CARAMIÑAS 2012

Page 1

CARAMIÑAS

nº 19. Xuño 2.012 C.E.P. “PILAR MAESTÚ SIERRA” Cadreche – Posmarcos. (Pobra do Caramiñal)


CARAMIÑAS

nº 19 - Xuño 2.012

CARAMIÑAS Ata sempre, Cadreche…

Publicación anual C.E.P. “Pilar Maestú Sierra” Cadreche – Posmarcos POBRA DO CARAMIÑAL

nº 19 Xuño 2.012

Redacción:

Alumnado do Centro

Maquetación e deseño:

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Chegou a hora da despedida. Agardando o noso derradeiro toque de timbre, queremos agradecer a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, nais e pais e persoal non docente) o agradable que nos fixeron a vida durante estes anos. Recordamos con cariño os xogos no patio á hora do recreo, os saborosos magostos, os terroríficos samaíns, aqueles felices entroidos divertidamente ruidosos e, como non, as saídas. A que mellores recordos nos trae é a de Manzaneda. Foron tres días de actividades na natureza e festa. Tamén nos lembramos das semanas culturais: traballos manuais, música, andadas,… Sempre te levaremos no corazón, xa que formas parte dos recordos da nosa infancia, unha etapa que recordamos con ledicia. Lembramos a todas as mestras e mestres que se esforzaron en ensinarnos, e tanta paciencia tiveron con tod@s nós. Aínda que nos vaiamos, viremos de visita nos anos vindeiros, para revivir os bos momentos e para saudar a todo o mundo.

Cadreche… ata sempre!!!!

Alumn@s de 6º nivel

Portada:

Certame Literario “Esther Dourado” Premio Categ. Infantil

****************************** Un curso mais que remata e unha nova revista sae do cole, semella que fose un ano mais, pero é diferente; nada será xa igual, por primeira vez nesta longa andaina de 19 anos, falta quen sempre estivo, falta a mestra, a compañeira, a amiga…………., falta Esther. Pero se vos fixades ben, nalgunhas das páxinas da

Impresión:

nosa, da súa “Caramiñas”, atoparedes esa pegada

Portada: Publicolor Interior: José (conserxe)

entrañable que fará que sempre estea presente nos nosos corazóns.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

OS TRES AMIGOS “Había unha vez un golfiño simpático, guapo, divertido e xoguetón que vivía cunha fada intelixente e cariñosa co pelo loiro e unha variña máxica. Vivían nunha cova escura e grande, cuberta de perlas e flores e adornada con cunchas. Un día a fada estaba toda colorada porque se manchou con barro e foi ao mar e lavouse a cara. Escoitaron un ruido e era a anguía e o golfiño díxolle: -“Queres ser a nosa amiga?” -“Sí, encantaríame ser a vosa amiga” – contestou a anguía. A anguía preguntoulles se querían saber cousas novas do mar e se lles ocorreu unha idea moi boa: ir de excursión ao mar para descubrir os seus segredos. A fada levou un libro en branco para escribir sobre o fondo do mar. Atoparon un barco afundido que tiña un pergamino que os levaba ao cofre dun tesouro con xoias e moedas de ouro. A fada leu o pergamino en alto para todos e guiounos ata a Illa dos Ratos. Pero polo camiño atopáronse cun gran problema: atopáronse cun polbo e unha quenlla. A fada foi anotando no libro branco o que sucedía. A anguía díxolle á fada: -“Se seguimos por este camiño chegaremos á Illa dos Ratos. Alí estou segura de que estará o tesouro. Pero, como podemos librarnos da quenlla e do polbo?” O golfiño dixo: -“Teño unha idea! Como as quenllas son moi grandes e non poden mirar xusto debaixo delas o mellor é pasar por debaixo, así non se enterará.” A fada dixo: -“Perfecto! E para librarnos do polbo podemos distraelo facendo un boneco con todos e escondéndonos tras algas e pedras.”

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Puxéronse mans á obra e moi moi despacio foron nadando por debaixo da quenlla. A anguía viu unha pedra moi boa para poñer no nariz e distraer ao polbo pero… SORPRESA! Cando a colleu e a puxo no nariz… -“Mordeume!- dixo a anguía- Mordeume a pedra! De repente, a anguía deuse conta de que era un cangrexo porque a pinchou coas pinzas e deixoulle sangue. Entón, escapou rápido da quenlla cos seus compañeiros. Despois, para librarse do polbo, a anguía, o golfiño e a fada recolleron algas, pedras, cunchas, corais, centolas amigas súas e cubríronse con elas. O polbo pensou que eran plantas e pedras e eles puideron chegar á Illa dos Ratos tranquilamente porque a quenlla e o polbo marcharon buscar comida. A fada, que anotou todo no libro, volveu mirar o pergamino e buscou a cruz do tesouro nel. O golfiño deuse conta de que xunto ao seu lado, case á beira da area, estaba a cruz do tesouro. A fada encontrou na praia ao seu irmán: Lecturiñas! A fada fixo maxia diante da cruz: -“Cofre, ábrete ou douche unha boa zurra e convírtote nunha burra” O cofre saiu de debaixo da area e Lecturiñas, que tiña gardada a chave, abriu o cofre. A anguía propúxolles ao golfiño, á fada e a Lecturiñas que era xusto repartir o tesouro porque todos participaron na investigación. Todos estiveron de acordo e o tesouro repartiuse entre todos: moedas, perlas, colgantes, brazaletes, pulseiras, diamantes, xogos…”

Conto grupal elaborado polos alumnos do segundo ciclo.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Había una vez unha nena que se chamaba Sabela e quería ir á escola, entonces os seus pais levárona. Era o seu primeiro día e a mestra presentouna. Cando foi a hora do recreo, Sabela non tiña amigos e tivo que buscalos. Encontrou a unha nena que se chamaba Sara e xogaron as dúas todo o tempo. Cando tocou o timbre, volveron á clase, e Sabela e máis Sara sentáronse xuntas. Chegou a hora de saír e todos regresaron ás súas casas. Sabela pasárao tan ben que tiña moitas ganas de volver ao cole para poder xogar no recreo coa súa amiga. Ao día seguinte chegou un neno novo á escola; chamábase Pedro e era un pouco traveso. Cando estaba traballando, Pedro rompeulle unha ficha a Sabela e a mestra castigouno; pero Sabela púxose moi triste, porque tiña que volver a empezar e, se non remataba, non podería ir ao recreo a xogar con Sara. Pedro deuse conta do mal que lle fixera a Sabela e pensou que se lle axudaba a facer o traballo, Sabela poñeríase moi contenta, e así foi. Remataron o traballo xusto no momento que tocou o timbre. A mestra sacoulle o castigo a Pedro por axudar a Sabela e fóronse a xogar ao recreo. Desde aquel día Sabela, Sara e Pedro fixéronse moi amigos e xogaron sempre xuntos. 1º PREMIO .- Categoría B (1º ciclo) Brais Olveira Santiago EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Érase unha vez un neno chamado Pablo. Estaba nun colexio chamado Cadreche. Un día, no recreo, estaba xogando na súa cabana, que estaba feita de follas. De súpeto, tocou o timbre e veu unha cousa negra ao saír da cabana. El quixo saber que era, pero non podía porque non quería chegar tarde á clase. Ao seguinte día, no recreo, foi á cabana a averiguar o que era. Apartou unhas follas e descubriu… UN CLUB DE CABALOS LENDO! Un deles levaba unhas gafas de lectura, outro estaba lendo un libro do profe Carlos, etc. Os cabalos eran graciosísimos!

