OS PEIXES
AUTORAS E AUTORES: (4º EI A): Sara, Noa, Julia, Silvia, Mara, Adrián, Antón, Nicolás, Xián, Samuel B, Martín, Samuel C., Sofía, Héctor, Alejandra, Iván, Álvaro, Cayetana, Carla, Enzo, Alba. (4º EI B): Estrela, Estela, Sofía, Hugo, Carolina, Iker, Lya, Leo N., Alex, Laila, Adriana, Anxo, Noa, Adrián, Erik, Katherina, África, Martina, Sabela, Leo V. FOTOGRAFÍA: mestras e ilustracións dos nenos e nenas. EDICIÓN: Myrian, Belén e Sonia.
ÍNDICE: 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9.
QUE É UN PEIXE? PARTES DUN PEIXE DE ONDE NACEN? QUE COMEN? COMO SE COMUNICAN? COMO RESPIRAN? COMO DORMEN? COMO FLOTAN? CURIOSIDADES.
Este libro contén enlaces a Youtube a través do lector de códigos QR que serán utilizados unicamente con fins educativos.
1. QUE É UN PEIXE? UN PEIXE É UN ANIMAL QUE VIVE NA AUGA, TEN BRANQUIAS PARA RESPIRAR, ALETAS PARA NADAR E UN ESQUELETO AO QUE CHAMAMOS ESPIÑAS.
HAI ANIMAIS QUE VIVEN NO MAR, PERO NON SON PEIXES… .
2. PARTES DUN PEIXE
A MAIORÍA DOS PEIXES TEÑEN O CORPO CUBERTO DE ESCAMAS QUE SERVEN PARA PROTEXELOS CONTRA OBXECTOS QUE POIDAN DANALOS E TAMÉN CONTRA PARASITOS E BACTERIAS.
TAMÉN SERVEN PARA QUE POIDAN MOVERSE MELLOR. AS ESCAMAS DOS PEIXES REXENÉRANSE, É DICIR, QUE SE CAEN VOLVEN MEDRARLLE OUTRAS E ASÍ SEMPRE QUEDAN PROTEXIDOS.
POR DENTRO O CORPO DUN PEIXE TEN ESPIÑAS, É COMO O SEU ESQUELETO. ESTAS ESPIÑAS TAMÉN AS ATOPAMOS NAS SÚAS ALETAS.
AO IGUAL CA NÓS, OS PEIXES TEÑEN ÓRGANOS INTERNOS: CEREBRO CORAZÓN INTESTINOS RIL VEXIGA NATATORIA ESTÓMAGO ANO ORIFICIO URINARIO
3. COMO NACEN OS PEIXES? HAI MOITAS CLASES DE PEIXES E SEGUNDO A SÚA REPRODUCCIÓN DIVÍDENSE EN:
OS PEIXES VIVÍPAROS DESENVÓLVENSE DENTRO DA NAI. SON CRIADOS E ALIMENTADOS NO VENTRE PARA LOGO NACER TOTALMENTE FORMADOS, TAL E COMO É O CASO DALGÚNS PEIXES DE ACUARIO E TAMÉN DO SER HUMANO.
OS PEIXES OVÍPAROS NACEN DE OVOS. A FEMIA PON OS OVOS E O MACHO FECÚNDAOS. LOGO A FEMIA DEPOSÍTAOS NUN LUGAR SEGURO. ALGUNHAS VECES QUEDAN COS OVOS PARA PROTEXELOS, COMO É O CASO DOS PEIXES PAIASO, TAMÉN COÑECIDO COMO NEMO.
OS PEIXES OVOVIVÍPAROS NACEN DUN OVO QUE MEDRA E SE DESENVOLVE DENTRO DA NAI ATA O MOMENTO DA SÚA ECLOSIÓN. UN EXEMPLO SON AS QUENLLAS.
4. QUE COMEN? MOITOS PEIXES SON CARNÍVOROS, É DICIR, ALIMÉNTANSE DE PEIXES MÁIS PEQUENOS QUE VIVEN NO MAR. TEÑEN DENTES AFIADOS E LONGOS PARA CORTAR E DESGARRAR A CARNE, OUTROS TEÑEN DENTES PLANOS E PEQUENOS COS QUE ESMAGAN AS SÚAS PRESAS E OUTROS NON TEÑEN DENTES SE NON UNHA ESPECIE DE COADOR QUE FILTRA O ALIMENTO DA AUGA. POR OUTRO LADO ESTÁN OS PEIXES HERBÍVOROS, QUE SÓ SE ALIMENTAN DE ALGAS E VEXETAIS. POR ÚLTIMO, OS PEIXES OMNÍVOROS ALIMÉNTANSE TANTO DE PLANTAS COMO DE ANIMAIS.
ESTA É A DENTADURA DUN MARRAXO:
ESTA É A CADEA ALIMENTICIA DOS PEIXES:
O PEIXE GRANDE COME AO PEIXE PEQUENO E ESTE AO PLACTON.
