Repertorio tabernario

Page 1



REPERTORIO TABERNARIO Luis Torres Vรกzquez


Edita: Asociación de PAS da Universidade de VigoCampus de Pontevedra Colabora: Área de Normalización Lingüística © da escolma: Luis Torres, 2012 ISBN: 978-84-8158-553-7 Depósito legal: VG 69-2012 Edición técnica: www.rb.gl


PRÓLOGO

Cantart’ei, Galicia, Na lengua galega, Consolo dos males, Alivio das penas. ... Qu’asi mó pediron, Qu’asi mó mandaron Que cant’e que cante Na lengua qu’eu falo. Rosalía de Castro

A Asociación de PAS da Universidade de Vigo-Campus de Pontevedra naceu coa intención de promover a cultura e a lingua galegas e fomentar as relacións no seo da Asociación e desta coa sociedade. Ao editarmos esta escolma de cantigas avanzamos neste eido.


Cambian os modos, pero permanece o costume. Así continuamos a celebrar o Nadal, entroido, patróns dos centros etc. nos que o canto e o baile, seguen a ser actividades que unen os grupos; non obstante, e fronte ao parcial abandono das cantigas tradicionais, o novo non acaba de prender, fundamentalmente pola condición de efémero, de consumo compulsivo. Con esta edición presentámosvos un instrumento que nos permite reproducir integramente as cancións tradicionais que logo de tantas décadas permanecen na memoria colectiva de xeito fragmentado e das que coñecemos as estrofas iniciais ou as máis repetidas. Nesta recompilación ofrecémosvos as versións completas para continuar a tradición ta-vernácula: cancións nosas na lingua propia do país. Tradición, alegría, riqueza cultural, proxección da nosa lingua, identidade, cohesión social, son boa empresa para unha asociación que agrupa traballadoras e traballadores da Universidade.


Unha forte aperta para Luis Torres polo encomiable traballo que fixo e que serve de faro para que outros vexamos canto se pode facer pola lingua e a cultura galegas. Federico Fernández Fernández Presidente da Asociación de PAS da Universidade de Vigo Campus de Pontevedra



INTRODUCIÓN

QSi canta mal, no cante; si canta bien, cante fueraR. Este era o texto dun letreiro colocado na barra dun bar da zona vella de Compostela, alá polos anos oitenta. Afortunadamente, non sucedía o mesmo en todos os locais e o celme do canto tabernario foi quedando, alentado por algúns irredutibles, xeralmente afeccionados á música ou que xa cantaban en corais, que o practicaban case de maneira anecdótica. A cantiga tabernaria, porén, non só se escoita nas tabernas; para os que nos gusta a música, o botarlle unhas cantigas sempre supuxo un remate perfecto para unha celebración familiar ou unha comida entre amigos.


Hoxe en día, afortunadamente, parece que volve a rexurdir das súas cinzas o canto tabernario. Por varias vilas do país convócanse concursos e promociónase, non sen esforzo por parte dos organizadores, todo hai que decilo, dunha maneira ou doutra. Mais non nos levemos a engano, non todo vale nin é canto tabernario. Nun artigo de Pérez Labaca, publicado na revista Pregón de Ponteareas aló polo ano 2001, defínese o canto tabernario da seguinte maneira: «É coñecido o canto tabernario aquel que, en grupo, se facía e aínda se fai ―moi pouco xa― en bares e tabernas. É un canto espontáneo e non sometido a máis regras que a sensibilidade, o gusto, a entoación e o ritmo. Calquera pode intervir neste tipo de canto sempre coa premisa básica de que non berre, nin orne e, ó tempo, saiba escoitar ao do lado». O canto tabernario, xa que logo, non debe perder ese certo carácter de «canto furtivo» que é o que lle dá o sabor. Facíase nas tabernas, ás


veces con nocturnidade, e polo xeral, tanto a formación de executantes como de instrumentos non era fixa dun día para outro. Unha guitarra pendurada na parede ou un acordeón, como moito unha gaita, eran os instrumentos que acompañaban os cantares. E logo a percusión..., aí si que non se reparaba en utilizar o que estivera a man, as cunchas dos cinceiros, a botella de anís etc. Ao meu entender os grupos que introducen instrumental de tipo vento-metal, varias gaitas, excesiva corda etc. non están a facer canto tabernario, esas formacións xa están tipificadas doutra maneira e teñen o seu nome específico (charangas, grupo de gaitas, grupo folk, rondallas etc.). Pero esta opinión sométoa a outra mellor fundada. Por outra banda, coido que non sería de recibo, facer unha recolleita de cantigas tabernarias sen lembrarnos do grupo A Roda, verdadeiro garante da pervivencia deste xénero no país.


Eles, dende o ano da súa creación, 1976, viñeron facendo versións de temas clásicos adaptándoos de tal xeito que non perderan en ningún momento o seu espírito orixinal. Temos que agradecerllelo pois é de recoñecer que sen eles, ao mellor, este libriño non existiría. A idea de facer unha recolleita como a que tendes nas mans, xurdiu xa alá polo ano 2008, e é froito de constatar que si existía o desexo de cantar, pero por esquecemento do texto, moi poucas veces ou ningunha, se chegaba ao remate da peza. Púxenme logo mans á obra e comecei a recopilación das cantigas que a min me parecían as máis representativas do «panorama tabernario» e de sobremesa no noso país. De aí naceu a primeira autoedición do repertorio tabernario, a denominada V 1.1 no entroido de 2008. Froito dun uso intensivo desta, constatei que había algunhas pezas que «soaban máis» ou eran máis populares que


outras. Pola contra, houbo pezas que non se cantaron nunca. Facíase preciso, xa que logo, elaborar outra versión, máis axeitada ao panorama actual. E de aí naceu a V 2.0 no verán de 2010, na que eliminei pezas da versión anterior e incluín algunhas novas que botei en falta na V 1.1. Como se pode ver a colocación das cantigas non segue unha orde estruturada. Ao principio de cada unha vai o nome do compositor e ao remate o nome do grupo que, ao meu entender, executa a versión que máis se achega ao texto escrito. E como en toda obra pode haber erros, son consciente de que nesta tamén pode habelos e pido desculpas de antemán por estes, froito do descoñecemento e nunca da intención. O resultado final, que agora tes nas mans, é froito da colaboración dos usuarios e usuarias que ao longo de estes tres anos levaron no seu peto ás festas e tabernas do país o libro das cantigas; pero quero agradecer


especialmente a colaboración de Cándido Pérez Betanzos, que fixo unha primeira corrección, e de Xan Herrera Taboada, polo seu entusiasmo na difusión dos primeiros exemplares. Luis Torres Vázquez


PANDEIRADA DE TELLA Popular

Veño do lugar de Tella de ver unha telleana, (que me rouba o corazón e se me meteu na ialma.) [BIS] Ailala ailala Ai lalai lalai la lai la [BIS]

A pandeira sen ferreñas e as ferreñas sen pandeira (son como a barca sen remo e o remo sen mariñeiro.) [BIS] Ailala ailala Ai lalai lalai la lai la [BIS]

O pandeiro ten a culpa, o pandeiro tena toda, (o pandeiro ten a culpa que lle dan e non resoa.) [BIS] Ailala ailala Ai lalai lalai la lai la [BIS]

A Roda

15


SAN BENITIÑO

Popular

16

Non vaias ao de Paredes se vas ao San Benitiño, non vaias ao de Paredes, que hai outro máis milagreiro: [BIS] San Benitiño de Lérez.

San Benitiño do ollo redondo hei de ir alá miña nai se non morro, hei de levar una bota de viño e unha bola de pan pró camiño. A que lle foron armar-e ao San Benito de Lérez, a que lle foron armar-e que tiña un bo viño mosto [BIS] debaixo do seu altar-e. Retrouso

Ao ver as flores se aleda o paxariño do prado, ao ver as flores se aleda. Eu con ver a túa cara [BIS] boto fóra as miñas penas. Retrouso


Que cho teño ben gardado, heiche de dar o que teño que cho teño ben gardado, nena cando foras miña, [BIS] o caraveliño encarnado. Retrouso

A Roda

A FILLA

Popular

Mireille prá cara só tiña un dente, parecía o demo en forma de xente. [BIS]

E collina por un brazo e leveina xunto á nai: Eiquí ten a súa filla que non sabe facer nada, non fai máis que chorar. Un pouquiño abaixo mireille o embigo, un niño de porcos que ela había tido. [BIS] Retrouso

Un pouquiño abaixo mireille o pitín, que bonitas cordas pró meu violín! [BIS] Retrouso

A Roda

17


CANTIGA DE PONTEVEDRA Popular

18

Pontevedra de coral-e, Lugo da cor do aceiro, Pontevedra de coral-e, Ourense de limoeiro, A Coruña de cristal-e. [BIS] Ailalelo ailalalo

Polo mar abaixo vai unha sartén, vai fritindo peixes han de saber ben, han de saber ben, han de saber ben, polo mar abaixo vai unha sartén. Dá de beber a quen pasa, Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa, a fonte na Ferrería, San Bartolomeu na praza. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

Ten unha pipa no monte, San Antonio da Caeira ten unha pipa no monte. As mulleres beben viño, os homes auga da fonte. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso


E mulleres con mulleres, ao bailar homes con homes e mulleres con mulleres é como a gaita sen fol-e e o tambor-ee sen cordel-ee. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

A Roda

EU CHORAR CHOREI Popular

Eu chorar chorei o domingo á tarde, eu chorar chorei o domingo á tarde, que veña Lourenzo, que veña Lourenzo, que diga verdade. Que diga verdade pero con cautela, que diga verdade pero con cautela, túa nai é meiga, túa nai é meiga teño medo dela. Teño medo dela e ela non me come, teño medo dela e ela non me come, túa nai é meiga, túa nai é meiga, teu pai e un mal home. Uxía

19


O GAITEIRO

Popular

20

Bota viño do ribeiro, taberneiro bota viño, bota viño do ribeiro que os de Vigo pra cantar-e temos que beber primeiro. [BIS] Ailalelo ailalalo

Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita, ai deixalo pasar. Ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, alá vai o gaiteiro por detrás do pinar. Sonche de moito palique as rapaciñas da Guarda, sonche de moito palique, elas botan o anzuelo, quen queira picar que pique. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

Ben se poden alabar-e, as rapaciñas da Guarda ben se poden alabar-e, son bonitas e ben feitas e salgadas coma o mar-e. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso


Pensando que te casabas fixéchela permamente, pensando que te casabas fixéchela vinte veces e quedaches como estabas. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

Non é unha que son todas as rapaciñas da Guarda, non é unha que son todas poñen dous pares de medias pra facer as pernas gordas. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

A Roda

21


MARICA

Popular

22

Marica se vas ao río a lavar non batas a roupa que a podes rachar, que a podes rachar, que a podes prender Marica se vas ao río a beber. Non chas quero, non chas quero castañas do teu magosto; non chas quero, non chas quero que me cheiran a chamosco. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

Que ben baila, que ben baila a do zapato baixiño, que ben baila, que ben baila ai na beira do camiño. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

Non chas quero, non chas quero navizas do teu naval-e; non chas quero, non chas quero que me poden facer mal-e. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso


Que ben baila que ben baila a da chaqueta máis longa, moito mellor bailaría se a tivera redonda. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

A Roda

APAGHA O CANDIL

Popular

Apagha o candil, Marica, chus, chus, apagha o candil que ten moita lus, que ten moita lus, moita claridá, apagha o candil e chéghate alá.

Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo, e a ladra da túa nai ai meteume un pau por un ollo, meteume un pau por un ollo, ailalelo, ailalalo. Retrouso

A túa nai é chiculate, o teu pai chiculateiro, a túa nai lambe as cazolas, o teu pai lambe os pucheiros, [BIS] ailalelo, ailalalo. Retrouso

23


FOLIADA DE OLÁS

Popular

24

Dáme o que che pido nena, que non che pido diñeiro. Dáme a túa ovella negra pra xuntar-e ao meu carneiro, pra xuntar-e ao meu carneiro, ailalelo ailalala. E ti telo telo, non o queres dar e despois de vella pódelo salgar; pódelo salgar, pódelo salgar e ti telo telo, non o queres dar. (1) Fuxe de aí sapoconcho, ai la la, mañá teño que cocer-e, trailalala, se non teño barredoiro, ai la la, contigo hei de barrer-e trailalala.

E chíscao por diante e chíscao por tras e tócalle as cunchas churrascarraschás, churrascarraschás, churrascarraschás, e chíscao por diante e chíscao por tras. (2) Dáme o que che pido nena, dámo que non é pecado, unha muxica de lume pra prender o meu cigarro, pra prender o meu cigarro, ailalelo ailalala. Retrouso (1)


Pensas por seres herdeiro, ai la lá, que te hei traguer pola man-e, trailalalá, moitas sedas ten o porco, ai la lá, e non pasa de marran-e, trailalalá. Retrouso (2)

Por esta carballeiriña moito me gusta cantar-e, anque non teñas a gracia ela hache resoar-e, ela hache resoar-e, ailalelo ailalala.

Ei veñen, ei veñen, ei veñen, ei van sardiñas fresquiñas de pola mañá, de pola mañá, de pola mañá, ei veñen, ei veñen, ei veñen, ei van.

