COMO CITAR UNHA BIBLIOGRAFÍA
Para realizar o teu traballo utilizaches informaciĂłn sacada de libros ou pĂĄxinas webs. Cita todas esas fontes utilizadas por orde alfabĂŠtica.
Cita os libros desta maneira: APELIDOS DO AUTOR, Nome do autor, ano de publicación, Título do libro, lugar de publicación, Editorial. Exemplo:
MENÉNDEZ PONTE, María, 1998, Nunca seré tu héroe, Madrid, SM.
Cita as webs desta maneira: RESPONSABLE PRINCIPAL, Data, Título [en liña]. Lugar: Editorial [consulta: data da consulta]. Dispoñible en : (url da páxina) Exemplo:
TECNO MEDIA COMUNICACIÓN SL, 2020, Educación 3.0. Madrid: [17/nov/20] Dispoñible en (https://www.educaciontrespuntocero.com/formacion/ universidad-nebrija-master-en-espanol/)