O CORPO HUMANO
INCLÚE CAMISETA INTERACTIVA
Autores: Miguel, Nerea, Alba C., Carmela, Antón, Ismael, Claudia, Alba M., Diego R., Iván G., Mario, Iván L., Ainoa, Daniela, Bruno, Emma, Paula, Carmen, Breixo R., Óscar, Eva, Carla, Álvaro, Marta, Antía, Iván C., Xián, Pablo, Lara, Breixo G., Rodrigo, Ana, Tania, Lucas, Antón L., Sofía. Quique, Marina, Diego P., Iria e Matthew.
Fotografía: Familias, alumnado e mestras. Edición: Noela e Patricia.
Para que os nenos e nenas de segundo aprendan a quererse tal como son: iguais aĂnda que diferentes pero, sobre todo, Ăşnic@s! Patricia e Noela Curso 2017/2018
O CORPO HUMANO
Se queres ver o resumo escrito das actividades da Domus escanea este cรณdigo QR.
Este é un libro interactivo. Para visionar os vídeos debes ter instalada a aplicación de REALIDADE AUMENTADA HP Reveal no teu dispositivo intelixente (smartphone, tablet…). Faite seguidor da nosa canle de HPReveal capturando este código QR ou buscando a canle “papebar” nesta mesma aplicación. As páxinas que conteñan imaxes con vídeo asociado terán este símbolo:
QUERES SABER COMO SE FIXO ESTE LIBRO? Descubre con HP Reveal o proceso do proxecto!
ÍNDICE: 1.
UNHA NOVA VIDA
2.
O CEREBRO
3.
O APARELLO LOCOMOTOR
4.
OS SENTIDOS
5.
O APARELLO DIXESTIVO
6.
O APARELLO CIRCULATORIO
7.
O APARELLO RESPIRATORIO
8.
O APARELLO EXCRETOR
9.
CURIOSIDADES
1. UNHA NOVA VIDA As mamás teñen os bebés porque se xunta o espermatozoide do papá co óvulo da mamá. Unha vez que o espermatozoide está dentro do óvulo convértese en dúas bolas, despois en catro, despois en oito, despois en dezaseis… ata que se forma o bebé. Durante o embarazo está no útero da nai, dura nove meses (corenta semanas aproximadamente). O corpo da muller cambia e dálle de comer ao pequeno por un tubo que se chama cordón umbilical.
É importante que a muller non fume e que se alimente ben mentres que o bebé está na barriga porque pode coller enfermidades. Ás veces morren porque non se forman ben, chámase aborto.
Tamén poden nacer sen algunha parte do corpo e outros antes de tempo, chámanse prematuros e usan cueiros e chupetes moito máis pequeniños.
Cando nacemos póñennos unha pinciña no embigo. Os recén nacidos pesan uns tres qg e miden uns cincuenta cm. Cando o bebé nace os ósos do cranio encóllenselle para poder saír mellor, son moi delicados porque non están ben unidos.
Se queres ampliar a informaciรณn e ver os resumos que fixemos os nenos de 2ยบ A e B sobre a charla de ร lex escanea os cรณdigos QR.
2. O CEREBRO O cerebro humano está formado por máis de 3.000 millóns de neuronas que serven para: o movemento, falar, escribir, calcular, os sentidos, pensar, imaxinar, soñar... se temos sede ou fame e outras funcións vitais (latir do corazón ou respirar). Todas as emocións humanas como o amor, o odio, a alegría ou a tristeza están controladas polo cerebro. Tamén se encarga de recibir e interpretar as innumerables sinais que se envían dende o órgano do oído. O cerebro funciona por impulsos eléctricos e pode ter enfermidades como o parkinson, esclerosis múltiple, alzheimer, depresión ou esquizofrenia.
Se non tiveramos miolos cada parte do corpo faría o que quere porque o cerebro é o que manda. Está separado en hemisferios: o lado dereito controla a parte esquerda e o lado esquerdo controla a parte dereita. No lado dereito temos a imaxinación, as emocións, a música ou a pintura e no esquerdo a linguaxe, as matemáticas, a escritura, a lectura... Ten que chegar o sangue para que funcione, se non non funciona; este lévalle nutrientes e osíxeno.
3. O APARELLO LOCOMOTOR. O aparello locomotor permite aos seres humanos e aos animais interactuar co mundo que lles rodea mediante o movemento ou a locomoción. Fórmano tres partes fundamentais: os ósos, os músculos e as articulacións. Estes elementos conforman dous sistemas: o SISTEMA ÓSEO e o SISTEMA MUSCULAR.
A. Sistema óseo: está formado polos ósos, os ligamentos, as articulacións e as cartilaxes. Dentro dos ósos hai periósteo. Os ósos por fóra son duros, por dentro teñen como unhas láminas esponxosas e ao lado teñen como palliñas polas que circula o sangue.
Os Ăłsos mĂĄis importantes da cabeza son o frontal, o parietal, o occipital, o temporal e a mandĂbula.