Fuxan os Ventos

25


CANTIGA DE MONTEFURADO Popular

26

E pra que non digas que tal e que cual, que foi e non foi que tal que sei eu, eu aló non fun, ela acó non veu, nin eu llo pedín nin ela mo deu. Maruxiña, dáme un bico [BIS] que che hei de dar un pataco. (Non quero bicos dos homes que me cheiran ao tabaco.) [BIS] Retrouso

Maruxiña do forneiro [BIS] se coceras faime un bolo, (se mo fas faimo de millo que eu de trigo non cho como.) [BIS] Retrouso

Maruxiña ti es o demo, [BIS] sempre me andas atentando, (ou nos ríos ou nas fontes sempre te atopo lavando.) [BIS] Retrouso

Maruxiña cando chove [BIS] pon o neno no tellado; (o neno de Maruxiña cando chove está mollado.) [BIS]


Retrouso

Maruxiña sempre chora [BIS] arrimadiña a un palleiro, (tiña a gaitiña na man e faltáballe o gaiteiro.) [BIS] Retrouso [BIS]

A Roda

CAMARIÑAS

Popular

(Ao pasar por Camariñas, por Camariñas pasei cantando.) [BIS] (As nenas de Camariñas quedan no río, quedan lavando) [BIS]

(Camariñas, Camariñas, ai que xa me vas camariñando.) [BIS] (Por unha de Camariñas vivo no mundo, vivo penando.) [BIS]

(Miña Virxiña do Monte, que os mariñeiros sempre vixías!,) [BIS] (non permitades que morra lonxe da terra, da terra miña!) [BIS] Petapouco

27


CANTINELA DA FONSAGRADA Popular

28

Moreniña por morena [BIS] téñoche o ollo botado, (has de ser miña muller-e ou non hei de ser casado.) [BIS]

Eu teño un canciño criado a boa fé que baila a muiñeira na punta do pé, na punta do pé dá un pincho patrás e baila a muiñeira do chascarraschás. Miña sogra cando roña [BIS] ponse no medio da casa; (ela dime: voume, voume e de marchar nunca acaba.) [BIS] Retrouso

Ten coidado Maruxiña [BIS] cando te vaias prá cama, (non che vaia vir o trasno a fecerche unha trasnada.) [BIS] Retrouso

Unha pera, dúas peras [BIS] non tiña máis a pereira; (unha pera fixo o xastre á conta da costureira.) [BIS] Retrouso


Nós de eiquí e vós de aí [BIS] somos tantos coma vós, (nós comemos o carneiro e os cornos son para vós.) [BIS] Retrouso

A Roda

FOLIADA DE BETANZOS Popular

O primeiro no amor sonche os bicos, o segundo beliscos pequenos, (o terceiro ben achegadiños e ao remate sonche os nenos.) [BIS] Arroz con chícharos, patacas novas, repolos de Betanzos e mais cebolas e mais cebolas e mais cebolas, arroz con chícharos, patacas novas.

Se o teu mozo che pide aquel conto e por el che fai un xuramento, (non llo deas nena, non llo deas que o xurar lévacho o vento.) [BIS] Retrouso

A Roda

29


A RUMBOIA

Popular/B. Iglesias

30

[SÓ] Heime de casar pra Castro, terriña de moita leña, hei de traguer un feixiño pra cando a rumboia veña.

[CORO] Anda Xoana, árdeche a troia, vente comigo bailaremos a rumboia. Viva a rumboia, rumboia viva, viva a rumboia, anque sea noite e día. --------

[SÓ] Miña comadre Polonia non vin muller coma ela, os ósos dállos ao home, a carne cómea ela.

[CORO] Ou lindo lindo, ou miña xoia, imos a Lugo bailaremos a rumboia. Viva a rumboia, rumboia viva, viva a rumboia rumboia da miña vida. --------


[SÓ] Todos os carabineiros dormen cos pés á xiada e de alí ao outro día a festa da rumbeirada.

[CORO] Anda Xoana, árdeche a troia, vente conmigo bailaremos a rumboia. Viva a rumboia, rumboia viva, viva a rumboia anque sea noite e día. --------

A Quenlla

31


A CAROLINA

Popular

32

A saia da Carolina ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila, o lagarto dálle ao rabo.

Bailaches Carolina? Bailei, si señor. Dime con quen bailache. Bailei co meu amor. [2BIS] Bailaches Carolina? Bailei, si señor. A Carolina é unha tola que todo o fai ao revés, vístese pola cabeza e díspese polos pés.

Bailaches Carolina? Bailei no cuartel. Dime con quen bailache. Bailei co coronel. [2BIS] Bailaches Carolina? Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila porque ten unha coroa. Baile, señor cura, baile, que Dios todo llo perdoa.


Bailaches Carolina? Bailei, abofé. Dime con quen bailaches. Bailei co meu Xosé. [2BIS] Bailaches Carolina? Bailei, abofé. No curro da Carolina non entra carro pechado, namais entra a Carolina co seu cocho polo rabo. Bailaches Carolina? Bailei, si señor. Dime con quen bailache. Bailei co meu amor.

Co teu amor, Carolina, non volvas a bailar, porque che levanta a saia e é moi mala de baixar. [BIS]

Fuxan os Ventos

33


AMOR RIANXEIRO

Popular

34

E outro en Vilagarcía, teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía, para ver os meus amores teño que cruzar a ría. [2BIS] Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía. Non lle temas mariñeiro ao ventiño do mar, porque o vento mareiro dá mellor navegar. Se navegas pola ría de Rianxo verás as estrelas e a lúa darlle bicos ao mar.

Lévalle no teu peteiro, Gavotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro unha cartiña de amor-e pra o meu amor rianxeiro. [2BIS] Gavotiña voa, voa lévalle no teu peteiro. Retrouso


Vente ventiño mareiro, vente ventiño do mar, vente ventiño mareiro, anque me leves a gorra tamén sei andar en pelo. [2BIS] Vente ventiño do mar, vente ventiño mareiro. Retrouso

Fun a Padrón pola ría, collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola ría, da terra de Castelao á de Cela e Rosalía. [2BIS] Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola ría. Retrouso

A Roda

35


FOLIADA DO CELTA Popular

36

Díxolle o sobriño ao tío ao entrar en Balaídos, díxolle o sobriño ao tío: Se gañamos o domingo fágote socio de «río». [2BIS] Ao entrar en Balaídos, díxolle o sobriño ao tío. Sempre andas decindo pró ano que vén e chega outro ano e pasa tamén. [2BIS] Sempre andas decindo pró ano que vén.

Dixéronlle ao presidente os de tribuna cuberta, dixéronlle ao presidente: Prá temporada que vén temos que cambiar de xente. [2BIS] Os de tribuna cuberta dixéronlle ao presidente. Retrouso

Foron os de marcador-e os que máis se cabrearon, foron os de marcador-e


que pedían a cabeza do señor entrenador-e. [2BIS] Os que máis se cabrearon foron os de marcador-e. Retrouso

Son os que nunca protestan os de gol e xeneral-e, son os que nunca protestan, como están tan separados nunca se enteran da festa. [2BIS] Os de gol e xeneral-e son os que nunca protestan. Retrouso

Son os que forman o lío, os que tiran almohadillas, son os que forman o lío, os que tiran almohadillas, son os de grada de río. [2BIS] Os que tiran almohadillas son os que forman o lío. Retrouso [BIS]

A Roda

37


CARMIÑA, CARMELA

(Popular)

38

Ao son da miña gaitiña as nenas hei de levar-e, as tontiñas sonche elas que se deixan enganar-e.

Has bailar comigo Carmiña, Carmela, con zapato baixo e media de seda, con media de seda e media calada, has bailar Carmiña miña namorada. Os zapatos piden medias, as medias piden zapatos e as rapaciñas de agora piden rapaciños guapos. Retrouso

Aí che vai meu corazón se o queres matar ben podes, pero coma ti vas dentro tamén se ti o matas morres. Retrouso

A Roda


A VOLTA DA FESTA

Popular

Vente vindo, vente vindo que eu tamén me vou andando, fixen a cama na folla, o vento vaima levando. [BIS] Ailalelo ailalalo Toleaches pola peneira toleaches por peneirar. Toleaches por ter amores toleaches por te casar. [2BIS] Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar.

O paxaro cando chove mete o rabo na silveira, así fan as boas mozas cando non hai quen as queira. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

Catro puntas ten Paredes, catro puntas o meu pano, o que ten a muller fea ten bacallau todo o ano. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

A Roda

39


POUSA, POUSA

Popular

(Fun á taberna do meu compadre, fun polo vento e vin polo aire:) [BIS] (e como é cousa de encantamento fun polo aire e vin polo vento.) [BIS]

40

(E pousa, pousa, pousa e non me toques naquela cousa e pousa, pousa axiña e non me toques naquela cousiña.) [BIS]

(Murmuraban as miñas veciñas que eu andaba co crego nas viñas:) [BIS] (eso é verdá, eu non o nego, que eu andiven a loitas co crego.) [BIS] Retrouso

(Cando me case xa teño un galo, xa miña nai non me ten que dalo;) [BIS] (cando me case xa teño un polo, xa miña nai non me ten que dar todo.) [BIS] Retrouso --------

Retrouso

A Roda


O TESTAMENTO DO GATO Popular

Estaba o señor gato nunha meseta sentado,

chegoulle a gran noticia que había de ser casado

cunha gata montañesa que tiña os seus cen ducados. O gato con tanta risa, caeu do tellado abaixo, rompera sete costelas e a puntixiña do rabo.

Mandaron chamar ao cura e xuntamente ao escribano,

pra facer o testamento do moito que había roubado: cen varas de longaínzas, outras tantas de pescado, trinta quilos de touciño e o testamento cerrado

e despois cando me enterren, non me enterren en sagrado, entérrenme naquel campiño e o testamento cerrado.

Florencio “o Cego dos Vilares”

41


MARIÑADA DE RIANXO Popular

Ai Sálvora, ai San Vicente! [2BIS] as mozas bonitas, hainas en Mourente. Ai Sálvora, ai San Vicente! as mozas bonitas, hainas en Mourente.

42

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós, ai Pepiño por Deus non te vaias, quédate con nós, quédate con nós, non te vaias afogar na praia como nos pasou a nós. Ai Sálvora, ai San Vicente! Ai Sálvora, adiós Mourente! Ai Sálvora, boca da ría! para boas mozas en Vilagarcía! Ai Sálvora, boca da ría! para boas mozas en Vilagarcía! Retrouso

Ai Sálvora, vento norteiro! Ai Sálvora, meu compañeiro! Ai Sálvora, vento ventiño! xa están as rapazas na punta de Aguiño. Ai Sálvora, vento ventiño! xa están as rapazas na punta de Aguiño. Retrouso


O GATO

Popular

Xuntáronse catro un día, os mellores deste barrio mataron un gato a tiros e o meteron nun saco.

(Vai o gato metido nun saco, vai o gato prá terra da laxe; vai o gato metido nun saco, ai gatiño, xa non volve máis.) [BIS] Que mal lles parecería a calquera deses catro, que os meteran nun saco como fixeron co gato. Retrouso

Aquel gato era un artista, traballaba na ribeira, agora é un bañista na praia da Castiñeira. Retrouso

A Roda

43


DESFEITA GALEGA

Popular

Que ben fixeron teus pais en facerte costureira, cando chove non te mollas, [BIS] cando vai sol non te queimas.

44

Teño unha morena alá en Viascón, teño outra na Pobra e outra en Marcón, e outra en Marcón, e outra en Marcón, teño unha morena alá en Viascón. Que é moi malo de lavare-e non te cases cun ferreiro, que é moi malo de lavare-e, cásate cun mariñeiro que vén lavado do mare-e. [BIS] Ai lalelo ai lalaloo

Inda que son da mariña, son mariñán-e, o fungueiro do carro, lévoo na man-e, lévoo na man morena, lévoo na man-e, inda que son da mariña, son mariñán-e. Co aro dunha peneira miña nai deume unha tunda, co aro dunha peneira. Teña vergüenza mi madre que vén a xente da feira. [BIS] Ailalelo ailalaoo


Retrouso

Chamáchesme pouca roupa, [BIS] se tes moita teu proveito, menos teño que tirar-e de noite cando me deito. [BIS] Ailaleloo ailalalo Retrouso

Miña nai matou un merlo [BIS] e meu pai unha paxara. Alegría meu irmán-e que esta noite hai paxarada-a. [BIS] Ailalelo ailalaloo Retrouso

Cantadeiras do Berbés A Roda

45


TROULADA DAS RÍAS BAIXAS Popular

(Aparta, loureiro verde, deixa clarexar a lúa,) [BIS] (se non vexo os meus amores non vexo cousa ningunha.) [BIS]

46

Ei veñen, ei veñen, ei veñen, ei van, sardiñas fresquiñas de pola mañán, de pola mañá, de pola mañán, ei veñen, ei veñen, ei veñen, ei van. (Prende salgueiriño, prende, beira da fonte pequena,) [BIS] (tamén meus ollos prenderon no corazón dunha nena.) [BIS] Retrouso

(Canta ti, cantarei eu, iremos os dous cantando.) [BIS] (Cante quen tivese amores, porque os meus vanse acabando.) [BIS] Retrouso

A Roda


NA BEIRA DO MAR

Popular

Ollos verdes son traidores, [BIS] azuis son mentireiros, (os negros e acastañados son firmes e verdadeiros.) [BIS]

Na beira, na beira, na beira do mar hai unha lanchiña, pra ir a navegar, pra ir a navegar, [BIS] na beira, na beira, na beira do mar. Cinco sentidos che temos, [BIS] os cinco che precisamos, (pero os cinco che perdemos ai, cando nos namoramos.) [BIS] Retrouso

Cando paso pola porta [BIS] collo pan e vou comendo (pra que non digan teus pais que de verte me manteño.) [BIS] Retrouso

Cando eu quixen non quixeches [BIS] recibir os meus amores (e agora queiras non queiras xa che teño outros mellores.) [BIS] Retrouso

Ana Kiro

47


O MELRO

Popular-Os Areeiras

48

Ían polo prado abaixo o melro e mais a melra, ían polo prado abaixo, o melro como era pillo meteu a melra debaixo. [BIS] Ai lalelo ai lalalo

Ían polo campo arriba o melro e mais a melra, ían polo campo arriba, o melro como era pillo botoulle a pata por riba. [BIS] Ai lalelo ai lalalo

Casamenteiro das vellas San Antonio de Catoira, casamenteiro das vellas por que non casas as novas? Que mal che fixeron elas? [BIS] Ai lalelo ai lalalo Aí vos vai a derradeira, aí vos vai a despedida, aí vos vai a derradeira, acabouse o chiculate, rompeu a chiculateira. [BIS] Ai lalelo ai lalalo

Treixadura


XOTA DE VILAR

Popular

(Ai, o cura de Vilar está berrando na horta) [BIS] que lle levan a criada polo furado da porta, lalalaila, la, la... (Por te ver vengo de noche, querida del alma mía,) [BIS] por te ver vengo de noche porque no puedo de día, lalalaila, la, la...

