Desde o Equipo da Biblioteca Avelaiona Luíña e coa intención de dinamizar a Hora de Ler, elaboramos distintas actividades de comprensión lectora. Están pensadas para o 2º ciclo, lendo colectivamente na pizarra dixital. Realizaranse as actividades, sobre todo ao principio, en voz alta, coa participación de todo o alumnado. Intentamos recompilar textos variados coa finalidade de que o alumnado sexa capaz de ler para… …orientarse …informarse …xogar BIBLIOTECA AVELAIONA LUÍÑA
…comunicarse …recordar …gozar
…comprar …coñecer a actualidade …comer CEIP Cespón
- En cantos apartados está dividido o texto? - Cítaos e explica de que se fala en cada un deles. - De que produto cres se trata: unha pomada, barra de beizos,… - Podes utilizar Li-Per-Tutto todos os días ou sería perigoso? - O bote ten unha capacidade de medio litro. Por que o sabemos? - Se mercas 4 botes iguais. Cantos litros terías en total? - De todos os ingredientes, cal é o que coñeces?
- Conta a preparación desta crema de verduras empregando (primeiro, logo, …) - Canto pesa o sobre deste produto? - No envase pódese ler PESO NETO. Que significa? - Que significa este símbolo? - Poderías consumir esta crema de verduras? Por que? - “Servicio de atención ao cliente”. De que dous xeitos podemos contactar con el? En que casos o fariamos? - En que cidade se fabrica esta crema? En que comunidade autónoma? - Que hortalizas forman esta crema de verduras? - Que profesionais da saúde recomendan consumir polo menos 200 g diarios de verduras? Completa a táboa
De que produto é esta etiqueta? -En que cadea alimentaria se vende? -Aparece en 4 idiomas distintos. Todos se falan na noso país. Cales son? -Hai dúas ilustracións que nos recordan a importancia da reciclaxe. Cales son? -Se chamas ao 902 540 340…a quen estarías contactando? -Esta auga foi envasada para Eroski, pero que empresa o fai? -En que provincia galega ten o Manacial Fontecelta? En que vila? -Para mercar 3 litros de auga, cantas botellas comprarás? -Que quere dicir: “Auga de mineralización débil”?
-Escribe con letra o mes e o ano no que caduca este produto? -Que atoparemos no interior do paquete? Cereais de chocolate Cartas brillantes Cereais de chocolate e un agasallo de cartas brillantes -Que empresa os fabrica? -Cal é o prezo das cartas brillantes? -Cres que realmente é un agasallo? Razónao. -Na parte inferior esquerda le o que nos aportan estes cereais. -Na parte inferior dereita aparece 375. Que é? Ano e mes no que foi elaborado. O número de choco Krispies que veñen no paquete Os gramos que pesa
-Completa: ANPA: Asociación de … -Que quere dicir actividades extraescolares? -Se tés 5 anos, poderías ir o luns a informática? Que día poderías facelo? -Xoán ten 3 anos e a súa irmá Laura o triplo. Que día e a que hora pode ir Laura a manualidades? -Que día poden ir os nenos/as de 3 a 5 anos a teatro? -Tés 10 anos e vas a teatro e a patinaxe. Que días irías? Canto tempo empregarías nas 2 actividades? -O martes, o monitor/a de inglés a que hora comeza e remata as actividades? -Unha nena de 11 anos, tería actividades a diario para asisitir?
-Explica: CEIP: -Conta
ordeadamente
os
pasos
a
seguir para facerse socios da ANPA: Primeiro, ir ao… Logo ingresar no nº… …
-Se unha familia ten 2 fillos/as, canto deberá ingresar? -Posibles combinacións de billetes e moedas para pagar os 20 €: a) 2 billetes de 5 € e un de 10 € b)
c)
d)
e)
-A través de que medio podes estar informado/a das novas da ANPA? -Cal é o nome da ANPA? De onde tomaría o nome?
Quero contratar Internet R para o meu fogar: -Cal é o menor prezo que podo pagar (con IVE)? -Que me ofertan gratis? -Que é a factura “online”? Que me dan se opto por dita facturación? -Cal é a mínima duración do meu contrato? -Que diferenzas hai entre o “combo1” e o “combo2”?