Unha escordadura é unha lesión que nos produce inflamación e dor nos ligamentos debido a un golpe brusco, ademais soe saír un hematoma ou negrón.
As articulaciรณns serven para movernos. Hainas mรณbiles, como o codo ou o xeonllo, inmรณbiles, como as do cranio, e semimรณbiles, (mรณvense pero pouco) como a columna vertebral.
As radiografías permítennos sacar fotografías do esqueleto.
B.
Sistema muscular: está formado por
músculos e tendóns. Estes últimos unen os músculos aos ósos. Os músculos son flexibles e o máis grande é o que nos permite mover cara atrás.
O deporte axuda a manter forte o aparello locomotor, é dicir, a saúde en xeral.
4. OS SENTIDOS
OIDO No oído está o tímpano, o conduto auditivo externo, os ósos e o nervio. As orellas serven para captar os sons. O nervio auditivo transmite as sinais eléctricas ao cerebro e ocorre algo incrible: oes! Se falamos alto pítannos os oídos e o óso máis pequeno do corpo tamén está aí.
GUSTO A lingua ten catorce músculos e cinco sabores: doce, salgado, amargo, ácedo e umami. O sabor umami atópase nas carnes vermellas e noutros alimentos como os tomates. A lingua serve para mastigar e para falar e é o único músculo que se pode ver directamente porque non ten pel.
OLFACTO No nariz temos peliĂąos para ulir e para protexernos do po. Ă s veces podemos esbirrar se temos alerxias, estamos acatarrados ou se nos meten algo no nariz.
VISTA No ollo hai: pupila, retina, córnea, iris e cristalino. O sol entra no ollo e vai á córnea e despois vai ao iris. O iris está dentro do ollo e temos unha capa de xelatina que o protexe. Con máis luz a pupila faise máis pequena e con menos luz faise máis grande.
TACTO Baixo a pel temos uns sensores que nos informan de se unha cousa é punzante, mollada, quente… por iso se doe sacamos a man ao momento. Da médula espiñal saen os nervios: uns que che permiten mover e outros sentir.
5. APARELLO DIXESTIVO A boca é a primeira parte do aparello dixestivo, mastigar axúdanos a facer a dixestión. Se non lavas os dentes prodúcese a pedra. A comida pasa de 3 a 5 horas no estómago e de 6 a 20 horas no intestino groso. As partes do corpo polas que pasa a comida son: 1. 2. 3. 4. 5. 6. Escanea os códigos QR para ver os resumos da charla de Adrián, o cociñeiro do cole.
A boca. O esófago. O estómago. O intestino groso. Intestino delgado. Aquí o sangue colle os nutrientes que necesitamos. O ano. A caca ule mal porque ten microbios.
A comida e o osíxeno producen enerxía. Cando facemos a dixestión quedámonos cunha parte e a outra transfórmase en excrementos e ouriños. A comida con bacterias tóxicas vomitámola. As froitas teñen nutrientes que van ao sangue. Hai azucres bos como os do leite, a froita e a verdura. A verdura e a froita tamén poñen fortes os ósos. As graxas dannos enerxía pero temos que gastalas correndo ou facendo deporte se non poñémonos gordos.
6. APARELLO CIRCULATORIO O aparello circulatorio está formado polo corazón, as veas, as arterias e os capilares. O sangue é de cor vermello porque contén 25 billóns de glóbulos desa cor. Estes son unhas células sanguíneas que se encargan de transportar osíxeno a todo o corpo para que vivamos porque se paran, morremos. Tamén temos glóbulos brancos que son os encargados de defendernos das bacterias e microbios que nos queren facer dano; e plaquetas que serven para tapar as feridas facendo carapolas. Debemos comer de forma equilibrada porque se non podemos ter colesterol. O colesterol é unha enfermidade que fai que se atasquen as veas e que o sangue non pase.
Os negróns fórmanse porque se rompe unha veíña debaixo da pel e se derrama un pouco de sangue no lugar do golpe. Os croques fórmanse porque cando nos chocamos nos sitios onde hai óso ínchanse os capilares.
O SANGUE Todos os mamíferos e aves teñen sangue quente, e todos os réptiles, insectos, anfibios e peixes son de sangue fría. Os mamíferos e as aves tratan de obter no interior dos seus corpos unha temperatura constante. Para permanecer frescos os animais de sangue quente, súan para perder calor a través da evaporación da auga. Os seres vivos de sangue quente teñen moitas vantaxes. Os animais de sangue quente poden permanecer activos en ambientes fríos. Os animais de sangue fría dificilmente poden moverse e os animais de sangue quente poden vivir en case calquera superficie da terra.