(Por esa que entrou no baile, por esa que entrou agora,) [BIS] por esa que entrou no baile tocarei a noite toda, lalalaila, la, la... (Esta es la jotita madre, este es el dulce meneo,) [BIS] esto es lo que bailan más las damas en el paseo, lalalaila, la, la...

Xistra de Coruxo

49


TERRA DE MONTES

Tradicional

Viva Barro, viva Barro, viva Barriño de Arén-e viva Barro, viva Barro, viva Meilide tamén-e.

50

Moreniña por morena téñoche o ollo botado, has de ser miña muller-e ou non hei de ser casado. [BIS] Ai lalelo ai lala la Miña monteira garrida, miña monteira garrida, moito me tes encuberto alá por Soutelo arriba. [BIS] Ai lalelo ai lala la

Os solteiros valen ouro, os casados valen prata, os viúvos calderilla e os vellos folla de lata. [BIS] Ai lalelo ai lala la

Treixadura


FISTERRA

Popular

Fisterra vai na proa, Camariñas vai no mar-e, Santa Uxía de Ribeira, Póboa do Caramiñal-e.

Eu tamén choro, eu tamén choro, cando non me alumean, meu ben, eses teus ollos, [2BIS] cando non me alumean, meu ben, eu tamén choro. Se queres que brille a lúa pecha os ollos meu amor-e, que mentres os tes abertos a lúa pensa que hai sol-e. Retrouso

Para sardiñas Aguiño, para bolos Castiñeiras, para rapazas bonitas Santa Uxía de Ribeira. Retrouso

Treixadura

51


FOLIADA DE SARELA Popular

(Funme deitar a durmir-e ao pé da i-auga que corre,) [BIS] (a i-auga foime dicindo quen ten amores non dorme.) [BIS]

52

(Quen ten amores non dorme quen non os ten adormece, quen os ten lonxanos chora, quen os ten preto padece.) [BIS] (Teño carta no correo e non sei que me traerá,) [BIS] (se me traerá o consolo ou me desconsolará.) [BIS] Retrouso

(O que nunca estivo lonxe non sabe o que é padecer-e,) [BIS] (de lonxe as penas aumentan para quen sabe querer-e.) [BIS] Retrouso

Treixadura


FOLIADA DE ANLLÓNS F. del Río

(Indo para feira de Anllóns todo el é mal camiño,) [BIS CORO] que está a neta do demo metida nun furadiño. [BIS CORO] Aialelo aialalo

(Váleme valerosa, vale, váleme, váleme valerosa Virxe do Carme.) [BIS] (Por moito que digas, digas, miña cuñadiña nova,) [BIS CORO] por moito que digas, digas, túa nai é miña sogra. [BIS CORO] Aialelo aialalo Retrouso

(Viva Langueirón e Tallo, Tella, Anllóns e Soesto,) [BIS CORO] eu tamén digo que viva San Pedro de Corcoesto. [BIS CORO] Aialelo aialalo Retrouso

Coral de Bergantiños

53


MIÑAS CUNCHAS

Popular-M. Iglesias

54

De cor anacarado miñas cunchas, miñas cunchas de cor anacarado, soade ben pra que chegue o meu amor de contado. Ai la lelo, ai la lelo, ai la lelo, ai la lala.

Eu soio quero que ti me deixes cunchas pra repinicar e que nos días de festa saian todos a bailar. Pequeniña e tan lixeira, teño unha dorna fermosa pequeniña e tan lixeira que dá xenio cando vén ateigada de vieira. Ai la lelo, ai la lelo, ai la lelo, ai la lala. Retrouso

Vas o marisco a buscar-e, Mariñeiro que na dorna vas o marisco a buscar-e, pídelle á Virxe te salve


dalgún perigo do mar-e. Ai la lelo, ai la lelo, ai la lelo, ai la lala. Retrouso

Treixadura

AGUANTA CORAZÓN! Popular

(Corazón no es hora de llorar, aguanta tu penar muy dentro de mi pecho, tu dolor, también es mi dolor, aguanta corazón no seas tan necio.) [BIS] (Ai corazón, me lastima tu latir, corazón por que te empeñas en hacerme sufrir.) [BIS]

(Corazón no es hora de llorar, aguanta tu penar muy dentro de mi alma, tu dolor, también es mi dolor, aguanta corazón mantente en calma.) [BIS] Retrouso

Cantadeiras do Berbés

55


CHULA DA GUÍA

Popular

Nosa señora da Guía [BIS] guía os homes do mar-e. [BIS]

56

Veña ver a barca a vela [BIS] que se vai deitar no mar-e. [BIS] Nosa señora vai dentro [BIS] e os anxiños a remar-e. [BIS]

Nosa señora da Guía [BIS] a guía dos mariñeiros, [BIS] guíeme a miña cuadrilla [BIS] toda de mozos solteiros. [BIS]

Teño máis de mil amigos [BIS] aquí non me sinto só, [BIS] cantarei ao desafío [BIS] ninguén teña de min dor. [BIS]

En Ourense as gueivotas [BIS] non saben o que é voar-e. [BIS] Os mariñeiros traballan [BIS] no mar-e da liberdade, [BIS]

outros pesqueiros rebentan [BIS] pra os señores engordar-e. [BIS] Hai un caravel vermello [BIS] no fusil do militar-e. [BIS]


Quen non viu cantar un vello [BIS] non sabe o que é cantar-e. [BIS]

Treixadura Bibiano

EU DE MARÍN AUSENTEIME Popular

Eu de Marín ausenteime, moi lonxe fun a vivir, (pasei a vida chorando e sospirando, Marín, por ti.) [BIS] Eu non sei cantar eu non sei rir (sen os airiños da ría eu non sei cantar, eu non sei vivir.) [BIS]

A Marín non volverei pola miña mala sorte (e hame de chegar a morte mentres por ti, Marín suspirei.) [BIS] Retrouso

Coral Casablanca

57


PANDEIRETADA

Popular

Miña nai quero casar-e, miña nai non teño roupa. Casa miña filla casa que unha perna tapa a outra. Ai la lá la ai la lá la [3BIS]

58

Esta noite hei de ir aló, terás as pernas lavadas que me hei de meter antrelas anque sexa a puñaladas. Ai la lá la ...

Esta noite hei de ir aló, meniña, non teñas medo; como son home de paz, non poñas o tarabelo. Ai la lá la ...

Heiche pedir unha cousa e non ha de ser a vida, da cintura para baixo da rodilla para riba. Ai la lá la ...


Aquela que vai alí-e, a do andar miudiño, quen me dera ir con ela para lle ensinar o camiño. Ai la lá la ...

Aquela que ven alí-e parece miña cuñada, apretada da cintura, coloradiña da cara. Ai la lá la ...

Xa vou dar a despedida, xa vou dar a derredeira, acabouse o chiculate rompeuse a chiculateira. Ai la lá la ...

Pablo Quintana

59


SE CHOVE

Popular

(Aí vén o vento do mar-e aí vén o vento mareiro, aí vén o meu queridiño vestido de mariñeiro...) [BIS]

60

(Se chove, deixa chover-e, se orballa deixa orballar-e, por máis que chova e vente de ti non me hei de apartar-e) [BIS] (Pasei pola ponte abaixo vin saltar unha sardiña, mariñeiros ide ao mar-e e botádelle a traíña.) [BIS] Retrouso

(Indo polo mar abaixo perdín a miña navalla, rema mariñeiro rema que alá no mar me quedaba.) [BIS] Retrouso

(O que navega de noite ha tropezar nos penedos, eu que ando polo día tropezo nos teus enredos.) [BIS]

Treixadura


MIÑAS COUSAS

Popular - G. Enríquez

Ai la lá, ai la lá, ai la lá, lará lalá lalá lalá.

(Teño unha galiña branca que me veu de Redondela,) [BIS] da miña comadre o galo [BIS] non me veña dar con ela. Ai la lá, ai la lá...

(Veño de ver o meu liño que me dá pola cintura,) [BIS] non sei se é liño, se é herba, [BIS] bagaña non ten ningunha. Ai la lá, ai la lá...

(Unha pera, dúas peras non tiña máis a pereira,) [BIS] unha será para o xastre, [BIS] outra para a costureira. Ai la lá, ai la lá....

Treixadura

61


EN PÉ

Ramón Cabanillas

Irmáns, en pé, sereos, a limpa frente erguida, envoltos na brancura da luz que cae de enriba.

62

O corazón aberto a toda verba amiga, e nunha man a fouce e noutra man a oliva.

Arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira da Galiza, cantemos o dereito á libre e nova vida! [BIS] Validos de traidores a noite da Frouxeira á Patria escravizaron unhos reises, unhos reises de Castela. Comestas polo tempo xa afloxan as cadeas... irmáns asoballados de xentes estranxeiras.

Ergámos a bandeira azul e branca e ao pé da enseña da nazón galega, cantemos o dereito a libertar a terra. [BIS]


Irmáns no amor a Suevia de lexendaria historia, en pé, en pé dispostos a non morrer sen loita. O día do Medulio con sangue quente e roxa mercamos, mercamos o dereito á libre, honrada, chouza.

Xa está ao vento a bandeira azul e branca e ao pé da enseña da nazón galega, (berremos alto e forte: a nosa terra é nosa.) [BIS] Juan Pardo

QUEN TEÑA VIÑO

Popular

(Quen teña viño, quen teña viño, quen teña viño que me dea un pouquiño, quen non o teña, quen non o teña, que vaia rápido coller unha botella.) [BIS] (Agua que no has de beber dejalá, agua que no has de beber dejalá, agua que no has de beber dejalá correr, dejalá correr.) [BIS]

Quempallou

63


O RODABALLO

Popular

(Nunha lancha de Marín, coa proa de Carballo,) [BIS] catro rapaces da Póboa, ai! ui ai ai, ui ai ai, roubaron un rodaballo, catro rapaces da Póboa roubaron un rodaballo.

64

(Mala chispa te coma, mala chispa te dé, mala chispa te trague, ai ai é.) [BIS]

(O patrón que a mandaba tamén era de Marín) [BIS] e díxolle o rodaballo, ui ai ai, ui ai ai, moito miras para min, e díxolle o rodaballo, moito miras para min. Retrouso

(Foron a vendelo á lonxa, e con moito disimulo) [BIS] e quen llo foi mercar-e, ui ai ai, ui ai ai, a filla do cachirulo e quen llo foi a mercar-e, a filla do cachirulo. Retrouso


(Eiquí se acaba a historia, diste peixe rodaballo) [BIS] que por non haber aceite, ui ai ai, ui ai ai, houbo que comelo asado, que por non haber aceite houbo que comelo asado. Retrouso

Xocaloma

VALSE MARIÑEIRO

Popular

Alá no medio do mar sospiraba unha balea, decíalle ao pescador quen ten amores ten penas, [BIS] decíalle ao pescador. Caloteira vogando vou, onde me espera o meu amor.

Eu polo mar ti tamén, os dous andamos perdidos, ti no mar do meu pesar eu no mar dos teus sentidos, [BIS] ti no mar do meu pesar. Retrouso

Grupo Camariñas

65


O VERDEGAIO

Popular

As penas do Verdegaio son verdes e amarelas, non me toques senón caio, non me rompas as canelas.

66

A do Verdegaio, o do ras-tras-tras, quero o meu amor, quero o meu rapaz, a do Verdegaio, o do rus-trus-trus, quero o meu amor, quero o meu Xesús. Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá casa dela, vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá casa dela. (É do meu gosto, é da miña opiniao, é da madeira máis fina da raíz do coraçao.) [BIS]

Anubía i anubía i aunque anubía non chove, o meu amor está malo, aunque está malo non morre.

Oh señora Ana, señora María, o seu galo canta e o meu asubía. Oh señora Ana, o seu galo ve unha latadiña na cara do meu.


Retrouso

Meu caño, meu cañotiño todos te chaman pequeno, a min me pareces grande co cariño que che teño.

A do Verdegaio, o do ras-tras-tras, quero o meu amor, quero o meu rapaz, A do Verdegaio, o do rus-trus-trus, quero o meu amor, quero o meu Xesús. Retrouso

Cantadeiras do Berbés

67


PANDEIRETADA DE OUTES

M. Alegre e X. L. Rivas Cruz

Eu caseime no Araño, coa filla dun arañón-e; ela bonita non é, pobre si, honrada non-e. Ailalelo ailalelo Ailalelo ailalalo-o

68

Heime de casar hogano, anque seña co raposo, heille de afeitar o rabo pra que sexa vanidoso. Ailalelo...

