Poesía segundo a segundo

Page 1

Poemas segundo a segundo. A CLASE DOS LISTOS CURSO 2014-2015


AS RIMAS DA NOSA CLASE. Iago, non fagas o vago. Alberto, deixa aberto. Sergio, es alérxico? Adrián, es un caimán. Saúl, sal do baúl. Marta, recolle a carta. Héctor, chegará a director. Noa, vai en canoa. Eloy, cazou un boi. Mario, abre o armario. Xiana, baixa a persiana. Antía, ve a súa tía. Iván, come pan. Gabriel, colle o pincel. Javier, sacude o mantel. Marinha é boíña. Óscar, monta en kart. Jacobo, come un ovo. Zaira, cando pode, baila. Cristian come a sardiña. Poema feito a partir dunha actividade do libro de lingua.


ADEUS Á MIÑA SELVA! Oso xenial. Lobo especial. India asombrosa. Baloo intelixente Rescatou a Mowgli valente. Oso fabuloso! Día de sol, Amistoso. Shere Khan odioso e Envexoso. Lavaba a nena. Volveu Mowgli á aldea! Adeus á selva… Poema realizado a partir do conto O Libro da Selva de Rudyard Kippling dentro do Proxecto da India. En grupos cambiamos unha parte do conto porque non nos gustaba que Shree Khan morrera pisado polos búfalos. Unha vez feito iso, fomos buscando vocabulario no libro que empezara por esas letras para poder facer o acróstico. Ademais, consultamos os adxectivos que tiñamos recopilados doutras actividades. Este que vedes foi o resultado final.


RIMAR E MULTIPLICAR Catro por unha: catro, eu pinto un retrato. Catro por dúas: oito, o avó come un biscoito. Catro por tres: doce, a avoa come un gofre. Catro por catro: dezaseis, manchamos os xerseis. Catro por cinco: vinte, meu tío é un lince. Catro por seis: vintecatro, o gato persegue ao rato. Catro por sete: vinteoito, hai un animal solto. Catro por oito: trinta e dúas, o ourizo ten púas! Catro por nove: trinta e seis, nesta cidade non hai leis. Catro por dez: corenta, acabouse a letra! Poema realizado tendo como modelo as cantigas para aprender as multiplicacións de Miliki, as de Antonio Avilés Rodríguez. http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2013/01/Poemastabla-de-multiplicar.pdf e a de Miguel de Unamuno “La tabla de multiplicar”.


ABECEGRAMA DE LA PAZ Aprender Buenos Colegio Disfrutar Euforia Familia Gallegos Hijos India Justicia Kailash Libertad Malala Nuevos sueÑos Optimo Perdón Querer Risa Salvar Tranquilidad lUz Vivir Wellcome eXplicar aYudamos paZ Poema realizado coa técnica do ABECEGRAMA vista no poema de Carlos Fontes “Son Alfabeto” a partir das palabras positivas recortadas dos periódicos e pegadas no mural do Día da Paz dentro do proxecto da India.


ABECEGRAMA DA PAZ Aprender Bos Colexio Desfrutar Euforia Familia Galegos Homes e mulleres India Liberdade Malala Novos soÑos Optimo Perdón Querer Risa Salvar Tranquilidade lUz Vivir Xustiza paZ

Tradución do poema anterior ao galego.


AS PAISAXES DE POESÍA O bosque ten árbores. As árbores teñen pólas. As pólas teñen niños e os niños paxariños. O deserto ten oasis. Os oasis teñen palmeiras. As palmeiras teñen cocos e os cocos teñen leite. A costa ten cantís. Os cantís teñen rochas. As rochas teñen area e a area ten cunchas. As montañas teñen cima. A cima ten neve. A neve ten auga e a auga ten frío. As chairas teñen cultivos. Os cultivos teñen terra. A terra ten sementes e as sementes teñen vida. A selva ten plantas. As plantas teñen vida. A vida ten felicidade e a felicidade ten alegría. O polo ten iglús. Os iglús teñen esquimós. Os esquimós teñen pingüíns e os pingüíns teñen crías.