Pablo quedou abraiado, e preguntoulles: —Vós quen sodes? —Somos cabalos, —respondéronlle—. —Iso xa o sei!, —díxolles Pablo—. Pero de onde saíchedes? —Saímos dun país máxico. —Iso é mentira! —dixo Pablo—. —Que é mentira? Pois observa. Un cabalo fixo maxia cun paxaro que estaba nunha árbore: moveuno dunha árbore a outra. Pablo quedou coa boca aberta.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Entón, os cabalos preguntáronlle a Pablo se quería ir con eles ao seu mundo, e este dixo que si. De súpeto, abriuse un portal e cruzaron ao outro lado. Alí apareceron moitísimos cabalos lendo todo tipo de libros. Pablo non daba crédito. Pero, ao pouco tempo, apareceu un xinete cun cabalo negro, e os cabalos e máis o neno fuxiron. Volveron a Cadreche correndo a través do portal máxico, porque o xinete era un cazador de cabalos moi malo que odiaba a letura e quería destruír todos os libros do mundo máxico.

Crían que estaban a salvo en Cadreche, pero o xinete apareceu tamén por alí. Intentou coller aos cabalos, pero deuse conta de que non tiña poderes máxicos, polo que se disfrazou de alumno para atrapalos. O xinete raptou aos cabalos e devolveunos ao mundo ao que pertencían. Pablo, que os botaba moito de menos, ía visitalos sempre que podía, levando consigo algún libro escondido para que os seus amigos puidesen seguir disfrutando co seu pasatempo favorito.

Ana Piñeiro Suárez Beatriz Rivas López

1º premio Categoría C .- Segundo ciclo de primaria

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Nunha vila non moi afastada, vivían tres amigos tolos polos misterio e as aventuras; chamábanse Sara, Fran e Marcos. _Mirade! Merquei este libro na tenda de antigüidades do veciño!_exclamou Sara. _Parece moi usado_ comentou Marcos. _Por que non o lemos na miña habitación?_propuxo Sara. _Paréceme ben _aprobou Marcos, e unha vez alí púxose a follear o libro_ Eu diría que é un libro de contos recompilados por distintos autores. _A ver… _interveu Fran_ Esta páxina di: “Para empezar, se queres a aventura de verdade e canto antes, estas palabras en voz alta lerás”. A min non me soa moito a libro de contos… De repente, unha luz cegadora invadiu a habitación. Os tres amigos agarráronse mutuamente ata que a luz desapareceu. _Que pasou? Onde estamos? _preguntou Fran, confuso. _Non sei… _Fran, que máis pon no libro? _ quixo saber Marcos. _A ver…”Un portal deberás encontrar para conseguir escapar; se o fas ben á túa casa volverás, pero por varias historias pasarás”. Mais ben vai ser un libro de profecías de contos… _E en que conto estamos? _preguntou Sara. _Pois… podemos camiñar ata encontrar unha pista que poda aclararnos onde estamos _propuxo Marcos. _Paréceme unha boa idea _aprobou Sara _Imos, en marcha! Estiveron andando durante horas ata que divisaron unha casa de chocolate e gominolas, e viron a dous nenos na porta. _Xa sei _dixo de repente Fran_ Eu creo que estamos no conto Hansel e Gretel. _Desta vez acertaches. Vamos a escondernos antes de que nos vexa a bruxa _apresurounos Marcos. Correron ata unha árbore e, unha vez agochados, viron como unha bruxa convidaba a Hansel e Gretel a pasar. _Claro _exclamou Marcos_ O portal ten que estar dentro da casa. _Pero como imos entrar? _preguntou Fran. _Creo que hai dúas portas, unha de entrada e a outra é a porta traseira _respondeu Sara. _Estupendo. Entraremos pola porta traseira _dixo Marcos moi seguro de si mesmo. Unha vez dentro da casa, escondéronse detrás dun armario e observaron aos prisioneiros. Enseguida viron o portal, era o forno! Cando a bruxa estaba despistada, Marcos fíxolle un sinal aos seus compañeiros para que correran. _Rápido! _bisboulles unha vez feito o sinal. _De onde saídes, raparigos? Parade!_gritaba a bruxa chea de furia. Unha vez máis, unha luz invadiu a sala, si que esta vez foi menos intensa. Estaban nun espeso bosque con dous camiños que conducían a unha casa, e un era máis longo que o outro.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

_Isto sóame a Carapuchiña Vermella –comentou Marcos. _Xa, pero onde está o lobo? _preguntou Fran. _Aí vén. Mirade, unha rede! _exclamou Marcos_ Podémola usar para atrapar ao lobo! _Adiante! Unha…dúas…tres! _exclamou Sara. _Que queredes de min? _preguntou o lobo, moi sorprendido. _Dinos onde está o portal e a que conto conduce _respondeu Marcos moi resolto. _Non sei de que me estades falando…_disimulou o lobo. _Vamos, ti pertences a este conto. Tés que saber onde está _apresurouno Sara. _Vale, vale, tranquiliños _dixo o lobo con aire malicioso _Sei onde está o portal. _Onde? _preguntou Fran. O lobo sorriu. Logo, Sinalou a súa boca. _En serio? _dixo Fran, dando un brinco para atrás. _Lobo, non nos enganas._Dixo Marcos_ Vaite ao gran. _Está ben, tranquilos _exclamou o lobo_ O portal está na casa da avoa de Carapuchiña Vermella, aínda que non sei a onde conduce. _Soltámolo? _preguntou Sara, unha vez sabido todo. _Non, pode permanecer aquí, así non fará mal a ninguén. Proseguiron o camiño ata chegar ata a famosa casa da avoíña de Carapuchiña Vermella. Petaron na porta e abriulles a dona da cas, a avoa. _Ola, nenos. Que queredes? _Pódenos deixar pasar? _preguntou Sara con cortesía_ Só será un momentiño. _Claro, pasade. Cando entraron na casa viron que o portal era un armario que botaba un brillo cegador. _Perdoe vostede _interveu Sara_ pero temos que irnos. Oxalá volvamos a vela. E nada máis dicilo atravesaron o portal. Tardaron moito en volver a divisar a terra e esta vez o destino era… …a casa de Sara! _Chegamos! Por fin! _exclamou Fran. _Xa era hora! _dixo Sara emocionada. _Ola nenos _dixo a nai de Sara, que acababa de chegar _Veño do traballo, sinto o retraso. Perdinme algo? _Non, nada _dixeron todos ao unísono, rindo.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