5. COMO SE COMUNICAN OS PEIXES? AÍNDA QUE NON TEÑEN CORDAS VOGAIS, OS PEIXES COMUNÍCANSE A TRAVÉS DE SONS SIMILARES A GOLPES OU GRUÑIDOS. TODOS OS PEIXES SON CAPACES DE OÍR PERO NON TODOS PODEN EMITIR SONS. OS ÚNICOS QUE PODEN FACELO SON AQUELES QUE TEÑEN VEXIGA NATATORIA, QUE É UN MÚSCULO QUE PODEN CONTRAER; COMO É O CASO DOS GOLFIÑOS. OUTROS ANIMAIS, COMO AS BALEAS, COMUNÍCANSE A TRAVÉS DO CANTO.
NO SEGUINTE CÓDIGO QR PODEDES ATOPAR UN ENLACE A UN VÍDEO NO QUE PODEDES ESCOITAR OS SONS QUE EMITEN OS GOLFIÑOS.
NO SEGUINTE CÓDIGO QR PODEDES ATOPAR UN ENLACE A UN VÍDEO NO QUE PODEDES ESCOITAR OS CANTOS DAS BALEAS.
6. COMO RESPIRAN OS PEIXES? IGUAL QUE NÓS, OS PEIXES PRECISAN OSÍXENO PARA RESPIRAR PERO ESTE OSÍXENO CÓLLENO DA AUGA A TRAVÉS DAS BRANQUIAS. AS BRANQUIAS SON UNHAS MEMBRANAS POR ONDE TOMAN OSÍXENO OS PEIXES E QUE ESTÁN SITUADAS NOS LATERAIS, ENTRE A BOCA E A FARINXE.
A AUGA INTRODÚCESE A TRAVÉS DAS BRANQUIAS CANDO O PEIXE ABRE E PRECHA A BOCA. AS BRANQUIAS CONTEÑEN UNS FILAMENTOS LAMINAIS CHAMADOS LAMELAS QUE RECOLLEN O OSÍXENO DA AUGA E FAN QUE CHEGUE AO SANGUE.
7. COMO DORMEN? OS PEIXES, COMO CALQUERA OUTRO ANIMAL, TEÑEN A NECESIDADE DE DESCANSAR PARA RECUPERAR ENERXÍA. CANDO OS PEIXES DORMEN MANTÉÑENSE FLOTANDO NA AUGA, CASE SEN MOVERSE.
ALGÚNS BUSCAN UN REFUXIO PARA ESTAR MÁIS SEGUROS, COMO AS XULIAS, QUE SE ENTERRAN NA AREA PARA DURMIR.
ALGÚNS PEIXES DORMEN POLO DÍA E OUTROS POLA NOITE.
TODOS OS PEIXES CANDO DORMEN TEÑEN OS OLLOS ABERTOS XA QUE NON TEÑEN PÁLPEBRAS.
8. COMO FLOTAN? OS PEIXES FLOTAN XA QUE TEÑEN UNHA BOLSA DE GAS CON FORMA DE GLOBO ALARGADO DENTRO DOS SEUS CORPOS CHAMADA VEXIGA NATATORIA. ESTA VEXIGA FUNCIONA SEN DESCANSO, POR ISO OS PEIXES PODEN ESTAR QUIETOS E SEGUIR FLOTANDO. CANDO A VEXIGA NATATORIA SE ENCHE DE AIRE OS PEIXES SON MÁIS LIXEIROS E FLOTAN PERO SE A ENCHEN DE AUGA PODEN MERGULLARSE TODO O QUE QUEIRAN.
É COMO SE TIVESEN UN FLOTADOR DENTRO DO SEU CORPO!
GRAZAS Á VEXIGA PODEN FLOTAR E COAS ALETAS DESPRÁZANSE DUN LADO PARA OUTRO.
HAI PEIXES QUE NON TEÑEN ESTA VEXIGA, COMO AS QUENLLAS E AS RAIAS, POR ISO DEBEN NADAR SEN DESCANSO PARA NON AFUNDIRSE.
9. CURIOSIDADES. SABÍAS QUE? É O MACHO DO CABALIÑO DE MAR O QUE GARDA OS OVOS NO SEU INTERIOR E EXPULSA AS CRÍAS DA BARRIGA CANDO SAEN DO OVO?
SABÍAS QUE? O PEIXE GLOBO PODE INFLARSE E QUEDAR COMO UN GLOBO CHEO DE AIRE CON PINCHOS QUE SOBRESAEN DO SEU CORPO? ISTO FAINO PARA PARECER MÁIS GRANDE, ASUSTAR AOS OUTROS PEIXES E EVITAR QUE O COMAN.
SABÍAS QUE? HAI PEIXES QUE TEÑEN VELENO?
OS MÁIS PERIGOSOS SON OS PEIXES PEDRA E AS MEDUSAS.
SABÍAS QUE? NAS PROFUNDIDADES MARIÑAS VIVE O PEIXE ABISAL OU PEIXE DEMO QUE USA A LUZ PARA ATRAER ÁS SÚAS PRESAS E PARA PODER VER, POSTO QUE ONDE EL VIVE NON CHEGA A LUZ DO SOL. TEN FORMA REDONDA E UNS DENTES MOI LONGOS E AFIADOS
Este libro foi feito polas nenas e nenos de 5ยบ de Educaciรณn Infantil do Ceip Vicente Otero Valcรกrcel no curso 2017-2018.