temple grandin

Page 1

Diferente, pero non menos O alumnado de 6º asistimos a unha sesión de cine na biblioteca do centro. Nesta ocasión vimos a película titulada Temple Grandin, relacionada co tema do autismo. Estes son algúns datos dela: Titulo orixinal: Temple Grandin Ano de estrea: 2010 Xénero: Drama, biográfico País: Estados Unidos Director: Mick Jackson

O autismo é un trastorno grave de comunicación e conduta da infancia que se desenrola antes dos tres anos de idade. Hai diferentes graos, cerca da metade destas persoas son mudas, e aquelas que falan só repiten de forma mecánica o que escoitan, que é o caso de Temple. Relata unha emocionante historia baseada en feitos reais que lle aconteceron a unha muller chamada Temple Grandin. Aos catro anos os médicos descubriron que era unha nena autista. Temple posuía unha gran intelixencia e vía o mundo dun xeito que aos demais lle resultaba imposible. O seu gran problema era que lle custaba moito relacionarse cos demais e poñíase moi nerviosa. Pese a isto, logrou superar en gran parte a súa enfermidade e levar unha vida coma a de calquera outra persoa da súa idade. A min pareceume unha película verdadeiramente emocionante que me transmitiu un sentimento de tristeza e alegría ao mesmo tempo. Demóstranos que con moito empeño e valentía pódense abrir novas portas, e estudar para conseguir un bo oficio, como fixo Temple. Tamén me gustou porque é unha película que expresa moitos sentimentos e emocións dunha forma que non resulta empalagosa, senón que nos ensina que, con esforzo e dedicación pódese superar calquera cousa.

Carlos Piñeiro Vázquez


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.