A Illa dos ratos era unha illa pequena. Estaba nunca praia preto da punta de Cabío e era tan pequena, que máis que illa parecía unha cagadiña de balea. Estaba habitada por milleiros de ratos que eran moi violentos, e estaban capitaneados pola serea Mucha, que ademais de ser moi guapa e ter moito glamour, era tan ruín coma os ratos (ou máis). Un día foron comer á marisquería da rata Lola. Cando acabaron de papar foron á praia a facer a dixestión. Foi daquela cando viron alá no horizonte un galeón que, polas trazas, semellaba un barco pirata. Cando o barco se acercou viron que na bandeira poñía “Olliño de polo” e tamén tiña o debuxo do capitán Lecturiñas, sobre o símbolo pirata. En canto os ratos viron o barco, empezaron a preparar a defensa da illa: comezaron a envelenar os froitos secos que tiñan esparexidos polo chan, para que os comeran e así morresen todos os invasores. Os ratos agocháronse detrás das árbores para comprobar se os piratas ían morrendo. Foi entón cando descubriron que os piratas ían sacando cofres moi bonitos do barco. Ante tal feito, a serea Mucha berrou. _Aaaaltoooo…!! Quería saber que eran aquelas cousas con follas ás que os piratas chamaban libros, porque na illa nunca viran un. Cando os piratas chegaron á illa, tiveron que explicarlles aos ratos o que eran os libros e para que servían. Tamén lles contaron que ían polas illas de tódolos mares repartindo libros para o entretemento da xente. Tras observar detidamente un par de libros, quedaron encantados. Entón decidiron avisar aos piratas de que os froitos secos estaban envelenados para que non os comeran. Cando os piratas se facían ao mar no seu barco, os ratos pedíronlle que volvesen a traerlles máis libros. O capitán Lecturiñas aceptou encantado. Conto colectivo do 3º ciclo Día do libro 2012

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Lendas Galegas

Entre os anos 1599 y 1639, corsarios e piratas de orixe holandés e francés, asaltaron e roubaron as costas de Vigo e a península do Morrazo. No ano 1617 Vigo foi atacada por naves turcas berberiscas; e a península do Morrazo sufrirá tamén estos ataques. As mulleres, ao igual que sucedera en Coruña con María Pita, defenden as costas dos ataques piratas e moitas veces son violadas e torturadas, ademáis de roubadas, durante estos ataques. Posteriormente a estos feitos, varias das mulleres que organizaron a resistencia nas costas de O Morrazo, foron acusadas de bruxería ante o Tribunal da Inquisición. Unha delas sería María Soliño (apelido probablemente máis real, de onde derivaría Soliña). A Inquisición confiscaba, previamente aos xuícios, os bens das persoas procesadas, partindo sempre da base da culpabilidade, debendo os acusados demostrar súa inocencia. Ademáis, a denuncia ante a Inquisición podía ser anónima. María Soliña foi axusticiada en 1621 baixo acusación de bruxería con resultado de morte de nenos. A pesar de que sempre o negou, súas respostas aparecen como afirmativas nos documentos do proceso. María Soliña, xunto a outras compañeiras foi encarcelada e torturada. O Santo Oficio lle confiscou seus bens e ela foi condenada por bruxería. Non é difícil imaxinar o motivo das denuncias a mulleres que, como María Soliña, se quedaban soas e posuían determinados bens. No caso de María, ao quedarse sen marido, irmán e sobriño, súa facenda incrementouse e foi codiciada por alguén que a acusou de bruxería. Aínda que non foi quemada viva como outras mulleres da época, a locura e a miseria terminaron coa súa vida; pasando a convertirse no símbolo do sufrimento do pobo ante o despotismo. A lenda deixou a esta muller por bruxa e pasou formar parte da tradición popular. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Este suceso foi fonte de inspiración para músicos e poetas, un exemplo é este poema de Celso Emilio Ferreiro de "Longa noite de pedra " .

María Soliña Polos camiños de Cangas A voz do vento xemía: Ai, que soliña quedaches, María Soliña. Nos areales de Cangas, Muros de noite se erguían: Ai, que soliña quedaches, María Soliña. As ondas do mar de Cangas Acedos ecos traguían: Ai, que soliña quedaches, María Soliña. As gaivotas sobre Cangas Soños de medo tecían: Ai, que soliña quedaches, María Soliña. Baixo os tellados de Cangas Anda un terror de auga fría: Ai, que soliña quedaches, María Soliña.

Dito poema ten moitas versións musicadas. Neste curso escolar, coa mestra de música, Bea, os alumn@s de 3º ciclo, coñecimos a lenda e traballamos a versión de Carlos Núñez, con motivo da celebración do Día da Paz e en conmemoración do I Centenario do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Ademais do debuxo da portada, levaron premio estas dúas fermosas ilustracións.

Miguel Puga Gómez .

David García Prado . EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Alumnado de 6º EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Estando unha vaca a pacer nun prado, púxose de parto e tivo un fermoso becerro. Pero deuse o caso de que o prado no que estaba no momento de nace-lo becerro era dun veciño. O veciño, querendo sacar proveito deste feito, dixo que o pucho era seu, xa que nacera no seu prado. Tras moitas discusións, o dono da vaca foi a un avogado. Contoulle o sucedido e o avogado preguntoulle:

_ Pero a vaca é súa, non si? _ Si, é _contestou. _ Entón pode estar tranquilo, que o becerro é seu. Cousas da vida, que o veciño foi ao mesmo avogado contarlle o caso. Despois de oílo, o avogado preguntoulle: _ Pero o prado no que naceu é seu? _ Pois de quen vai ser, senón. _ Entón pode estar tranquilo, que o becerro é seu.

