MESTRADO EN INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN EN DIDÁCTICAS ESPECÍFICAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
ACCIÓNS ARTÍSTICAS. TFM VILA IMAXINARIA 2030 (CARRAL)
Noemi Vázquez López
INSTALACIÓN ARTÍSTICA: VILA IMAXINARIA 2030 PRÓPOSITO E FINALIDADE: Achegar o pasado de Carral a través da arte a fotografía documental. Con este traballo preténdese achegar e afianzar os conceptos temporais como o pasado, presente e futuro dende dous ámbitos:
o paso do tempo a nivel físico e o paso do tempo a nivel espacial. O motivo da escolla destes dous aspectos é debido a que a idade para a que está destinada este traballo (6/7 anos) ós pequenos resúltalles complicado diferenciar estes termos, polo o seu contexto físico, familiar e o cambio físico xurdido dende a súa propia experiencia, serviranlle na comprensión disto dunha maneira máis fácil. Ademais, non esquecernos que é moi importante romper estereotipos asociados ós procesos artísticos como: deixando fluír a súa creatividade sen dar apenas instrucións sobre o proceso, ofrecer unha breve cultura sobre referentes artísticos, esquecer a idea de facer manualidades e achegar o concepto de instalación artística. Por último, o alumnado aprenderá a valorar o patrimonio cultural fotográfico da man dun fotógrafo que viviu na nosa vila e pouco recoñecido até o de agora, José Gestal Cardoña, artista que realizaba fotografías por toda a área metropolitana da Coruña. Como en todo proxecto debe haber unha serie de metas a alcanzar e uns contidos, neste caso os seguintes, tendo en conta o Decreto 105/2014.
OBXECTIVOS PRINCIPAIS -
Achegar o patrimonio cultural da súa contorna ó alumnado (Carral)
-
Establecer relacións temporais (pasado, presente, futuro)
-
Dar a coñecer referentes artísticos e algunha das súas obras
OBXECTIVOS SECUNDARIOS -
Romper concepcións establecidas asociadas a arte: o artificialismo e a comercialización.
-
Estimular a linguaxe visual mediante o emprego da fotografía e da arte
-
Desenvolver un pensamento crítico comparando as realidades existentes nas fotografías (anos comprendidos entre os 50 e os 70 e a actualidade)
-
Comprender a realidade e a influencia dos contextos históricos na sociedade.
-
Promover o traballo cooperativo e individual
-
Estimular a creatividade e imaxinación do alumnado
-
Reflexionar sobre a obxectividade da fotografía documental
-
Favorecer o espírito emprendedor, iniciativa persoal, confianza e toma de decisións do alumnado
-
Facer consciente o alumnado das súa capacidade e actitudes artísticas
-
Crear un clima positivo cara a arte contemporánea e a fotografía documental
-
Demostrar que aplicar a arte contemporánea de forma innovadora na aula, non precisa da existencia de moitos recursos materiais
-
Modificar as edificacións actuais, creando novos espazos
-
Diferenciar características propias da fotografía documental de outra tipoloxía de fotografías
CONTIDOS -
O patrimonio cultural de Carral a través da fotografía
-
O desenvolvemento da capacidade artística, tendo referentes artís
-
A fotografía popular de Carral
-
As relación espazo - temporais (anos 50,60,70 e actualidade)
-
A fotografía documental de José Gestal Cardoña
-
A documentación dos procesos artísticos mediante recursos audiovisuais
-
A arte contemporánea e a fotografía documental como medio de expresión e creatividade
-
A discriminación das características propias da fotografía documental que a diferenzan de outros tipos de fotografía
-
O desenvolvemento da linguaxe visual a través da arte contemporánea e a fotografía documental
-
O desenvolvemento do pensamento crítico en dúas épocas distintas
-
A creación dun clima positivo cara a arte e a fotografía documental
-
Valorar o traballo cooperativo como fonte de aprendizaxe
DURACIÓN: 1 mes
BIBLIOGRAFÍA: o Lorenzo Pérez, C. (2015). Fotos para as mil historial de Carral. Arquivo fotográfico
do Concello de Carral. A Coruña: Provincial. o Sendón, M. (2006). Casas Doentes. Santiago de Compostela: Litonor. o Poole, C., Shaw, S., Taylor, G., e Walton, K. (1995). Framing the child. Photography in
the
Classroom. London: Trentham Books.
o Díaz, Mosquera. (1999). Carral, Crónica fotográfica 1910-1983. A Coruña: Espiral Maior. o El tractament de l´espai i el volum. (9a.ed.). (1996). Cataluña, España,: Gráfiques Llopart. o Fernández, X. (2018). José Vidal, unha vida dedicada á fotografía. Coruña: Deputación
provincial da Coruña.
