bachharelato artes

Page 1

Que é o Bacharelato de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe? Quen pode facelo? Onde podo estudalo? E despois? Modalidades e Materias.

Quen pode facelo e onde podo estudalo? Pode facelo todo o alumnado que teña superada a Ensinanza Secundaria Obrigatoria. Agora coa posta en marcha deste Bacharelato o IES Ramón Mª Aller Ulloa súmase á decena dos de toda Galicia. Para o curso 2010/2011 comezará o 1º dos dous cursos. Modalidades de Artes. No IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín, ofertaranse as dúas modalidades de Artes: Artes Escénicas, Música e Danza e Artes Plásticas, Deseño e Imaxe. As dúas modalidades comparten á vez materias pero cada unha ten as súas propias. Materias optativas. As de Artes son: Debuxo Artístico I e II, Deseño, Cultura Audiovisual, Volume, Historia da Arte, Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica, Análise Musical I e II, Anatomía Aplicada, Artes Escénicas... E despois que podo estudar? Cos novos plans, calquera estudo universitario de grao. Nas carreiras relacionadas coas artes xa non terás que facer exames específicos para entrar nelas, como ocorre con Belas Artes. Nas carreiras que haxa límite de prazas podes presentarte ás probas sobre as materias da modalidade para sumar puntuación.

BACHARELATO DE ARTES PLASTICAS, DESEÑO E IMAXE

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA RÚA DO PARQUE, 8. 36500. LALÍN TLF 986 780 114 FAX 986 783 643 ies.aller.ulloa@edu.xunta.es www.centros.edu.xunta.es/iesallerulloa/

Pintura. Escultura. Vídeo. Deseño Gráfico...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.