Proxecto CÓDIGO DO CENTRO: CENTRO: PROGRAMA: ESTADO: VERSION:
27016200 IES Poeta Díaz Castro - Guitiriz - Lugo Contratos-programa Trámite 4
A) COMPROMISOS DO CENTRO EDUCATIVO O centro comprométese a desenvolver a/as seguinte/s actuación/s:
Introdución Presentamos unha acción multidisciplinar, baseada no traballo colaborativo entre toda a comunidade educativa. E unha aprendizaxe significativa para contextualizar o noso camiño de pescuda individual e social, cara á transformación persoal e colectiva. O espazo aula ábrese á vida real, para facer en equipo, alumnado e profesorado, o proceso da adquisición e descubrimento do coñecemento. Hai que achegar ás potencialidades do equipo docente e do alumnado, desenvolver un modelo educativo fundamentado na aprendizaxe competencial, activo, creativo e esixente coas nosas capacidades. Poñer en práctica as conclusións ás que vai chegando o PFPP do profesorado na procura de cambio no modelo de transmisión do coñecemento que levamos realizando dende o curso pasado. Constatar os logros moi relevantes en proxectos ambiciosos dos cursos anteriores, especialmente na oralidade como guías con grupos de iguais. Capacitar para resolver contextos emocionais e de contidos curriculares. Queremos reconducir as dificultades nas que nos sitúa a vertixinosa aplicación do cambio educativo e o perigo no que sitúa ao alumnado con dificultades en competencias matemáticas e lingüísticas, especialmente, pero en xeral a todo o alumnado con necesidades de apoio educativo, intelectuais ou sociais. As actividades máis participativas que requiren maior actividade física, axudan á equiparación dos resultados académicos e da adquisición de habilidades necesarias para aprender a aprender, entre chicos e chicas. Deseñamos as actuacións encamiñadas para avanzar dende o xa realizado, incrementando sobre o que xa sabemos que nos funciona e o que non. Aproveitamos os recursos xa dispoñibles e infrautilizados (telescopio, observatorio astronómico); Os avances en competencia lingüística do alumnado (especialmente oralidade); as inquedanzas formativas do profesorado (PFPP) e un compoñente que ilusione que poida aglutinar interteses e esforzos, este ano será un documental interactivo sobre o ceo e a aldea de Guitiriz e a creación dun repositorio de contidos para realizar un programa de televisión. Implicaremos os Proxecta, "Fotografía en curso" e "Proxecto deportivo de centro", para afondar na significación e interrelación do aprendido, e Proxecto e- Twinning para a difusión do realizado. Proxecto todos eles en marcha neste momento. Neste curso 2016-17 introducimos a ACTUACIÓN 2c para a mellora da competencia científicotecnolóxica, tendo en conta que está planificado na organización dos horarios do profesorado do Centro un equipo permanente para potenciar a búsqueda de actividades que axuden ao resto do profesorado a introducir dende esta óptica a competencia matemática, científico e tecnolóxica en todos os ámbitos do coñecemento. Por tanto se desenvolverá en conexión permanente coas actividades da ACTUACIÓN 2a para a mellora da competencia matemática. Para aglutinar estas propostas, poñeremos en uso o observatorio astronómico do que dispón o IES, miraremos ao ceo, ás estrelas e daremos os pasos que Páxina 1 de 17