02 parque da almaciga

Page 1

Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almรกciga

Monte da Almรกciga

2


1ª Edición: Setembro de 2009

Edita: Concello de Santiago de Compostela. Textos: FUNDACIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISES (FESAN). Fotos: FUNDACIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISES (FESAN). Maquetación: Magneto Studio Revisión Lingüística: Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela. Imprime: NINO, Centro de Impresión Digital, S.L. Depósito Legal: xxxxxxxxxx Impresión en Papel Reciclado.


Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almรกciga


Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almáciga

INTRODUCIÓN

O parque Monte da Almáciga está situado no centro urbano de Santiago de Compostela, no núcleo do barrio co mesmo nome, e preto das rúas de Betanzos, O Pino, Touro e Teo.

O Parque_Introdución

Trátase dun espazo de lecer cunha superficie superior aos 35.000 m2 cun deseño aberto, que respecta a topografía do terreo en que se asenta, aproveitando os seus elementos naturais -a distribución do parque sérvese da pendente natural do monte para crear os diferentes ambientes, e unha fonte de auga existente foi utilizada para alimentar un estanque-. Conta con abundantes especies vexetais, tanto arbóreas como de porte arbustivo, e mestura especies propias da zona -como carballos e bidueiros- con outras singulares, de orixe exótica -como poden ser o ginkgo ou o abeto de Douglas-.

1

Vista do parque

3


Monte da Almáciga

Parques de Santiago de Compostela

No linde do parque sitúanse o Colexio Público Apóstolo Santiago e a Escola Municipal de Música, así como un dos principais depósitos de auga que surten a cidade. Na zona alta do recinto aséntase unha escultura realizada por Silverio Rivas, que leva por nome Proa a Enciño. O parque conta, ademais, con amplas zonas de céspede cubertas de abundante vexetación, áreas de descanso con bancos, sendas peonís e zona de xogos. O parque esténdese sobre o outeiro máis alto do centro urbano de Santiago, o que lle permite ao visitante gozar dende alí dunhas vistas panorámicas privilexiadas sobre o recinto histórico e a paisaxe circundante.

O Parque_Introdución

Vista do parque

4


Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almáciga

ORIXE DO PARQUE

O parque da Almáciga xurdiu na década dos noventa, con motivo do incremento do número de vivendas no barrio do mesmo nome, e debido á necesidade de garantir un desenvolvemento urbano sostíbel, a través da creación de espazos verdes. Até os anos noventa -data da creación do parque- a zona era coñecida como monte da Almáciga, e estaba constituída por terras de cultivo e pastoreo. O monte da Almáciga era, por tanto, lugar de traballo, e tamén de esparexemento e lecer dos rapaces do barrio -era o lugar de celebración por excelencia das cacharelas das festas de San Xoán-. A raíz do crecemento do barrio, deseñouse esta nova zona verde na ladeira de poñente da Almáciga, que pasou a formar parte da rede de parques e xardíns da cidade de Santiago mantendo a conexión entre o centro urbano e as terras de labor e os montes que a rodean.

Orixe do Parque

O antigo monte da Almáciga ocupa un lugar sinalado dentro da historia da cidade de Santiago, e de Galiza en xeral, pois foi aquí onde tivo lugar, no século XV, a chamada “Batalla da Almáciga”, na que os exércitos irmandiños foron derrotados polo exército señorial, encabezado polo arcebispo Fonseca e os señores Juan Pimentel e Pedro Álvarez de Soutomaior, derrota que constituíu o comezo do fin deste movemento irmandiño.

Vista actual do parque

5


Monte da Almáciga

Parques de Santiago de Compostela

PARA SABER MÁIS

A Batalla da Almáciga

A Batalla da Almáciga corresponde a unha das batallas máis importantes acaecidas durante as Guerras Irmandiñas. Estas contendas foron unha serie de revoltas que tiveron lugar durante o século XV no reino de Galiza contra a opresión señorial. O campesiñado foi a vítima máis acusada dos abusos señoriais e, polo tanto, protagonizou diversos levantamentos contra a nobreza.

A resistencia dos habitantes das cidades, dos labregos e de parte do baixo clero de Galiza fronte aos abusos dos señores feudais e o poder eclesiástico, deu lugar ao Levantamento Irmandiño, que comezou en 1465. Dous anos despois, co apoio e colaboración de tres poderosos señores feudais -Diego de Lemos, Afonso de Lanzós e Pedro Osorio- este movemento revolucionario comezou o Gran Levantamento, atacando e derrubando numerosas fortalezas dos donos das terras, que acabaron por verse obrigados a refuxiar se en Castela, Asturias ou Portugal.

Porén, durante este tempo, os señores galegos, dende terras castelás e portuguesas, desunidos tras anos de enfrontamentos e inimizades persoais, comezaron a aliarse e reunir os homes e medios necesarios para recuperar as súas terras e vencer os Irmandiños.

