O verán tempo de ler xuño 2014

Page 1

Xuño 2014

CPI de Panxón

Os libros…

O verán, tempo de ler Unha preocupación de pais e mestres é a "falta de interese pola lectura" dos nenos. Moitas veces oímos: Os nosos fillos cada vez len menos. A TV, consolas, videoxogos, etc, substituíron progresivamente aos libros. Sen dúbida ningunha é máis doado conectar o aparato que sentarse fronte a un libro. Non obstante e pese ao dito "máis vale unha imaxe que mil palabras", a lectura pon en marcha uns mecanismos intelectuais distintos aos que

poñen os medios audiovisuais. Que acontecerá se en lugar de ler, vese en imaxe? Estariamos a privar á mente dun exercicio necesario, que se activa coa lectura.

A lectura achega coñecementos e experiencias.

Potencia a imaxinación, a creatividade. Permite o acceso a un mundo diferente ao noso: O lector se mete dentro do libro, ponse en lugar dos personaxes e apaixónase con eles. Cóllese gusto á lectura practicándoa. Por iso os pais teñen o deber e a oportunidade de ofrecer ao seu fillo un ámbito que favoreza o descubrimento e o amor por un tesouro tan prezadocomo a lectura.

OS PAIS E NAIS VERDADEIROS ESPECIALISTAS EN ENSINAR A LER O que adoita afastar aos pais de interesarse pola lectura dos seus fillos/as é pensar que non están capacitados, que ese asunto pertence á escola. Erro que nos leva a prescindir dun dos momentos máis gratificantes de contacto e comunicación

cos nosos fillos/as. Os pais están cualificados e son a peza fundamental para iniciar aos pequenos no pracer lector. E por que razón? Porque cando se lle conta un conto ou se le con el, o sentimento que o neno/a ten é o de que

se está a pasar un tempo con el, estáselle a escoitar ou, o que é o mesmo, que se lle quere. Está é a gran vantaxe da que dispoñen os pais fronte aos especialistas en lectura. Unha recomendación: un libro titulado "Como habituar ao neno a ler",

de Patricia Delahaie . E despois: A LER!

…..Unha porta aberta ao mundo e a todos os mundos imposibles. A frontiera só a pon a imaxinación

Contido Os pais verdadeiros protagonistas

1

Perigos que acechan á 2 lectura Factores positivos na 2 animación lectora E se non lle gusta ler? 3 Vamos a contar un conto

3

Hai que ler libros de proveito

4

Recursos en Internet

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.