Quero contratar un móbil coa compañía R: IVE significa Imposto sobre o Valor Engadido. En España, na maioría dos casos é do 18%. Explicade o que isto supón. -A que móbiles podo chamar a 0 cent/min? -Se collo a tarifa única, cal será o pago mínimo mensual? Cres que ese prezo inclúe o IVE? -Razonade en gran grupo o porqué da letra pequena dos folletos. -Se mando un SMS, canto me vai custar: 15 cent ou 17,7 cent? Por que? -Poderías falar hora e cuarto seguida aos teus móbiles R coa tarifa 0 cent/min? -Establecemento de chamada 15 cent (17,7 IVE inc.) -Tarifa 0 cent/min válida en tarifa única e mini+internet os 60 primeiros minutos de cada chamada aos teus fixos e móbiles R. -Prezo SMS 15 cent/SMS (17,7 cent IVE incluído)
-Na páxina do lado, que tipo de servizos se ofertan? -A información da folla está agrupada en tres localidades. Que orde seguen? -Tés que facer unha análise de sangue en Boiro. Nome do especialista ao que irías. -O Dr. Fernández Alborés, de que é especialista? -Queres facer unha revisión da túa vista. Poderías realizala en Boiro? Se é posible, indica o enderezo. -En
Betanzos,
cantas
especialidades
médicas distintas aparecen? -As seguintes especialidades, encárganse do coidado de… …pediatría: …otorrinolaringoloxía: …traumatoloxía e ortopedia: …dermatoloxía:
-
-Que dous produtos se nos presentan neste folleto? - Para que tipo de deportes están indicadas? - Que se me ofrece ao pagar 34,13€? - Se merco 6 balóns de balomán por separado ou o lote de 6 unidades, sen ter en conta o desconto, canto aforro? - En que casos se aplica un desconto do 10%? - Explica: o 10% quere dicir que por cada… - De que están fabricados estes balóns e pelotas? -Cita tres características positivas destes produtos. - Que balón, segundo a publicidade, é lixeiro, suave,… - Cal é o balón máis grande? Por que o sabes? - As pelotas multiuso, para que deporte servirán? - Hai unha característica que é común aos catro produtos. Cal é?
- A que hora comeza a programación nas dúas canles? - Canto tempo dura o primeiro programa de La Primera? - Canto tempo falta para as 9:00 horas cando comeza na 2: “Grandes Documentales? - Ata a unha da tarde, en que canle hai máis variedade de programas? - Completa: CANAL
PROGRAMA Amar en tiempos revueltos
La 2
HORA Catro e cuarto da tarde Seis menos cinco da tarde
+ Gente 12 e media da noite Dúas menos dez da mañá +
-
-Se queres ver unha película dirixida por Francis
-
Lawrence. En que canle e a que hora é posible?
-
-De que se encargan Jesús Álvarez e Sergio Sauca. En que programa e horario. -Na canle 2 hai 7 programas relacionados pola temática. Cales?
-Cantas variñas de peixe trae a caixa? -Cal é a data de consumo preferente? -Se meto a caixa nun conxelador sen estrelas, canto tempo estará en boas condicións? -Que tres xeitos de preparación me propoñen no envase? -Cal é o peso neto do produto? -Dúas porcións de peixe, cantas proteínas me aportan? -De que 3 formas podo contactar co servizo de atención ao consumidor? -Por que din que non se debe voltar a conxelar unha vez desconxelado?
Empresa Galega
-De que empresa é a factura? -Onde ten a sede dita empresa? -Cal é o período de consumo? -En que entidade bancaria foi cobrada? -Cal é o prezo que se pagou? -Canto se pagou de IVE? -A partires de que data o cobraron na entidade bancaria? -Cal é o prezo da internet con chamadas a fixos incluídas? Presenta algún desconto este prezo? -Canto se paga por identificación de chamada? -Que velocidade de internet ten contratada?
-O titular da presente tarxeta do censo electoral votará… Concello … Distrito…
Sección…
Mesa…
-Onde está situado o local? -Cantos anos ten? Desde fai cantos anos pode votar? -Cal é o enderezo do votante? -Se observo algún erro, como podo porme en contacto coa oficina do censo para tentar subsanalo?
ÍNDICE PÁXINAS GALEGAS -Que orde se segue no índice? -Os teléfonos están agrupados por sectores. En que páxina buscarei para atopar… …avogados
…bazares
…automóbiles ITV …academias de idiomas -Se miro na páxina 49, de que sectores atoparei empresas? Cita como mínimo cinco. -Por que terei que ir á páxina 93 para buscar abonos, se comeza por a?