Poema feito a partir da técnica utilizada no poema de Antonio Machado “La plaza tiene una torre”. Neste caso utilizamos o vocabulario aprendido no tema de Coñecemento do Medio sobre a paisaxe.


SSSERPESSS Ssserpesss asssombrosssasss, ssserpes poderosssasss, ssserpesss con essscamas sssuavesss, ssserpesss con cassscabeisss, ssserpesss amissstosssasss, ssserpesss dessslumbrantesss, ssserpesss rosssadasss, ssserpes clarasss, ssserpes grisssesss, ssserpesss sssubterráneasss, ssserpesss velenosssasss, ssserpesss essscurridizasss, ssserpesss que dessscenden, ssserpesss fantásssticasss, ssserpesss ásssperasss, ssserpesss preciosssasss, ssserpesss ou culebrasss, ssserpesss longasss, ssserpesss ovíparasss, ssserpesss de bandasss, ssserpesss ou víborasss, ssserpes asssasinasss, ssserpesss enlazadasss, ssserpesss que esssperan, ssserpesss de coresss. Poema feito a partir da figura literaria das aliteracións que aprendimos con versos de Rubén Darío “el ala aleve del leve abanico” e outros trabalinguas. Está relacionado co Libro da Selva e o Proxecto da India en honor a KAA, a serpe. O vocabulario sacámolo de dous libros que a profe trouxo da biblioteca sobre serpes. A actividade consistiu en atopar nestes libros palabras relacionadas con estes réptiles que tiveran o son “s”.


E POR QUE SOPRAN OS VENTOS? E por que sopra o nordés en Galicia? E por que sopra a tramontana en Barcelona? E por que sopra o monzón na India? E por que sopra o levante en Valencia? E por que sopra o cierzo en Aragón? E por que sopran os alisios nos trópicos? E por que sopra o galerna no Cantábrico? E por que sopra o siroco en África? Poema feito a partir da técnica de repetición vista no poema de Carlos Fontes: E por que? A temática sobre os ventos ven do Proxecto da India onde estudando o clima sairon os ventos monzóns como os causantes de moitas inundacións neste país.


O POEMA DA AUGA. Primeiro, sarabiou. Chove. Segundo, collemos a sarabia. Chove. Terceiro, metémola nun vaso. Chove. Cuarto, veu a calor. Chove. Quinto, converteuse en auga. Chove. Sexto, volveu o sol. Chove. Sétimo, evaporouse a auga. Chove. Oitavo, formáronse nubes. Chove. Noveno, as nubes arrefriáronse, e agora si que CHOVE! A forma deste poema nace do de Cales Cano: SONRÍE e tamén do de Federico García Lorca “Me han traído una caracola”. A temática da choiva foi escollida a partir do poema de Carlos Fontes titulado “Auga máxica”. Para facelo partimos dos coñecementos que temos do ciclo da auga sobre o noso experimento no que recollemos a sarabia, converteuse en auga e meses máis tarde a auga desapareceu (evaporouse).

http://menos-lobos.blogspot.com.es/2015/02/sonrie.html


O ESCARAVELLO REVELLO. Érase unha vez un escaravello de cor vermello que comeu un xeado e volveuse morado. Que comeu un caramelo e volveuse amarelo. Fixo o gandul e volveuse azul. Meteuse nunha caixa e volveuse laranxa. Comeu unha uva e volveuse púrpura. Botoulle nata e volveuse prata. Quedouse parado e volveuse dourado. Sentouse nun banco e quedouse branco. Veu un grego e volveuse negro. Fixo pis e volveuse gris. Veu unha flor fermosa e volveuse rosa. Marchouse para o Leste e volveuse celeste! Este poema está baseado na técnica do encadenamento e nas cores do conto “Cocodrilo” da editorial Kalandraka (Antonio Rubio Herrero e Óscar Villán Seoane). Tamén foi escoitado o poema de Federico García Lorca “Verde que te quiero verde” coa música de Manzanita e Ketama. O título e o protagonista veñen do conto rimado lido na clase ”O Conto da Mosca Chosca” tamén de Kalandraka (EVA Mejuto e Sergio Mora)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.