Sei tocar-e e sei bailar-e, tamén sei facer o tonto, como son fillo dun probe, teño que saber de todo! Ailalelo...

O raposo vai ao monte, pola rodeira do carro, leva os ollos na cabeza e o cu debaixo do rabo. Ailalelo... --------


Verbo xido, miña purria, que intervás por areona, héiche de valdrir os zuros e rosmarche na morrona. Ailalelo...

Son de Lugo, son de Lugo, e non o podo negar-e; miraime prá miña cara, o leite que podo dar-e! Ailalelo...

Os amores dunha vella son amores dunha santa, desque se deita na cama toda a noite o cu lle canta! Ailalelo...

Miña nai como era probe fixo as papas nunha ola, eu como son fillo dela o que é rico que se foda! Ailalelo...

Fuxan os Ventos

69


O GALO

Popular

O galo cando canta é día, é día, é día, o galo cando canta é día, imos de varanda, imos todo o día. E como somos tan gandules, gandules, gandules, e como somos tan gandules imos de varanda de sábado a lunes.

70

E como somos da ribeira, ribeira, ribeira, e como somos da ribeira imos de varanda a semana enteira. E como somos da orquestra, da orquestra, da orquestra, e como somos da orquestra imos de varanda de festa en festa.

E como somos os gaiteiros, gaiteiros, gaiteiros, e como somos os gaiteiros imos de varanda todo o ano enteiro.

E como somos os gaiteiros, gaiteiros, gaiteiros, e como somos os gaiteiros para ir de varanda somos os primeiros. Os Terribles de Arousa


SEMENTEIRA

L. Álvarez - X. L. Rivas

(Sementar, sementarei, loguiño de crarear en canto no pobo medre un meniño, un vello e un cantar.) [BIS] Un meniño rebuldeiro que fale na lingua nai, que suba aos pexegueiros á froita verde roubar. Retrouso

Un vello que dé consellos, un rostro de fume e pan, que conte contos aos nenos do cuco e do paspallán. Retrouso

Un cantar de redención, un vello e novo cantar, que troque a desolación nun limpo e claro alborear. Retrouso

Logo deixaime morrer entre dous regos queimados cando veñan os solpores dos homes esfamiados. Retrouso [BIS]

Fuxan os Ventos

71


VELAÍ VAI

Popular

Velaí vai e velaí vai a rapaza polo río sen comer e sen beber toda cheíña de frío, [BIS] toda chea de dolor velaí vai e velaí vai, polo río xa pasou.

72

Viñeches ás nove e media quedaches de vir ás nove, viñeches ás nove e media, ti non sabes que é pecado enganar unha morena, [BIS] ailalelo, ailalalo.

Eu teño un canciño criado abofé que baila a muiñeira na punta do pé, [BIS] dá un pincho patrás e toca a muiñeira do chascarraschás. Á vista de tanta xente chamáchesme moreniña, á vista de tanta xente e agora vaime quedar-e moreniña para sempre, moreniña para sempre, ailalelo, ailalalo.


Xa me dixo teu pai que te chame a bailar e no medio do baile que te deixe quedar, [BIS] xa me dixo teu pai que te chame a bailar.

O PARAUGAS DO GHOSÉ Popular

O paraugas do Ghosé é un paraugas moi malo si le caen cuatro gotas... ya se le humedece el palo.

Y por eso una mulata, por muy mojada que esté, non se pondría debajo... do paraugas do Ghosé.

(E o que é meu é meu e é meu e o que é meu é meu e é teu, que non quero que andes dicindo que tumba que dálle, que tal que sei eu.) [BIS] [REPETIR TODO]

Charanga do Cuco de Velle

73


FOLIADA DE CARRIL Popular

(En Carril casou meu pai, ai, en Carril quero casar:) [BIS] moito me gustan as mozas [BIS] que son da beira do mar. [BIS] Ai la le lo ai la la la

74

Se vas a Carril, ao mesmo chegar, verás Cortegada deitada no mar; deitada no mar ollando por ela van os mariñeiros [BIS] nos botes de vela. (Nosa Señora da Guía ai, da Guía de mariñeiros,) [BIS] guía da miña cuadrilla [BIS] toda de mozos solteiros. [BIS] Ai la le lo ai la la la Retrouso

(Teño un amor mariñeiro, ai, bonito coma unha rosa,) [BIS] teño medo que mo quite [BIS] algunha nena envexosa. [BIS] Ail la le lo ai la la la Retrouso

Os Rosales


FADINHO DA TIA MARI BENTA Popular

(Não olhes p'ra mim não olhes que eu não sou o teu amor,) [BIS] (eu não sou como a figueira que dá frutos sen ter flor.) [BIS] (Ó comadre Maria Benta seu garoto está melhor, o mal não é táo forte que o faça estar pior.) [BIS]

(Ós olhos azuis claros contrários ao meu viver,) [BIS] (que gosto tens tu amor en me ver aparecer.) [BIS] Retrouso

(Tenho dentro do meu peito, chegadinho ao coração,) [BIS] (duas palavras que dizem amar sim deixar-te não.) [BIS] Retrouso

(As ondas do teu cabelo são loiras e perfumadas) [BIS] (são redes a que se prendem as almas apaixonadas.) [BIS] Retrouso

Malvela

75


FOLIADA MARIÑEIRA Popular

Para ser bo mariñeiro [BIS] tres condicións hai que ter-e: coñecer o mar e os barcos e non ter medo a morrer-e. [BIS] Ai lalelo ai lalalo

76

Eu son mariñeiro da beira do mar, teño unha lanchiña para navegar, [2BIS] eu son mariñeiro da beira do mar.

Arrimadiña a unha pena [BIS] púxenme a considerar-e os traballiños que pasa o mariñeiro no mar-e. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso

Fun dende Vigo a Moaña [BIS] remando nunha lanchiña, vin pasar o berberecho detrás da berberechiña. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso


Dous amores no meu peito [BIS] viven para o meu pensar-e: o da mociña que quero e o do traballo no mar-e. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso

A vida de mariñeiro [BIS] é triste a máis non poder-e: en busca do peixe sae sen saber se ha de volver-e. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso [BIS]

Pallamallada

77


O PIRIMPIMPIM

Popular

Teño dentro do meu peito, unha laranxa partida para darlle ao meu amor, o pirim pirim pim pim, para darlle a miña vida.

78

(Pirimpimpim, pim pim pim pim Manolo vira pra ca, María vira pra aquí.) [BIS]

De Portugal me mandaron tres peras nun ramalliño quen me dera a min saber-e, o pirim pirim pim pim, quen me ten tanto cariño. Retrouso

Do outro lado do río, do outro lado, meu ben-e do outro lado do río, o pirim pirim pim pim teño a quen lle quero ben-e. Retrouso


Ao entrar en Sanguiñeda, hai un lexo de letreiro que sempre está a dicir, o pirim pirim pim pim Portugal meu compañeiro. Retrouso

(Rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla, e eu como son da familia tamén quero rebolar.) [BIS] Retrouso

Malvela

79


A ROSIÑA DO PELO Popular

Ai, se queres eiquí, eiquí [BIS] ai, se queres alá, alá ai, se queres na carballeira, ai, na carballeira será. [BIS] Ai elelo ai elelalo Ai, Rosiña, Rosiña do pelo, ven comigo mallar o centeo, o centeo e mais a cebada ai, Rosiña miña namorada.

80

Ai, séntate aquí; xa me sento, [BIS] ai, déitate aquí; xa me deito, ai, nós que levamos a sona, ai, levaremos o proveito. [BIS] Ai elelo ai elelalo Retrouso

Ai, vai calando, vai calando, [BIS] ai, cara de cañoto seco, ai, vai calando, vai calando, ai, que eu contigo non me meto. [BIS] Ai elelo ai elelalo Retrouso


Ai, que eu contigo non me meto, [BIS] ai, non me quería meter-e, ai, un raio de deus te parta, ai, se me volves respoder-e. [BIS] Ai elelo ai elelalo Retrouso [BIS]

Suso Vaamonde

EU CHE DAREI

Popular

(Unha mañá moi cediño collín o cabalo e fun pasear, tiven que pasar a ría de Vilagarcía que é porto de mar.) [BIS] Eu che darei, che darei miña xoia, che darei unha cousa, unha cousa que sabe moi ben: café.

(Antes por unha peseta viña unha merluza medio regular, agora non vén un melgacho daqueles que antes tiraban ao mar.) [BIS] Retrouso

Grupo Camariñas

81


SAN SADURNIÑO

Popular

Eu fun á feira de San Sadurniño, enchinme de viño, de rir e troular: bailei a muiñeira, brinquei coas nenas e cun pé de pino din paus a mallar. (Ai la larala ai la larala, ai lalarala laralá laralá) [BIS]

82

Desfíxenlle o baile, rompinlle o pandeiro e os mozos do Outeiro viñéronse a min; e tonto non fixen no campo enseguida da miña mauciña dous palmos lles din. Ai la lara lá…

Loitei un anaco con tres de Liñares tumbeinos aos pares sen nada nas mans; cun puñetazo dos meus cotromeiros chimpeilles os queixeiros a tres de Bardaos. Ai la lara lá…

Sentín o aturuxo no medio da ponte que ata o meu monte sentín que estrombou; deixeime de andar e apreto a mauciña pois cara a min viña quen aturuxou. Ai la lara lá…


E vin unhos homes no monte correndo cos paus levantados como unhos ladrós; despois de mallarme xunto a un pasadoiro puxéronme en coiros o medo me entrou. Ai la lara lá…

Non volvo á feira de San Sadurniño, nin bebo mais viño nin volvo a troular, nin bailo a muiñeira nin brinco coas nenas, nin co meu pauciño dou paus pra mallar. (Ai la larala ai la larala, ai lalarala laralá laralá) [BIS]

Se vas á festa de Velle virás aburrido, comerás castañas asadas e leite fervido, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e ron, e róncalle o corazón, e róncalle o corazón, e róncalle o corazón. Charanga do Cuco de Velle

83


FESTA NO MUÍÑO

Popular

[CORO] Eu non sei, eu non sei,…

Eu non sei que ten a morena, eu non sei que a morena ten, que todos lle queremos ben, eu non sei que a morena ten.

84

Non sei que ten a morena, non sei que a morena ten, non sei que ten a morena, que todos lle queren ben, [2BIS] non sei que ten a morena, non sei que a morena ten.

[CORO] (Fun ao muíño con Paula, [BIS] fun ao muíño con ela, ela durmiu nos meus brazos, eu durmín nos brazos dela. [BIS] Ai lalelo ai lalalo) [BIS]

Heicho de dar se mo dás queridiño, heicho de dar se mo dás xa verás, heicho de dar con dúas cunchiñas para que lle toques o chascarraschás, [BIS] heicho de dar se mo dás xa verás.


Heiche de dar o boi branco e mais a vaca marela, e mais a filla máis nova para que te deites con ela. [BIS] Ai lalelo ai lalalo

E no medio e no medio da ría, ao compás ao compás do cantar-e, o ventiño que viña de lonxe íalle á ventana a petar-e. [BIS] Ai lalelo ai lalelo ai lalalo Coitadiño do que chora, coitadiño, coitadiño, cando as penas son grandes non se poden botar fóra. [BIS] Ai lalelo ai lalalo

E no medio e no medio da ría, ao compás, ao compás do cantar-e, o ventiño que viña de lonxe íalle á ventana a petar-e. [BIS] Ai lalelo ai lalelo ai lalalo A Roda

85


RUADA DE CHAMOSA Popular

E asubían na Areosa: [BIS] (son os mozos de Castrelo que van á rúa Chamosa.) [BIS CORO] Inda habés vir aquí hoxe rabadeiras e quintelas, (tamén quedaron de vir-e da Graña de Cabanelas.) [BIS CORO]

86

[CORO] Ti que tes María? Ti que demo tes? Gastáches os cartos e agora non os tes, e agora nos tes, e agora non os tes. Ti que tes María? Ti que demo tes? [MULLERES] Se soubera Manoliño que ti viñas á ruada (cunha vasoira de pallas, barreríache a xiada.) [BIS CORO]

[HOMES] Viva quen agora chega! E quen agora chegou-e! Estaba para min moi lonxe e agora xa non me vou-e. [BIS CORO]


[CORO] Rompéronlle a saia na casa quedou, polo mor da saia tundas que levou [BIS] e as que a de levar, rompéronlle a saia na beira do mar.

[HOMES] Sei tocar a pandeireta e mais a pandeiretiña, (e mais o pano de seda que me dou miña madriña.) [BIS CORO] [MULLERES] Cantade todos a unha [BIS] (que o cantar-e e o bailar-e non é deshonra ningunha.) [BIS CORO] [CORO] Arriba Casilda! Que queres Manuel? Castañas asadas e viño con mel. [2BIS] Arriba Casilda! Que queres Manuel?

[MULLERES] Neste lugar non hai homes, aturuxan as mulleres, e os poucos homes que hai son para rabos de culleres. [BIS CORO]

87


[HOMES] E as mociñas que eiquí estan-e todas ten as pernas tortas, (unhas serven para beacas e outras para trancar as portas.) [BIS CORO] [CORO] Aí vai Antoniño deixalo pasar que vai ver as nenas do outro lugar [2BIS] e o diaño da vella non quere apartar.