SABANA AFRICANA
CLASES DE ANIMAIS: XIRAFAS: aliméntanse de raíces e de follas das acacias. TÉRMITES: son formigas que viven en galerías subterráneas. Aliméntanse de madeira das acacias mortas. Buscan auga na profundidade do terreo e crean espazos de terra húmida onde a herba pode xerminar. Airean o terreo favorecendo que as acacias estendan as súas raíces. PORCO FORMIGUEIRO: Animal nocturno que se alimenta de térmites. LEOPARDO: Animal carnívoro que se alimenta de porcos formigueiros e dos antílopes. ANTÍLOPES: Aliméntanse de herbas que medran onda os termiteiros. Tamén se alimentan dos froitos das acacias. Dispersan as súas sementes e colaboran a que se reproduzan. - Pola seca prolongada, as acacias están diminuíndo nese territorio. Que lle sucederá a outros seres vivos
CLIMA CALOROSO E MOI SECO
se as acacias desaparecen?
MEDRAN SÓ HERBAS PEQUENAS
- Como podería solucionarse esta situación?
E ACACIAS
- Que sucedería se desaparecesen os térmites? - Escribe, debuxa …dous seres vivos co significado …é comido por…
ANIMAIS EN PERIGO
-Cal destes animais pode ser o lince ibérico:
- Os linces aliméntanse case exclusivamente de coellos. A seca e a caza fixeron que diminúan os coellos no campo. Que ten que ver isto coa desaparición dos linces? - Oxalá non desaparezan os linces; pero se desaparecesen nalgún lugar, como os recordaríamos? Escribe Eran uns animais…
ParĂŠcenvos unhas condutas axeitas? Explicade as respostas. - No caso de non ser unha conduta axeitada, que lle dirĂas a cada un?
Esforzo de intensidade baixa
Tempo: < 5 min
Esforzo medio
Tempo: 5â&#x20AC;&#x201C;10 min
Gran esforzo, pouca recuperaciĂłn
Tempo: 10-15 min
Tempo: 25-30 min
ESTES SON OS ELEMENTOS PRECISOS PARA UN XOGO CHAMADO ¡BOMBA!. CONTESTA: -
Como será o esforzo: baixo, medio ou grande?
-
Tempo óptimo do xogo?
-
Número ideal de xogadores
-
Xogo recomendado para que idades?
-
Onde será o espazo do xogo?
-
Que material se precisa?
DADOS AGORA OS ELEMENTOS DUN XOGO CHAMADO “DE CAMPO A CAMPO” DEBUXA TI OS ANAGRAMAS: - Esforzo de intensidade baixa - Tempo óptimo de xogo: entre 10 e 15 minutos - Non menos de 8 participantes. Ideal 20 participantes. Non máis de 40 participantes - Xogo recomendado para nenos/as con idades comprendidas entre 10 e 12 anos. - O espazo terá que ser interior - Precísase un balón
- De de que tipo de libro foi sacada esta páxina de información? - Estas palabras están ordenadas alfabeticamente. Fíxate como se fixo a pesares de que todas comezan por ade-. Escríbeas desordenadas no encerado e sen mirar volve a ordenalas alfabeticamente. - Hai dúas palabras que son da mesma familia. Cales? - Ao lado de cada palabra aparecen unhas iniciais. Que significan? s. f.
adv.
s. m.
adx.
-Cada un dos significados posibles de cada palabra chámase ACEPCIÓN (soen aparecer numeradas). Que palabras teñen máis de dúas acepcións? - Explica as tres acepcións da palabra ADESTRAR - Neste listado hai dúas palabras que son adxectivos. Di cales e e constrúe unha oración con cada un deles. - Escribe a palabra que corresponde a cada definición: . Acción de despedirse: . Condimentar manxares: . Morder: . Xesto, aceno, acción: - Le en voz alta as palabras da familia de ADHERIR
PROBLEMAS CON CHISPA
Un pan e pan e medio, dous pans e medio e cinco medios pans. Cantos pans son?
Por que se volveu tolo o libro de matemáticas?
No caixón do teu armario tés seis calcetíns negros e seis calcetíns azuis. Se non hai luz no cuarto e
queres sacar o mínimo número de calcetíns para asegurarte de que obterás un par da mesma cor. Cantos calcetíns deberás de sacar do caixón?
Se unha camisa mollada tarda en secar 15 minutos. Canto tardarán 3 camisas molladas?
Se hai 12 pasteis de 10 céntimos nunha ducia, cantos pasteis de 15 céntimos haberá en dúas
ducias?
Que pasa en Rianxo e Boiro entre as 8 e as 9 da mañá?
Un labrego ten 3 moreas de herba no prado e 4 moreas na eira. Se as xunta, cantas moreas terá?
Xoán dille aos seus amigos:
- Hai dous días tiña 8 anos, pero para o ano que vén terei 10 anos. Dixo mentira? Pode ser verdade? Cando será o seu aniversario?