O paso do tempo a nivel persoal REFERENTES ARTÍSTICOS IRINA WERNING
BOLTANSKI
Imaxe recuperada de https://nyasharubwe.wordpress.com/2013/03/04/irina-werning/
Esta artista realizou un proxecto Back to the future recreando fotos antigas, en etapas diferentes da vida, podendo retroceder a memoria e observar os cambios sucedidos a nivel físico a primeira vista e psicolóxicos.
Imaxe recuperada de http://fundacionmaradentro.cl/proyectos/almas-christian-boltanski-enchile-museo-nacional-de-bellas-artes/almas-christian-boltanski/
Boltanski nesta obra Monumento arrugado y el Abrigo busca espertar o latexo no corazón dos espectadores.
MICROACCIÓNS ACCIÓN 1: RECREACIÓN FAMILIAR Nesta actividade o que se pretende é implicar a familia do alumnado, formando parte da nosa instalación. Explicando de forma máis detallada os nenos terán que procurar fotos (sinxelas) dalgún dos seus proxenitores ou deles mesmos, recreando a maioría dos aspectos físicos da mesma: espazo, postura, roupa... ACCIÓN 9: ESPERTAR O LATEXO DA NOSA INSTALACIÓN Con esta acción o que faremos é recrear na forma de montaxe e estrutura unha das obras de Boltanski coa microacción 4.
RECURSOS: - Fotos impresas (foto antiga + foto recreada) - Luces - Lá de cor vermella - Tesoiras - Cinta TEMPORALIZACIÓN: 2 sesións / 3 horas aprox Luns 18 - Grupo 1 Mércores 20 - Grupo 2 RECURSOS: - Luces Led - Celo - Chinchetas - Lá - Fíos TEMPORALIZACIÓN: 1 sesións / 2 horas Grupo 1: xoves 21
INSPIRACIÓN BOLTANSKI - acción 9
INSPIRACIÓN IRINA WERNING - acción 1
O paso do tempo a nivel persoal REFERENTES ARTÍSTICOS ESTHER FERRER
CÁNDIDO MOSQUERA
Imaxe recuperada de http://www.dphuesca.es/yo-me-mi-contigo/-/publicador/estherferrer/z2tkRzaADB3l?p_p_state=maximized
Esta artista nesta instalación chamada Autorretrato en el tiempo 1981-2009, faise unha reflexión sobre a acción do tempo a nivel físico. Para isto cada certos anos, faise un retrato que secciona a metade e logo o une con outro realizada anos antes,
Fotografía de 1969. Camiñando na estrada de Cambre a Carral. Crónica Fotográfica 1910-1983.
Este autor o que fixo foi recopilar no libro citado anteriormente fotografías da comarca de Carral entre os anos 1910 e 1983 nas cales atopamos dende cultura gastronómica como pan, festas, reunións, lugares emblemáticos...
MICROACCIÓNS ACCIÓN 3: O NOSO PASO DO TEMPO FÍSICO Esta actividade consiste en dixitalizar todas as fotos carné do alumnado de cando tiñan 3 anos. Logo faremos unha foto retrato actual. Unha vez que temos ambas fotos serán aumentadas e onde os alumnos recortarán a metade de cada foto para logo unir dúas etapas distintas, podendo observar o cambio acadado nestes tres anos.
RECURSOS: - Pegamento - Tesoiras - Folios - Fotos carné TEMPORALIZACIÓN: 3 horas aprox Grupo 1: Luns 25, Martes 26, Mércores 27 Grupo 2: Luns 25, Martes 26, Mércores 27
ACCIÓN 4: A VESTIMENTA Unha vez chegados a este punto, o que imos realizar é unha mestura entre pasado e presente a través da vestimenta. As prendas cambian co paso do tempo, polo que mediante fotografías de Cardoña e outras tantas recuperadas do libro de Carlos Lorenzo e o de Cándido Mosquera; os nenos recortarán as diferentes prendas das fotografías e logo, pegaranas coa súa correspondente cara, mesturando así o pasado e presente.