En canto marchou este, a criada do avogado, que escoitara aos dous e as respostas do seu amo, díxolle a este: _ Pero vostede como lle dixo aos dous que o becerro era seu! _ Queres saber de quen é o becerro? _Replicou o avogado_ Polo de agora o becerro é meu! E a vaca xa veremos... Conto popular galego

Imaxes: Aránzazu Echevarrieta Laíño .- 6º curso EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Que alegría volver a falar con vós!. A revista

escolar

sempre

me

brinda

a

posibilidade de poñervos ao día das actividades e día a día da nosa biblioteca. Aínda que tanto nen@s como profesor@s me visitan con asiduidade, as familias non sabedes de min tan a miúdo. Eu son Lecturiñas, a mascota da biblioteca e nesta sección vouvos contar o que se fixo este ano nela. Teño que comezar por unha noticia que nos alegrou moito e que xa seguro coñecedes. Dende o inicio deste curso que remata pertencemos á rede de centros

PLAMBE, un proxecto

que promove mediante axudas unha reforma integral das Biblioteca Escolares. Grazas a estas axudas, puidemos facer obras de restruturación ampliando o espazo que xa tiñamos, crear novos recunchos dentro da biblioteca e dotalos do mobiliario e fondos necesarios, adquirir novos libros e sotfware multimedia educativo, etc. Dalgunhas cousas xa nos temos beneficiado dende o inicio do curso, doutras durante o mesmo e dalgunhas o faremos a partir de Setembro, xa que nas vacacións vai haber máis cambios, e vos invitamos a que os vexades no próximo curso. En canto á actividade que se fixo dende biblioteca, todo xurdiu a partir dun eixe central básico que foi o proxecto deste ano: “Un mar de Historias,

Historias de mar”. Presentouse cun gran mural na porta o “Día das bibliotecas

Bibliotecas Escolares”,

en Outubro, e se

aproveitou para entregar os carnés dos novos

usuarios,

os

álbumes

de

pegatinas que este ano foron a toda cor e con motivos do mar, os marcapáxinas de Lecturiñas nadador e tamén para ver unha presentación sobre o mar. Éste foi

o pistoletazo de saída para que as nosas aulas, corredores, actividades máis e menos serias se visen todas pasadas por auga!!!. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

No Día da Poesía sorprendemos ás familias levando poemas en preciosos post-it que colocamos en sitios visibles da casa… era unha sorpresa para que souberades que día importante era e virades o poetas que estamos feitos, xa que eran composicións propias, sobre o mar, claro, non podía ser doutro xeito. Pola tarde fixemos por grupos unha reconstrución de poemas, esta vez de autores de sona… que vaia se saben escribir ben!!! O Día do libro… o pasamos entre libros. Primeiro fixemos historias nos ciclos, todos xuntos… que lío poñerse dacordo!!!. Logo @s mestr@s viñeron a falarnos das súas personaxes e libros favoritos de cativos… parece que lían moito!!!. Tamén fomos á biblioteca para coller libros, pero esta vez non para nós, senón para alguén ao que quixeramos agasallar cunha fermosa lectura. Para rematar, fixemos unha foto tod@s xuntos na que temos tesouros na man. Botádelle unha ollada…

Este ano empezamos coa actividade de O libro Viaxeiro que me encanta, cómo non, porque eu son o protagonista nela. Este ano o libro titulouse

The Roaming Lecturiñas, e narra o día no que decidín ir de visita aos hábitats mariños do mundo; ás nosas praias, ás profundidades abisais, aos polos, ao amazonas, a Australia… Con cada clase fun a un sitio e a historia do que alí pasaba a inventaron eles, e tamén se encargaron de ilustrala… son todos uns artistas estes nos@s alumn@s!!!. Espero que este sexa o primeiro capítulo de moitas máis das miñas historias.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

A actividade estrela para a biblioteca e na que máis nos volcamos é CONVERSAS COS AUTOR@S. Este ano visitounos o ilustrador SUSO CUBEIRO, e nos preocupamos ben de informarnos de qué é un ilustrador, incluso de coñecer a outros como ERIC CARLE. Vimos as ilustracións de todos os libros de Cubeiro, o que nos dou pé para facer actividades como os autoretratos en 6º, as adiviñas ilustradas en 4º e 5º, a habitación do mago pero con diferenzas en 3º, o debuxo dos ollos para expresar emocións en 2º e descubrir a que lle tiña medo a bruxa en 1º… Tod@s lemos un dos seus libros que el firmou o día que veu, despois de darnos dúas charlas sobre o seu traballo. Tamén nos deixou un paxaro da sorte en acuarela para a biblioteca, asinou no libro de visitas e claro, pasou a formar parte do noso elenco de personaxes que teñen un nome nun dos andeis da biblioteca. Como lle gustou!!! Mención especial quero dar a tod@s aqueles lector@s asiduos á biblioteca, que revolvedes nela para atopar aquel libro que antes non virades, que colledes o mesmo unha e outra vez porque vos encanta, que coleccionades o álbum ata

remátalo,

que

xogades,

coloreades

e

disfrutades ao máximo deste espazo común que tanto nos gusta coidar, a tod@s vós… GRAZAS POLA VOSA PRESENZA, DÍA A DÍA, ANO A ANO. Aquí remato a miña mensaxe por este ano, pero non esquezades que aínda que eu non conte todo o que pasa na biblioteca, sempre podedes visitar o noso BLOGUE onde poderedes atopar fotos e comentarios de todas as actividades… e sempre moi actualizado!. Esta páxina é de obrigada visita para tod@s @s meus amiguiñ@s. Aínda non a coñeces???… anda, preme neste enlace e

DISFRUTA … hhttttpp::////bbiibblliiooccaaddrreecchhee..bbllooggssppoott..ccoom m // EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Un bico e unha aperta moi grande de LECTURIÑAS. Sempre estades convidados a C.E.P. “Pilar Maestú Sierra” visitarme.


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

When we ask our students what they will always remember about Rachel, in 3rd level they say: “Easter egg hunt!” shouts Sara while Gorka says: “Jeopardy!”. Everybody remembers this game. Lourdes talks about Jack-o-Lantern and Uxia about Patrick, Sponge Bob’s friend. Álvaro tells us about the stories she read to us and Nico about the Lecturiñas’ book we made with her. Helena remarks she speaks English really good!!!(...sure she does) and also her plasticize animals. Andoni remembers the Yeti from “Meg and Mog”, Ana F. the peace rap, Nerea the sausage dog for daddys, Bea “The witches” by Roald Dalh Rachel liked so much, Noelia the room from Suso Cubeiro’s book and Carla the farewell messages we gave her. In 4th level Samuel remarks she explained the lessons great, and the card game I Spy. Martín emphasizes Arts and Craft lessons, the activities were fun!; Adri knows she helped us to learn English… and that she did athletics. All of them remember Eric Carle’s stories, books and drawings. Well, they also loved speaking in Galician to her with English accent… because she understood them!!!. In 5th level, Teresa remembers she was always happy and “The Grinch”, Yoli the mosaics and the activity to know the meaning of their names, Natalia the “Bad Hair Day” and the comics and Lois the “Go Fish” cards. Jesús learnt how to draw with Lecturiñas’ book and Marta and Jenni loved Easter activities and Jeopardy. 6th level also has a say about this. Tania loved the portraits, Paola the “bad hair day”, Andrea the mosaics, Kevin how she inspired him with dfasdf

comics, Pablo the way she liked his drawings though they were terrible!!! and Javier or Alazne how she laughed at their ones. Also, Miguel enjoyed her ideas for Arts and Crafts much. 1st and 2nd will probably remember all the tales she told them and “The Grinch”. As far as I am concerned, I will always remember Dr. Seuss and Eric Carle. Rachel, just thanks for the time and experiences shared.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

EDUCATEMPOS: Dispós de internet na casa? En caso afirmativo podes empregala para moitas cousas: comunicarte cos amigos/as, divertirte, informarte,… e aprender. Aquí van algúns enderezos educativos. http://www.educalim.com/biblioteca/ Multitude de actividades agrupadas por temática ou asignaturas. Algunhas son máis lúdicas e outras máis didácticas. http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/rato_plant01.htm cantidade de actividades educativas para tódalas idades.