A Quenlla

88


O MAGOSTO

Popular

Rosiña Rosa Roseira, Rosiña namoredeira venche o ventiño de lonxe, ai lalá lalalá lalalá, (lévache a folliña toda ai lalá lalalá lalalá,) [BIS] ai lalelo ailalá lalalá lalalá lalalá. [BIS]

(O San Martiño de Ourense bota as castañas abaixo,) [BIS] (bótame das máis grandiñas que ás pequenas non me baixo.) [BIS] Retrouso

(Non chas quero, non chas quero castañas do teu magosto,) [BIS] (non chas quero, non chas quero, que me cheiran ao chamosco.) [BIS] Retrouso

(Detrás dun toxo pequeno déchesme un bico Rosiña,) [BIS] (puxécheslle tanto xeito para que o toxo non nos vira.) [BIS] Retrouso

A Charanga do Cuco de Velle

89


A RAÍZ DO TOXO VERDE Popular

A raíz do toxo verde [BIS] é moi mala de arrincar-e, (os amoriños primeiros [BIS] son moi malos de olvidar-e.) [BIS] Ai lála la lá ai lála la lá Ai lalalalái lalalalái lalalalá

Sei dun niño de carrizo [BIS] na cabeza dun repolo, (deron as mozas con el, [BIS] lavaron cañoto e todo.) [BIS]

90

Retrouso

Unha vella díxolle a outra [BIS] polo burato da porta: (Ti goberna a túa vida [BIS] que a miña nada che importa.) [BIS] Retrouso

A miña muller morreume [BIS] e enterreina no palleiro, (deixeille un brazo de fóra [BIS] para que tocara o pandeiro.) [BIS] Retrouso


Miña nai e mais a túa [BIS] quedan no río berrando (por culpa dunha galiña [BIS] que ten amores co galo.) [BIS] Retrouso

Nena que vendes as peras, [BIS] cantas che mandaron dar-e. (Para ti meu queridiño [BIS] non mas mandaron contar-e.) [BIS] Retrouso

Esta noite e mais a outra [BIS] e mais a outra pasada (abalei unha Pereira [BIS] que nunca fora abalada.) [BIS]

A Roda

91


SE TE CASAS EN OURENSE Popular

(Se te casas en Ourense pídelle a proba primeiro) [BIS] (da cacheiriña do porco e o bon viño do Ribeiro.) [BIS]

Se vas ao Ribeiro ao Ribeiro de Avia, se vas ao Ribeiro vai por Ribadavia, vai por Ribadavia, vai por Ventosela que hai unha morena que dá xenio vela que dá xenio vela, dá noxo mirala, se vas ao Ribeiro vai por Ribadavia.

92

(Agora xa non se leva pedirlles as fillas aos pais;) [BIS] (entrar pola porta adentro: Meu sogro, que tal lle vai?) [BIS] Retrouso

(Eu caseime no Ribeiro pola fama do bo viño) [BIS] (e o lacazán do meu sogro soio tiña un pipotiño.) [BIS] Retrouso

A Roda


A VENDIMA

Popular

(Este cantar da vendima éche un cantar vendimeiro,) [BIS CORO] (este cantar da vendima trouxérono do Ribeiro.) [BIS CORO] (Ai la lá lalá Ai la lá lalá Ai la lá lalalá La la lá lala) [BIS]

(Vendima vendimadoira, na vendima do meu pai-e,) [BIS CORO] (que o viño vai na cabaza e o pan na cestiña vai-e.) [BIS CORO] Ai la…

(Vendima vendimadoira, na vendima do meu pai-e,) [BIS CORO] (heiche de comer as uvas que outra cousa non cha hai-ee.) [BIS CORO] Ai la…

(Este cantar da vendima éche un cantar moi meiguiño,) [BIS CORO] (este cantar e da terra onde se fai o bo viño.) [BIS CORO] Ai la…

A Roda

93


OS MARIÑEIROS

Popular

Ai veñen os mariñeiros [BIS CORO] cantando nas súas dorniñas, [BIS CORO] veñen de moi lonxe todos de pescar moitas sardiñas, ai… Os meus amores, ai… Os meus amores. Non quero que saias máis de noite para ir pescar que pode arreciar o vento a piques de naufragar.

94

Cala, cala miña meiga, témonos que aproveitar, xa sabes que non hai sempre boa colleita no mar.

Co diñeiro que ti gañes [BIS CORO] adornarei a casiña [BIS CORO] e poderás recoller-e os enseres e a dorniña, ai… Os meus amores, ai… Os meus amores. Retrouso

Voga, voga compañeiro [BIS CORO] que che hei de ir a esperar-e [BIS CORO] para recollerche a pesca


e levala a subastar-e, ai… Os meus amores, ai… Os meus amores. Retrouso

A Roda

SEÑOR CURA

Popular

Señor cura, cura, cura, onde vai súa sobriña que lle quero preguntar-e como se asan as sardiñas. (Póñense no lume, bótaselles sal e cun abano veña a abanexar.) [BIS] Abanexa, abanexa, abanexa, abanexa, abanexa, abanexa, abanexa, abanexa, abanexa sardiña do mar.

(Ven, ven, ven, xarro do viño ven, ven, rica empanada ven, ven, muller honrada ven, ven e achégate a min.) [BIS] Señor cura, cura, cura, onde vai súa sobriña... Retrouso

A Roda

95


AI MARUXIÑA

Popular

Eu querer, quéroche ben e téñoche admiración, pero casarme contigo non mo pide o corazón. [2BIS] Eu querer, quéroche ben, eu téñoche admiración.

96

Ai, Maruxiña, eu ben cho dicía que o andar de noite é unha tolería. [2BIS] Ai, Maruxiña, eu ben cho dicía. Retrouso

Ai, Maruxiña, non é nada malo darlle un biquiño a un namorado. [2BIS] Ai, Maruxiña, non é nada malo. Retrouso

Ai, Maruxiña, detrás dun valado dáme un biquiño


que non é pecado. [2BIS] Ai, Maruxiña, detrás dun valado. Retrouso

Ai, Maruxiña, detrás dun codeso dáme un biquiño que eu ben cho merezo. [2BIS] Ai, Maruxiña, detrás dun codeso. Retrouso

Malvela

97


FOLIADA DE PONTEVEDRA Popular

Ten as súas rías costeiras, ai areas de Pontevedra, ten as súas rías costeiras, onde todas as mulleres son bonitas e feiticeiras. [BIS] Ailalelo ai elelalo

98

Somos do Lérez terra da gaita, moito me gusta meniña, moito me encanta. Somos do Lérez, de Pontevedra, vente comigo meniña, vente pra ela.

Ten a praia o baradeiro, a escuma que o mar salpica, ten a praia o baradeiro, onde todas as rapazas agardan os seus mariñeiros. [BIS] Aailalelo ailalalo Retrouso

E nos montes de Pontevedra ai o vento que avala os pinos, e nos montes de Pontevedra,


leva pra os que están lonxe arumes da nosa terra. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

Os Alegres

A REGUEIFA

Popular

A regueifa está na mesa [BIS] e no medio ten un ovo para cortar a regueifa veñan as de Portonovo. [BIS] Ailalelo ai lalá laaa

Se mo vedes por aí [BIS] ao borracho do meu home fai o favor de decirlle que hoxe na casa non dorme. [BIS] Ailalelo ai lalá laaa Unha vella e ben vella, [BIS] vella da cabeza branca, botou un peido na cama fixo levantar a manta. [BIS] Ailalelo ai lalá laaa

Alá vai a despedida, [BIS] despedida dunha rosa como me vou despedir-e dunha cara tan fermosa. [BIS] Ailalelo ai lalá laaa

99


PARA ONDE VAS MARÍA Popular

Ai, que me chouchan os dentes! Ai, que me comen as pulgas, ai, que me chouchan os dentes! (Rapaza, na túa cama, na túa cama tes unhas pulgas doentes.) [BIS]

100

Para onde vas María? [BIS] Veño da verdura, que ricos repolos ten o señor cura! ten o señor cura [BIS] por baixo da saia. Para onde vas María, veño da ensalada. Ten ganas de se casar-e a que casa cun viudo, ten ganas de se casar-e (fol que xa foi sacudido, miña queridiña, fariña non dá-e.) [BIS] Retrouso

Que vai á festa e non baila a vella do pelo branco, que vai á festa e non baila, (se ve tocar o ghaiteiro, Farruco Garrido, só mira pra gaita!) [BIS]


Retrouso

E veu cheo de fariña o meu home foi ao muíño, e veu cheo de fariña: (el muiñeiro non é, que diaño de home teño?, a quen se me arrima?) [BIS] Retrouso

Fuxan os Ventos

O ANDAR MIUDIÑO Popular

(Éche un andar miudiño, miudiño, miudiño, miudiño, miudiño, o que eu traio.) [BIS]

(Eu traio, unha borracheira de viño, que auga non bebo, mira, mira Maruxiña, mira, mira como veño.) [BIS]

A Roda

101


O VIRA VIRA

Popular

Veño da terra do ouro, veño da terra dourada, veño da terra dos homes, pero non veño casada. [BIS] Ailalelo, ailalalo

Adiós, rapaciña, adiós, eu para ti xa non era, anque máis altos navíos navegan con menos vela. [BIS] Ailalelo, ailalalo

102

E vira e vira, senón viro eu; teu pai é meu sogro, teu amor son eu. [2BIS] E vira e vira, senón viro eu.

Eu caseime por un ano por saber que vida era; agora o ano acabouse, solteiriña quen me dera! [BIS] Ailalelo, ailalalo Dices que te vas, te vas; xa te podes ir indo;


se te foras hai un ano, xa me tiñas esquecido. [BIS] Ailalelo, ailalalo Retrouso

Fuxan os Ventos

A SANTA LILAINA

Popular

(Sempre me andas preguntando de que romería veño, veño de Santa Lilaina de Santa Lilaina veño.) [BIS] (Heiche de tocar as cunchas miña carrapucheiriña, heiche de tocar as cunchas naquela carballeiriña.) [BIS] (O cura ten un paxaro, non sei que paxaro é, alá pola media noite pónse o paxaro de pé.) [BIS]

(Non me toques na barrigha que me doi que me atormenta un pouquiño máis abaixo na caixa da farramenta.) [BIS]

Pallamallada

103


OS DE MARÍN

Popular - P. Romo

(Nosa Señora do Carme que nos dea o vento en popa,) [BIS] que somos os de Marín e temos a vela rota. E temos a vela rota e non nos quedan estrobos (porque de tanto remar-e foron rompéndose todos.) [BIS]

104

Polo mar abaixo vai unha troita de pé, corre que te corre, quen a puidera coller, [BIS] quen a puidera pillar. Polo mar abaixo vai unha troita de pé.

(Que vida máis escraviña a vida dos mariñeiros,) [BIS] (veñen cansados do mar-e e mollados dos salseiros.) [BIS] Retrouso

Os Tamara


FOLIADA DE SANTIAGO Popular

(Se vas polas Praterías a rezar á Corticela) [BIS] (tomarás auga bendita dos cabaliños de pedra.) [BIS]

Polo Sar abaixo vai unha troita de pé, corre que te corre quen a puidera coller, quen a puidera coller, quen a puidera pillar, a cabalo dela ir á beiriña do mar. (Hai un carreiro de estrelas que vai ao longo do ceo,) [BIS] (é o que me leva a Santiago a ganar o xubileo.) [BIS] Retrouso

(Benditos os santiagueses que souberon darse maña) [BIS] (para gardar no Libredón ao Santo Patrón de España.) [BIS] Retrouso

Os Areeiras

105


MUIÑADA

Popular

Era unha noite de chuvia e de frío a que eu pasei, no muíño do río. Toda contenta empecei a cantar, pra non ter medo e a noite pasar. Dum, dum, petan á porta, saio a correr: é Marquexiño que viña moer!

Viña cun conto, levado do demo, cousas que as mozas, moitas non queremos. O pillo decía: eu quero moer, no muíño do río, hoxe ten que ser!

106

No meu muíño non moe ninguén, todos o queren porque moe ben!

Que moe ben, dirano os tolos, pro, polo visto, non moe para todos! E se ti queres, pra min moerá e se non queres, xa che pesará! E, se me pesa, hei de pousar pero, por ti, non hei de chamar!

Pero Marquixe, como é «caradura» foise achegando e colleume a cintura. Eu teño xenio, logo me enfadei, co aliviadoiro, no lombo lle dei!


Boteino fóra e cerreille a porta porque pensei que lle daba unha volta. Pobre Marquixe, que mal lle saleu, que levou na chepa e mais non moeu!

Fuxan os Ventos

PANDEIRADA DO GROVE Popular

Pasei un día no Grove, [BIS] nunca o poderei olvidar-e, non hai rico nin hai probe [2BIS] que non saiba pandeirar-e. Ai la la la la la, ai la la la la la escomencemos a pandeirada, escomencemos o baile xa. O paxaro cando chove [BIS] mete o rabo na silveira, así fai a boa moza [2BIS] cando non ten quen a queira. Retrouso

Non teño medo aos teus ditos, [BIS] nin medo dos teus enredos que ando cunha vacaloura [2BIS] e catro dentes de allo. Retrouso

107


FALEMOS GALEGO

Popular

Sabedes que está de moda entre vellos e «yeyeses» a canción galega nova que ata cantan os ingleses. Nós estamos satisfeitos da nosa fala natal e rendímoslle homenaxe no tempo do carnaval, carnaval.

Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel cantades galego facedes moi ben, como xa fixeron os da vella ola falemos galego na rúa e na escola.

