna móbil é un dos principais motivos polos que a xente se achega a este Parque Natural. A súa sona vén dada polo seu impresionante tamaño, pois é unha das de maior dimensión do norte da península Ibérica.
Unidades didácticas As plantas dunares
As dunas, en xeral, son lugares tremendamente interesantes, onde se produce a sedimentación de materiais de textura areosa, é dicir, onde se acumula a area. Cando observamos as dunas, véñennos de súpeto á cabeza preguntas como: cal é a orixe das dunas? ......................................................................................................................... de onde vén tal cantidade de area? ......................................................................................................................... Se vos fixades no perfil da duna e observades cal é a dirección do vento, seredes capaces de entender a súa formación. Cando descubrades o segredo, tratade de sinalar no esquema cal é a parte de barlovento e cal a de sotavento. Describide a viaxe que percorrería un dos grans de area que transporta o vento. ........................................................................................................................ ........................................................................................................................ Se vos fixades na superficie das dunas, poderedes ver unhas rizaduras sobre a area.
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
Quen pensades que é o responsable deste fenómeno? ........................................................................................................................
1
Unidades didácticas As plantas dunares
Actividade
2
As dunas son un pequeno deserto
Á hora de facerdes estas actividades debedes ter en conta as seguintes recomendacións: - Evita pisar a vexetación dunar xa que é moi sensible ás alteracións. - Tamén evita camiñar por fóra dos camiños establecidos. - Non arrinques plantas pois estás causando un impacto innecesario e podes destruír especies en perigo.
Na vosa mochila de investigadores levades o material necesario para observar as condicións ambientais na duna: 1. Os termómetros utilizádeos para medir a temperatura do aire, a temperatura sobre a duna e a temperatura no solo da duna. 2. Os higrómetros serviranvos para medir a porcentaxe de auga que contén o aire. 3. Os anemómetros utilizarádelos para medir a intensidade do vento. Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
2
4. Para medir a dirección do vento, empregaredes o antigo método de mollar o dedo índice e levantalo para determinar por onde sopra o vento. 5. Na botella de plástico cortada pola base, meteredes area formando a estrutura do solo da duna. Para medir a cantidade de auga que retén, utilizaredes unha medida determinada de auga que botaredes pola parte aberta da botella. Despois sacaredes o tapón da parte de abaixo e recolleredes a auga que caia. Anotade a cantidade inicial e a final; a diferenza é a cantidade de auga que pode reter o solo da duna.
OBSERVACIÓNS
NOTAS
Nome do grupo
Unidades didácticas As plantas dunares
Lugar Data Condicións atmosféricas Temperatura do aire Temperatura sobre o solo Temperatura no solo Humidade relativa do aire Intensidade do vento Dirección do vento Presenza de partículas transportadas polo vento Auga retida pola area
Como credes que o mar pode condicionar o desenvolvemento das plantas? ........................................................................................................................ As dunas son un substrato móbil. Que tipo de adaptacións pensades que desenvolven as plantas para compensar esa mobilidade? ........................................................................................................................ Sabedes xa a que condicións se enfrontan as plantas que medran nas dunas? Axudádevos da investigación que acabades de facer para elaborar unha relación de factores ambientais que condicionen a vida nas dunas. ........................................................................................................................ Credes que as condicións ambientais son constantes en todos os puntos da duna? Como variarán? ........................................................................................................................
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
3
Unidades didácticas As plantas dunares
Actividade Que plantas viven nas dunas?
3
Cun cadro de arame de 40 cm de lado, ides descubrir algunhas das plantas que son capaces de vivir nas dunas. Para facilitarvos o traballo, porque a duna é moi grande, tiraredes o cadrado ao chan, anotando as especies que hai dentro, repetindo esta operación 15 veces. Non debedes pretender que caia sobre ningunha planta en concreto. Para a identificación utilizade esta sinxela clave:
1. Gramíneas: - Menores de 40 cm: GRAMA MARIÑA - Maiores de 40 cm: FEO DE PRAIA
2. Diferentes ás gramíneas - Follas con espiñas: CARDO DA RIBEIRA - Follas sen espiñas: 3
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
4
3. Follas: - Con forma de ril e talo deitado: CORREOLA MARIÑA - Sen forma de ril: 4
4. Talo: - Ao corte bota leite: LEITAREGA DA PRAIA
Unidades didácticas As plantas dunares
- Ao corte non bota leite: 5
5. O talo: - É un bulbo de cor amarela-encarnada, ten unha flor branca en forma de campá moi recendente: CEBOLA DAS GAIVOTAS - Non é un bulbo: 6
6. Ten pelos ou la: 8
7. Non está cuberta de borra: 9
8. Abondosa pilosidade semellante ao algodón - só nas flores: VULNERARIA - a pilosidade cobre toda a planta: CARRASCAS DE SAN XOÁN
9. Planta de: - pequeno tamaño con talos reptantes con follas postas e carnosas: ARENARIA DO MAR - Gran tamaño con grandes flores amarelas solitarias e vaíñas de sementes moi longas: PAPOULA DAS PRAIAS
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
5
Unidades didácticas As plantas dunares
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
6
Ide anotando as vosas observacións na seguinte táboa: ESPECIES
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Total aparicións/ n.º total tiradas
Frec.