Gran

http://contenidos.educarex.es/mci/2007/29/ Actividades de ortografía en castelán para o 2º-3º ciclo. http://www.juntadeandalucia.es/averroes/loreto/sugerencias.html Páxina dun colexio de Córdoba, onde atoparás actividades para tódolos niveis. Son moi interesantes as actividades do Plan de Lectura (pdf – interactivo) http://pacomova.eresmas.net/paginas/videocuentos/videocuentos.htm 38 videocontos en castelán, para os máis pequenos. http://centros.edu.xunta.es/ceppilarmaestu/webantiga/actividades_ javaclic..htm Actividades de comprensión lectora, contos populares,… http://roble.pntic.mec.es/arum0010/ Infinidade de actividades lúdicodidácticas, para tódolos niveis, agrupadas por temáticas. Equipo das TIC . EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Neste curso 11-12 comenzamos a implantación no centro do Plan de Seccións Bilingües que implica dar en Lingua Inglesa unha materia, neste caso Plástica. Por este motivo,

contamos coa colaboración dunha auxiliar de conversa, Rachel

Dougherty de Massachusetts (EEUU), coa que @s nen@s

de todos os niveis

traballaron nesta área. Deseguido, presentamos unha pequena selección de actividades realizadas pol@s nos@s alumn@s: Co gallo da visita do ilustrador Suso Cubeiro, os alumn@ de 1º fixeron

a

actividade “ a que lle ten medo a bruxa?”

Todos os alumn@s colaboraron en un agasallo que se lle fixo á biblioteca; “The roaming Lecturiñas” un libro das viaxes da nosa mascota polos hábitats mariños. Os nen@s de 2º foron de viaxe de Lecturiñas ao polo.

Aproveitando ilustrador

que

traballamos

galego,

tamén

a

un

lemos

e

coñecemos en tres idiomas a Eric Carle, escritor e ilustrador norteamericano, coñecemos a técnica dos seus debuxos e copiamos algún deles.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Do mesmo xeito, pero tomando como referencia

unha

obra

de

Suso

Cubeiro, os alumnos de 4º fixeron os seus propios riddles coa solución na propia ilustración

Os alumnos de 6º realizaron os seus propios autorretratos seguindo diversas técnicas e os de 5º fixeron mosaicos con distintos debuxos.

Este é un pequeno exemplo do traballo que o alumnado fixo con Rachel, pois con ela tamén traballaron:  Turkeys para celebrar o día de acción de gracias.  Egg Hunt, Easter Eggs and Easter bags.  Bad Hairy Day  Wanted  Grinch, que permitiu coñecer e ler libros de Dr. Seuss.  Meg and Mog drawings.  Change the Mona Lisa.  The meaning of names.H  How2draw: este curso aprendemos a debuxar con Dora, Mickey...  Van Gogh´s bedroom.  O libro viaxeiro: “ The roaming Lecturiñas”. E, por último, unha das tarefas que máis adicación tivo e máis entusiasmo causou no terceiro ciclo foi a realización de cómics con temática diversa. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

O resultado da práctica dos comics foi moi satisfactorio, con uns traballos de gran calidade. Velaquí algúns exemplos.

Marta e Teresa 5º

Miguel e Juanjo 6º EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Paola, Rita e Irea 6º

Tania e Arancha 6º EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Como mestra de música, quero recalcar a importancia que supón a incorporación do conto na Educación Musical na ensinanza primaria. Os contos musicais desenvolven a percepción auditiva, e as habilidades e destrezas de expresión musical, incluso se poden dramatizar, o que permite desenvolver nos alumn@s capacidades perceptivas, oral e auditivas, de atención, concentración, memoria, vocabulario, pensamento, e acerca á música incidental e descriptiva. Este tipo de actividades deben levarse a cabo tanto dende os centros educativos como fóra, e deben comezar dende a educación infantil, xa que os contos musicais constitúen unha excelente motivación para a lectura e a audición musical. É unha maneira de acceder á música culta, dende idades moi tempranas, xa que ésta non forma parte hoxe en día do entorno musical dos nen@s. Se éstos non a escoitan dunha maneira gratificante lles será difícil, unha vez que sexan adultos, de sentir e comprender as obras “clásicas”. Grazas aos contos e historias ilustrados musicalmente, nun futuro serán capaces de emocionarse, comprender, entender e analizar mellor a música que perciban. Temos moitos exemplos de contos musicais: Mi madre la Oca de Ravel, La rueda encantada de Dvorak, Rimsky Korsakov, La mil y una noches, Piccolo, Saxo y compañía, Pedro y el lobo, El sastrecillo valiente, El pájaro de fuego, Peer Gynt, Sherezade, Pulcinella, Romeo y Julieta, El Moldava...

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Hai que facer referencia tamén, aos Musicais basados en contos, relatos, novelas ou películas, por exemplo: Los miserables, El fantasma de la ópera, El Rey

León, Mary Popyins, Tarzán , El mago de Oz e outros. Pois concretamente, e co gallo da celebración da Semana Cultural, celebrada no mes de maio, no colexio traballouse un tema da película musical

"Sonrisas y

lágrimas" protagonizada por Julie Andrews, a través da realización dun flashmob. Traducido literalmente do inglés como «multitude instantánea» é unha acción organizada na que un gran grupo de persoas se reúne de súpeto nun lugar público, realizando algo inusual e que logo se dispersa rápidamente. María, mestra de Inglés, e eu, Bea, mestra de Música, fomos as responsables de ensinar a coreografía aos nen@s. Ademáis aprenderon a letra da canción en inglés e castelán e os alumn@s de 3º ciclo traballaron a melodía na frauta dulce. A experiencia foi gratificante e enriquecedora para todos, xa que ademáis de pasalo en grande, valeu para coñecer, por primeira vez para a maioría dos nen@s, a película e un dos musicais clásicos máis importantes da historia.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