EXPRESIÓNS E FRASES FEITAS Botar barriga
Ser agudo coma un allo
Botar unha man
Ser moi espelido
Botar a lingua a pacer
Ser moi cuco
Botar os fígados pola boca
Ser fino coma a la de gato
Botar de menos Botar leña ao lume Botar na cara
Dar a lata Tocar o nabo Quentar a cabeza
Caer da burra
Tocar a gaita
Caer de cu Caer de seu/ caer de caixón Falar polos cóbados Andar sen un can
Coas mans na masa
Botarlle os cans a alguén
Sen pés nin cabeza
Ter cara de can
Afogar nun vaso de auga
Levarse coma o can e o gato
Morra o conto
Nunha carreiriña dun can
Ser o último mono
O meu can pillou unha mosca
A fume de carozo
Tratar a alguén coma un can
Estar nas nubes Pintala mona
ENSALADA DE ARROZ - Observa os distintos pasos para preparar unha ensalada de arroz. Leos de xeito ordenado. - Di agora os ingredientes que se precisan para facer este prato.
DE QUE ANIMAL SE TRATA - Le con atención os datos e di de qué animal se trata - Que significa castañetear? - Ás persoas, a veces, tamén nos poden castañetear os dentes? Cando pode suceder?
CÍRCULO DEFINICIÓN: dous grupos. Un trata de dar co balón ao outro e este, movéndose nun espazo reducido, trata de evitalo. APLICACIÓNS: Coordinación óculo-manual. Coordinación dinámica xeral. MATERIAL: un balón. ESPAZO DO XOGO: Círculo, no que o diámetro dependerá do número de xogadores. DESENROLO DO XOGO: Os xogadores divídense en dous grupos. Un colócase no exterior do círculo co balón e o outro no interior. Os de fóra tratan de dar co balón a calquera dos que estean dentro; cando alguén o consiga intercambian o seu posto. VARIANTES: Podería xogarse con varios balóns. Se algún xogador de dentro do círculo colle o balón lanzado, antes de que toque o chan, os dous grupos poderían intercambiar os papeis. - Unha vez que leas as características deste xogo, debuxade (no encerado, en papel, individualmente, por parellas...) os elementos que se precisan.
INTENSIDADE DURACIÓN
Nº XOGADORES
IDADE
- Que significa: “os dous grupos poderían intercambiar os papeis” - “Coordinación óculo- manual”. A que órgano fai referencia óculo? - Explicade que quererá dicir coordinación óculo-manual
ESPAZO
MATERIAL
- Le o enderezo da Librería El Cisne. - Que podes mercar na librería? - Que outros servizos ofrece a librería? Se queres atopar máis información de TREBELLOS. Onde o podes facer? - Que é facebook?
Este símbolo é o anagrama de que tenda? - A que se adicarán na academia de deseño Sabina Lojo? - Se tés que encargar unha empanada. Onde o podes facer? Tés que ir buscala á panadaría ou hai algunha outra forma de que chegue á túa casa? - Que atencións podes atopar se te achegas ao Salón de perruquería e beleza Aurora?
Os ríos africanos Os elefantes, os leóns, as cebras,...acoden a eles para beber, refrescarse, bañarse,...Outros animais non saen nunca deles.
O crocodilo do Nilo ten a mesma lonxitude que un coche dos grandes. Semella un tronco de árbore flotando. Pero, coidado! Está espreitando e pode dar un chimpo tremendo para atrapar un paxaro ou unha gacela. Despois somérxese para afogar á súa presa.
O hipopótamo adoita saír da auga para tomar un pouco o sol. Pace polas noites e polo día descansa na auga. Ás veces, somérxese e camiña polo fondo do río para desentumecer as patas. Mira que práctico é: debaixo da auga é capaz de pechar os buracos do nariz e as orellas - Localiza nun atlas o río Nilo - Busca nun dicionario as palabras: espreitar, gacela, somerxer, desentumecer.
- Que tipo de impreso é ? - Que artigo se mercou? - En que cidades ten tendas esta compañía? - En que data se emitiu esta factura? - Cal é o número de factura? - Sabemos quen é o cliente? - Saberías dicir en que parte da factura estarían escritos os datos do comprador. - Canto pagou sen IVE? - Canto pagou con IVE? - Agora o IVE é un 18 %. Canto era nese ano? - Cal é o importe do IVE? - Fíxate nos prefixos dos teléfonos das tendas: - Por que o de Vigo e o de Pontevedra coinciden?