108

Un recordo pracenteiro para novas amistades que cantaban en galego aló polas Baleares. Non estamos moi de acordo cos que cantan por aí a cantiga da beiriña no galego de Madrid, de Madrid. Retrouso


Os Tamara alá moi lonxe cántanlle ao Santiaguiño e dinlle aos casteláns que ten forza o galeguiño. O galego non é novo que é máis vello que a requisa, pois xa o cantaban os cregos cando inventaron a misa, a misa. Retrouso

A Roda

109


LÉVAME

Popular

(Lévame, lévame, lévame, lévame á beira do mar, nunha noite prateada, noite dun craro luar. Quero ver os mariñeiros cando están a devandar e o cantar dos mazaricos que eu tamén quero escoitar.) [LENTO] (Lévame, lévame, lévame, lévame á beira do mar, lévame, meu queridiño Que eu tamén quero bailar) [BIS]

110

(Quero bailar,… quero bailar,… quero bailar,…quero bailar…

Eu quero bailar, eu quero bailar Eu quero bailar contigo na ría Eu quero bailar, eu quero bailar Eu quero bailar en Vilagarcía.) [BIS] Onde vas, meu queridiño? Onde vas, meu caravel? Vou buscar berberechiños para darlle ao meu querer [BIS] para darlle ao meu amor. Onde vas, meu queridiño? Onde vas meu corazón?


(Lévame, lévame, lévame, lévame á beira do mar, lévame, meu queridiño que eu tamén quero bailar.) [BIS] Retrouso

A Roda

RIBEIRANA

Popular

Vexo Vigo, vexo Cangas, [BIS] tamén vexo Redondela, (vexo a ponte de San Paio camiño da nosa terra.) [BIS] Ai la lá lara lai la lá la [3BIS] Rosiña miña Rosiña, [BIS] Rosiña miña roseira, (dáme un caravel Rosiña da túa caraveleira.) [BIS] Retrouso

Para Vigo vou chorando, [BIS] para Santiago rindo (que me quedan os amores na miña cama durmindo.) [BIS] Retrouso

Os Rosales

111


VIVA O AMOR

D. R. - X. L. Blanco

Agora que vivo tan namorado xa todo me parece máis bonito, pois teño o corazón roubado e son tan feliz coma un rapaciño. Que importa que ela sexa un pouco fea ou teña no nariz unha berruga… Se estou tolo, que carai! Non me importa o que dirán, será dela o meu cariño e nada máis. Namoreime, si señor e vivo con emoción, non hai nada como vivir con amor.

112

Cando bailei con ela pola festa a xente non nos quitaba os olliños e foi según dixeron malas linguas porque ela ten bigote nos fuciños. Que importa que sexa trenca das pernas ou sexa un pouco chosca dun ollo… Retrouso

O día que poida levala á feira xuntos sacaremos un retratiño e se a máquina aguanta de nós


despois enmarcareino nun cadriño. Que importa que se rían os amigos pois eles do amor non saben nada… Retrouso

Castaña

JOTA DE RONDADORES Popular

(Se queres que vaia e veña, meniña, ao teu lughar-e,) [BIS] (has de prender a cadela, que non fai senón ladrar-e.) [BIS] Trailalala, trailalala,...

(A túa porta, meniña paseina pedra por pedra;) [BIS] (aluméame, Manueliña, na ventana cunha vela.) [BIS] Trailalala, trailalala,...

(Pasei pola túa porta, escorreghei, caín na lama;) [BIS] (veño aghora de dormir-e, nena, contigho na cama.) [BIS] Trailalala, trailalala,...

Xistra de Coruxo

113


ÁRDELLE O EIXE

Popular

Ai se queres que o carro cante, ai móllalle o eixe no río e despois do eixe mollado, ai canta coma un asubío. [BIS] Ai elelo ai elelalo

Árdelle o eixe, árdelle o carro, árdelle o eixe, hai que mollalo, hai que mollalo, hai que mollalo, árdelle o eixe, árdelle o carro. Árdelle o eixe, árdelle a buxa, móllao no río para que non fuxa, para que non fuxa, para que non fuxa, árdelle o eixe, árdelle a buxa.

114

Ai para cuñas pau de toxo, ai para eixe do carballo, ai para contentar as nenas, ai a cabezalla do carro. [BIS] Ai elelo ai elelalo Retrouso

Ai o río cando vai cheo, ai leva carballos e follas e tamén podía levar-e, ai as linguas murmuradoras. [BIS] Ai elelo ai elelalo Retrouso

A Roda


LABREGOS

M. María

Toda a miña xente de labregos foi xunguidos a terra con xugo de boi. [BIS] Meu pai é labrego, tamén meus avós, pasáronse a vida tripando terrós. [BIS]

Meu pai é labrego, labrego naceu e labra nos eidos traballando a treu. [BIS] Meu pai é labrego, labrego naceu, meu pai é labrego sen terra de seu. [BIS] Meu pai é labrego, labreguiño eu son, pasarei a vida xunguido ao terrón. [BIS]

Toda a miña xente de labregos foi xunguidos á terra con xugo de boi. [BIS] Meu pai é labrego, labreguiño eu son, pasarei a vida xunguido ao terrón. [BIS]

Fuxan os Ventos

115


FOLIADA DE NADELA Popular

Zapatos de chiculate tenos a miña cadela pra levar as ovelliñas ás feiriñas de Nadela. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Aló vén o gaiteiro por detrás do pinar, ata os pinos lle axudan á gaitiña a tocar, [2BIS] aló vén o gaiteiro por detrás do pinar.

116

Indo eu pra non sei onde, vendo eu a non sei quen-e, na porta de xa me entendes... non me poido acordar ben-e. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso

Andivecheste alabando polos muíños moendo, que te casabas comigo e iso era en eu querendo. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso


A rula vaise queixando, que lle levaron o niño, quen cho mandou facer rula tanto á beira do camiño? [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso

Algún día ben pensaches do meu corazón ter froles, agora vai aos codesos que chos hai nos arredores. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso

Fuxan os Ventos

117


CANTIGA DE LAÍÑO Popular

(Elas eran de Laíño, elas de Laiño son-e,) [BIS] (collen o xunco na braña van vendelo a Padrón-e.) [BIS] Ai elelo ai elelo Ai elelo ai elalo

(Como chove miudiño, como miudiño chove) [BIS] (pola banda de Laíño, pola banda de Lestrobe.) [BIS] Ai elelo ai elelo Ai elelo ai elalo

118

(Pasei pola túa porta pedín auga e non ma deches.) [BIS] (Válgame, Deus, queridiña, que soberba te fixeches!) [BIS] Ai elelo ai elelo Ai elelo ai elalo (Sempre estás voume que voume, xa te puideches ter ido,) [BIS] (se te foras hai un ano xa me tiñas esquecido.) [BIS] Ai elelo ai elelo Ai elelo ai elalo

A Roda


VILAGARCÍA

Popular

(Vilagarcía de Arousa ben te podes alabar-e,) [BIS CORO] (Santiago con ser Santiago non ten portiño de mar-e.) [BIS] Pin pin veño de Marín, pin pin vou para Bueu, pin pin non te cases nena, pin pin que che quero eu, [2BIS] pin pin veño de Marín, pin pin vou para Bueu.

(Fuches a Vilagarcía, fuches e non viches nada,) [BIS CORO] (non viches bailar o sol-e nunha mazá colorada.) [BIS] Retrouso

(Os sonos de quen nasceron nas beiras da túa ría) [BIS CORO] (e o bico que deixa a escuma nas praias Vilagarcía.) [BIS] Retrouso

Xocaloma

119


A TARDIÑA NA VIÚVA Popular

Ora que estamos chegando botarémoslle unha canta [BIS] para que digan as mozas son de Boiro os que cantan. [BIS] O Viño branco é meu primo e o tinto meu parente, non hai sitio no meu corpo onde meu primo non entre.

Era o viño miña nai, era o viño, era a cousa que eu máis desexaba, só por morte miña nai, só por morte, só por morte ao meu primo deixaba.

120

Miña curmá a augardente pelexábase co leite, meu albariño dourado, meu compañeiro de sempre. Retrouso

Condado bo guerrilleiro contra a tristura tirana, o meu amor do ribeiro queimando as penas da ialma. Retrouso

A Roda


FOLIADA DE CARRAMALES Popular

(Aldea de Carramales, aldea que todo ten-e,) [BIS] boas mazás, boas peras e boas mozas tamén-e. [BIS] Ai lalelo ai lalála

Dáme Carmela un bico pequeno. Non cho dou queridiño téñoche medo, téñoche medo, téñoche medo. Se non mo dás Carmela, xa non te quero. (Carmela pegou un chimpo na carballeira de baixo) [BIS] porque lle picaba un toxo que levaba no refaixo. [BIS] Ai lalelo ai lalála Retrouso

(Marín ten bos mariñeiros, tamén os ten Estribela) [BIS] e pra encantiños dos homes as mozas de Pontevedra. [BIS] Ai lalelo ai lalála Retrouso

A Roda

121


O CANECO

Popular

Miña nai a min berroume por botar un ferrancholo, se o botei feixen ben tamén o botou Manolo. Tamén o botou Manolo, tamén [o botou Manolo. Miña nai a min berroume por botar un ferrancholo.

E súmballe o caneco e o caneco sumba e súmballe o caneco e o caneco [sumba, sumba. E súmballe o caneco e o caneco sumba e súmballe o caneco e o caneco [sumba, sumba.

122

Vindo dos polbos da illa parei no medio do mar-e, agora dime rapaza cantos polbos che hei botar-e, cantos polbos che hei botar, cantos [polbos che hei botar-e. Vindo dos polbos da illa parei no medio do mar. Retrouso


Boteiche un polbo na saia tĂşa nai ben me mirou-e, agora vaite queixar-e ao cono que te botou-e. Ao cono que te botou, ao cono [que te botou. Boteiche un polbo na saia tĂşa nai ben me mirou. Retrouso

Muxicas

123


MIÑA NAI

Popular

Miña mai por me casar-e ofreceume canto tiña, (e agora que me casei pagoume cunha galiña.) [BIS]

Miña mai por me casar-e ofreceume unha becerra, (e agora que me casei díxome que lle morrera.) [BIS]

Miña mai por me casar-e ofreceume tres ovellas, (unha manca, outra torta, outra cega e sen orellas.) [BIS]

Miña mai por me casar-e ofreceume un año tolo (e agora que me casei dixo que o comera o lobo.) [BIS]

124

Miña mai por me casar-e ofreceume bois e vacas (e agora que me casei deume unha cunca de papas.) [BIS] Miña mai por me casar-e e meu pai por me dar o dote (armaron unha regueifa, rompéronlle os pés ao pote.) [BIS]


Teño penas é alegrías, teño dous males a un tempo, (cando a pena me mata, a alegría dáme alento.) [BIS]

Fuxan os Ventos

FOLIADA DE ASÉN

Gaiteiro O Pedrouso - Popular

Ai teño unha moza en Asén, ai outra no Castiñeiriño, ai quérolle máis á de Asén ai porque dorme no muíño. [BIS] Ai la lelo ai la la lá la Ai unha vella nunha fonte, ai por unha berza bebía, ai a berza estaba rachada, ai toda a augha lle vertía. [BIS] Ai la lelo ai la la lá la Ai se queres eiquí, eiquí, ai se queres alá, alá-e, ai se queres na túa porta, ai na túa porta será-e. [BIS] Ai la lelo ai la la lá la

Durindaina

125


JOTA DE FONTENLA Popular

A lúa vai en culuna, meu amor, vámola ver-e, ai meu amor, vámola ver-e. Non hai sol que cheghe á lúa, nin ela sabe querer-e, ai nin ela sabe querer-e.

Ai, Ricardo come o caldo. Non o quero, mamá, que me escaldo. Ai, Ricardo bebe o viño. Non o quero, mamá, que é pouquiño. Ai cun anaco dun petillo [BIS] e unha copa de aughardente e un abrazo dunha mociña, ai xa marcha un home quente. [BIS] Ai lalelo ai lalele lalo

126

Ai as rapazas deste pueblo, [BIS] ai todas moi bonitas son. Ai quen mas dera ver no campo, ai a tirar polo leghón. [BIS] Ai lalelo ai lalele lalo

Ai miña nai mandoume á herba. [BIS] Ai váiase á merda o fouciño! Ai ben me podía mandar-e a furar a pipa do viño. [BIS] Ai lalelo ai lalele lalo


Ai como te pille na eira, [BIS] ai como te pillei máis veces, ai heiche de meter no corpo unha herba pra nove meses. [BIS] Ai lalelo ai lalele lalo Ai o paxaro de María [BIS] foime ás uvas ao meu bacelo. Todos os paxaros teñen plumas, ai o de María ten pelo. [BIS] Ai lalelo ai lalele lalo

Xistra de Coruxo

127


A MIÑA BURRIÑA

Popular

A miña burriña cando vai pra o muíño toda enfariñada cheíña de frío, cheíña de frío e máis de xeada, a miña burriña, sempre vai cargada. Eu caseime por un ano, por saber que vida era, (o ano vaise acabando, solteiriña, quen me dera!) [BIS] Retrouso

Anque vou pró fiadeiro non vou por fiar na roca, (vou para tocar o pandeiro, que esta noite a min me toca.) [BIS] Retrouso

128

Esta noite hei de ir a verte, meniña non teñas medo, (déixame a porta trancada cunha palla de centeo.) [BIS] Retrouso

Esta noite e mais a outra e mais a outra pasada (abalei unha Pereira, que-e nunca foi abalada.) [BIS]


Retrouso

Esta noite hai unha fía e tamén unha espadela, (bóteme o caldo mi madre que eu tamén quero ir a ela.) [BIS] Retrouso