RECURSOS: - Folios - Fotografías contemporáneas de Carral - Tesoiras - Fotos carné impresas TEMPORALIZACIÓN: 3 horas aprox Grupo 1: Xoves 28, Venres 29 Grupo 2: Xoves 28, Venres 29
FOTOS CARDOÑA E ANÓMINAS -acción 4
INSPIRACIร N ESTHER FERRER - acciรณn 3
O paso do tempo nos espazos REFERENTES ARTÍSTICOS MANUELSENDÓN
Imaxe recuperada de https://manuelsendon.wordpres s.com/series/casas-doentes/
As vivendas teñen un significados e por diferentes motivos moitas delas resultan abandonadas. O que se pretende con esta obra é resaltar o feismo e darlle unha dignidade a estas edificacións do rural. Casas Doentes 2006.
CARLA ANDRADE
HUNDERWASSER
Imaxe recuperada de: http://www.30y3.com/carlaandrade-paths-to-land/
BEGO M. SANTIAGO
Imaxe recuperada https://es.dreamstime.com/fotode-archivo-edificio-dehunderwasser-en-vienaimage71683288
Imaxe recuperada de https://www.begomsantiago.com/ALMA S-LATENTESº
explicaba Esta artista galega dentro Hunderwasser nunha parte da súa obra que da súa extensa obra o que fai en Paths to land,1981 é os espazos que rodeaban as xanelas non eran demasiado reflexionar sobre a orixe importantes, polo el d os camiños e as reflexionou sobre isto e paisaxes, mostrando o chegou a conclusión que ese que foi, o que pode ser ou lugar debía ser personalizado o que poderá ser. por cada unha das persoas
Bego nesta obra Almas latentes 2009, mediante imaxes, busca crear unha historia e darlle unha nova vida a esta fachada.
que habitaba nel.
MICROACCIÓNS ACCIÓN 5: ACTUALIZANDO INFRAESTRUCTURAS Esta acción xorde tendo de referencia a Manuel Sendón e a Hunderwasser. Por unha base collemos de base tres casas que seguen en pé co paso do tempo. Unha destas casas está actualmente abandonada, polo que intentaremos a partir de agora fixarnos e valorar máis o patrimonio cultural sobre todo en aquelas que temos preto da nosa contorna. Ademais deixando de lado esa idea de que unha casa abandonada é un lugar enfermo e pouco agradable. Logo, por outra banda seguindo a Hunderwasser o
RECURSOS: - Cartón - Pinturas - Pinceis - Rotuladores - Cola - Materiais varios: revistas, pompóns, purpurina, frecos, papeis... TEMPORALIZACIÓN: 4 horas aprox Grupo 1: Martes 12, Mércores 13, Xoves 14, Venres 15 Grupo 2: Martes 12, Mércores 12, Xoves 14, Venres 15
que faremos e crear un edificio tendo en conta parte da súa obra como fonte de inspiración e simularemos os edificios anteriores cón diferentes xanelas, dándolle unha nova vida. ACCIÓN 6: O CRUCEIRO FUTURISTA RECURSOS: O cruceiro de Carral é un punto de referencia e - Caixas de cartón coñecemento para os pequenos, polo que - Brochas recrearemos con caixas de cartón a súa estrutura, - Pintura branca pintarémolo de branco para posteriormente - Proxector proxectar un vídeo realizado con debuxos do Carral - Portátil do futuro. - Alargador TEMPORALIZACIÓN: Grupo 1: Xoves 7, Venres 8, Luns 11 Grupo 2: Xoves 7, Venres 8, Luns 11 ACCIÓN 7: OS CAMIÑOS QUE UNEN Na vida cotiá imos a lugares constantemente por estradas e camiños, pero nunca reflexionamos sobre o seu significado e valor. Por iso, a partir dunhas fotografías onde aparecen camiños de Carral do presente (sacadas de Google Maps) o que faremos será pegalas nun folio e representar ó arredor delas, como nos gustaría que fose esa rúa dentro de dez anos, é dicir no Carral do futuro. Con estas creacións, crearemos un vídeo que será proxectado no cruceiro.
RECURSOS: - Imaxes de camiños de Carral - Folios - Cores - Tesoiras - Pegamento TEMPORALIZACIÓN: 30 min aprox Grupo 1: Mércores 4 Grupo 2: Xoves 5
INSPIRACIร N DAS CASAS DE HUNDERWASSER - acciรณn 5
O CRUCEIRO FUTURISTA - acciรณn 6
INSPIRACIÓN CARLA ANDRADE - acción 7
INSPIRACIÓN BEGO M. SANTIAGO