Así, durante o ano 1469, os exércitos do arcebispo Fonseca, Pedro Madruga e Juan Pimentel, avanzaron polo territorio galego, procedentes de diferentes puntos, até reunirse na cidade de Santiago de Compostela, capital da Irmandade e defendida por Pedro Osorio, o máis temíbel dos señores que apoiaron o Levantamento Irmandiño. 6

Para saber máis

Durante un breve período de calma, os irmandiños instauraron, por primeira vez en Europa, un sistema de goberno de carácter civil exercido polo pobo.

2


Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almáciga

No Monte da Almáciga tivo lugar unha sanguenta batalla, a xa mencionada Batalla da Almáciga, na que moitos irmandiños foron mortos, feridos e apreixados.

Malia a retirada de Pedro Osorio, a cidade resistiu durante algúns meses, pero finalmente tivo que pactar a súa entrega e xurarlle fidelidade ao arcebispo.

Para saber máis

A derrota dos irmandiños en Santiago de Compostela constituíu o comezo da fin do movemento, xa que a partir de aquí foron caendo, en toda Galiza, fronte aos señores feudais.

7


Monte da Almáciga

Parques de Santiago de Compostela

Silverio Rivas

Silverio Rivas Alonso naceu en Ponteareas (Pontevedra) en 1942. Iniciou os seus estudos na Escola de Artes e Oficios de Vigo e continuounos na de Madrid. Durante dous anos traballou no obradoiro do escultor Francisco Barón.

En 1970 acude á Bienal de Pontevedra e en 1979 estabelécese en París, onde expón a súa obra, así como en Bélxica e Holanda.

Silverio Rivas traballa indistintamente a pedra, a madeira e o bronce, aínda que é con este último co que mellor se expresa.

Nos parques e xardíns de Santiago de Compostela podemos atopar diferentes obras do escultor, como Proa e Enciño, no parque que nos ocupa, ou o Dolmen Novo Milenio, no Parque da Música en Compostela.

8

Para saber máis

As súas obras percorren España e saltan a Inglaterra e Alemaña. Participa en importantes exposicións colectivas e en 1990 realiza unha obra de grandes dimensións para a praza de América, en Vigo, exemplo de sinxeleza e plasticidade, que esculpiu directamente en granito do Porriño.


Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almáciga

PUNTOS DE INTERESE

1- Magnolio (Magnolia grandiflora)

Puntos de Interese

O magnolio é unha árbore que pode acadar a forma dun enorme parasol que nos proporciona unha agradábel sombra nos días de moito sol. As súas follas son moi brillantes, debido á gran cantidade de ceras que presentan e teñen o envés cobreado. As flores son grandes, brancas, moi vistosas e olorosas.

Magnolio (Magnolia grandiflora)

3 9


Monte da Almáciga

Parques de Santiago de Compostela

2- Cedro do Himalaia (Cedrus deodora)

Árbore de formas maxestosas e que acada gran tamaño, chegando aos 70 m de altura na zona occidental da cordilleira Himalaia, de onde é orixinario.

A forma xeral da árbore é piramidal. As súas follas, en forma de agulla, como as dos pinos, son curtas (2,5-4 cm) e de cor verde cinsenta; saen en grupos de 15-20. Esta árbore caracterízase por desprender un agradábel aroma; e a súa peculiar aparencia, con ramas longas e colgantes, é debida aos ápices caídos e ao seu crecemento case horizontal.

Cedro do Himalaia (Cedrus deodora)

10

Puntos de Interese

É unha planta moi lonxeva da que se coñecen exemplares de máis de mil anos de idade.


Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almáciga

3- Carballo (Quercus robur)

Os carballos constitúen unha das especies máis representativas das nosas fragas. Esta especie distribúese dende a franxa atlántica, por toda Europa, até os Urais, que fan de fronteira natural con Asia.

Puntos de Interese

Carballos (Quercus robur)

As follas do carballo son caducas e cunha forma lobulada algo irregular. As landras, o froito da árbore, cae en outono e constitúe unha parte importante da dieta de moitos animais. Detalle das landras e follas dun carballo (Quercus robur)

11


Monte da Almáciga

Parques de Santiago de Compostela

4- Proa a Enciño

Puntos de Interese

Esta obra artística do escultor galego Silverio Rivas sitúase na zona máis alta do parque. A localización, o contorno e a orientación da peza contribúen a completar a expresividade da obra, feita en granito vermello e cun peso de oito toneladas. Tecnicamente a estrutura baséase na simplicidade: un ou poucos elementos traballados con formas sinxelas xogando cos volumes e combinación de ángulos e formas curvas.

Proa a Enciño

12


Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almáciga

5- Tileiro (Tilia sp.)

Árbore que pode acadar até 35 m de altura, destaca pola grande profusión e densidade da follaxe que viste a súa copa, de forma globosa e que pode chegar a ser moi grande. Debido ás súas propiedades medicinais e á excelente madeira que produce, foi plantado en numerosas zonas próximas a asentamentos humanos.

Puntos de Interese

Presenta unhas follas, moi anchas e en forma de corazón, lixeiramente dentadas e apuntadas que lembran as das abeleiras. As flores, moi aromáticas, xorden, en grupos, de follas especiais que ao madurar serven como hélice para que o vento leve os froitos lonxe da planta nai. Destas flores, en infusión, obtense a tila, aproveitando as substancias sedantes e antiespasmódicas que están presentes nelas.

