O BOSQUE 2º CICLO

Page 1

O tomiño é unha planta aromática. Trátase dunha planta vivaz e rastreira, con pólas delgadas e de sección cuadrangular, cubertas de abundante pilosidade. As follas son ovais, duns 18x10 mm. As flores, de cor rosa púrpura, nacen no verán. O tomiño é planta propia de prados, beiras dos camiños, de terreos húmidos, entre os 500 e os 1.500 m de altitude. Ten propiedades medicinais: para curar o reumatismo quéimase tomiño e nébeda e co fume afuman ben a camisa do enfermo. Deste xeito a enfermidade desaparecerá por moito tempo ou mesmo para sempre. Alberto

Ribeiro Ramos

A xilvarveira é un arbusto (ata 80100 cm de altura). É abundante en toda Galicia en carballeiras, soutos ou en terreos rochosos, preferindo zonas húmidas. É de cor verde escuro. Presenta pequenas flores de cor violetáceo. Florece en inverno-primavera. No inverno, nas plantas femininas aparece un froito en forma de baia de cor laranxa ou vermello. A raíz e as follas empréganse na medicina para tratamentos de varices e antiinflamatorios. Reduce a celulite e mellora a circulación. Aplícase de forma externa. En moitos países emprégase como adorno de Nadal. Ana Piñeiro Suárez e Carla Muñiz Delgado


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
O BOSQUE 2º CICLO by fiz pimentel - Issuu