Grama
+ + + + -
66%
- + - + -
- + + + +
10/15=0.66
Agora, observade con detemento catro plantas diferentes, fixádevos na súa forma, cor, altura..., e sinalade na táboa as adaptacións que presentan. Tratade de relacionar esas adaptacións coas funcións que teñen nas plantas dunares: OBSERVACIÓNS
A
B
C
D
Unidades didácticas As plantas dunares
FUNCIÓNS
Talo rastreiro
Presenza de follas Cutícula dura Espiñas ou escamas Presentan pelusiña Aspecto carnoso Superficie enrolada Son brillantes Cores apagadas Flores pequenas Tecidos ríxidos
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
7
Unidades didácticas
Calculade a cobertura das plantas no ecosistema dunar. Estendede unha cinta métrica de 5 m sobre as plantas, procurando que quede o máis tensa posible.
As plantas dunares
Seguidamente vaise medindo (ollando desde arriba) cantos centímetros ocupa cada especie:
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
8
ESPECIES Grama
MEDIDAS EN cm 12-8-26-17
TOTAL COBERTURA 63 cm
63/5=12.6%
Unidades didácticas As plantas dunares
Que diferenza existe entre a frecuencia e a cobertura? ........................................................................................................................ ........................................................................................................................ Neste perfil da duna, situade a vexetación que atopastes no voso estudo e indicade as especies que a forman.
En que parte da duna estades? ........................................................................................................................ Relacionade onde se sitúa a vexetación coas condicións ambientais que hai nesa zona. ........................................................................................................................ ........................................................................................................................ Que función cumpre a vexetación das dunas?
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
........................................................................................................................
9 ........................................................................................................................
Unidades didácticas As plantas dunares
Actividade
4
Nas dunas non só viven plantas
A estas alturas da investigación xa sabedes que as dunas son un medio hostil para a vida, polo que a fauna que habita nelas é escasa, aínda que moi interesante.
Para a observación da fauna, hai que ter os ollos moi abertos, xa que unha das características principais dos animais que aquí viven é o seu alto nivel de mimetismo. Hai aves como a píllara das dunas que crían nas dunas, poñen os seus ovos en pequenas depresións da area que fan a función de niños e teñen unhas cores que apenas nos permiten distinguilas e, por suposto, moito menos aos seus ovos e polos... Coidado onde poñedes os pés!
Outra das características máis importantes é que algúns animais, como o sapo de esperóns, teñen a súa maior actividade durante a noite, ¿sabedes por que? Investigade que é o que fai durante o día.
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
10
Neste ambiente tamén viven outros animais de menor tamaño, pero igual de importantes, como escaravellos, o caracoliño das dunas e a eiruga da esfinxe da leiteiriña. Por que lle chaman así? ........................................................................................................... ........................................................................................................................
Facede unha relación dos animais atopados utilizando a seguinte ficha inventario: Nome galego Taxonomía Alimentación
Presenta mimetismo
Tipo de mimetismo
Observacións e curiosidades
Unidades didácticas As plantas dunares
Nas dunas existe un equilibrio entre as diferentes especies de animais e de plantas. Para que haxa suficiente alimento para todos é moi importante non alterar ese equilibrio. O proceso no que un animal come a outro e este é comido á vez por outro máis grande coñecese como cadea alimentaria ou cadea trófica. Agora que xa coñecedes o ecosistema dunar, poderiades facer unha das cadeas alimentarias das dunas.
Ademais nos ecosistemas os seres vivos distribúense formando unha pirámide na que os vexetais están na base e os depredadores na parte alta. Para que se conserve o equilibrio, onde cres que terá que haber máis abundancia de seres vivos, na base ou na cúspide da pirámide? ........................................................................................................................ Agora que xa falamos de equilibrio, pensa nalgún exemplo de como este equilibrio pode romperse. ........................................................................................................................ ........................................................................................................................
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
11
Unidades didácticas As plantas dunares
Actividade
5
Un ecosistema singular relacionado cos demais
Observade ao voso arredor; o ecosistema dunar é diferente de toda a paisaxe que o rodea. Facede un debuxo no que reflictades os diferentes ecosistemas que rodean as dunas.
Clasificade os ecosistemas pola a súa orixe (natural ou humana), polas súas características naturais e observade as relacións que manteñen co ecosistema dunar. ECOSISTEMA
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
12
ORIXE
NATUREZA
RELACIÓNS
Pensades que as dunas son un ecosistema illado?..................................... Edita: Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente Idea orixinal e realización: cem, s.coop.galega Deseño gráfico: Mazaira grafismo, s.l. Impresión: Edym, s.l. Depósito Legal: C-2263/2004 Impreso en papel 100% reciclado, libre de cloro e certificado