O boletín da biblioteca

Page 1

O que le non está facendo algo, está facéndose alguén… Revista informativa da biblioteca escolar do C.E.I.P. Rosalía de Castro – Xinzo de Limia Decembro de 2011 – Boletín nº 4

LIMIAR Como cada Nadal chega ás vosas mans esta pequena guía de lecturas que vos pretende recordar que non todo son vídeo consolas, móbiles e outros trebellos dixitais como regalos que lle pedir a Papa Noel ou aos Reis Magos. Os libros son eses amigos que nos permiten ir a outros mundos, visitar outros países e coñecer a moita xente que doutro xeito non poderiamos nin coñecer. Por iso non vos esquezades de incluír nas vosas cartas alomenos un bo amigo de viaxes … un bo libro….

SEGUIMOS A FACER, ... … Este ano imos tentar aprender un montón de cousas sobre a nosa biblioteca do cole. Para iso todo o equipo, composto por novas profas… e tamén polas de antes… veñen de poñer en marcha unha serie de actividades de formación de usuarios coas que van a ensinarnos como atopar un libro na biblioteca, como se colocan os libros nos andeis,… e un montón de cousas máis que seguro que son interesantísimas… Comezamos este curso 2011 – 2012 celebrando o samaín e o magosto na biblioteca e no cole, cunha chea de actividades e exposicións que todos os mestres/as xunto cos alumnos/as do centro organizamos, participamos e disfrutamos de todas elas. Entre outras moitas cousas que vimos facendo, sempre aproveitamos calquera conmemoración para adornar o noso espazo da biblioteca coa celebración que imos ter. Así, neste primeiro trimestre aparareceron unha chea de tearañas, cabazas, bruxas, ... e tamén un montón de castañas e nenos celebrando o magosto por todo o noso colexio.

BBIIBBLLIIOOTTEECCAAEESSCCOOLLAARR ddooCCEEIIPPRRoossaalílíaaddeeCCaassttrroo––XXiinnzzooddeeLLiimmiiaa--OOuurreennssee


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
O boletín da biblioteca by papa contos papa contos - Issuu