LIBRO DOS CANS

Page 1

OS CANS


1


2


3


Para que os nenos e nenas de primeiro nuncan perdan a curiosidade. Patricia e Araceli Curso 2016/2017 4


Editorial Pingüi. Autores: Eva, Iván L, Carla, Carlos, Álvaro, Óscar, Marta, Daniela, Antía, Diego, Iván C, Yago, Xián, Nerea, Pablo, Iván G, Lara, Antón L, Breixo G, Arianna, Rodrigo, Paula, Ana, Breixo R, Tania, Alba M, Lucas, Miguel, Antón G, Emma, Sofía, Ainoa, Quique, Carmela, Alejandro, Claudia, Diego, Bruno, Marina, Alba C, Iria, Ismael, Matthew, Mario e Carmen. Fotografías: Familias. Edición: Araceli e Patricia.

5


OS CANS

6


ÍNDICE 1. Orixes....................................páxina 6 2. Características......................páxina 8 3. Alimentación.........................páxina 12 4. Relación.................................páxina 16 5. Reprodución..........................páxina 20 6. Enfermidades........................páxina 24 7. Oficios....................................páxina 26 8. Razas......................................páxina 28

7


8


1. ORIXES Os cans son da familia dos cánidos.

Os animais poden ser salvaxes, se viven libres, por exemplo na selva, ou domésticos, como os cans que se crían nas casas en compañía das persoas. 9


Os cans non foron sempre animais domésticos xa que evolucionan dos lobos. Os humanos domesticámolos.

Os cans, os lobos, os raposos ou as hienas pertencen á familia dos cánidos. Son especies semellantes. 10


2 . CARACTERÍSTICAS O nome científico do can é canis lupus familiaris.

Os cans son seres vivos porque nacen, crecen, reprodúcense e morren. Son animais vertebrados e mamíferos. Respiran por pulmóns (non poden respirar debaixo da auga) e o seu pelo protéxeos do frío.

11


Teñen bo olfacto. É o seu sentido principal. Para recoñecérense deben ulir o traseiro dos demais cans.

O sentido menos desenvolvido é a vista. Os cans non poden ver todas as cores; só branco, negro, azul e verde.

Os cans son moi sensibles ós aloumiños e escoitan moi ben. 12


Partes do can

Extraído do libro Cabane, A. Gran Enciclopedia del perro. RBA con fins unicamente educativos

Posúen cinco dedas: catro diante e un detrás que moitas veces non se ve e que adoita chamarse "esporón". 13


Existen cans moi diversos: poden ter as orellas caĂ­das ou de punta, o pelo longo ou curto, ser grandes ou pequenos, ter dentes afiados ou non, a sĂşa trufa pode ser negra, poden ter lunares (aĂ­nda que non se lles ven)...

14


3 . ALIMENTACIÓN

Os cans son omnívoros, é dicir, comen de todo: carne, herba, verdura... 15


Os cans comen dúas ou tres veces no día e beben auga.

Existen alimentos preparados, coma o penso, que teñen a vantaxe de ser cómodos.

16


As crías, ao nacer, aliméntanse do leite das súas nais. Son mamíferos.

17


A comida que non precisan expĂşlsana polas feces (caca). 18


4 . RELACIÓN Para interactuar cos outros usan formas de comportarse distintas.

Cando están enfadados gruñen como lobos e cando teñen medo ou están nerviosos meten a cola no medio das patas. 19


Cando están alerta poñen a cola cara arriba, e as orellas tesas (están escoitando), significa que poden atacar. Peléxanse ás veces, normalmente por culpa dos donos, que non os educan moi ben.

Cando están contentos lamben a cara dos homes e das mulleres e moven a coliña.

20


Para marcar o seu territorio os cans macho mexan, desa forma alertan aos demais cans da súa presenza.

Se queremos ensinarlle a mexar ou defecar no mesmo sitio da casa debemos poñer papeis de xornal. Se o sacamos de paseo á rúa e mexa ou defeca fóra debemos premialo e non levalo xa para a casa. 21


Fan compañía ás persoas, téñenlles cariño e tamén posúen xoguetes.

Se un can ten un ano é coma se unha persoa tivese dezaseis.

22


5 . REPRODUCIÓN

Os cans son vivíparos, nacen do ventre das súas nais.

O embarazo das cadelas dura entre 63 e 65 días (dous meses).

23


As cadelas poden ter de 2 a 14 cachorros dependendo das razas (se a raza é máis grande poden ter máis crías). Cando nacen case non teñen pelo (é diferente ao que teñen cando son maiores). 24


Ao nacer nin oen (son xordos) nin ven (son cegos) e só camiñan para poder mamar. Os primeiros días van medrando, son xoguetóns e móvense máis.

25


Entre as súas actividades favoritas está a de subirse ao lombo da súa nai.

26


6 . ENFERMIDADES Os cans poden ter virus, igual que as persoas, aínda que os que lles afectan non son os mesmos. Un xeito de previr ditas enfermidades é a vacinación dos cans e cadelas.

Compartimos algunhas enfermidades pero non todas, por exemplo, eles tamén poden ter gripe coma nós máis non poden ter varicela. 27


Se os cans non comen ben póñense enfermos. Poden ter pulgas ou carrachas, que son animais que viven deles. Chámanse parasitos.

Comen herba cando lles doe a barriga e cáenlle os dentes cando comen azucre.

Cambian os dentes de leite como os nenos e nenas.

28


7 . OFICIOS

Os cans fan compañía e tamén poden realizar traballos para os que deben ser adestrados polos humanos. Por exemplo: -Guías das persoas cegas ou en cadeiras de rodas: recollen as cousas que se lles caen e axúdanlles. -Artistas: fan filmes ou anuncios.

29


-Cazadores ou pastores: educan os rabaños e dinlles por onde teñen que ir.

-Policías ou bombeiros: axudan cando se perde a xente, cando hai unha emerxencia, para investigar... -Outros oficios: concurso canino, cans que practican o deporte Agility, cans terapeutas... 30


8 . RAZAS

Existen máis de 800 razas de cans, algunhas delas creadas polos humanos como os cans da raza "doberman".

O chihuahua é a raza máis pequena do mundo, seguido da raza "yorkshire terrier".

31


O lobo irlandés é a raza máis grande do planeta seguido do san bernardo, gran danés e mastín.

32


O can de raza típica galega chámase "can de palleiro".

Os dálmatas teñen o pelo branco, negro e liso, cuberto de manchas, porén, as crías nacen sen elas. Os galgos teñen o pelo curto, agás o galgo afgán. 33


O pastor alemán é un can robusto, musculoso, forte, áxil e elegante. Os cans "salchicha" son moi estirados.

É un dos cans máis intelixentes. Os cans de raza "akita" non son cans para tirar das zorras ou patíns, aínda que o pareza.

Os cans mestizos teñen menos enfermidades e son máis fortes.

34


35


36


Este é un libro sobre os cans creado integramente polos nenos e nenas de 1º de primaria do CEIP Vicente Otero Valcárcel, no curso 2016/2017.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.