ANIMAIS DE SANGUE FRÍA
ANIMAIS DE SANGUE QUENTE
O CORAZÓN O corazón é un músculo que late todo o tempo, fai circular o sangue polo corpo e bombéao a través das arterias e das veas. Os cereais e as graxas dannos a enerxía que necesitamos para estar fortes para facer exercicio. Cando facemos exercicio o corazón bombea máis rápido para que o sangue vaia por todo o corpo. O corazón ten dúas partes: a dereita que recibe o sangue e bombéao aos pulmóns onde recolle osíxeno e a esquerda que toma ese sangue e envíao ao resto do corpo.
Un electrocardiograma é un gráfico que representa os latexos do corazón. Se ten so unha liña recta é que morres.
7. APARELLO RESPIRATORIO. As células usan o osíxeno e os nutrientes para ter enerxía. Hai que facer exercicio para respirar mellor. As vías respiratorias son: nariz, boca, traquea, bronquios, bronquíolos e alvéolos (son pequenos sacos de aire que están nos pulmóns). Temos pelos no nariz que nos axudan a protexer os pulmóns do po. Se a comida che vai polo tubo da respiración, que se chama traquea, atragántaste e toses. A asma é unha enfermidade na que lle falta o aire ás persoas ao respirar por iso hai medicinas que axudan a abrir as vías aéreas que se chaman inhaladores. Se fumamos éntranos a tose porque os pulmóns póñense marróns e, ás veces, os dentes amarelos.
OS PULMÓNS Os teus pulmóns están protexidos pola caixa torácica que está formada por 12 pares de costelas. Estas están conectadas á columna e rodean os pulmóns para mantelos seguros. Por debaixo dos pulmóns está o diafragma, un músculo en forma de bóveda que traballa cos pulmóns para deixar inspirar e expirar aire.
8. APARELLO EXCRETOR
As partes do aparello excretor son: os riles, os uréteres, a vexiga e a uretra. Os riles son uns órganos de cor granate, teñen forma de faba e funcionan como coadores porque filtran o sangue e mantéñeno limpo e san separando as substancias malas. Estas substancias, mesturadas con auga, forman os ouriños. O 95% dos ouriños son auga e o 5% son residuos, por iso debemos beber moitos líquidos, mellor que non sexan refrescos.
Suamos para expulsar cousas malas do corpo que non foron eliminadas polo sistema dixestivo ou excretor. TamĂŠn suamos para refrescarnos cando fai calor.
9. CURIOSIDADES Sabes de onde vén a tradición de tirar das orellas polo aniversario? Antigamente en China pensaban que se che tiraban das orellas polo aniversario medrábanche e eras máis listo porque os maiores téñenas grandes e saben máis cousas.
As pegadas dactilares de todos os dedos das persoas son diferentes incluso se son irmáns xemelgos. Se hai algún roubo ou atraco pódese saber quen foi o delincuente polas pegadas, tamén as poñemos no noso DNI. Teñen todas diferentes formas como arcos, lazos e espirais.
Talvez non poidas soportar máis dun minuto ou dous sen respirar. Unha persoa normal aguanta 30 segundos aproximadamente. Nas montañas é difícil respirar porque estás moi alto e non hai suficiente osíxeno. Ás veces aos bebés hai que axudalos a sacar os mocos. Para iso un fisioterapeuta faille unha masaxe para axudalo. Sabías que o teu corpo pode vivir máis de 100 anos? Ao morrer, a pel encóllese, entón parece que crece o pelo e as unllas, pero en realidade é o que está dentro e sae para fóra. E os ósos tardan máis en descompoñerse.
A mamá cando está embarazada soe ter ganas de facer pis moitas veces porque a barriga aprétalle a vexiga urinaria.
A pel é o órgano vivinte máis grande do corpo, mide sobre dous metros e ocupa o 15% do peso total. A pel non resiste ao sol por iso hai crema solar pero non todas as peles son así, hai algunhas que resisten, as máis escuras aguantan máis. Fai miles de anos caeunos o pelo do corpo e fomos evolucionando. A xente que vivía en lugares onde facía moito sol púxoselle a pel máis escura e onde non facía moito sol máis branca. A melanina é o parasol do noso corpo porque nos protexe do sol.
“¿Por qué somos de diferentes colores?” Carmen Gil- Luís Filella. Editorial Parramon.
Temos trinta e dous dentes, seiscentos cuarenta e un músculos e cinco litros de sangue aproximadamente.
Na man hai 28 ósos.
Seis ósos permítennos mover o ollo dun lado ao outro.
Na larinxe estรกn as cordas vogais que serven para falar e son parecidas รกs das guitarras.
Pónsenos a pel de galiña porque se nos engurran as veas e os músculos para que non entre frío. Pásanos cando estamos enfadados, cando nos dan un susto, temos frío ou nos emocionamos, por exemplo, cunha cantiga. Enriba dos riles temos unhas glándulas que botan a adrenalina que é a que nos pon nerviosos, enfadados… e a pel de galiña.
Se pos o oído sobre o peito dun amigo escoitarás o latexo do seu corazón.
Este é un libro feito polos nenos e nenas de 2º de EP do CEIP “Vicente Otero Valcárcel” no curso 2017/2018