GUIA DIDÁCTICA DA AXENDA ESCOLAR A Axenda Escolar pretende ser un instrumento de traballo conxunto para o alumnado, as familias e o profesorado co que tratar de conseguir os seguintes obxectivos: * Axudar aos alumnos a planificar as tarefas escolares e o estudio. * Servir de instrumento para a comunicación directa e permanente entre familias e profesorado. * Axudar ao seguimento continuado da marcha escolar e da avaliación do alumnado. * Facilitar información relevante: datos do centro, horarios, datos do profesorado, do alumnado integrante do grupo, acordos da clase e do centro, resultados de avaliacións... * Ser un instrumento útil na acción titorial. * Colaborar na animación á lectura e outras actividades do centro. A finalidade última que se persegue é lograr, coa colaboración de todos, unha mellora do proceso educativo do alumnado do centro. Por esta razón, para que a Axenda sexa eficaz todos debemos comprometernos: O profesorado: -Promovendo a utilización da axenda polos alumnos/as e a anotación de tarefas, datas de controis, recuperación de materias pendentes, entregas de traballos... correspondentes ás súas materias. -Enviando, cando sexa relevante, comunicacións e mensaxes ás familias acerca da marcha escolar dos alumnos/ás. -Contestando, se é o caso, as comunicacións das familias. Os titores/as: -Dinamizando o uso da Axenda polo alumnado da súa titoría. -Realizando un seguimento periódico do uso correcto da Axenda. -Promovendo que os alumnos/as anoten as súas tarefas, as datas de controis e entregas de traballos, os acordos tomados nas sesións de titoría, a síntese dos informes de avaliación... a través das actividades do Plan de Acción Titorial.
O alumnado: -Traéndoa todos os días a clase e coidándoa: deberá ser comprada de novo, aportando o coste integro da axenda (2,50 euros -Anotando diariamente nela todo o que os profesores/as indiquen, así como aquelas cuestións que crean convenientes para a planificación das súas tarefas e estudio. -Mostrándoa periodicamente aos seus pais e, en especial, cando os profesores/as anoten algunha comunicación para a familia. -Manténdoa actualizada, facilitándolla ao titor/a e os profesores/as cando a soliciten. As familias: -Coñecendo o seu contido e a súa utilidade. -Revisando periodicamente o uso que os seus fillos/as fan dela. -Lendo e contestando as comunicacións e anotacións que o profesorado realice. -Enviando, cando o consideren oportuno, as mensaxes que crean convenientes para a mellora da marcha escolar dos seus fillos/ás. CONTIDOS DA AXENDA: ALGUNHAS IDEAS E ORIENTACIÓNS SOBRE OS SEUS APARTADOS DATOS PERSOAIS E DO CENTRO: Recolle información sobre a dirección e teléfonos o centro. CALENDARIO ESCOLAR. Sería interesante botarlle unha ollada xeral e comentar cos alumnos os festivos máis significativos, a duración do trimestre, as datas habituais das avaliacións... HORARIO ESCOLAR: Trasladar aquí o horario que se entregou na Xornada de Presentación. MEUS PROFESORES E PROFESORAS: Trasladaranse aquí os datos facilitados na Xornada de Presentación. Haberá que insistir aos alumnos/as, que ensinen esta folla ás súas familias para informar claramente do profesorado e do horario de visita do titor/a.
1