Redacción e envío de emails

Page 1

REDACCIÓN E ENVÍO DUN CORREO ELECTRÓNICO


Destinatario Para: escribimos o enderezo aquí cando se trata dunha única persoa

CCOO: escribimos os enderezos aquí cando enviamos a varias persoas o mesmo texto.


Asunto Escribe en ASUNTO o título da tarefa que envías.

Por exemplo: ASUNTO: actividades de inglés.

Desta maneira o receptor sabe quen envía e que tarefa se está mandando.


Correo electrónico FORMAL Comezamos saudando. Podemos empregar algunha destas fórmulas: ● Estimado/a, apreciado/a, acompañado do nome propio ou profesión e dous puntos. ● A continuación comezamos con maiúscula. ● Usamos letra Arial 12 ● Empregamos parágrafos curtos ● Non utilizamos emoticonas EXEMPLO: Estimado Manuel: Envío as tarefas desta semana.


Correo electrónico FORMAL Para a despedida utilizamos algunha fórmula como: ●

Saúdos cordiais, cordialmente ou atentamente seguidos dunha coma e debaixo escribimos o noso nome. EXEMPLO: … Espero que todo vaia ben. Saúdos cordiais, Ana


Correo electrónico INFORMAL Saúdo inicial: Ola, nome do destinatario e dous puntos. Logo incluímos unha fórmula de cortesía informal. Exemplo: Ola, María: Como estás? As fórmulas de despedida poden ser: ata pronto, un abrazo, bicos, etc. Logo poñemos o noso nome con maiúscula. Exemplo:

Ata pronto, Ana


Importante! Estas son as normas básicas que reflicten a educación dunha persoa, a súa competencia lingüística, social e dixital. Son importantes en calquera situación.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.