A ESCOLA DE FAMILA, UN ESPAZO DE RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA NO NOSO COLE Un ano máis, e xa este é o terceiro, compartimos familias e Orientación tempos de reflexión, discusión, búsqueda de “variñas máxicas” que son imposibles de atopar… , pero únenos a ILUSIÓN, a RESPONSABILIDADE e os ESFORZOS COMPARTIDOS para facer que as nenas e nenos que temos diante de nós cada día, sexan PERSOAS CON MAIÚSCULAS, PERSOAS FELICES E RESPONSABLES, porque esa é a nosa máxima. Que fixemos durante este curso?? En que traballamos?? Pois fixémolo naqueles temas que as familias que forman parte da mesma lles preocupaban a principio do curso, e fixémolo empregando distintos recursos, como poden ser vídeos, textos diversos extraídos de artigos ou mesmo de diferentes libros… e tamén presentacións power point elaboradas polo Departamento de Orientación. No cadro reflíctese o que traballamos así como os vídeos e textos. Todo elo se poderá ver ao longo do verán na páxina do cole, do mesmo xeito que se poden ver o dos cursos anteriores. 1ª Sesión: Entusiasmarnos, divertirnos, equivocarnos, dudar, compartir tarefas, aprender… 2ª Sesión: A influencia das emocións na conduta das persoas. Vídeo: Educación emocional para a familia http://www.ceapa.es/web/guest/educacion-emocional//asset_publisher/5Cli/content/educacion-emocional-para-lafamilia?redirect=%2Fweb%2Fguest%2Feducacion-emocional 3ª Sesión: Comunicación, escoita activa, escoita empática… Vídeo: Habilidades de comunicación 1. Estilos parentais. http://www.ceapa.es/web/guest/comunicacion-familiar//asset_publisher/5Cli/content/habilidades-de-comunicacion-1-estilos-educativosparentales?redirect=%2Fweb%2Fguest%2Fcomunicacion-familiar 4ª sesión: Como podemos entender mellor aos nen@s 5ª sesión Escoita activa e educación emocional 6ª Sesión: Nacen puros non os contamines Vídeo: nacen puros non os contamines http://www.youtube.com/watch?v=_a-Ca64c9AQ Vídeo: De las inteligencias multiples a la educación peronalizada. http://www.rtve.es/television/20111209/inteligencias-multiples-educacionpersonalizada/480968.shtml 7ª sesión: Fala e escoitarannos, escoita e falarannos. TEXTOS: Como la hiedra!! Padres que no quieren a sus hijos de verdad Soñar para ganar Animarse a volar

Non podemos preparar aos nos@s nen@s para que constrúan mañá o mundo dos seus soños, se agora nós non cremos nos nosos soños,non podemos preparalos para a vida, se non cremos nela,non podemos mostrar o camiño, se estamos sentados, desalentados, nun cruce de camiños. Célestin Freinet

-Departamento de Orientación- Silvia EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012 Dice una historia que

E como o fago?? ALGÚNS TRUQUILLOS…

dos ranas cayeron en un enorme cubo de nata en una lechería. Una le dijo a la otra:-

familia

truquillo

familia Non poido con este rapaz, non me obedece nunca, para que coma estamos moitísimo tempo, para que se vista teño que acabar vestíndoo eu, deixa os seus xoguetes tirados e non os recolle, sempre remato facéndollo eu, teño que chamalo tres ou catro veces para que responda e sempre acabo berrándolle…

truquillo

Son necesarias NORMAS E LÍMITES, como os poño?? “Imaxínate que vas conducindo pola carretera co teu coche e ves unha sinal de prohibido ir a máis de 50, pero como levas présa pasaste de velocidade, entón pasas a 100, pero nese momento está alí a “poli” e parate para multarte. Enfadaste pero asumes a responsabilidade que che toca. Imaxínate agora que vas conducindo por unha carretera na que non hai sinais de tráfico e pasas a 100 e alí adiante te atopas co poli que te multa , para ti neste momento é inxusto totalmente, verdade??? Bueno pois @s nen@s lle contamos isto mesmo para explicarlles a necesidade poñer normas e límites claros, pois dende este punto de vista será posible que adquiran ditas normas, xa que anticipando límites e normas , e asi mesmo consecuencias, @s nen@s vivirán estas últimas como xustas, e non como inxustas cando se trata de “castigos puntuais” froito do malestar dun momento. Ex: Norma : Comeremos no tempo establecido, teremos 20 minutos para comer, marcando no reloxo dende onde a onde vai ese tempo para que @ nen@s sexa consciente. Ex: consecuencia: Se non o fas nese tempo, sacaremos o plato e non comerás nada ate a hora de merendar.

(aquí poderemos dicirlle que cando non cumpre coas norma aplicarémoslle a multa igual que nos pasa a nós cando imos conducindo e facendo algo mal)

Es mejor que nos demos por vencidas, estamos perdidas. No podremos salir de aquí.-Sigue nadando-le dijo su compañera. Conseguiremos salir de alguna forma.Es inútil- chilló la otra. Es demasiado espeso para nadar, demasiado blando para saltar y demasiado resbaladizo para arrastrarse. Ya que de todas formas voy a morir, es mejor que sea ahora.Y dejándose caer, murió ahogada. Su amiga, en cambio, siguió moviéndose intentando nadar sin rendirse. Cuando se hizo de día se halló encima de un bloque de mantequilla que ella misma había batido. Y allí se quedó, sonriente un buen rato, mientras se comía las moscas que llegaban en bandadas de todas direcciones.Creer que puedes conseguir algo es el primer paso para que así suceda.

Jaume Soler & M. Mercé Conangla “Aplícate el cuento”

-Departamento de Orientación- SILVIA FOLGUEIRA EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Este curso o ENDL do centro tivo que funcionar cun presuposto moi baixo (un 25 % do de cursos pasados) debido aos recortes da Xunta nas axudas concedidas. A pesares diso levou a cabo as seguintes actividades: Elaboráronse dous karaokes de cancións galegas con temática do mar que o alumnado cantou: “A Rianxeira” e “Catro vellos mariñeiros”. Tamén se fixeron catro actividades LIM multimedia: Frases feitas, A casa que fixo Xan,e dúas de comprensión lectora sobre animais mariños. Estas dúas últimas foron feitas a partires de información que o alumnado do 2º e 3º ciclos sacou da wikipedia.

No Día da Poesía, nenas e nenos tiveron que compoñer, por ciclos, fermosos poemas de temática mariñeira. Tamén compuxeron os seus propios poemas, que levaron para a casa en pequenos “post-it” de cores. En colaboración coa Coordinadora de ENDL do Barbanza, da que somos membros, fixemos para distribuír entre o alumnado dous adhesivos: un calendario para o 2012 e outro sobre A Candeloria.

