MANIFESTO PLENO INFANTIL

Page 1

MANIFESTO PLENO INFANTIL Eu, María Engracia Antelo Domínguez, fun elexida por votación democrática alcaldesa infantil do CEIP Plurilingüe da Serra de Outes e por iso prometo o meu cargo. Dende aquí, e como representante do centro neste pleno, comprométome a mellorar fundamentalmente o colexio pero tamén a miña localidade, a ser sincera e non enganar aos cidadáns e a ser xusta e defender a todo o mundo por igual. A continuación o meu teniente alcalde Lucas, que me sustituirá na miña ausencia, explica como queda configurado o meu equipo de goberno. Eu, Lucas Crego Lamas, como teniente alcalde do CEIP Plurilingüe da Serra de Outes, comprométome a traballar por un mundo mellor, a intentar que se fagan arranxos no colexio e a escoitar as propostas de todo o alumnado para compartirlas aquí no salón de plenos do Concello de Outes. Por isto, presento aos concelleiros do noso goberno e as súas propostas: - Propostas de SERVIZOS SOCIAIS: Lois e Evelyn. - Propostas de EDUCACIÓN E CULTURA: Adrián, Sergio e Alberto. - Propostas de DEPORTES: Tirso e Marcos. - Propostas de EMPREGO. Paula e Lucía. - Propostas de OBRAS PÚBLICAS. Carlos e Irene. 1. CONCELLEIROS DE SERVIZOS SOCIAIS. LOIS: Bos días a todos e todas, somos os encargados da Concellería de Servizos Sociais, os que nos adicamos a servir de apoio ás persoas que o necesitan. Por iso as nosas propostas son: EVELYN: Propoñemos colocar un ascensor ou salvaescaleiras no cole para as persoas con mobilidade reducida. LOIS: Mellorar a entrada ao edificio de Educación Infantil. EVELYN: A creación dun centro de día ou melloras neste con aumento das actividades. LOIS: Un servizo de Urxencias do Centro de Saúde de Outes para non ter que desprazarnos se estamos enfermos. 2. CONCELLEIROS DE EDUCACIÓN. ADRIÁN: Os encargados de educación son os que se preocupan de facer actividades e propostas que teñen que ver co colexio e coa aprendizaxe en xeral. Por iso, as nosas propostas son as seguintes: SERGIO: Propoñemos aumentar a calefacción no colexio e no ximnasio e a colocación de deshumidificadores para evitar que os nenos e nenas que teñen problemas respiratorios enfermen. ALBERTO: Pintar o cole. ADRIÁN: Arranxar as goteiras do teito do patio cuberto e os baños.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.