O PANDEIRO DE MARICA Popular

(Marica non ten pandeiro e non vai á romería;) [BIS] (mercar, mercar, mercarallo, mercarallo a súa tía.) [BIS] (Marica xa ten pandeiro e xa vai á romería,) [BIS] (como non sabe tocalo tocarallo a súa tía.) [BIS]

(Como non sabe tocalo Marica vende o pandeiro;) [BIS] (mercar, mercar, mercarallo o que pague máis diñeiro) [BIS]

(O pandeiro de Marica foino mercar un moinante,) [BIS] (tocar, tocar, tocarallo, tocarallo ata que aguante.) [BIS]

Charanga de Mozos e Vellos

129


TERRA DE MARAGATOS Popular

(Funme casar á montaña, que é terra de maragatos, déronme unha muller vella toda rillada dos ratos.) [BIS]

(Eu caseime cunha vella porque tiña o coiro duro e os condenados dos ratos furáronchelle o bandullo.) [BIS]

(Unha vella fixo papas e o pote botoullas fóra, hai un ano que foi iso e aínda hoxe a vella chora.) [BIS] (Agora xa non se usa matar as pulgas coa uña, métense nunha burata e dáselle cunha cuña.) [BIS]

130

(Eu caseime cunha vella por causa da fillarada e vai o demo da vella trouxo dez nunha niñada.) [BIS]

Charanga de Mozos e Vellos


A GALIÑA E OS PITIÑOS Popular

O ghalo canta, a ghaliña chora polos pitiños que dormen fóra (Banana eó! Banana eó! Banana eó! Eó! Banana eó!) [BIS]

Pelotas é un estado é un estado que hai no Brasil, (meu tío que é brasileiro baila en pelotas no mes de abril.) [BIS] Retrouso

Banana non ten caroso, non ten caroso, non ten, non ten, (tamén a carne sen óso non ten caroso e mais sabe ben.) [BIS] Retrouso

Estaban dous namorados moi arrimados no bananal, (o moso que era traveso foise arrimando sen faser mal.) [BIS]

(O ghalo canta, a ghaliña chora polos pitiños que dormen fóra.) [BIS]

A Requinta da Laxeira

131


A VASOIRA

Popular

O patrón mandoume embora [BIS] e non foi por cousa mala, foi por lle mollar a pluma [BIS] no tinteiro da criada.

(Miña vasoira, vasoira miña, hai moito tempo que non barres a cociña,) [BIS] barre, barre, miña vasoiriña, barre, barre, vasoiriña miña, na cama, na cama, na cama fai calor, na cama, na cama, na cama está mellor. O patrón cando vai fóra [BIS] déixalle dito á criada: Veña tarde veña cedo [BIS] déitate na miña cama.

132

Retrouso

Pretendinte e non quixeches, [BIS] heite volver pretender-e, ningunha lebre se escapa [BIS] se o galgo sabe, sabe correr-e. Retrouso


Se me dás o chuchamelo [BIS] que tes debaixo da saia dareiche o San Antoniño [BIS] todo cheíño de barba. Retrouso

Na cama, na cama,…

Luada

ALALÁ DE PADRÓN Popular

Teño unha moza en Padrón que tamén é pimenteira, cando vou vela de noite, ai la lai la lai la lá, ládrame o can dende a eira. Chegaron as pimenteiras, hai alegría na praza, vou ver se chegou con elas, ai la lai la lai la lá, tamén a miña rapaza. Heiche de roubar un bico, mira que cho hei de roubar a carón da túa porta, ai la lai la lai la lá, sen que me vexa teu pai-e.

A Roda

133


FOLIADA DO RUEIRO Popular

Santiago de Compostela moi mollado tes que estar, Santiago de Compostela, por un lado tes o Sar polo outro o Sarela. [BIS] Aielelo aielalo

(Fun polo Rueiro, fun por Figueiriñas, fun e no camiño unha moza atopei, non sei se era fada ou unha meiga sería, pois daquela moza eu me namorei.) [BIS] Dende o Lermo ata o Rueiro serpentea maino o río, dende o Lermo ata o Rueiro tamén vou serpenteando tras dun amor verdadeiro. [BIS] Aielelo aielalo. Retrouso

134

Nunha noite de trebón pasei a ponte do Carme, nunha noite de trebón e tan cheo o río ía que me mollei os calzóns. [BIS] Aielelo aielalo. Retrouso

Luada


OS CAPADORES

Popular - R. Cinza-M. Sanjurjo

Pra capar un xato disque non fai falla ter bacharelato. I es que eses no tienen el títalo que o títalo témolo nós, (que andamos polas aldeas chifla que chifla, Ave María, válgame Dios.) [BIS]

O outro día capando un carneiro fodéronlle un ollo ao meu compañeiro. Retrouso

A noite pasada na casa de Xoán caparon a ghata no sitio do can. Retrouso

Aínda hoxe foron outros catro e mataron a vaca que estaba de parto. Retrouso

Outra noite capando una porca quedoulles tan tesa que a deixaron morta. Retrouso

Saraibas

135


O VIVIR EN VIGO

Popular

O vivir en Vigo que bonito é! andar en parranda e durmir de pé, e durmir de pé e durmir de pé, o vivir en Vigo que bonito é!

(Bebín un viño albariño por ver se me consolaba,) [BIS] (e o viño como era novo, e o viño… e o viño como era novo ao ilo beber choraba.) [BIS] Retrouso

(Teño unha vaca marela, e un galo cantareiro,) [BIS] (e unha galiña con pitos, e unha ga… e unha galiña con pitos e un bo viño do Ribeiro.) [BIS]

136

Retrouso

(Unha meniña choraba, arriñadiña a un palleiro,) [BIS] (Tiña a gaitiña na man-e, tiña a gai… tiña a gaitiña na man-e e faltáballe o gaiteiro.) [BIS] Retrouso


(O río cando vai cheo leva carballos e follas,) [BIS] (tamén podía levar-e, tamén po… tamén podía levar-e as linguas murmuradoras.) [BIS] Retrouso

Colectivo Trebón/Suso Vaamonde

MUIÑEIRA DO SANTO AMARO Tradicional

(Señor cura, señor cura, [BIS] a doutrina non lla sei, pídame unhas cantiguiñas [BIS] que eu llas repinicarei.) [BIS] (Moza bonita no mundo [BIS] non debera de nacer, porque fai como a mazá [BIS] todos a queren comer.) [BIS]

(Ser solteiro é boa cousa [BIS] e ser casado tamén, deixarei pra cando morra [BIS] pensar no que me convén.) [BIS] (Por dicir: Viva San Roque! [BIS] prenderon o meu irmán, agora que o soltaron: [BIS] Viva San Roque e o can!) [BIS]

Treixadura

137


O ARADIÑO

M. María/A. Campelo

Labrado da miña mau fixen coa miña navalla un aradiño de pau. [2BIS]

Leva temón e chavella e unha rella furadora feita cunha lata vella. [2BIS]

Ten orelleira, rabela tan luída e rematada que namora mirar pra ela. [2BIS] O meu arado é tan feito que pode incluso esfender labradíos a barbeito. [2BIS]

Teño xa que darlle estreno ao meu arado arador, ao meu arado pequeno. [2BIS]

138

E non sei onde hei de ir buscar os bois que preciso, buscar os bois pra xunguir. [2BIS] Labrado da miña mau fixen coa miña navalla un aradiño de pau. [2BIS]

Fuxan os Ventos


OS VELLOS

Popular

(Un vello e mais unha vella ai fixeron unha trasnada,) [BIS] (empezaron a brincar-e ai e quedaron na estacada.) [BIS]

Os vellos non valen para certos traballos, o demo os atenta a meterse en fregados, meterse en fregados mellor lle sería cun prato de papas quentar a barriga. (Dúas vellas garuleiras ai andaban buscando home) [BIS] (e dicíalle unha á outra, ai xa escampará se non chove.) [BIS] Retrouso

(Miña sogra ao peneirar-e ai todo o corpo sarandea,) [BIS] (rabea por ter un home, ai está caendo de vella.) [BIS] Retrouso

(Eu caseime cunha vella ai seique o demo me atentou-e,) [BIS] (alá pola media noite ai na cama se esfurricou-e.) [BIS] Retrouso

A Roda

139


VAITE LAVAR

Popular

Estudié para ladrón y conseguí la carrera; el primer robo que hice fueron tus ojos morena. [2BIS CORO] Estudié para ladrón y conseguí la carrera.

Vaite lavar porcona, vaite lavar, se non che chega o río tírate ao mar, tírate ao mar porcona, tírate ao mar, vaite lavar porcona, vaite lavar. El ladrón piensa en el robo, el asesino en la muerte, el preso en la libertad y yo morena en quererte. [2BIS CORO] El ladrón piensa en el robo, el asesino en la muerte.

140

Retrouso

He visto unos ojos negros en una cara morena que si no son para mi que se los coma la tierra. [2BIS CORO] He visto unos ojos negros en una cara morena. Retrouso


A muller do ferreiriĂąo non hai muller coma ela, de dĂ­a malla no ferro de noite o Ferreiro nela. [2BIS CORO] A muller do ferreiriĂąo non hai muller coma ela. Retrouso

Charanga de Mozos e Vellos

141


OS BISTÉQUELES

Popular

E o home ten… e o home ten un pausiño regordiño e redondiño co que bate na muller. E a muller… e a muller ten unha raxa que xuntos os dous na casa danse gusto canto quer. (Que ricos son los bistéqueles fritidos con las patácalas, carrallo como te atrácalas, aspérame que voy con tu.) [BIS] Die pieuguiño, die pieugallo Santo Antonio do machado feito de pau de sanguiño dáme forzas no carallo coma o porco no fuciño.

142

Retrouso

E o home ten… Retrouso

A Roda


FOLIADA DE BARROSO Popular

Con piñeiros arredor-e teño unha casa no monte, con piñeiros arredor-e (e unha ponte e un salgueiro, miña nena, onde canta o reiseñor-e.) [BIS] Aquel paxariño era bonitiño, viña da ribeira da beira do Miño. E como lle chaman? Chámanlle Pepiño. Que bonito nome ten o paxariño! (Paxariños que alegres cantades entre as follas dos loureiros e subides polos amieiros a buscar a raíña do sol.) [BIS]

Non sexas tan presumida se queres casar Rosiña, non sexas tan presumida (non te deixes engañar-e, miña nena, se queres ser pretendida.) [BIS] Retrouso

A Roda

143


O INCENDIO DA PORTA DO SOL Popular

Cando foi do incendio que houbo na Porta do Sol ardeu a reloxería e o quiosco do maricón, (ardéronlle as bananas, recoño, as mazás e os melocotóns.) [BIS]

Quen se alegrou moito disto foi a prima chopeteira que para mirar o incendio asubiuse a una escaleira, (para mirar como ardía, recoño, o quiosco na parte traseira.) [BIS]

144

Chegaron os bombeiros, levaron un sofocón, escomezaron a busca soio atoparon limóns (e Maximino dicía, recoño, esta foi a miña perdición.) [BIS]

Cando chegaron alí xa estaba todo apagado e as tetillas andaban por enriba do tellado (e Maximino dicía, recoño, este incendio foi intencionado.) [BIS]


Maximino apurado parecía don Tomás, a xente lle preguntaba: Ti onde carallo vas? (Vou mirar o quiosco, recoño, que me ardeu pola parte de atrás.) [BIS] Cantadeiras do Berbés

SAN FINS DO CASTRO Popular

(Pensa miña nai que estou, ui ai ai pescando na Carballeria,) [BIS] (e estou no San Fins do Castro, ui ai ai bailando unha muiñeira.) [BIS] (A miña nai porque puido, ui ai ai fixo unha casa na illa,) [BIS] (para ver os de Neaño, ui ai ai como pescan a sardiña.) [BIS]

(O cura de Corme é xastre, ui ai ai malpicano é mariñeiro,) [BIS] (o de Pazos labrador, ui ai ai e o de Cesullas gaiteiro.) [BIS] (A miña nai porque puido, ui ai ai fixo unha casa na illa,) [BIS] (para ver os de Neaño, ui ai ai como pescan a sardiña.) [BIS]

Treixadura

145


FOLIADA DE PORTONOVO Popular

(Eu pasei o Portonovo nunha lanchina motora,) [BIS] (fun solteiro e vin casado, meu ben, máis valera que non fora.) [BIS] (Rapaciña se vas á beiriña do mar non te fies do vento mareiro que a lanchiña que vai pola ría a pescar co ventiño pode naufragar.) [BIS]

(O crego vendeu a burra por non lle dar a cebada,) [BIS] (agora vai aos enterros, meu ben, dacabalo da criada.) [BIS] Retrouso

(Se queres que brille a lúa pecha os ollos meu amor-e) [BIS] (pois mentres os tes abertos, meu ben, a lúa pensa que hai sol-e.) [BIS]

146

Retrouso

A Roda


DÁME LUME SARA

Popular

Dáme lume Sara polo vertedeiro, dáme lume Sara que son mariñeiro. Se eres mariñeiro non me importa nada as mociñas novas déitanse na cama. As rapaciñas da Ghuarda sonche de moito palique, elas botan o anzuelo quen queira picar que pique. [BIS] Ai lalelo ai lalá lo Retrouso

Non te cases queridiña co mariñeiro do mar-e, arma a vela e arma a vela e vai cara ao seu lughar-e. [BIS] Ai lalelo ai lalá lo Retrouso

El mariñeiro al domingo buen zapato y buena media, el lunes por la mañana descalcito por la arena. [BIS] Ai lalelo ai lalá lo Retrouso

Xistra de Coruxo

147


FOLIADA DE CORME Popular

Saín de Corme con día, anoiteceume en Carballo. Ás fillas da miña nora que lle quiten o meigallo. Ailalelo, ai lalálo

Por ir de noite caín na lama por unha nena que namoraba, foi pola noite, se vou de día tapeleaba mais non caía. Retrouso

Veño da Virxe da Barca, vou para a Virxe do Monte, barqueiriño de Muxía pásame antes que sexa noite. Ailalelo, ai lalálo Retrouso

148

Santo Cristo de Fisterre, santo da barba dourada, deixa pasar as parellas que van para Touriñana. Ai lalelo, ai lalalo. Retrouso


E pasarei Ortegal-e e chegarei ata Bares, por ti meu amor querido cruzarei todos os mares. Ailalelo, ai lalálo

Semente Nova

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

Popular/J. Travieso

Catro vellos mariñeiros, [BIS] todos metidos nun bote. (Boga, boga, mariñeiro, imos pra Viveiro, xa se ve San Roque.) [BIS] Ailalelo ...