Tamén se organizou un concurso entre os centros para o deseño dun pousavasos. Cos modelos elexidos, grazas á colaboración de Arousa Norte, que se encargou da edición dos mesmos. Estes pousavasos foron distribuídos aos concellos para o reparto entre os locais de hostalaría. POUSAVASOS EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Este curso tivemos unha moi triste noticia no noso centro, co falecemento dunha compañeira que levaba máis de 20 anos formando a distintas xeracións de Cadreche. Para lembrala, decidimos organizar un certame literario entre os escolares do concello. Constaba de 5 categorías (desde infantil a ESO), e os premios consistían en vales de compra en librerías e tendas de deportes de A Pobra. Ao concurso presentaron traballos alumnado de tres centros de infantil, de dous centros de primaria e do IES do noso concello. Máis de 200 traballos presentados en total. GRAZAS a todas e todos eles, ao profesorado e ás familias que o fixeron posible. GRAZAS tamén ao xurado que desinteresadamente adicou parte do seu tempo a valorar ditos traballos. A entrega de premios tivo lugar no colexio 23 de maio, pola tarde. Tivemos a gran sorte de poder contar coa familia de Esther ( MOITAS GRAZAS). Nesta revista aparecen os traballos que obtiveron o primeiro premio en cada unha das categorías. Sentimos moito non poder amosar a totalidade dos traballos por falta de espazo. Pero aquí queda a relación de todas e todos os premios. CATEGORÍA A (infantil) o xurado outorgou 3 primeiros premios .-Noa Paisal Montemuíño .- Miguel Puga Gómez .- David García Prado CATEGORÍA B (1º ciclo primaria) 1º.-Brais Olveira Santiago 2º.-Noelia Linares Boo 3º.-Paula Lorenzo Maneiro CATEGORÍA C (2º ciclo primaria) 1º.-Beatriz Rivas López e Ana Piñeiro Suárez 2º.-Helena Boullón Cassau 3º.-Sara Muñoz García CATEGORÍA D (3º ciclo primaria) 1º.-Alba Muñiz Rial 2º.-Miguel Boullón Cassau 3º.-Rita Vázquez Pérez CATEGORÍA E (ESO) 1º.-Sara García Varela 2º.-Clara González Fernández Tamén celebramos a VII Semana Cultural. Tivemos obradoiros de teatro, marcapáxinas, galletas, karaokes, “flash mob”, broches, colares,... Foron unhas sesións do máis divertidas.

Visita o blog do ENDL e atoparás todo isto e… MOITO MÁIS!

http://cadrechegalego.blogspot.com.es/ EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Na aula de A.L. aprendemos a traballar moitas cousas...

Aprendemos a coller cos dedos…

Traballáronse varias letras, entre outras…

Despois traballábamos con sílabas…

…logo palabras…

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

…coas palabras, según a posición do fonema colocamos en distinta parte do tren.

…mirando para fotos facemos frases…

… a través de…

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 19 – Xuño 2.012

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Recordo o seu ollar. Mirábame con ira, con desprezo. Non me podía mirar así, ela non. Non podería soportar o seu ollar desa maneira unha vez máis; non o permitiría. Entón fíxeno. Mireina unha última vez mentres durmía. Cando soñaba non me miraba con rabia, ela sorría, e o seu sorriso iluminaba a miña vida. As súas mans estaban xuntiñas baixo a súa cabeza, cuberta polo seu longo pelo castaño. A través das finas sabas de verán podíase apreciar a súa perfecta forma, aquel marabilloso corpo. As súas pencas distinguíanse pouco na escuridade, pero outorgaban á súa pel o mesmo detalle especial que baixo a luz do sol. E entre estas, a súa boca, coas comisuras inclinadas cara arriba. Aquela boca carnosa, sensual, feliz, debuxando aquel sorriso amable, tranquilo, sereno. E, se durmindo sorría, por que espertala? Sen case pensalo fun á cociña. Concluín que canto máis longo fose o coitelo máis durmiría e collín o máis longo de todos. Ao chegar ao cuarto non vacilei. Achegueime á cama e penetrei o fío no seu peito, con forza. Entón aquel corpo perfecto remexeuse baixo as sabas e as súas mans precipitáronse ao seu peito. O meu horror chegou cando abriu os ollos. A súa mirada xa non era de ira, non había desprezo. Nela, tan só dor. E iso tampouco valía, non, só valía se sorría. Que fixera? O meu amor xa non sorría, xa non durmía; o seu corazón, atravesado polo coitelo, xa non latía? E agora que? Que era a vida sen ela? Non sabía que facer. Estaba perdido sen os seu sorriso. Intentei moverlle a boca para eliminar aquel xesto de sufrimento, pero non me deixaba. Intentei pecharlle os ollos, pero non era quen de miralos, non podía. E, que facer se ela non estaba? Entón tíveno claro. Se ela non estaba, eu tampouco quería estar. Arranquei o coitelo do seu corpo. Entón reparei no sangue. Estaba en todas partes, coma un rego infinito, un manancial. Pronto empapou a cama, e eu seguía alí, sostendo aquel coitelo terriblemente ensanguentado. Non podía soportalo. Empuñei o coitelo e leveino directo ao meu corazón, roto pola pena. Os meus músculos conxeláronse. Non se movían. Non podía atravesar o peito, atravesei os brazos. Chegou o sangue, e chegou a morte, o baleiro. Nada. Non había un coitelo para me cortar, nin vida que arrincar. Non había ollar que me mancase a alma. Non había nada capaz xa de me ferir tanto e tan fondo como aquel recordo. Non había voz coa que pedir axuda nin coa que berrar para afogar aquela dor. E alí estaba, sentindo, recordando. Intentaba chorar pero non había bágoas, nin tampouco había ollos. A nada. Tan só quedaba a nada. Eu xa non existía e ela tampouco existía. Pola miña culpa. Si, pola miña culpa. Máis dor. A dor eterna. Entón comprendín. Tarde, demasiado tarde. Non hai ollar tan malo que mereza a agonía infinita.