Tileiro (Tilia sp.)

Son árbores moi lonxevas, que poden acadar tamaños e grosores de tronco moi considerábeis.

13


Monte da Almáciga

Parques de Santiago de Compostela

6-Moreira branca (Morus alba)

Son árbores caducifolias, de cortiza cinsenta e copa arredondada, coas follas verdes, lustrosas e suaves e que pode acadar ata 20 metros de altura. Nalgunhas zonas, como na rexión de Murcia, a moreira branca cultivouse de forma intensiva pola industria téxtil, xa que as súas follas servían de alimento á eiruga da seda. Esta sincroniza o nacemento coa saída das novas follas da moreira. Tanto a árbore como a seda proceden de Asia e non se descubriron en occidente até o século VI cando os monxes nestorianos estabeleceron a ruta da seda, a través da cal chegaba a Europa, mentres a súa forma de produción era mantida en segredo polos artesáns chineses.

Puntos de Interese

Os seus froitos, as amoras, son moi rechamantes para as aves, que os consumen con avidez. Non obstante, para o padal humano, son máis saborosos os froitos da moreira negra.

Follas de moreira branca (Morus alba)

14


Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almáciga

7- Abeto de Douglas (Pseudotsuga menziesii)

O abeto de Douglas, coñecido tamén como piñeiro de Oregón, é unha das árbores que poden acadar maior tamaño. Dominaban extensas formacións boscosas na costa pacífica de Norteamérica, pero a súa excelente madeira e crecemento especialmente recto fixo que o seu número diminuíra en grande medida debido á sobreexplotación. Hoxe en día segue sendo relativamente abondoso, aínda que os exemplares actuais xeralmente presentan un tamaño moito menor que os que habitaban nos bosques primitivos.

Outra característica singular desta especie é a súa grosa cortiza, que recorda á da sobreira. As súas follas (de 1,5 a 3 cm), forman unha cuberta verde moi tupida; ao fregalas desprenden un forte olor a cítrico. A piña, colgante e alongada, distínguese da doutras coníferas porque cada escama remata en tres puntas.

Puntos de Interese

Abeto de Douglas (Pseudotsuga menziesii)

15


Monte da Almáciga

Parques de Santiago de Compostela

8- Miradoiro

Dende o outeiro do monte da Almáciga gozamos dunha atalaia privilexiada sobre a cidade. Pódese observar doadamente a silueta da Catedral e podemos contemplar gran parte da cidade histórica acompañados da escultura Proa a Enciño de Silverio Rivas.

Puntos de Interese

Se se accede á Almáciga dende o parque de San Domingos de Bonaval, a medida que se ascende pola ladeira da Almáciga, poderase ir apreciando diferentes perspectivas do centro antigo de Santiago, até chegar ao cumio, dende onde se pode observar o monte Viso, o monte Pedroso e o Pico Sacro.

Vistas sobre o casco histórico

16


Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almรกciga

9- Chopo prateado (Populus alba)

Son รกrbores que na natureza viven en zonas mediterrรกneas, en particular na proximidade de cursos de auga. Presentan unha copa alongada, cortiza moi clara e follas abrancazadas na parte inferior e verde brillante na superior.

Follas de chopo prateado (Populus alba)

Puntos de Interese

Detalle dun tronco de chopo prateado (Populus alba)

17


Monte da Almáciga

Parques de Santiago de Compostela

10- Estanque

Aproveitando a pendente natural do terreo e unha fonte de auga corrente, creouse na zona noroeste do parque unha pequena cascada que desemboca nun fermoso estanque. Arredor do estanque medran diferentes árbores que proxectan a súa sombra sobre a auga, coma os carballos, chopos, salgueiros, liquidámbar e algún rododendro de gran tamaño; mesmo hai un par de pequenas oliveiras e un grupo de palmeiras (Cordyline sp.). Ademais, hai matos de azaleas, cardo santo e uns rechamantes exemplares dunha planta orixinaria de Madagascar, a planta paraugas, de talo de sección triangular e pertencente ás familias das ciperáceas. No medio do estanque poden encontrarse varias agrupacións de bambú.

Puntos de Interese

Tanto a frondosa vexetación que envolve o estanque como a súa orientación converten este recuncho nun lugar idóneo para o descanso nas longas xornadas de calor do verán.

Estanque

18


Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almáciga

11- Ginkgo (Ginkgo biloba)

É unha árbore singular dende o punto de vista científico, xa que constitúe un dos mellores exemplos de fósil vivo coñecido.

Puntos de Interese

Esta especie é orixinaria de China, e pode chegar a vivir até mil anos. As súas follas, caracterízanse pola forma de abano de dous lóbulos.

Ginkgo (Ginkgo biloba)

19


Monte da Almรกciga

Parques de Santiago de Compostela

Monte da Almรกciga

Mapa de Situaciรณn

20


Parques de Santiago de Compostela

Notas

21

Monte da Almรกciga


Monte da Almรกciga

Parques de Santiago de Compostela

Notas

22


Monte da Almรกciga

www.compostelaviva.org

2


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.