Os mariñeiros traballan [BIS] de noite coa luz da lúa. (Dá gusto velos chegar-e pola mañá cedo cheirando a frescura.) [BIS] Ailalelo ...

Levo sardiña e bocarte, [BIS] vendo xurelo pequeno. (Rapaciña de Viveiro ven buscar o lote do teu mariñeiro.) [BIS] Ailalelo ..

A Roda

149


CANTAR DE ARRIEIRO Popular

O cantar do arrieiro é un cantar moi baixiño, cántano en Ribadavia, resoa no Carballiño.

Xa me compraban a ghaita e eu non a quixen vender porque a miña ghaitiña é da miña muller; [2BIS] xa me compraban a ghaita e eu non a quixen vender. Non te cases co arrieiro que leva a vida penada, nin oe misa no domingo, nin dorme sono na cama. No me la vendas marido, no me la vendas por Dios porque a túa ghaitiña la tocamos los dos; [2BIS] no me la vendas marido, no me la vendas por Dios.

150

Lévame no carro, leva, arrieiriño das uvas, lévame no carro, leva, comerei das máis maduras. Mas me valiera morena, mas me valiera tener a tu madre por suegra


y a ti por mujer; [2BIS] mas me valiera morena, mas me valiera tener.

Ardentía

O SANCRISTÁN DE COIMBRA Popular

(O sancristán de Coimbra facíame mil diabluras:) [BIS] (mollaba o pan en aceite, deixaba os santos a escuras.) [BIS]

(E bate fado, e bate ben, ti eres a causa do meu desdén.) [BIS] (Eu quixera ser merliño e ter o pico encarnado) [BIS] (para facer o meu niño no teu cabelo dourado.) [BIS] Retrouso

(O mar tamén ten amores, o mar tamén ten mulleres,) [BIS] (está casado coa area, dálle bicos cantos quere.) [BIS] Retrouso [BIS]

Luada

151


CANTINELA DO PIEPE Popular

O meu fillo Piepe como é tan agudo tomaba as medidas por un garabullo. Ai chingala, chingala, chingala, ai chingala, chingala, cha. [BIS]

Ten moita alegría, ten moita fachenda, o meu fillo Piepe vai coser á tenda. Retrouso

Ao señor abade fíxolle un calzón, no medio do cu pegoulle un botón. Retrouso

Ao señor abade fíxolle a levita, no medio do colo mangoulle unha cinta. Retrouso

O meu fillo Piepe como era tan listo saiu retratado na caixa dos mistos. Retrouso

152

A Roda


A RIANXEIRA

X. Frieiro

A Virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira, [BIS] descalciña pola area, parece unha rianxeira. [BIS]

Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van. Non te embarques rianxeira, que te vas a marear. A Virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo, a barquiña que a trouxo era de pau de laranxo. Retrouso

A Virxe de Guadalupe quen a puxo moreniña? [BIS] Foi un raíño de sol que entrou pola ventaniña. Retrouso

Orquesta Compostela

153


FOLIADA DE AMOEIRO Popular

Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita xá podedes bailar. [2BIS] Alá vai o gaiteiro Alá vai alá vai.

Ai mozas do Chan de Amoeiro, ai cantai alto, cantai alto, ai mozas do Chan de Amoeiro, ai que vos sinta o meu querer-e, ai cando vai pró fiadeiro. [BIS] Ai lalelo, ai lalalo Retrouso

Ai caben nunha saquetiña, ai teño un saco de cantios, ai caben nuhha saquetiña Ai non me esteas enfadando, ai que desato a baraciña. [BIS] Ai lalelo ai lalalo

154

Retrouso

Ai bebe na fonte de prata, ai paxariño pico de ouro, ai bebe na fonte de prata,


Ai coitadiña da neniña, ai que por amores se mata. [BIS] Ailalelo ai lalalo Retrouso

Coral de Ruada

FOLIADA DA PEROXA Popular

Festa do San Amariño, festa, festiña de Oira, festa do San Amariño, naquel campo tan fermoso ata baila o río Miño, [BIS] ai la le lo, ai la la la. Que é un santo milagreiro, vamos ao San Amariño, que é un santo milagreiro; non faltará boa vitela e bo viño do Ribeiro, [BIS] al la le lo, ai la la la.

Vamos se se nos antoxa, vamos ao San Amariño, vamos se se nos antoxa, mais pra festa e boas mozas non vos hai como A Peroxa, [BIS] ai la le lo, ai la la la.

Coral de Ruada

155


JOTA DE MALPICA

Popular

O que anda por Pontella trata de roubar ao rico, á señora Rufaela e mais ao señor Xacinto.

E Avaristo do Monte e o Cabazo do Ramas, (o que tal de xente rouba vai pola caixa das almas.) [BIS] Ai lalá laralá …

Anduvécheste alavando que teu pai era moi rico, a riqueza do teu pai-e leva o corvo no pico.

Din que Pontella é rico, mentiu ben quen o dixo (que aínda o día de San Blas-e festexaron en Santiso.) [BIS] Ai lalá laralá …

156

Voume por aquí abaixo como quen non quere a cousa, voulle dicir a meu pai-e que tén as vacas na chousa.


Tate aquí Pepe e non marches, que imos facer o guisado (con grilos da borralleira, caracoles do valado.) [BIS] Ai lalá laralá…

Dicen que la pena mata, yo no sé si será cierto, que si la pena matara a mi me tenía muerto.

Arrimeime a un pino verde por ver se me consolaba, (o pino como era verde en vez de cantar choraba.) [BIS] Ai lalá laralá…

O Fiadeiro

157


AI RIANXO

Popular

Ai Rianxo, Rianxo páxaro pinto, a ganancia do peixe xa se vai indo; xa se vai indo Rianxo, xa se marchou ai Rianxo Rianxo, quen a levou? Polo muelle de Tanxil vin saltar unha cabala; mariñeiros de Rianxo vinde largar a secada. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso

Polo día ando ao xeito, ao bou e mais a rapeta, como son bo mariñeiro pola noite na taberna. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso

158

Para ser bo mariñeiro hai que nacer en Rianxo e comer o pan de broa para ter o peito ancho. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso


Teño un amor en Rianxo, outro en Vilagarcía para ver aos meus amores teño que cruzar a ría. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso

O Fiadeiro

159


ROMANCE DA SOLTEIRIÑA Popular

Déixeime ir, mi madre, beilar ao turreiro, que quero casar-e cun zapateiro. Zapateiro non, porque malla a sola, toma un arrieiro, farás mellor voda. Arrieiro non, porque vai e vén, quero un barbeiriño que me afeite ben.

Barbeiriño non, porque fai a barba, toma un alfaiate que che corte a saia. Alfaiate non, que é moi cubizoso, quero un estudante que é máis amoroso. Estudante non, que é moi cumiñán, toma un sembrador que che sembre o pan.

Sembrador non quero, que ten moita vida, quero un ferrador ao uso da vila. Ferrador non queiras porque ferra a besta, toma un cesteiriño que che leve a cesta. Cesteiriño non, sempre está petando, quero un frade lego dos de San Bernardo. Pablo Quintana

160


FOLIADA DE ENTRIMO Popular

Viva a gaita e o gaiteiro, vivan as nosas aldeas, viva a gaita e o gaiteiro, vivan as mozas galegas, viva o viño do Ribeiro. [BIS] Ai lalelo ai lalalo

Ai Maruxiña non vaias á herva que vén o vento mareiro e toda cha leva, toda cha leva, lévacha toda, ai Maruxiña, Maruxa, non sexas tola. Porque ela cantaba ben-e, eu caseime cunha nena, porque ela cantaba ben-e, agora morro de fame que o cantar non me manten-e. [BIS] Ai lalelo ai lalalo Retrouso

Viva a nosa honrada terra, viva Galiza irmandiña, viva a nosa honrada terra, viva a Cruña, viva Lugo, viva Ourense e Pontevedra. [BIS] Ailalelo ailalalo Retrouso

Coral de Ruada

161


HIMNO GALEGO

Eduardo Pondal

Que din os rumorosos na costa verdescente, ao raio transparente do prácido luar?

Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar?

Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan,

non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán.

162

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son,

mais soio os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non.


Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, onde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa Nazón de Breogán.

163



ÍNDICE

Prólogo............................................ 5 Introdución..................................... 9 A Carolina........................................ 32 A filla................................................ 17 A galiña e os pitiños........................ 131 A miña burriña................................ 128 A raíz do toxo verde....................... 90 A regueifa........................................ 99 A Rianxeira...................................... 153 A Rosiña do pelo............................. 80 A rumboia........................................ 30 A Santa Lilaina................................. 103 A tardiña na viúva........................... 120 A vasoira.......................................... 132 A vendima....................................... 93 A volta da festa............................... 39 Aguanta corazón!........................... 55 Ai Maruxiña..................................... 96 Ai Rianxo............................................ 158 Alalá de Padrón............................... 133 Amor rianxeiro................................ 34 Apagha o candil.............................. 23 Árdelle o eixe.................................. 114 Camariñas........................................ 27 Cantar de arrieiro............................ 150 Cantiga de Laíño............................. 118


Cantiga de Montefurado................ 26 Cantiga de Pontevedra.................. 18 Cantinela da Fonsagrada............... 28 Cantinela do Piepe......................... 152 Carmiña, Carmela........................... 38 Catro vellos mariñeiros.................. 149 Chula da Guía.................................. 56 Dáme lume Sara............................. 147 Desfeita galega.............................. 44 En pé............................................... 62 Eu che darei.................................... 81 Eu chorar chorei............................ 19 Eu de Marín ausenteime................ 57 Fadinho da tia Mari Benta............. 75 Falemos galego.............................. 108 Festa no muíño............................... 84 Fisterra............................................ 51 Foliada da Peroxa.............................. 155 Foliada de Amoeiro........................... 154 Foliada de Anllóns.......................... 53 Foliada de Asén.............................. 125 Foliada de Barroso......................... 143 Foliada de Betanzos....................... 29 Foliada de Carramales.................... 121 Foliada de Carril.............................. 74 Foliada de Corme........................... 148 Foliada de Entrimo......................... 161 Foliada de Nadela........................... 116 Foliada de Olás............................... 24 Foliada de Pontevedra................... 98 Foliada de Portonovo.................... 146 Foliada de Santiago........................ 105 Foliada de Sarela............................ 52 Foliada do Celta.............................. 36 Foliada do rueiro............................ 134


Foliada mariñeira............................ 76 Himno galego................................. 162 Jota de Fontenla............................. 126 Jota de Malpica.................................... 156 Jota de rondadores......................... 113 Labregos........................................... 115 Lévame............................................. 110 Marica............................................... 22 Mariñada de Rianxo........................ 42 Miña nai............................................ 124 Miñas cousas................................... 61 Miñas cunchas................................. 54 Muiñada........................................... 106 Muiñeira do Santo Amaro............... 137 Na beira do mar............................... 47 O andar miudiño.............................. 101 O aradiño.......................................... 138 O caneco.......................................... 122 O gaiteiro......................................... 20 O galo............................................... 70 O gato............................................... 43 O incendio da Porta do Sol............. 144 O magosto....................................... 89 O melro............................................ 48 O pandeiro de Marica..................... 129 O paraugas do Ghosé..................... 73 O pirimpimpim................................ 78 O rodaballo.................................... 64 O sancristán de Coimbra................ 151 O testamento do gato.................... 41 O verdegaio.................................... 66 O vira vira........................................ 102 O vivir en Vigo................................. 136 Os bistéqueles................................ 142 Os capadores.................................. 135


Os de Marín..................................... 104 Os mariñeiros.................................. 94 Os vellos.......................................... 139 Pandeirada de Tella......................... 15 Pandeirada do Grove...................... 107 Pandeiretada.................................. 58 Pandeiretada de Outes.................. 68 Para onde vas María....................... 100 Pousa, pousa.................................. 40 Quen teña viño............................... 63 Ribeirana........................................ 111 Romance da solteiriña.................... 160 Ruada de Chamosa......................... 86 San Benitiño................................... 16 San Fins do Castro.......................... 145 San Sadurniño................................ 82 Se chove......................................... 60 Sementeira..................................... 71 Señor cura...................................... 95 Si te casas en Ourense................... 92 Terra de maragatos........................ 130 Terra de Montes............................. 50 Troulada das Rías Baixas................ 46 Vaite lavar....................................... 140 Valse mariñeiro............................... 65 Velai vai........................................... 72 Vilagarcía........................................ 119 Viva o amor..................................... 112 Xota de Vilar................................... 49


Este libro rematouse o día 2 de febreiro de 2012, día da Candeloria e véspera do San Brais





Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.