1º premio – Categoría E – Ensino Secundario Obrigatorio

Sara García Varela EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

CATRO VELLOS MARIÑEIROS Este ano as alumnas e alumnos do segundo e terceiro ciclos “fixémonos ao mar”, sucamos océano e mares e a singradura non puido ser máis emocionante e produtiva. Baixo a dirección dos nosos entusiastas capitáns – os nosos profesores Teresa, Lucía, Victoria e Félix – adentrámonos no mundo mariño para facelo centro da nosa actividade ao longo de todo o curso no que traballamos una grande diversidade de contidos: as especies mariñas, os transportes, códigos e sinais mariñeiras… Adentrámonos nas súas historias a través dos textos e relatos; guiou as actividades plásticas coa decoración das aulas e corredores, e foi o centro tamén da nosa Semana Cultural en talleres como os de nos mariñeiros, broches, marcapáxinas, e por suposto tamén do antroido. Non puido faltar a nosa homenaxe aos heroes do mar, os capitáns de lenda, viaxeiros, descubridores, conquistadores… E chegou xuño, a fin da viaxe. Regresamos ao porto do que sairamos en setembro, cun enorme saco de experiencias ao lombo, cansos coma os mariñeiros que regresan da súa marea, pero coa satisfacción do deber cumprido.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Un empregado dille a outro da súa empresa: _Sabes que morreu o xefe, non? _Si, pero quen foi o que morreu con el? _Non morreu ninguén. E logo? _Non liches a esquela que puxo a empresa? “…e con el foise un gran traballador” 

Na escola, a mestra dille ao alumno: _Dime, Lois, como te imaxinas a escola ideal? _Pechada, profe. 

Unha muller chama por teléfono a unha carnicería e pregunta: _Ten orella de porco? _Si, señora. _E ten rabo de touro? _Tamén, señora. _Meu Deus, é vostede un monstro. 

Un empresario pregúntalle a outro: _Como consegues ti que os teus empregados cheguen puntuais? _Pois moi fácil. Teño 30 empregados e só 20 prazas de aparcamento. 

Tras un accidente, o médico di: _Temos que levalo rápido a un hospital _Que é, doutor? _Un edificio grande, cheo de enfermos, onde case nunca hai cama. 

Encóntranse na rúa dous amigos non moi intelixentes e dille un ao outro: _Mira que era feo Albert Einstein. _Pois anda que o seu irmán FranK…

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

Libros de texto curso 12/13 Os libros do 1º Ciclo publicitaranse no mes de Setembro pois temos previsto facer algúns cambios nos mesmos que, seguramente, significará non utilizar todos os que se empregaban até agora. Isto non impide que fagades a solicitude para a convocatoria da gratuidade que, nun principio, remata o vindeiro dia 2, ainda que os vales se entregarán a partir da última semana de agosto, igual que nos restantes cursos.

3º CURSO: Lengua Castellana. “Los caminos del saber”. Edit. Santillana Língua Galega. “Os camiños do saber”. Edit. Santillana Matemáticas. “Deja huella”. Edit. Anaya Coñecemento do Medio. “Os camiños do saber”. Edit. Santillana Relixión. “Deixa marca”. Edit. Anaya Inglés. “Surprise”. Edit.Oxford University Press. 4º CURSO: Lengua Castellana. “Los caminos del saber”. Edit. Santillana Língua Galega. “Os camiños do saber”. Edit. Santillana Matemáticas. “Deja huella”. Edit. Anaya Coñecemento do Medio. “Os camiños do saber”. Edit. Santillana Relixión. “Deixa marca”. Edit. Anaya Inglés. “Surprise”. Edit.Oxford University Press. 5º CURSO: Lengua Castellana. “Abre la puerta”. Edit. Anaya Língua Galega. “Abre a porta”. Edit. Anaya Matemáticas. “Abre la puerta”. Edit. Anaya Coñecemento do Medio. “Abre a porta”. Edit. Anaya Relixión. “Abre a porta”. Edit. Anaya Inglés. “Surprise”. Edit. Oxford University Press 6º CURSO: Lengua Castellana. “Abre la puerta”. Edit. Anaya Língua Galega. “Abre a porta”. Edit. Anaya Matemáticas. “Abre la puerta”. Edit. Anaya Coñecemento do Medio. “Abre a porta”. Edit. Anaya Relixión. “Abre a porta”. Edit. Anaya Inglés. “Surprise”. Edit. Oxford University Press Educ. para a Cidadanía. Consorcio Editorial Galego

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 19 – Xuño 2.012

ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMN@S SUBVENCIÓNS.Este ano solicitamos unha subvención ao Concello para axudarnos á realización de actividades e cursos, pero ainda non obtivemos resposta. Tamén estamos esperando a que saian as axudas da Deputación, pero este ano co da crise e os recortes…… XESTIÓNS CO CONCELLO.Enviamos ao Concello varias cartas e ao final tivemos unha reunión co alcalde para expoñerlle as deficiencias que hai no Centro, como a reparación do peche perimetral, a substitución das canastas e porterías, a reparación do firme na entrada do cole, a colocación da porta para ter unha entrada directa ao campo de futbol… O alcalde comprometeuse a levar a cabo ditas reformas, pero ainda hoxe non empezaron, esperemos que o fagan nas vacacións . Nós seguiremos presionando ata conseguilo. COLABORACIÓNS CO COLEXIO.Tivemos una colaboración moi boa co Centro e así entre todos poidemos adornar o cole no Nadal e facer unha festa onde non faltou nin o paxe real nin os agasallos para todo os nenos. Tamén conseguimos que os nenos poideran ir disfrazados no entroido e que no recreo tiveran unha mesa chea de refrescos, zumes e doces típicos de eses días. ACTIVIDADE INSTITUCIONAL.Seguimos participando activamente no Consello Escolar do Centro. Organizamos a Festa de Fin de Curso que este ano celebramos na discoteca Gran Vía, na que ademais dos refrescos, sándwich, pizza, patatas … tamén houbo moitos xogos que organizou a empresa Xarelo e tamén un hinchable. Neste curso fomos 45 as familias asociadas, esperamos que para o vindeiro curso sexamos moitos maís para así poder facer moitas mais cousas. Xa estamos preparando as actividades para o ano próximo onde teremos novidades como; teatro, baile galego, escola de baile “TOMASÓN”, técnicas de estudo…. ademais das que xa se realizaron este curso:

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.-

ACTIVIDADE

DIA

LUGAR

ASISTENTES

PINTURA PINTURA PANDERETA PISCINA PILATES (adultos)

Martes Xoves Mércores Venres Martes

Escola do Campo Escola da Ribeiriña Ximnasio do Cole Piscina Municipal Ximnasio do Cole

12 alumn@s 3 alumn@s 6 alumnas 17 alumn@s 5 alumnas

PARA PODER FACER MAÍS COUSAS, ASOCIÁDEVOS!!! EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


Valentín Paz Andrade (1898-1987) ... Cando o pesqueiro boga da Illa para Sálvora repican a maitíns as monxas dun convento, as luces de Riveira e de Aguiño esmorecen, o mar saúda o barco coa súa mao ao vento. ... Alá fica Rianxo con Castelao de fora, e Povoa do Deán sen don Ramón senlleiro. Despois o barco vira a costa de Pondal para ter da liberdade o rumo verdadeiro. Pousa Nova do Mar San Xoán, 1976 Colabora:


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.