sistema cónico para 4º de ESO

Page 1

IES R. MA ALLER ULLOA. LALÍN. DEPARTAMENTO DE DEBUXO

SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN PERSPECTIVA CÓNICA

Sistema Cónico

O sistema cónico, tamén chamado perspectiva cónica, utiliza o sistema de proxección cónica sobre un plano de proxección chamado plano do cadro (PC). A imaxe que obtemos é a representación dun obxecto tal e como o ve o observador.

Os elementos fundamentais deste sistema son:

PUNTO DE VISTA (V): é o centro da proxección, e sinala a posición do ollo do observador.

PLANO DO CADRO (PC): É sobre o que se proxecta o obxecto. É un plano vertical e pódese colocar entre o observador e o obxecto, no obxecto ou por detrás do obxecto.

PUNTO PRINCIPAL (PP): é a proxección ortogonal (perpendicularidade) do punto de vista (V)sobre o (PC).

PLANO XEOMETRAL (PX): sobre el sitúanse os obxectos que se van a representar.

PLANO DO HORIZONTE (PH): é perpendicular ao Plano do Cadro (PC) e contén o punto de vista.

LIÑA DE TERRA (LT): é a intersección do Plano do Cadro (PC) co Plano Xeometral (PX).

LIÑA DE HORIZONTE (LH): é a intersección do Plano do Cadro (PC) co Plano de Horizonte (PH).

DISTANCIA PRINCIPAL: é a distancia entre o punto de vista e o punto principal.

PUNTO DE FUGA: é un punto no infnito situado na liña de horizonte.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.