- De que aparello de fogar estamos falando? - Explica como debemos coidar a placa para que non se vai deteriorando? - Que produto podería deixar a vitrocerámica moi danada? - Explica os dous símbolos que atopas nas instrucións de limpeza. - Cando a placa se manche debemos limpala inmediatamente? - En que único caso debemos quitar a mancha aínda que a placa estea quente? - Imaxina que tés que explicarlle a alguén que non a coñeza, o que é unha vitrocerámica. Adiante! - Que vantaxes e inconvenientes atopas na vitrocerámica fronte a outro tipo de cociñas?
VELOCIDADE LECTORA -Lela primeira palabra de cada renglón -Lela primeira e última palabra de cada renglón -Ler unha palabra si e outra non -Ler o texto coas palabras que están á marxe, buscándoas coa vista
Érase un gato con ................ para os negocios
ollos
que ........ un almacén de ................... sen socios.
abriu / comestibles
Vender ratos en conserva, era a súa ................
profesión
como outros son ......................, camareiros ou peóns.
fontaneiros
Nun ................ escaparate ten un letreiro que brilla;
enorme
ten unha casa con ............... e, de ................... unha gatiña.
timbre / caixeira
Entre etiquetas de cores, alí un ............. penduraba
cartel
“Coa ................... de tres unidades ................ o abrelatas”
compra / regalamos
Pero veu unha..............que lle estripou o conto,
desgracia
pois resultou que, ao cabo, os .................... non eran .............
ratos / tontos
De entrar nas ................., nadiña !
latas
Soamente as viñan mirar. “Os negocios do Señor Gato” Gianni Rodari
LECTURAS SINÓNIMAS - Realizar a lectura tres alumnos/as cambiando as palabras por sinónimos.
LEMOS A LECTURA DE XEITO DIALOGADO Ola! Esta é unha historia sobre as castañas e o queixo...ou máis ben é unha historia sobre a comida. Comer ben é moi importante pero, ollo! Que non é o mesmo comer moito que comer ben! A historia comeza un día en que os rapaces do instituto de Vila Xunqueira saíron de viaxe para facer unha excursión dun día, subir a un castro e… - PAI DE ANTÓN: Chama cando cheguedes para que te veña recoller! - PROFESOR: Veña Pablo, apura! Quedamos de saír ás oito e media e son case as nove menos cuarto. - PABLO: E que é moi cedo profe…aínda estamos un pouco durmidos. - ANTÓN: Ti estiveches algunha vez nese castro, Pablo? - PABLO: Eu non. - LARA: Eu fun dúas veces con meus pais. - ANTÓN: Hai que pedirlle ao chófer que poña boa música. - PABLO: Tan cedo e xa estás comendo, Lara? - LARA: E que non almorcei…e agora teño fame. A min case nunca me dá tempo a almorzar antes de ir ao instituto. - PABLO: Pero muller…como que non che dá tempo a almorzar se vives ao lado do instituto? Eu se non tomo unha bañeira de café con leite e dúas ou tres torradas non son persoa. - LARA: Non quererás que me levante ás sete e media para facer o almorzo? - ANTÓN: E tampouco pasa nada se vas sen almorzar, non?
ABRIMOS UN DIÁLOGO REFERIDO ÁS FRASES DESTACADAS EN NEGRIÑA “Almorza como un rei, come como un príncipe e cea como un mendigo”
ASOCIAMOS DEFINICIÓNS CON PALABRAS Un neno/a le a definición e outro/a busca a que palabra se refire:
FACER DOBRE UNHA COUSA
LINTEL
DELINCUENTE QUE ANDA FUXIDO DA XUSTIZA
INANE
VESTIDURA MASCULINA DE ETIQUETA
DUPLICAR
DEPORTE BASEADO NO LEVANTAMENTO DE DE PESOS
FRAC
QUE NON TEN UTILIDADE
HALTEROFILIA
PEZA DE MADEIRA LONGA E ESTREITA
FORAXIDO
PEZA DE PEDRA, MADEIRA OU FERRO QUE FORMA A PARTE SUPERIOR HORIZONTAL DUNHA PORTA OU VENTÁ
MOLE
COUSA DE GRAN TAMAÑO
LISTÓN
MAMÍFERO INSECTÍVORO DE PEQUENO TAMAÑO SEMELLANTE
PÍNTEGA
AO RATO.
INSTRUMENTO MUSICAL DE VENTO CON SEIS BURATOS E VARIAS CHAVES
OMNÍVORO
QUE COME DE TODO
MUSARAÑA
MOVER AS PATAS OU AS PERNAS CON GRAN RAPIDEZ
PATEXAR
ANFIBIO SEMELLANTE AO LAGARTO, DE PEL LISA E NEGRA
OBOE
CON MANCHAS AMARELAS.